A BALADA DOS UNICORNIOS

Page 1

Ledicia Costas vista por ela mesma

Outros libros da autora

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

Ledicia Costas no IES Poeta Añón Decembro-2013

Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios. Estou convencida de que os libros que devorei sendo unha nena marcaron de xeito irremediable o meu futuro. Por algunha razón que aínda non comprendo, estudei Dereito. Exercín uns anos como avogada, pero desde hai xa tempo dedícome por completo á literatura, cousa que me fai moi feliz. Sigo visitando cemiterios, todos os que podo. Teño centos de fotos en cemiterios de distintos lugares do mundo. Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos. Son unha lectora apaixonada de autores como Agustín Fernández Paz, Neil Gaiman, Angela Sommer-Bodenburg, Astrid Lindgren ou Philip Pullman. O meu director de cine favorito é Hayao Miyazaki e a miña serie de animación de referencia Dragon Ball, baseada nun manga escrito e ilustrado por Akira Toriyama. Teño devoción polas ilustracións de Ana Juan e Nicoleta Ceccoli. Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.

1999

2014

2016

2012

2015

2016

2012

2015

2017

Premio Lazarillo 2017

Fonte: http://lediciacostas.com/es/

A BALADA DOS UNICORNIOS Ledicia Costas -2017-

IES POETA AÑÓN-OUTESImaxe http://arablogs.catedu.es/arablogs/repositorio/882/v15f6734.jpg

27 XANEIRO 2020


RESEÑA da Editorial Xerais Ágata McLeod é unha rapaza que estuda na Escola de Artefactos e Oficios dirixida pola malvada Cornelia. O seu amigo León, quen vai camiño de converterse en Xenio despois de descubrir como dar vida a corpos de falecidos, está a piques de morrer porque Cornelia quere zugarlle a súa maxia. Cornelia, que non é humana, senón un gran corvo, emprega, para conseguir os corpos das súas vítimas, ao Destripador, un asasino desapiadado que se dedica a asasinar de xeito vil a prostitutas. Ágata trata de contactar coa raíña Wendy para que lle axude a liberar a León, pero non consegue falar con ela, polo que, na compaña do seu fiel robot Tic-Tac e de Nuno, o irmán pequeno de León, iniciará unha aventura ata conseguir chegar onde mora o ermitán, un ser poderoso que fai desaparecer todas as naves que se achegan a el.

O DESTRIPADOR O personaxe do destripador está inspirado na historia de Jack The Ripper (Jack o Destripador), nome dado a un asasino en serie sen identificar ao que se lle atribúen polo menos cinco homicidios no barrio londiniense de Whitechapel ( East End) en 1888, e cuxo modus operandi estivo caracterizado por cortes na garganta, mutilacións nas áreas xenital e abdominal, extirpación de órganos e desfiguración do rostro de mulleres que se dedicaban á prostitución. (Fonte: Wiki-

PARA O DEBATE •

pedia) •

PERSONAXES •

Agata McLeod

-León

-Tic-Tac

Nuno

- Cornelia

- Raíña Wendy

O Destripador

- O ermitán

- O Rei Dogo

SABÍAS QUE…? Ledicia Costas ambienta a súa novela dentro da chamada tendencia STEAMPUNK que tivo a súa orixe na Literatura pero logo se estendeu a outros ámbitos da cultura e sociedade. O STEAMPUNK inspírase na Inglaterra vitoriana do s. XIX que vive en plena Revolución Industrial. Esta época está dominada polas máquinas de vapor, a mecánica e a tecnoloxía. Jules Verne é un dos escritores inspiradores deste movemento

CITAS PARA PENSAR... O amor non sucede... O amor mastígaste por dentro dun xeito inexplicable. P. 31 O amor é unha enruga no corazón. Vólvenos vulnerables (p. 173) Desculpade ao meu irmán. É un neno... Coma se ser un neno fose unha tara ou o colocase nun plano inferior Ter a vida dunha persoa nas túas mans provoca unha revolución interior. 105 A dor cando se comparte pesa menos. P. 118

Ilustracións do libro (de Mónica Armiño)

Os humanos sodes defectuosos. Vivides a cabalo entre a nostalxia do pasado e o medo ao futuro. P. 149

Que personaxe che gusta máis?

Ledicia Costas dubidou á hora de titular o libro coa alternativa de PLUMAS E UNICORNIOS. Que título che parece máis apropiado? Teríaslle posto outro? Cornelia busca a chave ou a fórmula da inmortalidade. A ti gustaríache ser inmortal? Cornelia tenta obter a maxia de León sacrificándoo no nome da ciencia. Para ela, dalgunha maneira, O FIN XUSTIFICA OS MEDIOS. Estás de acordo ?

Cornelia quítalle os ollos a Ágata para que non poda ver o futuro , un futuro no que a rapaza sucede a Cornelia como directora da Escola de Artefactos. Finalmente, cómprese o fado. Ti cres no destino. Estamos predestinados dende o noso nacemento ou temos a capacidade de cambiar o noso futuro? Chamouche algo a atención na descrición da Cidade dos Cans? Ágata, León Nuno e os rapaces da Escola son “nenos amputados”. Que quere isto dicir? O libro denuncia, dalgún xeito, o maltrato e a matanza de animais. Lembras en que momentos?

Recomendarías este libro a un amigo?

Que che pareceu o final? Cambiaríalo

Cres que a autora escribirá unha continuación desta historia a tenor do que di no epílogo: “Mentres, no observatorio, a Raíña Albina contemplaba un punto do globo terráqueo a través dos prismáticos. Alí estaban os pais de Ágata, loitando por regresar a esta dimensión. Mais para iso tiñan que dar co xastre, o home coa capacidade de coser e descoser o aire. Pero esta é outra historia”. P 191


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.