A neve interminable

Page 1

O AUTOR: Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo 1947- Vigo 2016). Perito Industrial Mecánico; Mestre de Ensino Primario; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.Traballou como profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES Os Rosais II, de Vigo. 

É unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Desde mediados dos anos setenta estivo ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega. Xunto con outros profesores/as, organizou diferentes eventos (Xornadas Municipais de Pedagoxía de Mugardos; Xornadas de Normalización Lingüística de Nova Escola Galega, etc.) e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos. Foi autor de diversos traballos espallados por xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, TEXTOS, Revista Galega do Ensino -nesta última, levou durante varios anos a sección "O pracer de ler"-, etc.). A maior parte dos mesmos xiran ao redor de temas como a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil e a introducción dos medios de comunicación nas aulas. Recibeu premios correspondentes ó seu labor literario (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove…). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Algúns dos libros de Fernández Paz CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

A NEVE INTERMINABLE Agustín Fdez. Paz –2015Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

24 ABRIL 2017


RESUMO

1816: O ANO SEN VERÁN

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará “As fronteiras do medo”. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.

Na novela cítase o poema de Lord Byron titulado “Darkness” (Escuridade), un texto cualificado no libro como “apocalíptico” e “profético” (p.177).

Fonte: Ed. Xerais

PERSONAXES ALBA NOVO: guionista de 36 anos á que unha produtora encarga o proxecto de escribir 13 episodios dunha serie centrada nos medos e terrores actuais. DIEGO - IRENE– RUTH: membros do equipo de guionistas que viaxan á Fonsagrada. MIRO DE CASTRO: profesor de literatura que ambiciona ser escritor e que se xunta co grupo no hostal. TANIA e REBECA: parella de escritoras de textos teatrais que se atopan no hostal da Fonsagrada. ABRAHAM: hóspede do Hostal Providencia, adicado á tradución. DAMIÁN e SABINE: donos do hostal.

PARA o DEBATE e a REFLEXIÓN 

Que tipo de narrador/es atopamos no libro?

Pensas que o libro logra manter o suspense ata o final?

Todo apunta a que Byron atopou inspiración no acontecido no ano 1816, o “ano sen verán”. A erupción do volcán indonesio Tambora, en 1815, provocou un importante arrefriamento en moitos lugares da Terra (incluída Europa) nos anos inmediatamente posteriores. En Italia, Suíza e a costa este de Estados Unidos nevou durante os meses de xullo e agosto. En Alemaña choveu durante semanas. o Rin inundou extensos territorios. Na India non houbo monzón. Moitos pintores e escritores viviron o ambiente tráxico e a atmosfera literalmente eléctrica como un estímulo excepcional. É o que ocorreu na casa de Lord Byron á beira do lago de Xenebra. Entre os acompañantes do poeta atopábanse, ademais de John Polidori, o seu médico persoal, o escritor Percy Shelley, a súa prometida Mary Godwin (quen, trala súa voda ese mesmo ano, converteríase en Mary Shelley) e unha medio irmán desta, Claire Clairmont (embarazada de Byron). Nesa xuntanza os veraneantes inventaron un concurso: o gañador sería o que escribise a mellor historia de terror. A futura Mary Shelley titulou a súa obra Frankenstein ou o moderno Prometeo, e John Polidori chamou O vampiro á súa. Esta segunda, unha novelilla non moi destacable no literario, acabou converténdose en modelo para o Drácula de Bram Stoker . O mundo da ARTE, tamén se fixo eco do acontecido mostrando a potencia da natureza e a vulnerabilidade do home fronte a ela. Ese caos climático influíu en pintores como William Turner, mestre en captar o poder violento do mar.

Das historias que contan os distintos membros do equipo de guionistas, cal che resultou máis inquietante: A casa azul-Herdanza de sangue-A néboa da venganza-Un incidente no internado? Atopaches algunha característica común a outros libros que leras de Agustín Fernández Paz? E a algún libro de terror doutros escritores do xénero de terror? Dous dos relatos narrados na novela inclúen extractos de artículos xornalísticos. Que cres que leva ao autor a incorporar este tipo de textos?

Sufriches arrepíos mentres lías este libro?

Sabes o que son os STRIGOI romaneses?

Que che produce maior desacougo: os temores tradicionais tópicos a fantasmas,vampiros...ou os temores do século XXI que menciona Sabine ó remate do libro (cambio climático provocado pola cobiza humana)? “Foi duro explicar na casa que non estudaría a carreira de Dereito, como mandaba a tradición familiar e que desexaba matricularme en Comunicación Audiovisual.” p. 13 “Nadal de1988...os meus pais me agasallaron co primeiro computador que tiven na miña vida: un IBM cunha capacidade de 40 megas… Daquela aínda non había Windows, nin correo electrónico….nin se me pasaba pola cabeza a futura existencia de Internet”. p. 43

“Vivín a infancia e a adolescencia en Vilarelle, unha vila do interior que daquela, falo dos primeiros anos sesenta do século pasado, tiña ben máis vida que na actualidade pois aínda non comezara o amargo éxodo da xente nova…” p.110 “Daquela os velorios facíanse nas casas, e considerebase unha obriga que cada familia mandase unha persoa ao domicilio do defunto para acompañar os parentes na súa dor durante as horas nocturnas… “p. 121


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.