Guía de Lectura Ies Valadares
Verán 2017
Fotografía GAÑADORA DO CONCURSO:” IMAXES PARA LER” DO IES VALADARES. ( Inés Figueroa Bastos)
1:
1º CICLO ESO O xogo de Ender Tradutor/a: Rodrígo Vizcaíno Bravo Escritor/a: Orson Scott Card Ed. Urco Editora, 2012 | Narrativa
É a novela máis coñecida de Orson Scott Card. Obtivo os dous premios máis prestixiosos da ciencia ficción: o Premio Nébula á mellor novela en 1985 e o Premio Hugo á mellor novela en 1986. A novela orixinouse como un conto de ciencia ficción na revista Analog (1977), conto que recibiu o Premio Ignotus de 1994, así como senllos nomeamentos ao Hugo e Locus de 1978. Está ambientada nun futuro onde a humanidade se enfronta ao exterminio a mans dunha agresiva sociedade extraterrestre coñecida como os "abázcaros" (buggers no orixinal).
Contos estraños Varios autores. Editorial: contos estraños. Volume 5 : Verbas de Atenea
Neste volume reúnense as novas promesas femininas da literatura fantástica do noso país, para afirmar con voz poderosa que elas son as que custodian a sabedoría de Atenea, o legado dos contos narrados a carón do lume, o tesouro máis prezado da humanidade, ese que nos di quen somos e por que estamos aquí. Despois ler estas páxinas non volveredes ser os de antes, seredes máis.
2:
El viaje de Shackleton William Grill , 2014
Belamente ilustrado, este libro narra a historia da mítica expedición de Shackleton á Antártida. Unha historia de heroicidade e xeos perpetuos. (Na nosa biblioteca)
70 preguntas curiosas sobre el mundo que nos rodea y sus asombrosas respuestas Katja Nellissen, María Condor Orduña, Martin Gent y Sascha Ott Editorial: Siruela
Sorprendente e divertido libro que reúne as respostas a 70 curiosas preguntas sobre o noso corpo, o mundo animal, as plantas, a ciencia, a tecnoloxía e outras inquedanzas e dúbidas. (Na nosa biblioteca)
Si tú quieres Sonia Mirón Torres Editorial: Círculo rojo
Dani é un mozo que vive encerrado en si mesmo. Nos estudos é un desastre, a relación coa súa nai deixa moito que desexar e Sara, o amor da súa vida, nin se fixa nel. Que pode ocorrer para que todo isto se poña patas para arriba e o seu mundo comece a virar? Mergúllate na lectura desta historia e sé un personaxe máis. Vivirala.
3:
2º CICLO ESO Instrucións para tomar café. Núñez Singala Editorial: Galaxia.
Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volumes nun único e engaiolador libro. Nestes relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares Ransom Riggs
Sorprendente e inquietante. Unha novela inesquecible. O fogar de Miss Peregrine para nenos peculiares é unha enigmática historia sobre nenos extraordinarios e monstros escuros; unha fantasía arrepiante ilustrada con inquietantes fotografías vintage que deleitará a moz@s e adult@s. De neno, Jacob creou un vinculo moi especial co seu avó, que lle contaba estrañas historias e ensináballe fotografías de nenas levitando e nenos invisibles. Agora, seguindo a pista dunha misteriosa carta, emprende unha viaxe cara á illa remota de Gales na que o seu avó se criou. Alí, atopa vivos aos nenos e nenas das fotografías aínda que os aldeáns afirmen que morreron hai moitos anos.
4:
Manual Del Bullying Miguel Ángel Alonso Cid e Xosé Tomás Editorial: Nova Galicia Edicions
Unha guía para o coñecemento e o recoñecemento do acoso.
.
(Na nosa biblioteca)
Corredora María Reimóndez Editorial: Edicións Xerais
Non é de estrañar, ao meu xuízo, que este novo libro de María Reimóndez vaia gañando con ímpeto, e día a día, un espazo propio entre as novidades narrativas máis suxestivas.. Un universo protagonizado por unha nena etíope á que a práctica do atletismo posibilitará o feito de acadar novos retos, entre os que se conta ese fundamental que é o de vivir con dignidade (Recensión de Ramón Nicolás no Caderno da crítica)
Terraza Fran Alonso Editorial: Edicións Xerais.
Un poemario que aborda o paso do tempo desde a visión crítica dun home que contempla a vida desde a terraza dun bar mentres escribe poemas. Neste traballo o autor fai un aceno ás novas tecnoloxías ao incluír códigos QR nalgún dos poemas, que remiten a outras das súas creacións literarias. Publicado o 9 Marzo 2017 por asociacionescritoras-es
5:
PARA @S MÁIS: A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey Shaffer, Mary Ann e Barrows, Annie Tradución do inglés de Moisés Barcia Editorial: Rinoceronte
Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome. Unha novela emotiva que nos lembra a importancia dos libros nos momentos clave das nosas vidas. Seguro que che gusta!!!
Bibliópatas e Fobólogos Emma Pedreira Editorial: Galaxia
Un monllo de relatos (?) dos que é difícil escapar se amas os libros ou a lectura. Retranca, esta é a palabra que define a maior parte dos relatos, pero tamén hai un montón de frases que paga a pena recordar; frases que enchen relatos para ler a calquera hora, frases que constitúen unha homenaxe a palabra, esa que fornece a lingua, a nosa lingua, esa que constrúe críticas, esa que constrúe poemas, esa que amamos. E mentres nós amamos a palabra, admiramos como a constrúe a autora, como é quen de tecela con outras para armar unha colcha de papel resistente ante o paso dos anos, sabendo que estes non a van amaralear. Nela, debuxa ambientes, viaxes, amores e resistencias. (https://trafegandoronseis.blogspot.com.es/search/label/Libros )
6:
Terra Xurxo Mariño Editorial: Xerais Colección: Básicos ciencia
Durante once meses o neurocientífico galego Xurxo Mariño dedicouse a percorrer o mundo e documentou todas as súas aventuras no que hoxe é o seu libro "Terra". Trescentas páxinas que tentan trasladar ao público coñecementos científicos, a través das experiencias da súa viaxe. Xurxo Mariño: "A ciencia en sí mesma é buscar a esencia do mundo que nos rodea e ten que ser simple. Todos os seres humanos queremos comprender como é o mundo no que vivimos e ademais cando se traslada aos cidadáns, os cidadans gañan capacidade de reflexión crítica". Extraordinario libro de divulgación científica.
Fotografía gañadora do concurso “imaxes para ler” do IES Valadares ( día do libro) 1º eso (Ainara Alonso Vila)
7:
PARA TOD@S Na casa da avoa Marta Dacosta Editorial: Galaxia Poesía
O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas e asimiladas. Mulleres todas que son as nosas avoas e que nos contruíron, que nos botaron a este mundo e até nos legaron silenciosamente o desexo de rebelarnos e alzar a nosa propia voz. Nestas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración
SAÚDE Más vegetales y menos animales Julio Basulto y Juanjo Cáceres. Editorial: Punto de lectura
Xullo Basulto e Juanjo Cáceres mostran por que, de acordo co coñecemento científico dispoñible, o patrón dietético que se relaciona cunha mellor calidade de vida e, tamén, cunha maior esperanza de vida pode sintetizarse na seguinte máxima: «Máis vexetais, menos animais e nada ou case nada de carnes procesadas e alimentos superfluos».
Mi dieta cojea Aitor Sánchez
Aitor Sánchez, un dos dietistas-nutricionistas máis populares e con maior influencia en redes sociais, preséntanos un libro para desterrar mitos en relación aos alimentos que consumimos todos os días
8: