DESENVOLVEMENTO O punto de partida da proposta foi o interese por incluír a este grupo de alumnado dentro dun proxecto coordinado pola biblioteca que ía abarcar a todos os niveis educativos. Deseñamos, entón, dous proxectos motivadores que, para eles, como “investigadores/as e inventores/as” tiñan un aliciente maior: o alumnado non só quería conseguir un produto final; ademais, buscaban que ese produto fose socialmente relevante, é dicir, que fose útil. Os pasos que seguimos para a elaboración da proposta, distribuíndo as tarefas por trimestres, foron:
Primeiro trimestre 1. Proposta de coordinación entre os dous ámbitos. 2. Suxestións de varios temas posibles ao alumnado. Entendemos que é vital ter en conta a capacidade motivadora dos proxectos que se aborden na proposta. Esta forma de traballar implica que ten que haber unha discusión inicial que nos leve a un consenso. Tras a selección dos mesmos, as docentes coordinadoras nos diferentes ámbitos, comezamos a construír as tarefas integradas da proposta. 3. Elección do tema no marco do Proxecto Documental Integrado da biblioteca escolar. 4. Fomentar o traballo cooperativo. Vemos fundamental que o alumnado traballe en grupo de xeito cooperativo, para, de este modo, conseguir desenvolver actitudes de respecto e colaboración cos seus compañeiros/as. Neste punto, entendemos que debemos ter moi en conta a necesidade dun período de adaptación entre os grupos, xa que non adoitan traballar desta forma. 5. Elección dos contidos curriculares a traballar.
Tamén nós somos Da Vinci
6. Concreción dos obxectivos.
Segundo trimestre 1. Planificación e elaboración das tarefas a realizar en cada un dos ámbitos para cada proposta, buscando a contextualización dos estándares nos que se propoñan estas tarefas e tendo como obxectivo principal que os alumnos/as comprendan en todo momento a relación existente entre o que están estudando e os seus intereses persoais, presentes e futuros. 2. Investigación inicial dos proxectos, utilizando os recursos da biblioteca escolar: bibliografía inicial, revistas científicas e ordenadores para navegar na rede. 3. Elección dos materiais utilizados (elixir que sensor usaremos, que pantalla reflictirá os datos, etc.). 4. Listaxe completa dos materiais (madeira e compoñentes electrónicos) para levar a cabo os prototipos, así como, compra dos mesmos. 5. Deseño das maquetas. 6. Inicio da gravación de vídeos.
Terceiro trimestre 1. Seguemento das tarefas asignadas a cada alumno/a no seu proxecto. 2. Remate da gravación de vídeos. 3. Deseño, reorganización e presentación dos materiais relevantes e finais de cada proxecto en formato web (en liña). 4. Organización dunha visita ao IES Aquis Celenis de Caldas para expor os proxectos a un grupo de alumnado de 3º PMAR. 5. Charla no instituto dun axente da Policía científica sobre o uso das pegadas na identificación dos delincuentes. 6. Reflexión sobre o traballo de cada participante (alumno/a e docente), así como avaliación da súa calidade e adquisición de competencias.
Tamén nós somos Da Vinci