Lecturas veran 2014

Page 1

Divulgativos

Cine

Biblioteca IES POETA AÑÓN Outes

Cómic e novela gráfica

LEMBRADE QUE PODEDES LEVAR TODOS ESTES –E OUTROS FONDOS DA BIBLIOTECA– DURANTE AS VACACIÓNS!! Imaxe da portada: http://bibliotecasdealbacete.blogspot.com.es/

LARETAS

O noso catálogo na rede http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED008 Web do centro http://www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Blog do club de lectura http://laretas.blogspot.com.es

Prosposta de libros e cine para este verán

Xuño –2014


A partir de 12 anos EL TRAFICANTE DE CÓMICS P. Baccalario Ao final dos anos 80 en Budapest, o cómic non está demasiado ben visto. É considerado unha mala influencia e os mozos apenas teñen acceso a el. Isto cambia grazas a Sándor, que empeza un negocio de tráfico ilegal de cómics entre os seus amigos e compañeiros do instituto. DIARIO DE UNA FRIKI: Una nueva vida Natalia, Lía para as amigas, leva todo o verán preocupada porque vai empezar 1º ESO no instituto coa súa amiga Ana. As dúbidas sobre esta nova etapa da súa vida asáltana: será capaz de non meterse en líos? Fará novas amizades? Odiarana os profesores? Todas estas incógnitas quedan resoltas cando coñece a novos amigos, a un novo amor e tamén aprende a madurar coa axuda das súas amigas, Ana e Choco. EL LIBRO AZUL Lluis Prats Leo Valiente estuda nun instituto de Barcelona. Unha tarde acode á Biblioteca de Catalunya, en compañía dos seus amigos Rita e Abram, para realizar un traballo sobre o emperador Alejandro Magno. Alí coñecen á bibliotecaria, á que chaman Oxford, e atopan O libro azul. Leo inicia a súa lectura e o novo protagonista do libro reclama a súa axuda para seguir a pista dun antigo sepulcro gótico, que lles deparará unha aventura inquietante. ACARICIANDO EL CIELO Fernando M Cimadevila Título finalista do premio Desnivel de literatura de montaña 2014. Unha novela de viaxes, intriga e lazos familiares que transcorre entre os montes galegos e o afastado Nepal. A PRAIA DA ESPERANZA A Fernandez Paz Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afondimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas.

A partir de 14 anos O XOGO DE ENDER O. Scott Card A humanidade descobre que non está soa no Universo no peor dos escenarios posíbeis: os abázcaros intentan, por dúas veces, conquistalos e aniquilalos e só a sorte e a intuición dun líder lendario logran salvala. En 2070 o medo a unha terceira invasión é omnipresente. Todos os países unidos baixo un único mando fan unha última aposta desesperada: comezan a adestrar nenos para que defendan a Terra dos abázcaros, e Andrew Ender Wiggin, un destes pequenos soldados, pode ser a última esperanza da humanidade. SILENCIO Fran Alonso Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. PENULTIMAS TENDENCIAS Carlos Negro Este novo poemario de Carlos Negro supón unha crítica a “vida en rosa” que prometen as revistas de adolescentes ou o Disney Channel ó presentar un modelo de beleza ficticio, no que se reproducen os roles tradicionais que manteñen as mulleres presas de instrumentos de control como o imaxinario do amor romántico. AS VECES QUERO MORRER COA RISA. B .Schlieper-N. Stahl Historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro terminal. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da súa tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Pero coñece a Henene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda: quere pasalo con Helene

Lectores adultos A MEMORIA DA CHOIVA Pedro Feijoo Segunda novela de Feijoo na que relata a trepidante investigación dunha serie de crimes en serie acontecida en Compostela nos dez días anteriores ao 17 de maio; mortes que semellan estar unidas pola relación coa figura de Rosalía de Castro.

LAS INVIERNAS C. Sánchez-Andrade Dúas irmás, Dolores e Saladina, que abandonaron España sendo aínda pequenas, durante as primeiras represións desencadeadas pola guerra civil, volven ao seu pobo na Terra Chá, para renovar alí a súa vida

LOS QUE SOBRABAN Götz Aly Entre os crimes máis descoñecidos do nazismo figura o asasinato duns 200.000 alemáns que entre 1939 e 1945 foron vítimas da eutanasia por ser doentes incurables, débiles mentais, epilépticos ou discapacitados, o que os convertía nunha carga innecesaria para o presente e nun risco para o mantemento da pureza racial.

A VIAXE DE GAGARIN A. Fernández Paz Diante da nai que agoniza, o protagonista lembra en primeira persoa o que foron os sesenta para el. Son os anos da guerra espacial entre a URSS e os Estados Unidos. Mais tamén son os anos sesenta dun franquismo que se atopa coas folgas de mineiros en Asturias ou coas dos estudantes...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.