XUSTIFICACIÓN Dentro do Proxecto Documental Integrado coordinado pola Biblioteca, Descubrimentos e Inventos, pensamos que era unha boa idea desenvolver un proxecto conxunto, entre os ámbitos científico e lingüístico, para un grupiño de alumnado de 2º ESO Específico. Estes alumnos e alumnas presentan dificultades de aprendizaxe e falta de motivación. Necesitabamos mellorar a súa autoestima e que se considerasen actores principais e imprescindibles do seu proceso de aprendizaxe. Nada mellor para isto que se convertesen en “inventores e inventoras” por un tempo, e que sentisen a necesidade de ter que informarse para que as súas creacións visen a luz. Xurdiu, entón, a idea de sumarnos á iniciativa da biblioteca e proporlles varias liñas de investigación. Entre elas, o alumnado elixiu as seguintes temáticas: Os raios ultravioleta e A pegada dixital. Ademais de informarse, deberían deseñar, construír e amosar o produto final dos seus inventos, poñéndoos en funcionamento.
Tamén nós somos Da Vinci