Bibliolimpiadas (18 de marzo)

Page 1

BIBLIOLIMPIADAS (18 DE MARZO)

1. DESFILE. Desfilarán só @s participantes na competición. Cada selección deberá vestir unha camiseta cun distintivo que a identifique e elixir un ou unha abandeirad@ que inicie a marcha do grupo, levando a bandeira. O resto do alumnado colocarase nas gradas, seguindo as instrucións do Equipo directivo. 2. PROBAS ATLÉTICAS. O salto de altura celebrarase no pavillón; o resto das probas, na pista. Comezará a competición nesta orde: 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato. Debedes estar atentos á megafonía que vos indicará cando tedes que acceder á pista para competir. 3. ENTREGA DE PREMIOS. O grupo que consiga máis victorias (contando o 1º, 2º e 3º posto de cada unha das probas) será o vencedor das Bibliolimpiadas. Entregaráselle unha medalla de ouro a cada un dos participantes do grupo vencedor. Haberá tamén medallas de prata e bronce para @s participantes do grupo que quede en 2º e 3º lugar. Equipo de Dinamización da Biblioteca Departamento de Educación Física


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.