OS RAIOS ULTRAVIOLETAS
Xiomara García Mosquera Cristian Gómez Triñanes Andrea Parada Galbán Christian Santiago Cochón Meritxell Triñanes Bea
2º ESO Específico IES Castro Alobre
1
ÍNDICE 1. Introdución 2. Os raios ultravioleta 3. Descubrimento 4. Tipos de raios UV 5. Factores que inflúen na intensidade dos raios UV 6. O índice UV 7. Efecto da exposición aos raios UV sobre a saúde: queimaduras, envecellemento da pel, cancro, efectos oculares, sistema inmunolóxico 8. Prevencións ante os raios UVA e UVB 9. Conclusión 10. Anexos: - anexo I: Día do ozono - anexo II: interpretación do índice de raios UV en mapas de España
11. Fontes consultadas
2
1. INTRODUCIÓN Imos traballar sobre os raios UV, porque necesitamos información para comprender e interpretar o noso medidor de radiación ultravioleta. É importante saber algunhas cousas básicas sobre eles, xa que, cando nos expoñemos ao Sol, tamén nos expoñemos aos raios. Estudaremos os raios ultravioletas, os tipos de raios que hai, quen os descrubriu, a súa intensidade, o índice UV e os efectos e prevencións ante eles.
3
2. OS RAIOS ULTRAVIOLETA A radiación ultravioleta denomínase electromagnética. O Sol emite ondas menores non visibles para o ollo humano. A súa lonxitude está, aproximadamente, entre os 400 e os 15 nm. O nanómetro (abreviado nm) é unha unidade de lonxitude que equivale a unha mil millonésima parte dun metro. Este tipo de radiación é moi perigosa para a saúde, producindo diferentes enfermidades. Hai tres tipos de raios UV: UVA, UVB e UVC.
Lámpara fluorescente de luz UV
3. DESCUBRIMENTO
En 1801, un físico alemán chamado Johann Wilhelm Ritter (Samitz, 1776 - Múnich, 1810) detectou que existían uns raios invisibles para o ollo humano, que podían escurecer un papel impregnado con cloruro de prata. Un día, Ritter colleu un prisma de cristal e fixo pasar a través del os raios do sol, proxectándose o arco da vella. En cada unha das cores foi poñendo cloruro de prata. Primeiro, púxoo na cor vermella e o cloruro case non reaccionaba pero, canto máis avanzaba, o cloruro íase ennegrecendo cada vez máis ata chegar á cor violeta. Logo pensou que pasaría, se poñía a substancia ao lado da cor violeta, onde xa non se vían as cores do arco da vella, e viu que se poñía moi negra. Entón, chegou á conclusión de que había raios máis alá do violeta e do que o ollo humano podía ver a simple vista. Foto sacada de Imaxes para pensar o Universo
4
4. TIPOS DE RAIOS UV
Hai tres tipos: ● Os raios UVA: Alcanzan totalmente a superficie terrestre. Teñen a capacidade de atravesar o vidro e penetran ata as capas máis profundas da pel. ● Os raios UVB: Teñen máis enerxía que os raios UVA, pero só algúns chegan á terra e poden danar directamente o ADN das células. Son os raios que queiman a pel cando imos á praia. Os médicos tamén pensan que son os que máis cancro provocan. ● Os raios UVC: Teñen máis enerxía que os raios UVA e UVB, pero non están na nosa atmosfera nin na nosa luz solar, porque a capa de ozono non os deixa pasar. Polo tanto, non os podemos medir nin provocan ningún tipo de cancro.
http://www.lephysique.com/wp-content/uploads/2014/07/Screen-Shot-2014-07-10-at-9.10.32-AM.png
5
5. FACTORES QUE INFLÚEN NA INTENSIDADE DOS RAIOS ULTRAVIOLETA A latitude A latitude é a distancia entre a liña do Ecuador e un punto determinado da Terra. Canto máis preto está o Sol do Ecuador, máis intensa é a radiación UV. Polo tanto, a xente que vive máis próxima ao Ecuador ten que poñerse máis protección, porque os raios UV afectan máis a súa saúde.
Foto sacada de: wordpress.com A nubosidade A intensidade da radiación UV é máxima cando non hai nubes, pero pode ser alta mesmo con nubes.
Foto sacada de: abc.es/
6
A altitude A maior altitude a atmosfera é máis delgada e absorbe unha menor proporción de radiación UV e, polo tanto, recibe máis radiación.
O ozono O ozono absorbe parte da radiación UV que podería alcanzar a superficie terrestre. Hai elementos que danan a capa de ozono, por exemplo, os aerosoles e a contaminación. Polo tanto, dependendo da contaminación, a radiación UV nos inflúe máis negativamente.
Foto sacada de: http://omicrono.elespanol.com
Tipos de superficies
7
Os raios UV poden rebotar en superficies como a auga, a area, ou a neve, o que leva a un aumento na exposición aos raios UV. A neve pode reflectir ata un 80% da radiación UV; a area seca da praia, arredor dun 15%; e a escuma da auga do mar, arredor dun 25%.
Foto sacada de: nevasport.com
https://www.youtube.com/wat1ch?v=I0PjL_Fl9Gs
8
6. O ÍNDICE UV O índice UV é un indicador de intensidade ultravioleta e ten unha escala do 0 ao 11. Foi creado pola Unión Europea. Agora, imos interpretar este gráfico:
http://www.aemet.es/imagenes_gcd/eltiempo/prediccion/radiacionuv/ayuda/ayuda_uvi_proteccion.png
-
Os números 1 e 2 son de cor verde e queren dicir que non fai falta protección. Pódese saír á rúa sen ningún perigo de queimarse a pel.
-
Os números 3, 4 e 5 están representados de cor amarela e fai falta algunha protección, como a crema solar ou unhas lentes de sol.
-
Os números 6 e 7 están representados de cor laranxa e tamén fai falta algunha protección, coma no índice anterior.
-
Os números 8, 9 e 10 están representados de cor vermella e xa se necesita máis protección que no anterior caso. Crema solar, parasol ou lentes.
-
Os números 11 ou máis son de cor lila e necesítase protección extra, como pode ser unha roupa que non deixe pasar os raios.
9
7. EFECTOS Á EXPOSICIÓN DOS RAIOS UV Se os raios UV penetran no noso corpo, pode haber consecuencias positivas e negativas: Algúns exemplos de efectos negativos son: ● Queimaduras: preséntanse cando o grao de exposición ao Sol ou a unha fonte de luz ultravioleta excede a capacidade da melanina. ● Envellecemento da pel: ao expoñerse de maneira constante ao Sol sen protección, pódese orixinar a aparición de enrrugas ou manchas. ● Cancro: expoñéndose demasiado tempo ao Sol, podemos chegar a ter cancro por unha produción excesiva de melanina no noso corpo.
https://www.youtube.com/watch?v=k9jxHRHb8u0
● Efectos oculares: a radiación ultravioleta pode afectar á córnea, ao cristalino, ao iris, á retina, etc. https://www.youtube.com/watch?v=d68cBaAafGQ
10
● Debilitamento do sistema inmunolóxico: cando nos expoñemos demasiado tempo ao Sol, o sistema inmunolóxico debilítase. Así, pódense producir herpes e enfermidades gastrointestinais. Algúns exemplos de efectos positivos son:
● A vitamina D: é unha substancia que nos proporciona o Sol. É necesaria para o noso corpo. Tamén, algúns alimentos nos poden proporcionar esa vitamina.
● O benestar persoal: cando saímos á rúa e vemos que vai bo tempo, estamos de mellor humor e temos ganas de pasear e quedar con xente ou relaxarnos.
8. PREVENCIÓNS ANTE OS RAIOS UVA e UVB As prevencións ante os raios UVA son múltiples. Aquí, nomearemos algunhas: ● Crema solar. ● Lentes de sol. ● Chapeu. ● Roupa de traballo. ● Buscar a sombra. ● Non saír nas horas centrais do día.
9.CONCLUSIÓN
Grazas a este traballo xa sabemos moito máis sobre os raios ultravioletas que cando empezamos co noso proxecto. Cando vaiamos medir a radiación UV co noso medidor, saberemos que significa cada medida. Aprendemos que o sol non ten só un tipo de raios UV e que hai que exporse a el con precaución.
11
10. ANEXOS Anexo I- Día do Ozono
O 16 de setembro celébrase en toda a Terra o Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono. O Día Internacional ten como obxectivo aumentar o grao de conciencia da humanidade, para que as persoas non utilicen tantos gases que afectan a capa de ozono, xa que cada vez irase debilitando máis e máis e nos quedaremos sen protección contra os raios UV.
12
Anexo II- Interpretación do índice de raios UV no mapa de España
Mapa do día 3-4-2017 Hai varios índices de raios UV na Península. A maioría están comprendidos entre o 5 e o 7, o que significa que as persoas teñen que ter precaución e non saír nas horas centrais do día. Nas illas Canarias hai un pouco máis de intensidade, entre 8 e 9. Neste caso, terán que pórse protección extra e ter máis coidado. Índice 5: Galicia (A Coruña, Lugo, Pontevedra), Cantabria, A Rioxa, Logroño, Comunidade Foral de Navarra, Aragón, Cataluña, Castela León, Baleares. Índice 6: Ourense, Castela-León, Madrid, Comunidade Valenciana, Castela A Mancha, Estremadura. Indice 7: Valencia, Ceuta, Melilla.
Indice 9: Canarias.
13
Mapa do día 05-04-2017 Hai varios índices de raios UV na Península. A maioría das provincias están comprendidas entre o 5 e o 7. Isto significa que as persoas teñen que ter precaución e non saír nas horas centrais do día. Nas illas Canarias hai un pouco máis de intensidade, entre 8 e 9. Neste caso, terán que pórse protección extra e ter máis coidado. Índice 5: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Comunidade Foral de Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Madrid, Castela León, Cantabria, Comunidade Valenciana, Illas Baleares. Índice 6: Castela León, Estremadura, Castela A Mancha, Rexión de Murcia, Melilla, Índice 7: Ceuta
Índice 8: Canarias Índice 9: Canarias
14
Mapa do día 06-04-2017 Na maior parte da Península temos un índice entre 5 e 6 que, aínda que non é moi alto, se debe empregar crema solar. Nas illas Canarias o índice está entre 8-9. É bastante alto, así que os habitantes terán que usar protección extra. Índice 5: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Euskadi, Comunidade Foral de Navarra, Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia. Índice 6: Galicia, Castela León, Aragón, Madrid, Estremadura, Castela A Mancha, Andalucía, Ceuta, Melilla. Índice 7: Canarias. Índice 8: Canarias.
15
11. FONTES CONSULTADAS PÁXINAS WEB: https://es.wikipedia.org/wiki/Johann_Wilhelm_Rittehttp://www.definicionabc.com/ciencia/uv .php https://www.epa.gov/sites/production/files/documents/sunuvu_spanish.pdf http://lasmilrespuestas.blogspot.com.es/2012/06/descubrimiento-de-los-rayos.html https://www.ecured.cu/Radiaci%C3%B3n_ultravioleta Raios ultravioleta https://www.cancer.org/es/cancer/cancer-de-piel/prevencion-y-deteccion-temprana/prote ccion-contra-rayos-ultravioleta.html http://www.altonivel.com.mx/34731-rayos-ultravioleta-provocan-envejecimiento-prematura -de-piel/ https://salud.nih.gov/articulo/el-sol-y-la-piel/ https://www.jnjvisioncare.es/education/uv-and-contact-lenses/uv-damange http://www.elheraldo.hn/suplementos/salud/978951-466/enfermedades-que-causa-en-la-p iel-los-rayos-del-sol http://www.who.int/uv/publications/en/uvispa.pdf?ua=1 http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/radiacionuv https://es.wikipedia.org/wiki/Ozono http://www.who.int/es/
VÍDEOS:
https://www.youtube.com/watch?v=k84XK2Ihmb8 https://www.youtube.com/watch?v=I0PjL_Fl9Gs https://www.youtube.com/watch?v=LEmzYyjQLvU https://www.youtube.com/watch?v=zX-in6dFMx4 https://www.youtube.com/watch?v=M-Z97if1YS4&list=PL_ESMemj7oIH_OWhP0DNI_DGQbi12u -2a
16