LETRAS GALEGAS 2016: Manuel María

Page 1

A FA LA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!

G AL IZ A

BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN

Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e máis a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!

IMAXE DE PORTADA: SEMINARIO GALÁN Fontes para a elaboración deste tríptico:  Manuel María. Vida, versos e rebeldía. Ed. Xerais. 2016  www.seminariogalán.org  www.casamuseomanuelmaria.gal

LETRAS GALEGAS 2016


B IO GR A F Í A

A OB R A LI T ER A R I A

 Autor dunha das obras máis extensas da historia da nosa lite-

    Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro

de 1929 na casa de Hortas, en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. Seu pai chegou ser alcalde da localidade nos tempos da Guerra Civil e posguerra.

 Estudou bacharelato en Lugo e nesta cidade comezou a

súa carreira literaria.  O seu primeiro libro de poemas publicouno cando tiña vin-

ratura, Manuel María foi, sobre todo, poeta, con máis de cincuenta obras publicadas: "Terra Chá", "Cancións do lusco e fusco", "Mar Maior"... É autor de obras de literatura infantil: "Os soños na gaiola", "As rúas do vento ceibe", "O bigote de Mimí"... Tamén ten numerosas obras de teatro e de narrativa. A súa actividade cultural foi moi importante, con infinidade de conferencias e actos reivindicativos. Manuel María faleceu na Coruña en setembro de 2004, sendo soterrado no cemiterio de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.

OBRA

S A B Í A S QU E … ? Aínda que practicou

Popularmente é coñecido

tódolos xéneros litera-

como “o POETA da

rios, Manuel María é

TERRA CHÁ”

ante todo POETA…. O primeiro libro

ao que se lle recoñece a

súa calidade estética é TERRA CHÁ. Moita xente recita de memoria o seu poema:

A Terra Chá somentes é: Un pobo aquí, outro acolá, Mil arbres, monte raso, Un ceo chumbo e tráxico No que andan as aves a voar. O resto é soedá

te e un anos e levaba por título «Muiñeiro de brétemas».  En Santiago de Compostela, mentres fai o servizo militar

asiste ao faladoiro do Café Español, onde coñece a numerosos intelectuais galegos: Carlos Maside, Otero Pedraio, Ramón Piñeiro, Cabanillas...A este faladoiro tamén asiste o seu amigo, o poeta Uxío Novoneyra.

 Casou con Saleta e foron vivir a Monforte onde Manuel

exerceu a profesión de Procurador en Tribunais.  Nesta vila tivo unha extraordinaria actividade cultural e

política: traballou na emisora local, foi profesor, conferenciante, abriu a Libraría Xistral e a editorial do mesmo nome, especializada en libros en galego, escribiu unha enorme cantidade de libros, participou en moitos movementos sociais e políticos... sendo o poeta galego máis musicado de todos os tempos.  Renunciou, en 1975, a ser membro da Real Academia

Galega, aceptando finalmente o posto no ano 2003.

 Polo seu labor a prol da lingua e a cultura galega se lle

adica o Día das Letras deste ano 2016.

Foi o primeiro poeta mozo que publicou unha obra en

Publicou case medio centenar de li-

galego trala guerra civil espa-

bros de poemas

Ao longo da súa vida,a defensa do galego foi unha das súas obsesións

A súa biografía estivo moi marcada pola compaña de Saleta Goi, con quen casou en 1959 e quen actuou como musa na poética amorosa do escritor.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.