Lecturas verán 2018

Page 1

CINE

Biblioteca IES Poeta Añón OUTES

ASUNTOS DE FAMILIA (2016) Unha parella de anciáns vive ao ritmo da rutina diaria na cidade de Nazaret. En Ramala, ao outro lado da fronteira, o seu fillo Tarek empéñase en ser o perpetuo solteiro; a súa filla está a piques de dar a luz; o esposo desta, que é mecánico, obtén un papel nunha película; e a avóa perde a cabeza. En Suecia, o fillo maior da familia espera a súa visita.

TAMÉN NO VERÁN

WONDER (2017) Auggie Pullman é un neno que naceu cunha malformación facial. Tras dez anos de hospital en hospital e de longos periodos na súa casa, terá que facer fronte a un gran reto: asistir por primeira vez á escola. Grazas ao apoio dos seus pais, Auggie tratará de encaixar entre os seus novos compañeiros e profesores, demostrando que pese ao seu físico é un neno como outro calquera.

VERANO 1993 (2017)

Frida, unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva trala morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.

UNA BOLSA DE CANICAS (2017) Segunda Guerra Mundial. Maurice e Joseph son dous irmáns xudeus que viven na Francia ocupada polos nazis. Para salvarse, deberán abandonar á súa familia. Facendo mostra dunha gran astucia, coraxe e enxeño para sortear aos invasores inimigos, os dous irmáns intentarán reunir a toda a súa familia de novo na zona libre do sur de Francia.

IES POETA AÑÓN -OutesPáxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Fontes consultadas para a elaboración desta guía:  Editoriais dos libros.  Biosbardia  Filmaffinity

Recomendacións de lectura e cine XUÑO 2018


EN GALEGO

EN CASTELÁN

A SOIDADE DO ASASINO C.arlos Reigosa Neste texto teatral, un home duns 70 anos encanona outro, duns 35, que vén amordazado e esposado. O vello anúncialle ao novo que o vai matar (el é un asasino profesional) pero que lle vai dar a potestade de que escolla por si mesmo cando quere morrer.

STREET POEMS Fran Alonso Libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía . SEGREDOS NO SOLPOR Iria Misa Novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres.

INSTRUCCIÓNS PARA TOMAR CAFE M. Núñez Singala Libro de relatos, cunha temática diversa que vai do humor e as preocupacións lingüísticas a unha volta dos contos populares. O autor manexa rexistros que abranguen a sorpresa, a reflexión a xeito de microensaio, a fantasía, os contos…

BIBLIOPATAS E FOBOLOGOS Emma Pedreira Un mollo de relatos, dende micros a máis longos, nos que a trama e o desenlace se adiviñan entre páxinas, entre lombos de volumes curiosos para xente así de curiosa: os biblíopatas e fobólogos

NOVELA GRÁFICA-CÓMIC

INVISIBLE Eloy Moreno Este libro narra, a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós. Quen non desexou algunha vez ser invisible? Quen non desexou algunha vez deixar de selo? O problema é chegar a controlar ben ese poder.

LA CRONO PANDILLA Ana Campoy Nunca é fácil cambiar de instituto e moito menos de cidade. Por sorte, J.J. ten un plan: colarse de noite nun parque de atraccións abandonado. E os seus inesperados novos amigos, Eric, Alicia e Verónica, non dubidan en acompañarlle. Pero ao activar a mansión do terror... ¡vense transportados trinta anos atrás no tempo!

LO CHICOS SI QUE LLORAN Leah Konen Ola, son o Amor e estou aquí para contarvos unha historia de amor. Nalgún momento aparecerei na vosa vida e, se me deixades, axudareivos. Como a Gael Brennan. É un romántico de tomo e lombo, un Romeo convencido de que atopou á súa Julieta. Pero non é así, e por iso teño que intentar levarlle ata a súa media laranxa.

EL NIÑO QUE SE OLVIDÓ DE DORMIR Rush Smith Rush Smith, o youtuber máis carismático da rede, publica un libro de contos para todos os seus seguidores. Neste libro escribe sobre os monstruos que o asustaban cando era neno.

SEIS DE CUERVOS Leigh Bardugo Ketterdam: Un desbordante foco de comercio internacional onde todo pódese conseguir polo prezo adecuado, como ben sabe o prodixio criminal Kaz Brekker. A Kaz acábanlle de ofrecer a oportunidade de levar a cabo un gran roubo, un arriscado golpe que podería facerlle máis rico do que se xamais se atreveu a imaxinar nos seus soños máis salvaxes.

SUPERSORDA -Cece BellA autora Cece Bell narra como perdeu o oído cando era moi pequena e a súa experiencia co seu audífono.O único que quere é encaixar e atopar un amigo de verdade, alguén que a aprecie por quen é. Tras unha chea de problemas, descobre como aproveitar o poder de audífono e chegar a ser «Supersorda, a que os escoita a todos». E o máis importanteconsegue atopar o seu lugar no mundo.

LA TORRE -KaosO noso mundo é unha torre infinita. Ou iso fixéronnos crer. Pero como podemos saber que é infinita de certo? Un escéptico, unha psicópata e un hippie farán unha viaxe delirante a través de varias plantas da Torre. Durante a aventura coñecerán a bruxas obsesionadas coa tecnoloxía, a amuermados deuses do tempo, a excéntricos científicos e, o máis importante, a si mesmos.

UN VERANO DIABOLIK Smolderen-Clerisse Antoine ten 15 anos: a idade dos primeiros amores e as novas amizades. Con todo, unha agresión inexplicable dará pé a unha cadea de macabros incidentes que transformarán o seu verán nunhas vacacións que lle marcarán para o resto da súa vida. Vinte anos despois, Antoine comezará a albiscar o que se escondía tralos estraños acontecementos daquel verán fatídico.

LICOR CAFÉ AA.VV O licor café, bebida fortemente vinculada a Galicia, é o leiv motiv para o desenrolo de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos, ofrecen unha rápida degustación do que están a facer na actualidade este refresco xeracional de creadores.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.