OUTRAS PELÍCULAS SOBRE CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
O MEDIO AMBIENTE
Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTESFontes para a elaboración desta guía: •Wikipedia •Fotogramas •Filmaffinity •Sensacine
WALL-E, batallón de limpeza (2008) 16 DECEMBRO 2019
CURIOSIDADES da PELÍCULA Para reflexionar...
Ficha técnica "WALL•E” é o acrónimo de "Waste Allocation Load Título orixinal: WALL-E Direción: Andrew Stanton País: EE.UU. Ano: 2008 Duración: 98 minutos Xénero: Animación, Ciencia Ficción.
sinopse Ano 2815. A contaminación devastou a Terra. A cantidade de lixo é tan grande que xa non habita ningún ser vivo sobre o planeta. O robot Wall·E é un robot intelixente que tritura lixo e almacénao en cubos. Ao longo de séculos de aburrida soidade, Wall·E conseguiu desenvolver unhas emocións case humanas. Cando termina o seu traballo, entretense coleccionando cacharros e gravando cancións do musical ‘ Hello Dolly’. A través delas coñece o amor. Un día, aterra unha nave e un robot feminino, EVA, sae para inspeccionar o terreo en busca dalgún rastro de vida. EVA atopa unha planta entre o lixo. É o elemento que desencadeará que Wall·E busque a EVA polo espazo ata a nave AXIOM, onde viven colonias de humanos. Na nave deberán protexer a planta do control do computador central, GO-4, e axudar ao capitán na súa misión de volver á Terra .
Lifter Earth-Class" (en inglés, "Levantador de Carga de Residuos Clase-terrestre"). E o nome de EVE corresponde ás siglas Extraterrestrial Vegetation Evaluator
•
Como imaxinas que sera a vida no noso planeta no futuro, en 700 ou 800 anos?
•
É WALL-É un heroe tradicional? Como o describirías? É ÉVA? É unha guerreira ou unha protectora da vida?
•
Como e a vida para os humanos na nave Axion? A que se dedican? Como se comunican?
•
Na paisaxe de acumulacion de lixo que vive Wall·É, cal e a solucion que ofrece a empresa? Como a valoras? que solucion ofrecerías ti?
•
Que cambios se produciron nos habitantes da nave durante os 700 anos que esta leva no espazo?
•
Que mascota ten WALL-É? Porque esa especie si sobreviviu na Terra?
•
Que simboliza a planta?
•
Nun momento dado aparecen na película as escolas do futuro. Que che parecen?
•
Como te sentiches ao rematar a película? Cal pensas que e a mensaxe da mesma? Que foi o que mais che impactou?
•
É cales foron as escenas que mais che gustaron?
•
Cres que esta película e unha vision do noso futuro? Pensas que un futuro así e posible? Por que? Que poderían facer os humanos da película para evitar que o planeta se volvese inhabitable?
É a primeira vez que Pixar necesitou menos de 20 persoas para prestar a súa voz na película. .
Wall-E"n on ía ser o título rixinal da película. O nome ao comezo sería " Trash Planet" ("Planeta Lixo"). Foi o director o que tomou a decisión final de poñerlle o nome do robot protagonista
Os 30 primeiros minutos da película son unha homenaxe ao cinema “mudo”. Sen diálogos, a imaxe apóiase nos xestos, as miradas, os movementos expresivos, 3 gags visuais e o son: o vento, os ruídos que fai Wall•E, a música e o silencio.