O corazón da branca de neve

Page 1

FRANCISCO CASTRO ( Vigo, 1966) Francisco Castro Veloso é un editor e escritor galego que traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia.

Libros de FRANCISCO CASTRO na nosa BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

Escribiu máis de 16 obras publicadas para todas as idades.A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. Abriu en Internet un dos primeiros blogs de autor dedicados ao debate literario e a información cultural. Coa súa produción literaria gañou entre outros premios: 

Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997 con PlayBack

Premio de poesía O Facho no 2002.

Premio Blanco Amor de novela longa con Spam.

Premio de Novela Manuel García Barros, coa novela As palabras da néboa.

Premio Frei Martín Sarmiento con O ceo dos afogados (2007)

No 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’

A novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) é Premio Frei Martín Sarmiento 2011.

No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13 edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

… e outras obras do mesmo autor

“O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE” Francisco Castro

Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

26 outubro 2015


Para o debate

O argumento 

O inspector Hermida descobre e detén unha banda criminal que se dedica ao tráfico de seres humanos. Como se fosen unha ONG raptan mozas embarazadas, venden os seus bebés, mátanas e logo fan desaparecer os cadáveres.

Neste caso o inspector Hermida atópase por un lado, cunha rapaza marroquí- Leila- que foxe do seu país para tapar un embarazo, e por outro lado, cun matrimonio, o de Sonia e Alberto ao que non lle da chegado o bebé que ela tanto desexa. A banda criminal véndelles o bebé de forma clandestina e fan que maten a nai. Deste traballo encárgase o Branco, un heroinómano. Desta vez un acto de piedade impídelle o Branco desfacerse da rapaza e abandónaa nun lugar onde poidan dar con ela, aínda que moribunda. A partir deste momento o canso pero experto inspector Hermida irá desenmarañando toda a trama criminal.

                 

PERSONAXES PRINCIPAIS 

LEILA.

AVOA DE LEILA.

ALBERTO.

SONIA.

NADIM.

BRANCO.

INSPECTOR HERMIDA.

SUBINSPECTOR LOSADA.

EVA.

XEFE DE POLICÍA ALONSO.

         

Que significado ten o título? De que tipo de novela se trata? Onde acontece a trama ? Pode esta historia estar baseada nun feito real ? En que se centra a novela? Que tramas hai? Que fan coas mulleres embarazadas? Cómo é o ritmo da novela? Como é o inspector Hermida? De que está cansado? Quere facer ben o seu traballo? Por que se identifica tanto Hermida con Leila? Que lle pasou a filla de Hermida? Que supón o roubo dun fillo? Como son o resto dos personaxes? Losada, Alberto, Sonia, Leila, os médicos, Branco? Cal che inspira simpatía? Como evolución o personaxe de Sonia na novela? A que outra época che recorda os negocios cos seres humanos? É unha novela realista? Que temas trata? Porque credes que o autor escribe esta novela? Con que fin? Deberíamos facer o que fai o autor? Tes oído falar nos medios ( televisión, prensa radio …)de historias de roubos de fillos? Que che pareceu a novela? Que foi o que máis che gustou? Que opinas do estilo de novela policial e de suspense arredor da que xira esta novela? A onde nos pode levar a dependencia das drogas? Que cousas aprendemos do libro? Cales poden ser as razóns que levan a Alberto e Sonia a esa adopción? Non sospeitaban que podía ser ilegal? Que persoas optan por unha adopción ilegal? Cales cres que son os motivos? Que medidas cres que se deberían aplicar cas bandas criminais que fan negocio cos seres humanos? Coñeces outros casos nos que enganan as mulleres e as traen desde os seus países con falsas expectativas? Cres que se poden dar casos de corrupción policial? Cómo che gustaría que tratasen ós emigrantes?

PARA SABER MÁIS A Adopción ilegal, adopción irregular ou tráfico de nenos, en relación coa adopción nacional ou a adopción internacional, pódese definir como o delito cometido por persoas ou institucións que participan, promoven, toleran ou lúcranse da adopción dun menor: -neno ou nena-. A adopción ilegal e o tráfico de nenos soen ir unidos aos delitos de tráfico de persoas, falsificación documental, alteración da identidade, secuestro, soborno, abuso de menores e en ocasións rapto, abuso sexual de menores e prostitución infantil. Dous exemplos relativamente recentes son: o secuestro e desaparición de bebés dos detidos-desaparecidos durante a última ditadura arxentina (1976-1983). E os nenos perdidos do franquismo ou nenos roubados polo franquismo . INMIGRACIÓN ILEGAL Considérase inmigración irregular ou inmigración ilegal ao movemento migratorio de persoas a través das fronteiras sen atender os requerimentos legais do país de destino. A persoa que se atopa nesta situación denomínase inmigrante ilegal, indocumentado ou sen papeis. A gran maioría teñen que pagar a unha persoa para que os axude a pasar e tamén, en moitos casos, son discriminados e maltratados polos cidadás do país receptor. Pese a que son dous fenómenos ligados con frecuencia, é importante distinguir o tráfico de inmigrantes (smuggling en inglés) da trata de seres humanos. O elemento clave do tráfico é a entrada e permanencia clandestina do inmigrante irregular, mentres que na trata esa facilitación da entrada é manipulada para asegurar a explotación (sexual, laboral) do inmigrante.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.