Paisaxes sonoras Na/Da biblioteca

Page 1

Paisaxes sonoras Na/Da Biblioteca Notas ao concerto


O comezo deste traballo foi a experimentación en torno a certos inventos musicais que xurdiron no século XX e ampliaron o concepto de "instrumento" que se tiña ata ese momento. Centrámonos nos instrumentos electrónicos como os sintetizadores. Todos teñen en común a modificación das ondas sonoras, para cambiar sons ou crear outros novos. Outra innovación aportada por determinadas vangardas do século XX, como a música concreta e a electrónica, foi a incorporación dos ruidos (previamente gravados ou efectuados á hora da interpretación en directo) no proceso creativo. Nestas vangardas musicais participaron moitísimas mulleres compositoras, inventoras e intérpretes, como Daphne Oram, Pauline Oliveros, Eliane Radigue, Suzanne Ciani, entre moitas outras, que apenas son coñecidas na historia oficial da música pero que pertencen a ela como moitos homes (algúns deles moi mediocres) que as imitaron ou directamente plaxiaron. Así pois experimentamos coas paisaxes sonoras que se poden producir na biblioteca e gravámolas: cadeiras, tesoiras, libros, teclados, revistas, persianas, pasos, voces, respiracións... Agora incorporaremos sintetizadores, loops, e as palabras que, como non?, son as que viven aquí. Polo azar da improvisación foi Celso Emilio Ferreiro o que se colou un día e aquí quedou, formando parte desta nova paisaxe que agora imos construír.


Longa noite de pedra O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra, 1962)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.