As nosas impresións sobre a visita a Caldas Grupo Pegadas 2º ESO Específico Curso 2016-2017
A miña impresión sobre a visita ao Instituto de Caldas A miña impresión foi moi boa. A xente, alí, era moi simpática aínda que un pouco tímida. Pouquiño a pouco, fúmonos coñecendo e caéronme ben todos. Pasaeino moi ben, aprendendo cos meus compañeiros/as e axudándoos nas súas presentacións na aula de Tecnoloxía. Non estaba nerviosa, pero tampouco tranquila. Eu penso que me saíu ben a miña parte de expoñer como se garda unha pegada dixital. O que non me gustou moito e que non nos dese tempo de escoitar o que ían falar eles e elas, porque tíñamos que marchar. O único que nos acompañou todo o recreo, alí, foi Nelson e unha rapaza que nos preguntou se queriamos ir á cafetaría. Uxía mais eu fixemos amigos/as. Espero volver a velos outra vez e poder escoitar ben do que ía o seu traballo. Resumiría este momento en tres palabras: Interesante Divertido Aprendizaxe Gabrielly Evangelista
A miña impresión sobre a visita ao instituto de Caldas A verdade é que todo foi moi raro. Ao principio, non me sentía moi cómoda pero, despois de ter o recreo, xa me relaxei un pouco e me sentín diferente. A miña impresión foi que na clase de 3º PMAR os alumnos e alumnas non se levaban moi ben e parecía que non había moito compañeirismo. Eu creo que, con todo o que fixemos, lles demos unha esperanza para que eles e elas traballen un pouco máis e poñan máis empeño. Creo que non se deron a coñecer, tanto fose pola vergoña ou por calquera outra cousa. Pareceume un pouco mal que só o alumno Nelson estivese con nós no recreo, amosándonos o instituto. Foi o máis simpático. A nosa clase expuxo bastante ben para ser a primeira vez que faciamos algo así, incluso o meu grupo da pegada, que non estaba tan preparado coma o outro. O tema do alumnado do Aquis estaba bastante interesante e, se o houbesen preparado un pouco máis, sería un traballo ben feito. A moza, que se foi sentar no ordenador, parecía a dominante do grupo. Creo que deberían de cambiar a súa actitude e esforzarse un pouco máis.
Resumiría este momento en tres palabras Vergoña Compañeirismo Interesante Ángela Barcala
A miña impresión sobre a visita ao instituto de Caldas A miña impresión foi moi estraña, porque non me imaxinaba así o instituto. Era tan pequeno e tiña tan poucas persoas..., pero a cafetaría era o mellor de todo polo barata que era e, ademais, vendían máis cousas que na do noso instituto. Logo, a xente, cando estaba polo instituto, mirábame darriba a baixo e incomodábame un pouco. Os rapaces e rapazas, aos que lle tivemos que contar os nosos traballos, eran moi raros, porque eran calados e tímidos. Pareceume ben que un deles, Nelson, estivese con nós no recreo, porque nos ensinou o instituto. Os outros rapaces e rapazas pasaban de nós. Se non fose por Nelson, non saberiamos que facer. Cando tiven que presentar a miña parte do proxecto, estaba moi nerviosa e sentíame moi observada. Ao expoñer, tiña medo de que me saira mal pero, ao final, saiume ben, polo que dixo a profesora Susana Oubiña. Despois de expoñer, xa me sentía máis a gusto, aliviada, como se me quitase un peso de enriba. Gustoume o momento no que a outra profesora do instituto de Caldas intentou que os seus alumnos e alumnas nos explicasen o seu proxecto das palmeiras. Para non ter nada preparado, sabían moitas cousas, excepto aquela rapaza que leeu, pero o que importa é que, alomenos, o intentou. Non me pareceu ben o que fixo a rapaza que foi directa á computadora, porque parecía unha pasota, sen ofender, e mandáballe a cada persoa o que lle tocaba, librándose ela de non facer nada. Creo que o alumnado de Caldas, agora, ten que estar un pouco mal, porque pensará que igual que nós puidemos expoñer os nosos traballos, eles e elas tamén poderían telo feito. A partir de agora penso que intentarán facelo o mellor posible e non estar tan decaídos, porque, dinme de conta, de que cando falaban miraban para abaixo como se estivesen desanimados.
Creo que lle demos unha lección e que van cambiar de ánimos e, tamén, a súa forma de pensar e de traballar.
● Resumiría este momento en tres palabras Interesante, divertido e nerviosismo Noelia Otero
A miña impresión sobre a visita ao instituto de Caldas Aquis Celenis A miña impresión foi boísima, todo o alumnado do instituto era moi bo, simpático e tímido. Primeiro, presentáronse eles. Logo tivemos que expoñer nós e teño que recoñecer que estaba nerviosa. Saíunos ben e causamos unha boa impresión entre os mozos/as do instituto. Antes de que fósemos alí o alumnado non tiñan moita motivación pero, despois da nosa visita, démoslle motivación para traballar. Foi unha expetriencia incríble que non olvidarei.
Resumiría esta experiencia en tres palabras
Inolvidable Divertido Interesante
Lucía Daponte
A miña impresión sobre a visita ao instituto de Caldas A miña impresión, ao principio, era moi mala, tiña moitos nervios e ganas de vomitar. No recreo tranquiliceime un pouco, fixemos amigos e amigas novos. Cando tocou o timbre para volver a clase, empezaron os nervios outra vez...Todo ía moi ben ata que me tocou saír a min. Púxeme moi nerviosa e empecei a chorar. Fíxeno mal e, despois, estiven disposta a intentar facelo de novo, e, se me desen outra oportunidade, volveríao a facer cos ollos pechados. Grazas a isto sei que todos cometemos erros. Aos demais grupos saiulle xenial. Síntome moi orgullosa polos meus compañeiros e compañeiras e tamén por min. Aínda que estivese moi nerviosa, fíxeno igual, non como quería que fose, pero… Foi unha experiencia que non olvidarei. O seu proxecto do alumnado de Caldas estaba ben. Sabían moitas cousas o que pasa é que tiñan vergoña por se nos riamos deles pero non tiñamos por que. Despois, unha rapaza que estaba no ordenador era un pouco “marimandona”; se ela non quería presentar o traballo, non o facían os demais. Aínda así, gustoume moito o seu proxecto e, se nos podemos, eles mais elas, tamén.
Resumiría este día en tres palabras NERVIOSISMO APRENDIZAXE ALEGRÍA
Uxía Rodríguez