ARTE (guía de libros e películas)

Page 1

EL ALQUIMISTA HOLANDÉS. Isabel Abenia Inquisición, maxia, morte, amor, historia e alquimia entrelázanse na vida do Bosco. Esta novela mergulla ao lector na estraña existencia do pintor, cun asombroso e revelador final, envolvido nos medos e supersticiones da época, así como na maxia que rodeaba a alquimia, os praceres terrenais, as guerras europeas e a peste. EL RETRATO DE DORIAN GRAY. Oscar Wilde Un artista chamado Basil Hallward queda fascinado pola beleza de Dorian Gray, un mozo dunha hermosura fóra do común. Dorian accede a ser retratado por Basil e este pinta un cadro que recolle a perfección de cada un dos seus trazos. Un neno comeza a ver a sete homes vestidos de negro que camiñan levando cada un unha cadeira. Só os ve el. Cada vez que aparecen os homes e síntanse, sucede unha desgraza. A súa investigación lévalle a descubrir a existencia dun cadro con eles, chamado “Os televidentes”. O neno descobre a historia de amor do pintor que o fixo, e algo máis, a lenda do seu propio pobo. LA JOVEN DE LA PERLA -2003Holanda, 1665. Griet entra a servir en casa de Johannes Vermeer, o cal, consciente dos dotes da moza para percibir a luz e a cor, irá introducíndoa aos poucos no mundo da súa pintura. BIG EYES –2014Narra a historia de Margaret e Walter Keane. Nos anos 50 e 60 do século pasado, tiveron un éxito enorme os cadros que representaban nenos de grandes ollos. A autora era Margaret, pero asinábaos Walter, o seu marido, porque, ao parecer, el era moi hábil para o marketing. THE MONUMENTS MEN –2014A finais da II Guerra Mundial, a un selecto grupo de historiadores, directores de museos e expertos en arte, tanto británicos como norteamericanos, encoméndaselles a importante e perigosa misión de recuperar as obras de arte roubadas polos nazis durante a guerra para devolverllas aos seus lexítimos propietarios MR. TURNER –2014Biografía sobre o pintor británico, J.M.W Turner . Artista recoñecido, ilustre membro da Royal Academy of Arts, vive co seu pai e o seu fiel ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente en busca de inspiración. BIBLIOTECA

Biblioteca IES “Poeta Añón”

LOS HOMBRES DE LAS SILLAS J. Sierra i Fabra MI PIE IZQUIERDO-1989Película baseada nun relato autobiográfico do pintor e escritor irlandés Christy Brown. Vitima dunha parálise cerebral, grazas á súa tenacidade e ao incondicional apoio da súa nai, conseguiu derribar todas as barreiras que impedían a súa integración na sociedade.

LER con ARTE

GUÍA de LIBROS e PELÍCULAS sobre ARTE


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
ARTE (guía de libros e películas) by IES POETA AÑÓN - Issuu