Grupo UV (2º ESO Específico)

Page 1

As nosas impresións sobre a visita a Caldas Grupo UV, 2º ESO Específico PcCurso 2016-2017


A miña impresión sobre a visita ao instituto de Caldas Empezarei dicindo que fun demasiado nerviosa. Non sei se os nervios me xogaron unha mala pasada ou non, pero eu, aínda así, estou contenta do meu traballo. Espero non ter decepcionado a ninguén e, menos, ao meu equipo. Despois de todo o traballado, sería unha pena non dar a coñecer todo o que aprendimos. Estou segura de que todos e todas intentamos facelo o mellor posible, aínda que estando alí, os nervios eran máis dos que parecía que iriamos ter. Paréceme que os meus compañeiros e compañeiras o fixeron perfectamente. A algúns deles notábaselles máis seguros que a outros, pero todos sacaron o mellor de si mesmos e rectificaban, cando se equivocaban. A miña primeira impresión sobre os estudantes de 3ºPMAR de Caldas foi a acertada. Pensei que ían ser aínda máis vergonzosos ca nós e que se irían separar en grupos. Exactamente, uns ían por alá e outros por acolá. Parece que non se entenden entre eles e o entendemento é o máis importante para poder traballar ben en grupo. Eu creo que o seu problema non é a capacidade para estudar, porque, en realidade, se vía que sabían o tema do que falaban. O problema deses rapaces e rapazas era que tiñan a autoestima moi baixa. Deume a sensación de que non querían presentar o traballo, porque non crían neles mesmos. Parecía que tiñan medo a intentalo, porque pensaban que lles ía saír mal. Eu, nunha intención de axudalos, fíxenlles un par de preguntas e pedinlles que o intentaran coma nós. Penso que teñen moita máis capacidade da que demostran e que poderían ter feito o mesmo nivel de traballo ca nós. O instituto de Caldas pareceume moi bonito e tranquilo. Quizais a presión de non estar no noso instituto e que non queríamos deixar en evidencia todo o traballado nos deu un impulso. O recreo foi moi divertido. Un rapaz chamado Nelson foi o único que se quedou con nós, como a súa profesora lles pedira a todos. El íanos ensinando os sitios e como era estudar alí. Parecía o máis excluído da súa clase. Dábame a sensación de que non había ningún tipo de compañerismo con el.


A nena que estaba sentada no ordenador, pasando as diapositivas, era unha antipática. Parecía que ela era a que guiaba aos demais e iso non debe ser así. É unha falta de comprensión e respecto non deixar aos demais a oportunidade de gravar vídeos só porque ela non quixese. Con esa actitude non chegará moi lonxe. En 4º estou segura de que todo lle será máis difícil, porque xa serán máis alumnos e alumnas na clase e ela intentará pasar desapercibida, de tal maneira que non atenderá e non chegará a aprobar tan fácil como o podería estar facendo nunha clase de PMAR. A súa profesora parecíame moi comprensiva e tiña moi bo humor. Non entendo como podía aceptar o pasotismo dos rapaces e rapazas a pesar de todo o esforzo que, seguramente, puxo nese traballo. Non me imaxino como pode ser traballar día a día con eles. Eu non soportaría que o meu alumnado soubese unha cousa e non a explicase.

Resumiría en tres palabras o noso día Interesante Boa oportunidade

Andrea


A MIÑA IMPRESIÓN SOBRE A VISITA AO INSTITUTO DE CALDAS UNHA GRAN EXPERIENCIA

A min gustoume a experiencia. O instituto era pequeno, pero a xente era moi amable e facíano acolledor. Cando cheguei ao IES Aquis Celenis, eu estaba moi nerviosa, xa que era algo novo. Non sabía como serían os rapaces e rapazas, nin como sería o instituto. Leváronnos á aula de Tecnoloxía, para que puideramos falar con eles e expoñerlles o noso traballo. Primeiro, presentámonos e, logo, comezamos algunhas das nosas exposicións. Algúns estaban atentos pero outros pasaban de todo. Eu creo que era porque pensarían que non sería unha explicación interesante ou que era unha clase calquera, unha clase aburrida. Esa era a impresión que daban. Despois tocoulles recreo e un rapaz moi agradable chamado Nelson ensinounos o instituto e falounos un pouco do que se facía alí, algunhas normas do instituto, horarios e algunhas cousas máis. Cando volvemos a clase, xa estabamos menos nerviosos. Creo que o recreo nos sentou moi ben xa que perdemos a vergoña. Cando nós rematásemos a nosa exposición, tocaríalles a eles, pero víase que non tiñan moitas ganas. Empezamos a falar co elas e eles, para intentar facelos entender que a nós tamen nos costou moito chegar ata alí e que, se nos podiamos, eles tamen; se estaban decaídos, poñendo da súa parte, conseguirían facer algo tan especial como o que fixemos nós. A min pareceume que entre eles se trataban como descoñecidos, xa que cada un ía por libre. Creo que non sabían nin o que querían nin nada dos seus compañeiros e compañeiras. Parecía que estivesen alí por estar e non para intentar aproveitar o tempo. Había unha rapaza que me pareceu moi desagradable, unha mandona das que sempre ten que ser o que ela diga. Parecia que a clase xiraba ao seu arredor.


A MIÑA IMPRESIÓN SOBRE A VISITA AO INSTITUTO DE CALDAS Cando a unha das miñas compañeiras, Uxía, lle puideron os nervios e toda a miña clase foi apoiala pareceume moi raro como os da clase de 3º PMAR nos miraron pero, un rato despois, comprendín porque o fixeran, xa que eles non tiñan ese tipo de relación. Creo que non sabían o que era apoiar todos a unha mesma persoa, iso de ser un equipo. Non o comprendían. Creo que deixamos unha pegada neles para sempre e espero que intenten facer algo como o que nós fixemos. Encantariame volver a estar con eles e ver que non se deixaron levar máis polo derrotismo, nin polo pesimismo.

RESUMIRÍA EN TRES PALABRAS ESE MOMENTO

1. Divertido 2. Experiencia extraordinaria 3. Interesante

MERITXELL


Experiencia en Caldas A miña experiencia en Caldas foi moi boa. Os meus compañeiros/as estaban moi nerviosos/as. Pasámolo ben no autobús. Cando chegamos, a algún se lle pasaron os nervios, pero outros/as estaban aínda máis nerviosos/as. Na porta do instituto recibiunos a xefa de estudos. Parecía moi seria, pero seguro que era boa persoa. Despois, chegamos a cafetaría. Era moi grande. Gustoume moito a decoración e, respecto a nosa cafetaría, aquela era máis barata. Na aula de tecnoloxía coñecimos aos mozos e mozas daquel instituto. Eran moi amables; algúns parecíanme avergoñados/as e outros/as parecían pasar de todo, como unha nena que dicía que non facían nada e que non se ían gravar a si mesmos. Cando

estabamos

expoñendo,

algunhas

choraron

e

outras

riron.

Eu,

persoalmente, non estaba nervioso aínda que, ao final, me trabuquei en dúas palabras pero non pasaba nada, porque xa era o final. Despois, no recreo, fomos todos xuntos a coñecer a persoas, pero Xiomara mais eu nos aburriamos tanto que nos fomos percorrer todo o instituto. Era máis pequeno do que nos imaxinaramos. Ao final, fómonos con présa, porque chegabamos tarde. Se teño que resumir o día en tres palabras serían:

Unha experiencia máis Christian


A miña impresión sobre a visita ao instituto de Caldas A miña impresión foi que, cando chegamos, estabamos moi nerviosos por coñecer aos alumnos e alumnas é, tamén, pensando en como nos ía saír a nosa presentación. Ao longo da mañá xa nos fumos coñecendo e, no recreo, acompañounos un rapaz moi amable e simpático chamado Nelson, que acababa de chegar ao centro en xaneiro deste ano. Cando rematamos as nosas presentacions, a súa profesora díxolles que expuxesen o que tiñan feito durante o curso. Custoulles moito, porque eran moi timidos. Cando empezei a expor o meu proxecto, púxenme nervioso, pero despois xa non tiña problema en falar e facer tonterías con eles. Resumiría este día en tres palabras Divertido Nervioso Traballado Cristian Gómez


A MIÑA IMPRESIÓN SOBRE A VISITA AO INSTITUTO DE CALDAS

A mín pareceume unha boa experiencia poder compartir con outras persoas da nosa mesma idade o traballo que tanto nos costou facer e levou tanto tempo. Aínda que eu e todos tivemos bastante vergoña e nervios, penso que nos saiu bastante ben. Cando lles tocou aos compañeiros e compañeiras de Caldas contar un pouco o seu proxecto, algúns parecía que o sabian máis ou menos ben, pero outros parecía que pasaban un pouco do tema. As mozas/os do outro instituto parecían boas persoas e bastante agradables.

RESUMIRÍA ESTE DÍA NESTAS TRES PALABRAS

NervIoso Divertido Orgullo

Xiomara García


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.