MARK HADDON ( Northampton, 1962)
Estudou literatura inglesa na Universidade Merton de Oxford, finalizando os seus estudos na Universidade de Edimburgo.
Durante un período de tempo, Haddon traballou con persoas con deficiencias físicas e mentais, feito que lle valeu para retratar o personaxe protagonista da súa primeira novela destinada ao lector adulto, “O curioso incidente do can a medianoche?”(2004).
Con anterioridade, Mark escribira e ilustrara libros de carácter infantil, como a serie dedicada ao “Axente Z”, ademais de participar na creación de guións para series e películas de televisión. Tamén Haddon imparte clases de escritura creativa na Universidade de Oxford e na Fundación Arvon e dedícase á pintura abstracta.
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
“EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE” Mark Haddon
Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
23 novembro 2015
O argumento Christopher, que padece o síndrome de Asperger, é un adolescente de mente privilexiada cos números pero cústalle relacionarse socialmente pola súa enfermidade. Cando unha noite atopa ao can da súa veciña morto, intentará adiviñar quen foi o causante de o seu falecemento e escribir un libro sobre as súas investigacións. Animado pola súa profesora de educación especial Siobha, o rapaz irá escribindo o froito da súa investigación sobre a morte do can Wellington. Así, a través da enquisa que realiza aos veciños, será como nos decatemos da relación que o dono do can, o señor Shears, tiña coa súa nai. Esta, segundo o pai de Christopher, falecera logo de estar supostamente ingresada por un ataque ao corazón. Christopher anota todas as súas investigacións no seu caderno; o seu pai descóbreo, enfádase co fillo e acaba tirando o caderno ao lixo. O neno, ao buscalo, descobre unha serie de cartas que a súa nai estivera mandándolle pero que o seu pai ocultoulle: a súa nai vivía, pero noutra cidade. O seu pai recapacita e descúlpase co neno, dicíndolle que xa non tería máis secretos para el, así que lle contou que foi el mesmo quen matara a Wellington. Christopher, asustado, escapa de casa para dirixirse a Londres onde vive a súa nai, con todas as dificultades de esta viaxe simbólica para un neno das súas características. Reencontrado coa súa nai, esta decide volver á súa cidade co seu fillo. Todo volverá á normalidade, pero con cambios importantes: poderá facer o seu exame de mates, volverá ao cole cos seus compañeiros, pero agora vivirá coa súa nai, aínda que continúe vendo ao seu pai. A pesar de todo xa nada será o mesmo para Christopher
Para o debate
Que pensas de Christopher? Que cualidades de Christopher te chamaron a atención? Axudoute a descubrir algo sobre ti mesmo o feito de ver o mundo a través dos ollos de Christopher? Hai algunha parte, episodio ou capítulo da vida de Christopher que che conmovera especialmente? Que cres que aportan á historia os debuxos? A Christopher non lle gustan as novelas en xeral pero si as policiacas. Cal che parece que é o motivo? Cres que Christopher sinte afecto por alguén? Hai algunha explicación que aclare u odio que o protagonista sinte polo amarelo? E algunha razón lóxica pola que lle guste o vermello? Lembras cal é o soño favorito de Christopher. E o da súa nai? Como dirías que é a relación pai-fillo? O pai confesa ter matado o can. Cal cres ti que foi o motivo dese acto?. Pensas que hai que dicir sempre a verdade, en todas as circunstancias? As persoas con Sindrome de Asperger destacan nalgunhas áreas ou materias. A Spielberg e a Bill gates lle diagnosticaron esta síndrome. En que destaca Christopher? Que outros rasgos dirías que caracterizan a unha persona con esta doenza? Pensas que deben acudir a unha escola especial? Cal cres que é o motivo de que o pai minta a C sobre a súa nai e lle esconda as cartas? Os olores son importantes para C? Lembras algún exemplo. Como se calma C nos momentos en que se pon nervioso ou ten medo? Como amosa afecto polos os seus pais? Quen son os amigos ou as persoas importantes para Christopher? Por que motivo cres que lle gustan tanto os números primos ó protagonista? Dirías que a novela ten un final feliz?
“Y esto significa que el tiempo es un misterio, y que no es ni siquiera una cosa, y nadie ha resuelto jamás el rompecabezas de qué es el tiempo exactamente. Y por eso, si te pierdes en el tiempo es como perderse en un desierto, sólo que no puedes ver el desierto porque eso es una cosa. Y por eso a mí no me gustan los horarios, porque son la garantía de que no te vas a perder en el tiempo”