J.K.ROWLING CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
J.K. Rowling é unha escritora inglesa. A súa serie de fantasía Harry Potter, que consta de sete novelas, vendeu máis de 500 millóns de copias; eses libros foron adaptados a películas que obtiveron igualmente éxito mundial. O seu nome real é Joanne, pero todos a chaman «Jo» . Cando era nena, gustáballe escribir historias para entreter á súa irmá menor, e na universidade regaláballes contos aos seus amigos polo seu aniversario. Na escola era igual a Hermione: gustáballe moito estudar e sacaba as cualificacións máis altas.
O guión desta película foi escrito por J .K.Rowling, baseándose no libro escrito por ela no 2001 usando o pseudónimo de NEWT SCAMANDER
Xa de grande dedicouse a dar clases de inglés e a escribir artículos. Un día, mentres esperaba un tren en Londres, ocorréuselle a idea dun neno que viaxaba en tren a un mundo máxico. De inmediato púxose a escribir sobre Harry, aínda que se tardou case cinco anos en completar toda a historia Mentres escribía o primeiro libro tivo á súa primeira filla, pero tamén lle pasaron cousas terribles: divorciouse, non tiña nada de diñeiro e a súa nai morreu. Aínda por riba, non conseguía que se publicase o seu libro. Todo cambiou cando a filla do dono dunha editorial leu os primeiros capítulos de Harry Potter e a pedra filosofal, e díxolle ao seu pai que lle gustaron moito. Pouco tempo despois aceptaron publicala e o libro volveuse famoso. Agora é unha das mulleres máis ricas de todo o mundo grazas aos millóns de libros que vendeu. Logo diso, J. K. casou de novo e tivo dous fillos máis. Recibiu moitos premios e dedica unha parte da súa gran riqueza a axudar a ONGs. Tamén publicou libros para adultos e planea escribir outros máis para nenos.
ANIMALES FANTÁSTICOS Y DÓNDE ENCONTRARLOS David yates –2016 Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
19 XUÑO 2017
Curiosidades da película
Ficha técnica Título: Animales fantásticos y dónde encontrarlos Título orixinal: Fantastic Beasts and where to find them Dirección: David Yates País: EE.UU Ano: 2016 Xénero: Fantástica. Aventuras. Spin-off. Duración: 133 min.
Aínda que a película desenvólvese nun tempo e un lugar totalmente diferentes, ten unha conexión natural con Harry Potter, posto que Animales fantásticos y dónde encontrarlos era un dos libros de texto de Harry na Escola Hogwarts de Maxia e Bruxería.
sinopse Nova York, ano 1926. O excéntrico magxizoólogo Newt Scamander acaba de ser expulsado de Hogwarts debido a un incidente relacionado cunha das súas criaturas máxicas. O mozo meigo decide entón emprender unha viaxe polo mundo en busca de novas variedades de criaturas extraordinarias. Acompañado dunha maleta repleta dos sorprendentes seres que coleccionou ao longo dos anos, chega a Nova York. Alí crúzase por casualidade con Jacob Kowalski, un panadeiro que acaba de volver da guerra. A raíz dunha confusión coas súas respectivas equipaxes de man, prodúcese a fuga dalgúns dos animais fantásticos de Newt e ambos se ven obrigados a colaborar para resolver ese terrible problema, que afecta tanto á comunidade máxica dirixida polo MACUSA (o Máxico Congreso de USA) como aos Muggle.
A película é dirixida por David Yates, director das catro últimas películas da saga Harry Potter.
reparto
O personaxe de Eddie Redmayne –Newt Scamanderapareceu na terceira parte da saga de 'Harry Potter'. Durante a escea na que os xemelos Weasley lle ensinan o mapa do merodeador a Harry, o nome do maxizoólogo aparece camiñando polos corredores do castelo.
NEWT SCAMANDER Eddie Redmayne
GRAVES Collin Farrell
JACOB KOWALSKI Dan Fogler
QUEENIE GOLDSTEIN Alison Sudol
TINA GOLDSTEIN Katherine Waterston
J. K. Rowling declarou que esta película non é nin unha precuela nin unha secuela da serie de Harry Potter, senón unha extensión do mundo máxico. A historia de Newt comezará en Nova York, e iso son uns setenta anos antes de que Harry emprenda a súa aventura. Tense previsto rodar 4 películas máis.
CRECENDE Ezra Miller
Newt viaxa a América porque foi expulsado de Hogwarts xa que puxo en perigo vidas humanas cun animal (unha besta). Na súa maleta vemos unha bufanda. Saberías dicir a que casa pertence? GRINDERWALD Johnny Depp
HENRY SHAW Jon Voight
O XUÍZO DAS BRUXAS DE SALEM Na película atopamos referencias a SALEM, e ao famoso xuízo contra varios veciños acusados de bruxería que tivo lugar nesta localidade norteamericana próxima a Boston no ano 1692. A denuncia iniciouse cando dúas nenas, de 9 e 11 anos de idade, comezaron a sufrir convulsións e espasmos. Entre bágoas afirmaron ser embruxadas por mulleres da localidade que de noite creaban dobres de si mesmas. O xuíz local creulles e así se iniciou unha investigación que sumiu á cidade nun clima de histeria colectiva, xurdindo cada día máis rapazas embruxadas e novos implicados, ata alcanzar o número de 141 acusados. Finalmente, 20 deles foron executados e cinco faleceron en prisión. Catro anos despois do xuízo, os xurados que ditaron sentenza asinarían unha confesión de erro, na que achacaban a súa actuación ao medo e a histeria desatados desde a primeiras acusacións.
JK Rowling recorre a este feito histórico para xustificar na ficción o motivo polo que era moito máis perigoso ser mago ou bruxa en América que en Europa. Fonte: www.muyhistoria.es