Guia do Museo do Mar de Vigo

Page 1

CASTRO da PUNTA DO MUÍÑO DO VENTO

A información contida neste folleto foi facilitada polo Museo do Mar de Galicia

IES POETA AÑÓN—Outes

Poboado castrexo parcialmente musealizado habitado dende o S. VIII a.C. ao S. I d. C., cuxa parte visible corresponde principalmente ao S. I d.C. A primeira ocupación do asentamento data do S.VIII a. C., na idade de bronce, desta época son os machados de talón, pezas relacionadas co intercambio comercial cos poboados da franxa atlántica europea. As casas desta época estaban feitas de madeira e palla, e apenas deixaron rexistro arqueolóxico. Na parte este do castro hai un cubo no que se ven tres pedras verticais que poderían pertencer a un altar de orixe iberopúnico, de feito atopáronse restos de cerámica do sur de España asociada a este altar, en especial, cerámicas asociadas ao transporte do peixe salgado. Confirma a estreita relación entre as culturas do mediterráneo e o Atlántico. A principios do S. I a. C. o asentamento é abandonado é ao redor del comézase a construír unha serie de vilas e factorías romanas destinadas á salga de peixe. Do S. I-III d. C. o asentamento abandónase. O xacemento é utilizado como lugar de inhumación con tumbas sinxelas.

C lu b d e le ct u r a “ L ar e t a s” C u r s o 2 0 16 - 2 0 17

MUSEO do MAR de GALICIA

VIGO 20 maio 2017


O MUSEO O Museo do Mar de Galicia é un lugar onde comprender a longa vinculación histórica dos galegos e das galegas co mundo do mar. O Museo é un conxunto de tres edificios que se complementan cuns exteriores onde, ademais de gozar dunhas fermosas vistas da ría de Vigo, pódese visitar o castro da Punta do Muíño do Vento.

SALA 5. LUDOMAR. Unha marea de ondas lúdica. Nesta exposición poderá verse unha pequena mostra de xogos e xoguetes antigos cedidos pola Fundación Raquel Chaves, todos eles relacionados co mundo do mar. Entre as pezas expostas podemos ver entre moitas outras ofamoso Nautilus no que Julio Verne, en 20.000 leguas de viaje submarino, levounos a explorar a baía de Vigo co capitán Nemo.

PRIMEIRO EDIFICIO SALA 1. A conquista do mundo submarino. Amósanse traxes de mergullo de pezas como as que se empregaron para tentar recuperar os “tesouros” da Batalla de Rande. Entre as pezas destacadas temos: Traxe de mergullador do S. XIX. Equipo Siebe- Gorman. Estes equipos podían chegar a pesar 110 kg e estaban formados principalmente por dúas partes:  o traxe co que se cubre o corpo do buzo e os seus complementos (botas e 2 pesos). O traxe está feito de material impermeable e os complementos son de metal, cada bota pesa sobre 16 kg e os pesos, que se poñían en peito e espalda, tamén pesan sobre 16kg cada un.  o aparato de respiración ou escafandra. Está composto por un peto e un casco, ambos de metal e unidos hermeticamente. O casco está conectado por unha mangueira a unhabomba que é a que regula a entrada e saída de aire e permite respirar ao buzo no fondo do mar Boia lanzatorpedos de Sanjurjo Badía. Submarino construído en Vigo en 1898, polo coñecido empresiaro vigués Antonio SanjurjoBadía, quen inventou este submarino coa idea de que defendera a ría de Vigo dun posible ataque das tropas norteamericanas cando foi a guerra de Cuba, sen embargo o mesmo día que se probou o submarino firmouse un tratado de paz, polo que nunca tivo que entrar en combate. O submarino é de propulsión manual (movendo unha hélice a proa), podía alcanzar unha velocidade de 2 nudos e unha profundidade de 20 m, ía armado con 2 minas de contacto e tiña unha dotación de 3 persoas Sala 2. GABINETE CIENTÍFICO Esta sala intenta replicar o que sería o gabinete dun naturalista, amosando unha colección de especies mariñas conservadas en formol, pertencentes a caladoiros de distintas zonas do mundo. Sala 3. 25 SÉCULOS DE OCEANOGRAFÍA Entre as pezas que se amosan están: - O esqueleto dunha femia de cachalote de 10 metros de lonxitude, que no ano 2003 varou na praia de Montalvo en Sanxenxo e e que ata a súa chegada ao noso museo estivo exposto no Centro de interpretación das Telleiras en Sanxenxo. SALA 4. Faros, Sinais e Desastres Marítimos. Na planta baixa podemos atopar a parte adicada aos desastres marítimos acontecidos nas costas galegas. O paso. Obra do escultor Francisco Leiro inspirada na traxedia do Prestige, onde o autor emprega botas e plásticos que usaron os voluntarios para recoller chapapote. Ademais elixiu a clara alusión aos pasos de semana santa, como referencia da dorpor este desastre ecolóxico

SEGUNDO EDIFICIO SALA 1. (PLANTA BAIXA) A pesca en Galicia. Exposición na que se amosa o forte vinculación do pobo galego co mundo do mar a través da extracción (pesca, marisqueo...), da conservación (salazón, mundo da conserva) e da comercialización. SALA 2. (SOTO) Galicia Mare Nostrum Nesta exposición poderánfacer unha viaxe pola historia da costa galegadende a prehistoria ata a idade contemporánea,tanto por terra coma por mar; viaxarán porxacementos costeiros a través dos materiais neles atopados, coñecerán as relacións que tivemos con outras culturasgrazas as fermosas pezas que nos deixaron e mergullaranse no fondo do mar para coñeceralgúns dos pecios afundidos nas nosas costas e os seus tesouros,

O ACUARIO O acuario do Museo do Mar de Galicia consiste nun tanque de 140 m³ que pode percorrerse en todo o seu perímetro. Nel pódese coñecer, a pequena escala, a franxa submarina que vai dende o Museo até a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: o da costa, transformado polas instalacións portuarias, o da ría, coa presenza das bateas, e o dos fondos inalterados das illas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.