Guia 25 N: proposta de películas

Page 1

… e máis CiNe Na WeB

Biblioteca IES Poeta Añón-OUTES

http://cineyeducacion.com/el-orden-de-las-cosas/ El orden de las cosas trata sobre a violencia de xénero a través dunha interpretación simbólica e intencionadamente surrealista da realidade. Moi probablemente o obxectivo dos autores sexa provocar unha resposta reflexiva nos espectadores; unha resposta moi diferente da que provoca a realidade mostrada con toda a súa crudeza. Esta idea vémola ao constatar que o cortometraje intenta sobrecoller renunciando en todo momento a mostrar a violencia explícitamente.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/50anos-de/50-anos-mujer-cosahombres/1491834/ Documental dirixido por Günter Schwaiger que trata de romper clichés. A historia de Marta Anguita é unha historia de dor, medo e dunha enorme superación persoal. http://mapadeigualdad.blogspot.com.es/201 1/01/cine-para-ser-la-voz-de-quienescallan.html Proxecto educativo promovido no 2007 e 2008 polo Goberno para estudantes de Secundaria e Bachillerato de toda España, co obxectivo de utilizar o cine para concienciar e sensibilizar aos mozos contra a violencia de xénero. http://www.rtve.es/alacarta/videos/do cumentos-tv/documentos-tv-mamaduermete-yo-vigilo/1445842/ Este documental indaga na realidade de menores expostos á violencia de xénero, reconstrúe o terror e a indefensión que sufriron e analiza as secuelas que lles quedaron.

IES POETA AÑÓN Teléfono: 981-850637 Fax: 981-850637 Correo: ies.poeta.anon@edu.xunta.es Páxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Club de lectura: http://laretas.blogspot.com


NO SIN MI HIJA (1990) Mahmoody, médico iraní afincado en Estados Unidos, viaxa ao seu lugar de orixe coa súa muller e filla. Unha vez alí, Mahmoody decide que quere quedarse. A súa muller Betty non está de acordo e trata de saír coa súa filla, aínda que Mahmoody está decidido a non deixar que iso suceda. Co tempo, Mahmoody convértese cada vez máis inestable e violento, aproveitándose das leis islámicas para aterrorizar á súa esposa. CASA DE MUÑECAS (1973) Para pagar a clínica que salvará a vida do seu marido, Nora falsifica a firma do seu pai e cobra un cheque. Anos máis tarde, Torvald decátase do que fixo Nora e reacciona violentamente sen querer entender que aquel acto foi por amor.Nora empeza a reformularse a relación e a súa vida xunto a el tras ver que non é capaz de comprendela e ver a súa agresiva reacción.

FLORES DE OTRO MUNDO (1999) No pequeno pobo de Santa Eulalia, os solteiros organizan unha festa á que acode un autocar de mulleres casaderas. Damián, Alfonso e Carmelo buscarán entablar relación con Patricia, unha rapariga dominicana que foxe de Madrid buscando seguridade económica para os seus fillos; Marirrosi, unha enfermeira de Bilbao que está soa aínda que ten unha vida confortable e Milady, unha moza cubana que ten 20 anos e deixou A Habana buscando outro mundo EL COLOR PURPURA (1985)

A historia céntrase na vida de Celie, unha nova rapariga negra, a principios do século XX. Celie ten 14 anos e está embarazada do seu propio pai. O pai de Celie véndea a un home que a maltrata fisica como psicologicamente e tena esclavizada durante a maior parte da súa vida. .

TOMATES VERDES FRITOS (1991) Evelyn unha muller madura que vive frustrada pola súa gordura e pola insensibilidade e simpleza do seu marido, coñece casualmente nun asilo a Ninny unha anciá que lle vai contando aos poucos unha dramática historia ocorrida nun pequeno pobo de Alabama.

KANDAHAR (2001) A dura vida das mulleres afganas baixo o réxime talibán vista a través da viaxe unha nova xornalista afgana refuxiada en Canadá que regresa clandestinamente, co obxectivo de chegar a Kandahar e salvar á súa irmá pequena, que perdeu as dúas pernas ao pisar unha mina e comunicoulle por carta que quere suicidarse. PERSEPOLIS ((2007)

Historia dunha moza que crece no Irán da Revolución Islámica. A través dos ollos de Marjane, unha precoz e aberta nena de nove anos, vemos as esperanzas dun pobo rotas ao tomar os fundamentalistas o poder, impoñendo o veo ás mulleres e encarcelando a miles de persoas. LA VERDAD DE SORAYA (2008) Soraya, , unha doce e alegre moza é vítima dunha terrible conspiración capitaneada polo seu marido, que a acusa de adulterio. Este feito é considerado como un crime pola Sharia, o severo código das leis do integrismo islámico, que a condena cunha das máis terribles sentenzas: a lapidación.

SOLAS (1999) María malvive nun barrio miserable, traballa como muller da limpeza e, case con 40 anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. Só atopa consolo na bebida. A súa nai que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela cerca.

TE DOY MIS OJOS (2003) Pilar sae fuxindo da súa casa con catro cousas e o seu fillo. Tras nove anos de matrimonio, foxe do maltrato ao que a somete o seu marido, Antonio. El non tarda en saír a buscala, pois, segundo el, quérea máis que a

Madame Brouette (2002) Naago ferido cáese saíndo da casa de Matí. Ela admite que matou ao seu marido. O que se descobre nas horas seguintes da investigación policial é un retrato da dura vida de Matí. Unha moza divorciada, nai solteira, que se buscou a vida arrastrando unha carretilla con distintos produtos polas rúas do mercado de Sandaga. Xunto á súa amiga Ndaxté, a quen rescatou dun marido violento e maltratador, alimentou o soño de alcanzar unha vida mellor para a súa filla Ndèye.

MOOLAADE (2004) Collé Ardo vive nun pobo africano. Fai sete anos non permitiu que a súa filla fose sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie. Hoxe catro pícaras foxen para escapar do ritual da purificación e piden a Collé que as protexa. A partir dese momento, enfróntanse dous valores: o respecto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación OSAMA (2003) Unha nena de doce anos e a súa nai vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibans ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballar e a posibilidade de saír soas á rúa, dado que non teñen a ningún varón na familia que vele por elas. A nai e a avóa da nena deciden entón facela pasar por un mozo, o que enche de terror á rapariga, angustiada polo que pode pasarlle si descobren a súa verdadeira identidade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.