23 abril 2015

Page 1

BIBLIOTECA IES Poeta Añón-OUTES 23 ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO Hoxe 23 de Abril celébrase en todo o mundo o día Internacional do libro. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1926. para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Recomendacións LECTORAS IES POETA AÑÓN -OutesPáxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Club de lectura: http://laretas.blogspot.com IMAXE PORTADA: http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/2015/04/23-de-abrildia-do-libro.html

Proposta de lecturas do alumnado de 4º ESO CURSO 2014-2015


Recomendacións premiadas

Outras lecturas recomendadas

...e un par de clásicos da literatura xuvenil

CARMEN GARCÍA VIDAL 4ºA .

LAURA LOURO VÁZQUEZ 4ºA

SILVIA TUÑAS AÑÓN 4ºB

LA NOCHE MÁS OSCURA é un libro intrigante que che engancha desde o principio. Eu, como lectora que son, case nunca leo un mesmo libro dúas veces, pero este foi un deles. Non é unha historia corrente e, aínda que fala sobre a época do nazismo, non se fai pesado, ao contrario faino mais interesante. Valeria, a protagonista, nas súas vacacións, encontra o amor, recorda a súa “ procedencia” e mediante os seus soños destapa unha mentira.

“BAJO LA MISMA ESTRELLA” de John Green foi un dos libros que máis me gustou porque dende o primeiro momento conectas cos personaxes e sabes realmente como son. É un libro que en cada liña que les te ensina algo novo pero, sen lugar a dúbidas , ensinoume a non renderme nunca e loitar polo que realmente quero, que nada na miña vida serva de obstáculo.

HARRY POTTER y LA PIEDRA FILOSOFAL. JK

ALBA CALO BLANCO 4ºA

Recomendo “La noche en que Frankenstein leyó el Quijote” porque me parece un libro moi interesante, que tal como di o subtítulo “ móstrache a vida secreta dos libros”. O libro conta cuns 25 capítulos que se poden ler individualmente, xa que non gardan relación entre si. En cada capítulo atopamos unha historia en relación coa literatura e as anécdotas e os misterios que hai detrás dos grandes clásicos. Santiago Posteguillo, o autor, é capaz de contarnos desde como se creou a orde alfabética ata formular a famosa pregunta: papel ou libro electrónico? dunha maneira moi lixeira e particular que che engancha. Penso que é un libro fantástico para os amantes da literatura, para descubrir os misterios agochados detrás das páxinas, e ao mesmo tempo é interesante para os que non len demasiado, xa que podes ler un só capítulo de vez en cando, e estas curiosidades poden levarte a ler dende libros de Shakespeare ata libros de JK Rowling..

Penso que ademais do mencionado anteriormente, o que o escritor nos quixo transmitir é que a xente con cancro non merece a nosa pena, todo o contrario, merece sacarlle un sorriso e animalos a loitar. Podería dicir infinitas cousas sobre o libro, pero quedaríame curta. Recoméndollo a todo o mundo pois é marabilloso. E anímovos a que gocedes de cada unha das liñas que forman este gran libro.

Rowling. Un libro curto, ameno e fantástico, cun contido impresionante que nos mergulla de cheo na historia do famoso feiticeiro Harry. Este libro incrible sorprende máis polo enorme mundo da fantasía que a autora crea nun espazo tan pequeno que pola historia en si mesma. A escritora neste libro danos un pequeno aperitivo do complexo mundo da maxia que se da a coñecer nos seguintes libros. E que sen dúbida é recomendable ler.

LUCÍA CAO GARCÍA 4ºA AARÓN CASTRO VILA 4ºA

“TES ATA AS 10” paréceme un bo libro para comezar a ler novelas de misterio porque é fácil. Mantenche enganchado de principio a fin debido ao misterio que agarda entre as súas páxinas. É un libro cheo de adversidades, as cales rematan cun trepidante final inesperado. Os personaxes tamén teñen cadansúa historia individual as cales son moi boas.

Hai xa dous anos na materia de Lingua Castelá recomendáronos para ler un libro que realmente me gustou moito: “Nunca seré tu héroe”. É unha lectura para adolescentes,na que podes sentirte identificad@ cos personaxes. Foi un libro que me engaiolou desde o principio ata o fin, polo que penso que a xente que non lle gusta ler, pode comezar por ler este libro para así collerlle un pouco o gusto ao ámbito da lectura.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.