IES POETA AÑÓN- OUTES ( A Coruña) School Year 2012-2013
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA AVALIACIÓN POSITIVA
1º ESO A) Coñecemento da lingua Pedir e dar información persoal: o verbo Be e o verbo have got (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); os adxectivos posesivos. Rutinas e actividades: Falar de rutinas e de actividades habituais: o Present Simple en afirmativa; os adverbios de frecuencia; as expresións temporais. Utilizar correctamente as preposicións de tempo in, on e at. Describir persoas e dar información sobre a roupa que levan posta. Identificar persoas e cousas: o Present Simple en negativa e interrogativa, e as respostas breves; os pronomes demostrativos. Expresar gustos e preferencias cos verbos love, like, don’t mind, dislike e hate. Falar sobre accións en curso no presente: o Present Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Utilizar correctamente os pronomes persoais obxecto. Uso das conxuncións and, but e because. Describir lugares e cousas: there is / there are (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); os nomes contábeis, en singular e en plural, e os non contábeis. Expresar cantidade: os determinantes e os cuantificadores (a, an, the, some, any); how much? / how many? As preposicións de lugar. Expresar habilidade, obriga e prohibición: can e must (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). Describir accións: os adverbios de modo e de intensidade. Uso correcto dos signos de puntuación:o punto, a coma, o signo de interrogación e o de exclamación. Expresar e describir accións pasadas: there was / there were e o pasado do verbo to be (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Falar do pasado: o Past Simple en afirmativa; as expresións temporais. Describir o tempo atmosférico: o pasado do verbo to be. Indicar posesión: o xenitivo saxón. Os conectores de secuencia first, then, after that e finally. Falar de plans futuros: be going to e o Present Continuous con valor de futuro (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Facer suxestións: let’s, why don’t we …? B) Léxico: As cores e os números. Os países e as nacionalidades. A roupa. Os deportes. Algúns verbos. As partes da cara e do corpo. A comida e a bebida. Os cuartos dunha casa e os móbeis. Os lugares dunha cidade e expresións para dar indicacións. Membros da familia.
O tempo atmosférico. As profesións. Os animais. C) Capacidades ( a nivel oral e escrito) Comprender dun xeito xeral e identificar informacións específicas de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases e un cadro e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Producir un discurso comprensíbel e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa. Participar en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para intercambiar información persoal, falar da roupa que leva a xente e expresar que deportes lles gustan Pedir comida nunha tenda e preguntar o prezo. Describir lugares e cousas. Dicir a hora. Preguntar por un lugar e dar indicacións para chegar. O aspecto físico: Describir persoas e expresar os seus sentimentos.
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA AVALIACIÓN POSITIVA
2º ESO A) Coñecemento da lingua Pedir e dar información persoal sobre os seus hábitos e rutinas: o Present Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); os adverbios de frecuencia; as expresións temporais; as partículas interrogativas (Why?, What?, Where?, When?, Who? e How often?) Expresar gustos e preferencias: love, like, don’t mind, dislike, hate. Uso correcto dos signos de puntuación: maiúsculas, o punto, a coma, o signo de interrogación e o de exclamación Describir accións en progreso: o Present Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresar cantidade: os determinantes e os cuantificadores (a, an, the, some, any); how much/ how many Expresar e describir accións pasadas: o Past Simple en afirmativa; there was / there were; as expresións temporais. Reflexionar sobre o uso dos pronomes it, he e she referidos a animais e mascotas, e sobre a orde do suxeito e do verbo na oración. O pasado do verbo to be. Expresar feitos pasados: o Past Simple (negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Uso correcto das conxuncións and, but e because. Expresar acontecementos pasados: o Past Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresar preferencias: prefer. As preposicións de tempo on, at e in, e do conector so Falar sobre habilidades. Pedir e conceder permiso: can, could. Dar consellos: should. Expresar obriga e prohibición: must, mustn’t. Uso dos conectores de secuencia: first, next, then, after that e finally. Describir persoas e cousas: os adxectivos en grao comparativo Expresar acontecementos futuros. Describir lugares e cousas: be going to e o Present Continuous con valor de futuro (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Facer suxestións: What about …?, Why don’t we …? Utilizar correctamente os pronomes persoais suxeito. Facer predicións: will (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). Expresar condicións e promesas co primeiro condicional. B) Léxico: Actividades habituais e afeccións. Os medios de transporte. O tempo atmosférico. Os animais. Algúns adxectivos cualificativos. Os desastres naturais. Os medios de comunicación. O humor. As partes do corpo. A natureza.
As profesións. O aspecto físico. O medo e o terror. Mobiliario e partes da casa. As profesións. C) Capacidades ( a nivel oral e escrito) Comprender dun xeito xeral e identificar informacións específicas de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases e un cadro e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Producir un discurso comprensíbel e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa. Comprar un billete. Falar sobre o tempo atmosférico: Expresar acontecementos pasados: o Past Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresar preferencias: prefer. Dar opinións: I think, I agree, I disagree
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA AVALIACIÓN POSITIVA
3º ESO A) Coñecemento da lingua Os verbos to be e have got, as formas there is / there are (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); os nomes contábeis, en singular e plural, e os non contábeis. Pedir e dar información persoal sobre os seus hábitos: o Present Simple (afirmativa, negativa, interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais; os adverbios de frecuencia. Uso das maiúsculas e dos signos de puntuación (a coma, o punto, signos de interrogación e de exclamación). Falar sobre actividades habituais e accións en curso no presente: o Present Simple e o Present Continuous; diferenzas en canto aos seus usos; as expresións temporais. Facer descricións físicas e de personalidade. Comparar persoas e cousas: os adxectivos en grao comparativo e superlativo; as … as, too …, (not) … enough. Uso das conxuncións and, but, because e so. Narrar feitos pasados: o Past Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. O uso dos conectores de secuencia first, then, next, after that e finally. Falar sobre actividades pasadas: o Past Continuous e o Past Simple; diferenzas en canto aos seus usos; as expresións temporais. O uso da conxunción so. Dar consellos: should. Expresar habilidade en presente e en pasado, obriga, ausencia da mesma, e prohibición: can, could, must, mustn’t, have to, don’t / doesn’t have to (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). O uso das preposicións de tempo e de lugar in, on e at. Expresar plans, a idea de futuro de intención, predicións, decisións espontáneas non premeditadas e plans persoais seguros para o futuro próximo: o futuro con will, be going to e o Present Continuous con valor de futuro (afirmativa, negativa, interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Facer promesas e expresar intención e posibilidade: o primeiro condicional. Os conectores de secuencia before, after e later. Narrar experiencias e expresar accións incompletas que empezaron no pasado e que aínda non remataron, e accións pasadas recentes: o Present Perfect Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais (ever, just, already, never, yet); a diferenza entre for e since. Utilizar correctamente os pronomes e os adxectivos posesivos. Facer suxestións: Let’s, Why don’t we …? e How about …? Expresar cantidade: a / an, some, any, much, many, a lot of, How much?, How many?; repaso dos nomes contábeis, en singular e en plural, e dos non contábeis. B) Léxico: As profesións. Os sentimentos. As rutinas e as horas. Xéneros musicais.
Algúns adxectivos. Instrumentos musicais. A linguaxe utilizada tanto polo profesor/a coma polo alumno/a na aula. As pezas de vestir e os accesorios Adxectivos para describir o aspecto físico e as características das persoas. Os xéneros de películas. As profesións. Os deportes, de grupo ou individuais. Algúns verbos de acción. O medio ambiente. Palabras relacionadas coa reciclaxe. Actividades para facer en vacacións. Os accidentes xeográficos. As doenzas e as palabras relacionadas coa saúde. As partes do corpo. Os alimentos e a bebida. Modos de cociñar. As preposicións de lugar. C) Capacidades ( a nivel oral e escrito) Comprender dun xeito xeral e identificar informacións específicas de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases e un cadro e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Producir un discurso comprensíbel e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa Expresar as películas que lles gustan e as que non: like, prefer, etc. Expresar gustos e preferencias: like, dislike, hate, love, don’t mind. Saudar e presentarse. Describir lugares Narrar feitos pasados Describir os pasos dun proceso utilizando a voz pasiva Facer descricións físicas e de personalidade. Comparar persoas e cousas
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA AVALIACIÓN POSITIVA
4º ESO 1. Coñecemento da lingua O Past Simple e a estrutura used to (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Describir hábitos pasados: used to + verbo na forma base. Pedir e dar información sobre experiencias pasadas utilizando as partículas interrogativas: how?, when?, who?, where?e what? Uso das maiúsculas e dos signos de puntuación. Narrar feitos pasados, accións pasadas en proceso e accións que estaban en curso cando sucedeu algo: contraste entre o Past Simple e o Past Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); uso combinado de ambos os tempos; as expresións temporais. Utilizar as conxuncións when e while correctamente. Describir situacións e estados: os adxectivos rematados en ing e ed. Expresar experiencias e feitos pasados vinculados co presente: o Present Perfect Simple (afirmativa, negativa, interrogativas e as respostas breves); contraste Present Perfect Simple / Past Simple. Utilizar as partículas ou expresións temporais asociadas ao tempo verbal estudado na unidade: just, already, never, ever, yet, for e since. Describir procesos utilizando a voz pasiva en presente e en pasado e as expresións temporais correspondentes. Facer predicións, expresar intencións e plans persoais seguros: will, be going to, o Present Continuous con valor de futuro (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresar probabilidade e posibilidade co primeiro condicional e unha improbabilidade ou hipótese co segundo condicional. Transmitir as opinións e ideas manifestadas por outras persoas en presente, pasado e futuro, cambiando adecuadamente os tempos verbais, os modais, os demostrativos e posesivos e as expresións de tempo e de lugar. Os pronomes relativos nas oracións de relativo especificativas; os compostos de some e any. O uso das conxuncións and, but, because, so e or, e os pronomes e adxectivos posesivos para evitar repetir os nomes aos que se refiren. Expresar habilidade e posibilidade en presente e en pasado, pedir e conceder permiso, pedir favores, dar consellos, e expresar prohibición, obriga e ausencia da mesma: os modais. Facer recomendacións utilizando o modal should. Reflexionar sobre o uso dos conectores de secuencia: first, then, next, after (that), before, later e finally. Describir e comparar usando os adxectivos cualificativos en grao comparativo e superlativo. Expresar gustos e preferencias: like, love, don´t mind, dislike / don´t like, hate, todos eles seguidos dun nome ou dun verbo terminado en ing (xerundio). Dar opinións: I think ..., I don´t think .... B) Léxico: As profesións. Os lugares de traballo. Os sentimentos e os estados de ánimo.
Adxectivos para describir as características das persoas Os animais. Definición das partes do corpo. Nomes e adxectivos para describir o aspecto dos animais. Fórmulas lingüísticas para preguntar e responder se se fixo algo algunha vez na vida: Have you ever ...? As partes dunha casa e os obxectos que hai nela. Os deportes e o equipamento correspondente. Fórmulas lingüísticas para facer predicións, expresar intencións, plans persoais probabilidade e hipótese, e dar consellos. Comidas e ingredientes. Os sabores. A tecnoloxía e verbos relacionados, tales como save, download, print, etc. Fórmulas lingüísticas para falar de persoas, cousas e lugares. Palabras relacionadas coa delincuencia. Fórmulas lingüísticas para expresar posibilidade, probabilidade, obriga e certeza, e facer recomendacións. Distintas formas de arte e adxectivos relacionados con este tema. Fórmulas lingüísticas para expresar preferencias e opinións, e facer comparacións. 2. Capacidades ( a nivel oral e escrito) Comprender dun xeito xeral e identificar informacións específicas de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases e un cadro e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Producir un discurso comprensíbel e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa Expresar feitos pasados Facer predicións, expresar intencións e plans persoais seguros Describir e identificar persoas, lugares e cousas Transmitir as opinións e as ideas dos demais
2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA DETERMINAR AS CUALIFICACIÓNS TRIMESTRAIS. 2.1 A cualificación de cada trimestre será o resultado da suma das cualificacións obtidas polo alumno nos seguintes apartados, de acordo coa ponderación proposta para cada un deles:
Apartado
Instrumentos de Avaliación
Observacións
Ponderación
Probas escritas e orais (exames).
Cada proba valorarase de 0 a 10 puntos, podendo expresarse ata 1 decimal. A nota de este apartado será a media das cualificacións obtidas nas distintas probas.
70%
B
Exercicios (Actividades realizadas na aula ou na casa) e Caderno de clase
O caderno de clase e cada exercicio valoraranse de 0 a 10 puntos, podendo expresarse ata 1 decimal. A nota de este apartado será a media das cualificacións obtidas no caderno de clase e en cada un dos exercicios.
20%
C
Cadro de observación e rexistro de incidencias da actitude do alumno na aula (Caderno do profesor)
O profesor valorará de 0 a 10 puntos ao longo de cada avaliación os seguintes aspectos: Puntualidade, comportamento, participación e ortografía.
10%
A
2.2 Para realizar a media dos apartados A, B e C será necesario obter no apartado A unha media mínima de 4. 2.3
A valoración do apartado B realizarase do seguinte xeito: 2.3.1 Na valoración dos traballos terase en conta: Presentación 20% Redacción 30% Puntualidade (dentro de prazo) 10% Contidos 40% 2.3.2 Na valoración do caderno de clase terase en conta: Presentación 20% Redacción 30% Posta ao día 20% (o caderno poderá ser revisado polo profesor en calquera momento) Contidos 30%
2.4.
A valoración do apartado C realizarase do seguinte xeito:
Cada alumno disporá de 10 puntos iniciais por trimestre que se irán reducindo en función das faltas de puntualidade, comportamento e ortografía.
Puntualidade Comportamento Participación Ortografía: Valorarase só nas probas escritas (exames), pero computarase neste apartado, polo que non terá incidencia na cualificación das probas (apartado A).
A diminución poderase compensar pola súa participación na clase, de tal xeito que o máximo de puntos ao final do trimestre non poderá ser superior a 10. En consecuencia co reflectido nos puntos anteriores, a cualificación de cada trimestre indicarase en cifras, podendo expresarse ata un decimal, e obterase do seguinte xeito: CUALIFICACIÓN = Apartado A x 0,7 + Apartado B x 0,2 + Apartado C x 0,1 3. CUALIFICACIÓN DAS AVALIACIÓNS TRIMESTRAIS. 3.1 De conformidade co establecido na normativa vixente, as cualificacións de cada avaliación consignaranse na acta e no boletín correspondentes. 3.1.1. Expresaranse coas expresións insuficiente (IN), suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) e sobresaliente (SB), acompañadas dunha cualificación numérica na escala do 1 ao 10, sen cifras decimais, considerándose cualificación negativa o insuficiente e positivas as restantes, correspondendo ao IN os valores comprendidos entre o 1 e o 4, ao SU o valor 5, ao BE o 6, ao NT o 7 e o 8 e ao SB o 9 e o 10. 3.2 En coherencia co expresado no punto anterior, a cualificación trimestral redondearase, de ser o caso, de xeito que o decimal se asimilará ao enteiro superior se o seu valor é 0,5 ou superior e ao anterior nos restantes casos, sen prexuízo de que a nota mínima será de 1 punto. Así, a unha cualificación trimestral de 4,5 corresponderalle 5 (SU) na cualificación da avaliación; a unha cualificación trimestral de 4,4 corresponderalle unha cualificación na avaliación de 4 (IN).
4. PROBAS DE RECUPERACIÓN. 4.1 Non se realizarán probas de recuperación específicas, a avaliación será continua de xeito que o alumno deberá superar a materia nas avaliacións seguintes.
5. CRITERIOS PARA DETERMINAR A CUALIFICACIÓN FINAL 5.1
Avaliación final ordinaria do mes de xuño. 5.1.1
A cualificación final será a acadada na terceira avaliación.
5.1.2 Considerarase superada a materia cando, despois de efectuado, no seu caso, o redondeo establecido no punto 3.2 anterior, se obteña unha puntuación, igual ou superior a 5 puntos. 5.2
Avaliación final extraordinaria do mes de setembro. 5.2.1.Os alumnos que non superen a materia na avaliación ordinaria do mes de xuño, poderán realizar unha proba no mes de setembro, nas datas establecidas ao efecto pola
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e segundo o calendario e horario fixado polo Centro, que será cualificada de 1 a 5, dado que a avaliación extraordinaria será de contidos mínimos. 5.2.2 Considerarase superada a materia cando, se obteña unha puntuación igual a 5 puntos.
_________________________________________