Lecturas Nadal 3º e 4º ESO

Page 1

[narrativa] ILSE LOSA, O mundo en que vivín A Coruña, Hércules Ediciones, 2019/ISBN 9788494984310

Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña –cara ao final da Primeira Guerra Mundial– ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente. Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar“xusto enriba de nós”. Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo.

[narrativa] ARTURO PÉREZ-REVERTE, Sidi Barcelona, Editorial Alfaguara, 2019/ISBN 9788420435473

No tenía patria ni rey, sólo un puñado de hombres fieles. No tenían hambre de gloria, sólo hambre. Así nace un mito. Así se cuenta una leyenda. Resignados ante el azar, fatalistas sobre la vida y la muerte, obedecían de modo natural sin que la imaginación les jugara malas pasadas. Rostros curtidos de viento, frío y sol, arrugas en torno a los ojos incluso entre los más jóvenes, manos encallecidas de empuñar armas y pelear. Jinetes que se persignaban antes de entrar en combate y vendían su vida o muerte por ganarse el pan. Profesionales de la frontera, sabían luchar con crueldad y morir con sencillez. La nueva novela de Arturo Pérez-Reverte.

NADAL 2019 3º-4º ESO

[narrativa] KAREN M. MCMANUS, Un de nós mente Cangas do Morrazo, Rinoceronte Ed.-Sushi Books, 2019/ISBN 9788416884223

Todo o mundo ten secretos, verdade? Pero, que serías capaz de facer para protexelos? Unha nova app está a acurralar á elite do instituto Bayview para estudantes de perfil elevado. As filtracións da vida privada dos estudantes corren como a pólvora pola nova rede social creada por Simon Kelleher, alumno da mesma institución. Pero a cousa ponse moi seria cando Simon é asasinado xusto diante das súas vítimas. Os catro xefes da « crème da crème» estudantil convértense en sospeitosos directos do asasinato. Agora que Simon está morto só queda un gran secreto por desvelar. Quen será o culpable? Un thriller que che manterá contendo a respiración ata o final.

Consulta a web e o blog da biblioteca: •

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/

Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED081 •

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.