BIBLIOTECA DO IES ILLA DE TAMBO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rúa da Estrada s/n, 36900, Marín ● Tf.: 986880158 ● Fax: 986880162 ● Email: ies.illa.tambo@edu.xunta.es ● http://centros.edu.xunta.es/iesilladetambo
Estimada familia: A Biblioteca do IES Illa de Tambo (BIT) desexaría compartir con vostedes algún dos materiais dos que dispoñemos e convidalos a gozar deles a través do proxecto chamado “A mochila viaxeira”. Os alumnos de 1º e 2º da ESO van participar nun sorteo quincenal, que se fará os mércores, e que comenzará o mércores 3 de decembro de 2014. De resultaren agraciados, levarían á casa unha escolma de materiais da nosa biblioteca para disfrutar en familia. Esperamos que a nosa escolla poida satisfacer a toda a familia e lle proporcione agradables momentos de lecer. Todos os alumnos de 1º e 2º entrarán no sorteo, e polo tanto terán que respectar as normas de correcta conservación e devolución dos materiais e a mochila no prazo de 14 días. A actividade é totalmente de balde pero, se non quixeran participar nela, pregámoslles que o fagan constar na parte inferior desta páxina e que a devolvan ao titor ou titora antes do 28 de novembro. Para manterse informados de todo o proceso poden consultar o noso blog da biblioteca: http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/ Moitas grazas e……..bo proveito! O equipo da biblioteca Marín, 6 de novembro de 2014
(Recortar pola liña e entregar ao titor/a)
Don/Dona……………………………………………………………………………………………………………pai/nai/titor-a do alumno-a …………………………………………………………………………………………… do grupo ………………. NON DESEXA participar na actividade “Mochilas Viaxeiras” neste curso 2014-15 Marín, ............. de ............................... de 2014
Asdo. .............................................................