Ledicia Costas vista por ela mesma Ledicia Costas no IES Poeta Añón
Outros libros da autora
CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN
Decembro-2013
“Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia que pronto será traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato Negrita no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014). Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón”. Fonte: http://www.xerais.es/autores
2014
1999
2014
2015
Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
O CORAZÓN DE XÚPITER Ledicia Costas -201225 xaneiro 2016
Sabías que...
ARGUMENTO Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Personaxes ISLA MAR XÚPITER ANXO
Imaxe: XÚPITER
Uns sofisticados novos cálculos indican que o maior planeta do noso sistema solar, que pesa máis do dobre que o resto dos planetas xuntos, destruíu parte do seu núcleo central. Irónicamente, o culpable é o propio hidrógeno e helio que fixeron de Xúpiter un xigante gaseoso, cando a gravidade do núcleo atraeu estes elementos ao formarse o planeta. O achado suxire que os planetas extrasolares máis masivos non teñen núcleos
en absoluto. Fonte:www.cienciacanija.com REFERENCIAS LITERARIAS ( e musicais) no comezo dos CAPÍTULOS
SANDRA MARCOS CARBALLO EMILIA CARBALLO
MAPA CELESTE HEMISFERIO NORTE Fonte: www.astroyciencia.com
Para o debate...
1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20.
Lúa do Senegal- Agustín Fdez Paz. A elegancia do ourizo– Muriel Barbery Momo– Michael Ende O vixía no centeo– Salinger Historia de dúas ciudades– Charles Dickens O xardín das pedras flotantes– Manuel Lourenzo O señor das moscas—William Golding Como agua para chocolate– Laura Esquivel Alicia no país das marabillas– Lewis Carrol A góndola fantasma– Gianni Rodari Un feliz mundo novo– Aldous Huxley O home que pintou o dragón Griaule– Lucius Shepard Drácula– Bram Stoker A historia interminable– Michael Ende O estranxeiro– Albert Camus Ionqui– Melvin Burguess Galapogos– Smashing Pumpkins Terras de cristal– Alessandro Baricco Os escaravellos voan á tardiña –Maria Gripe Ensaio sobre a cegueira– José Saramago
EPÍLOGO: O único que queda é o amor—Agustín Fdez. Paz
Que significa para Isla mudarse a Rexión? Viviches unha mudanza alguna vez ? Na novela hai moitas alusións á mitoloxía. Lembras o nick de Isla na rede? Por que escolle ese nome? Que pensas que quere dicir a protagonista ó afirmar “ A ADOLESCENCIA TEN MOITO DE TIRANÍA” p.35 Sentícheste identificado con algún personaxe? Algún che causou máis simpatía? E máis rexeitamento? Cres que a trama do libro faino atractivo para xente da túa idade (12-14 anos)? Marcos Carballo e os seus amigos acosan a Isla. É xustificable o seu comportamento? Se te foses Isla, que terías feito ó sentirte acosada por Carballo? Imaxina que foses nai ou pai e vises a teu fillo ou filla fumando un porro. Que farías? Por que Isla fixo iso? Pensas que os nomes dos protagonistas foron escollidos ó chou? Cal é a realidade familiar de Emilia e Marcos Carballo? Cres que ese entorno xustifica o comportamento destes irmáns? Sorpréndeche a sinceridade de Mar con Isla ó confesarlle a súa orientación sexual? Cres que os adolecentes falan libremente dese tema ou segue sendo tabú? Cada capítulo do libro se inicia co extracto de diferentes obras literarias e mesmo da letra dunha canción. Que cres que significa? Que che parece a atitude de Isla ó confiar cegamente no seu “cyberamigo” Xúpiter pese as advertencias de Mar e mesmo de Anxo? Por que non lle gustan as medusas a Anxo? Na noite de San Xoán teñen lugar moitos rituais. Lembras algún que se mencione no libro? Quen é Xúpiter realmente? Esperabas ese final?