OBXECTIVOS 1. Coordinar un proxecto entre o ámbito científico e lingüístico. 2. Integrar a investigación elixida nos contidos curriculares das distintas materias dos ámbitos, fomentando a aprendizaxe significativa e abordando diferentes enfoques. 3. Fomentar o traballo de forma cooperativa. Entendemos que este é o “corazón” do noso enfoque: interactuar con outras persoas e con grupos de forma democrática, respectar a diversidade e as normas e apreciar a análise crítica e as reflexións das conclusións obtidas neste traballo de investigación, valorando outras opinións. 4. Formar ao alumnado en ALFIN. 5. Dar a coñecer as ferramentas da web 2.0: Google, Drive, Tiki-Toki, Vimeo, Prezzi, Edmodo, Wix e correo electrónico. 6. Utilizar a rede e softwares axeitados para xerar coñecemento e elaborar materiais finais: ferramentas de edición (procesador de texto, presentacións, Publisher), ferramentas de programación (Scratch 2.0 e o IDE de Arduino). 7. Utilizar as TICs para comunicarse e colaborar. 8. Aplicar os contidos adquiridos na vida cotiá. 9. Lograr transmitir oralmente aos compañeiros/as os resultados da investigación. 10. Fomentar o espírito colaborativo. 11. Aprender a valorar a importancia do esforzo individual dentro do grupo. 12. Fomentar a autoestima do alumnado, valorando os “talentos” individuais de cada integrante dos grupos. 13. Fomentar a creatividade e a curiosidade por aprender. 14. Axudar aos estudantes a que reflexionen sobre a súa aprendizaxe. 15. Concibir o coñecemento científico e linguístico como un saber integrado.
Tamén nós somos Da Vinci