Guía da biblioteca

Page 1

Os usuarios/as Todo o profesorado, alumnado e persoal do centro é usuario/a da biblioteca.

Os familiares que o soliciten poden ter carné da biblioteca e levar os materiais que precisen. Deberán solicitalo persoalmente no centro ou por correo electrónico.

Os préstamos Co carné poderanse levar ata tres materiais durante un período de 15 días.

O horario A biblioteca abre todos os recreos e os luns ao mediodía, está dispoñible durante toda a mañá e os luns pola tarde para que poida traballar o profesorado co seu alumnado.

O sobreiral na rede...

O Sobreiral das palabras Biblioteca do IES Valadares

As actividades levadas a cabo están recollidas no blog: http://osobreiraldaspalabras.blogspot.com

O catálogo está en rede, pode ser consultado dende calquera ordenador. Na biblioteca hai un para facer consultas de catálogo.

O profesorado que o precise pode levar prestados materiais para traballar na aula.

E a biblioteca tamén está nas redes sociais:

Instagram o_sobreiral

Twitter @OSobreiral

Pinterest

Aquelas familias que queiran material prestado mandarán a súa solicitude polo alumnado.

Para poñerse en contacto con nós: osobreiraldaspalabras@gmail.com

No Sobreiral de Valadares abrollan sobreiras cheas de palabras, de historias, de coñecemento...


A biblioteca é...

Os materiais

un centro de recursos do instituto, un laboratorio de aprendizaxe, un espazo para ler, traballar, buscar información, xogar...

Os materiais están ordenados segundo a CDU, clasificación decimal universal do coñecemento.

A biblioteca está... no segundo andar, nas seccións de cada aula, no espazo de lectura, na zona de xogos...

O espazo Na biblioteca hai diferentes seccións: audiovisual, ficción, libros informativos, zona de xestión e de traballo, así como diferentes puntos de lectura.

Cada material leva unha etiqueta que nos permite coñecer a súa ubicación.

Na etiqueta aparecen tres SINATURAS:

• Sinatura 1: CDU

• Sinatura 2: primeiro apelido do autor.

• Sinatura 3: título do libro sen artigos nin preposicións.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.