El asesinato del profesor de matemáticas

Page 1

O AUTOR : Jordi Sierra i Fabra

SIERRA I FABRA NA NOSA BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

Jordi Sierra i Fabra é un escritor español nado en Barcelona en 1947 que destaca pola variedade de temáticas e rexistros na súa narrativa. Autor precoz, comezou a escribir aos 8 anos e aos 12 escribiu a súa primeira novela longa . En 1970 abandonou os estudos para traballar como comentarista musical profesional. En 2012 superou os 10 millóns de libros vendidos en España. Ten unha extensa obra que en 2012 alcanza os 420 libros publicados. Nos últimos 25 anos as súas obras de literatura infantil e xuvenil publicáronse en España e América Latina. En 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra en Barcelona e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra en Medellín (Colombia), como culminación a toda unha carreira e ao seu compromiso ético e social

EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS Jordi Sierra i Fabra

28 NOVEMBRO 2016


ARGUMENTO Adela, Luc e Nico son tres alumnos aos que non lles van as matemáticas, sendo esta a única materia que non logran superar nunca, obtendo no resto de materias, boas cualificacións. O seu profesor, Felipe Romero, non está disposto a aceptar esta situación e proponlles un xogo coa finalidade de aprobar a materia, á vez que lles fai darse conta das súas propias habilidades na materia. O xogo consiste en achar, a través dunha gymkhana, ao hipotético asasino do profesor. O que ocorre é que o día da proba, atopan ao profesor realmente ferido de morte. Os tres amigos irán superando as diversas probas, descubrindo destrezas propias que descoñecían e afianzando a súa amizade mediante o traballo cooperativo. Finalmente descobren ao “asasino”, que resulta ser o director do centro. Pero é que o suposto crime non foi tal, xa que xunto a el atópase o “falecido” Profesor. Todo resultou ser unha plan tramado por este, coa finalidade de motivalos á resolución dos enigmas propostos

PARA O DEBATE... 

Gustouche o libro?

Odias as Matemáticas?

Estás de acordo coas seguintes afirmacións?

“...ahora entiendo que todo, hasta las matemáticas, puede ser un juego..:” “...Las matemáticas son esenciales. Después de la lengua, lo más importante...Os ayuda a pensar, a razonar las cosas, a tener disciplina mental”…

Chamouche a atención algunha das expresións que ultilizan os protagonistas (p. 92-126) ?

Dicen que ser periodista y profesor es de lo más duro”… “Si, la mayoría están de psiquiatra...Les va la marcha...tuvieron una infancia difícil y quieren vengarse”. Ti...que pensas?

Estás de acordo con estoutra frase do libro: “La vida de estudiante era un asco”

A unión ...fai a forza?

Que aficións teñen os protagonistas?

Como é o profesor de matemáticas descrito no libro?

Consideras xusta a nota final que lles dá o profesor?

Cambiarías o final ou gustouche tal como é?

Fuches quen de ir resolvendo as diferentes probas matemáticas que atopaches no libro?

Recomendarías esta lectura a algún amigo ou amiga?

Fepe dá unha segunda oportunidade aos seus alumnos. Isto ocorre na vida real? Como alumno tiveches /tes segundas oportunidades?

Pensas que aquel profesor que suspende debe ser despedido se non chega a un porcentaxe de aprobados?

Resulta crible que os alumnos saiban detalles da vida privada do seu profesor (a moza deixouno porque el non quixo cambiar de centro)?

“Cuando seamos mayores seremos como ellos, los profes. Es lo que más me asusta” di Nico. A que se refire ?

Que imaxe se dá no libro dos policías que os rapaces atopan tras deixar o cadáver do seu profe nun descampado?

Atopaches no libro algunha referencia ó mundo do cine?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.