Outros libros do autor
LUIS SEPÚLVEDA –Chile, 1949•
•
•
•
•
•
•
Estudou Produción Teatral na Universidade Nacional de Chile e cunha bolsa marchou a Moscova para estudar Teatro, pero pouco despois, foi expulsado. Traballou no Departamento Cultural no goberno de Allende, e tras o golpe militar de Pinochet, foi encarcerado máis de dous anos, e grazas á mediación de Amnistía Internacional, foi posto en liberdade condicionada. Sepúlveda marchou a Valparaíso, formando parte dun grupo teatral e foi detido de novo, sendo condenado esta vez a cadea perpetua. Tras unha nova intervención de Amnistía Internacional, exiliouse, residindo en varios lugares ata asentarse en Quito, onde dirixiu unha compañía de teatro, e participou nunha expedición da UNESCO para estudar o impacto ambiental da colonización nos indíxenas Shuar. Máis tarde, Sepúlveda enrolouse na Brigada Internacional Simón Bolivar combatendo en Nicaragua. Despois, marchou a Alemaña, traballando como xornalista, e como correspondente en países de América Latina e África. De 1982 a 1987, estivo embarcado nun buque de Greenpeace, organización na que despois traballou como coordinador. Vive en Xixón, España. É autor de novelas e relatos curtos, abundantes en temas ecolóxicos e autobiográficos. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios ademais de ser galardoado coa Medalla das Artes e as Letras do goberno francés. Fonte: Lecturalia.com
CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN
1985
1989
2012
2016
1989
2018
Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTESFontes consultadas´:
• www.lecturalia.com • www.educarm.es (Guía nº 5) • www.marcoele.com
Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar LUIS SEPÚLVEDA –1996-
• elpais.com
28 outubro 2019