Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

Page 1

DĂ­a Internacional contra a Homofobia, a ea Bifobia

Transfobia


Foto: http://images.jsc.nasa.gov/luceneweb/caption.jsp?photoId=S84-37256

DĂ­a Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


Sally Kristen Ride (1951-2012) Astronauta e astrofísica convertiuse, en 1983, na primeira muller estadounidense no espazo a bordo do transbordador espacial Challenger. Axudou a lanzar satélites e foi a primeira muller que manexou un brazo robótico en órbita, aparello que ela mesma axudara a deseñar. Despois da NASA, nomeárona directora do Instituto Espacial de California e impartiu clases de física na Universidade de California en San Diego. En 2001, fundou unha empresa, Sally Ride Science, para crear programas educativos e axudar a que nenas e mozas se interesasen pola ciencia e as matemáticas. Recibiu, entre outros, a Medalla de Voo Espacial da NASA. Tamén foi incorporada ao Salón da Fama de Mulleres Nacionais e ao Salón da Fama dos Astronautas. Desde 1985 mantivo unha relación de parella coa psicóloga e profesora Tam O’Shaugnessy, aínda que esta relación só se fixo pública tras a súa morte.

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


DĂ­a Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


Alan Turing (1912-1954) Matemático, xenio informático e un dos pais da computación.

No campo da criptografía descifrou, durante a Segunda Guerra Mundial, o código secreto, Enigma, utilizado polos nazis nas súas comunicacións. Grazas a isto, os aliados puideron alzarse coa victoria antes do previsto. Precursor da informática moderna, deseñou unha das primeiras máquinas electrónicas programables dixitais e contribuíu ao que acabou denominándose “intelixencia artificial”. Perseguido xudicialmente por homosexual, foi imputado por indecencia grave e perversión sexual. Someteuse a castración química para evitar ó cárcere; dous anos despois, Turing suicidouse. Tiña 41 anos. No ano 2013 foi indultado pola raíña Isabel de Inglaterra.

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


DĂ­a Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


Lynn Conway Pioneira no deseño de chips microelectrónicos durante os anos 70. Numerosas compañías especialistas en alta tecnoloxía e diferentes métodos informáticos baséanse no seu traballo. Foi galardoada con moitos premios en recoñecemento do seu labor e nomeada Membro da Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos. Nos anos 60 realizou unha investigación pioneira en IBM. Fixo posible a creación do primeiro auténtico ordenador "superescalar" e participou no deseño do mesmo. Pero só a finais dos 90, deuse a coñecer este feito. Lynn foi despedida da empresa cando, home e con nome de varón, decidiu someterse a unha operación quirúrxica para cambiar de sexo. Soa, comezou a entablar novas amizades e loitou por abrirse camiño na nova vida, conseguindo o éxito a nivel profesional e a felicidade a nivel persoal. http://ai.eecs.umich.edu/people/conway/LynnsStory-Spanish.html

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.