FAINO TI MESMO!!! COMO ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA BIBLIOTECA IES ILLA DE TAMBO, MARÍN, OUTUBRO 2021
1. ANTES DE EMPEZAR Cando ides buscar un libro á biblioteca, moitas veces só lembrades o título, a miúdo de maneira inexacta.
É IMPORTANTE QUE ANOTEDES TAMÉN, polo menos, O NOME DO AUTOR
1. ANTES DE EMPEZAR
E QUE OS DATOS SEXAN CORRECTOS Se buscamos "El nombre de la rosa", atoparémolo; se buscamos "El apodo de la rosa", probablemente non. Se buscamos "Umberto Eco", atoparémolo; se buscamos "Humberto Hecho", probablemente non. Se non é así, pérdese moito tempo ou teredes que volver noutra ocasión.
1. ANTES DE EMPEZAR Se temos os datos correctos, calquera usuario da biblioteca pode, sen axuda de ninguén e nuns poucos minutos: (a) comprobar se temos o libro (b) comprobar se está emprestado ou dispoñible (c) e localizar o libro nos andeis. Despois, só teredes que pedir ao profesorado que volo anote, se queredes levalo en préstamo.
1. ANTES DE EMPEZAR
A continuación,
EXPLICÁMOSVOS COMO
2. ACCEDER AO BLOG DA BIBLIOTECA CONSULTAS
Na biblioteca hai sempre un ordenador libre para consultas.
Se está ocupado, podes pedir ao profesorado de garda que deixen libre algún outro: as consultas sempre teñen prioridade. Por suposto, tamén podes facer a consulta no ordenador da túa casa ou no móbil.
2. ACCEDER AO BLOG DA BIBLIOTECA Nos ordenadores da biblioteca, ao abrir o navegador xa aparece como páxina de inicio o blog da biblioteca (BIT Bilioteca Illa de Tambo).
Se non é así, ou fas a consulta na casa, abre un navegador, teclea "BIT Illa de Tambo blog" e abre o blog B.I.T. - Bibliotec@ I.E.S Illa de Tambo
2. ACCEDER AO BLOG DA BIBLIOTECA Preme sobre "OS NOSOS FONDOS" E accederás á WEB DA BIBLIOTECA (páxina seguinte)
3. ACCEDER Á WEB DA BIBLIOTECA
3. ACCEDER Á WEB DA BIBLIOTECA As BUSCAS realízanse na parte superior esquerda.
Pero tamén podes atopar información sobre as novidades, os libros máis emprestados, etc.
4. BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR Na parte superior esquerda, selecciona Autor.
No seguinte recadro, escribe apelido ou apelidos do autor e preme a lupa.
4. BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR Selecciona o autor que estás a buscar e prémeo
4. BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR A seguinte páxina indicarache cantas obras do autor temos na biblioteca. Neste caso:
- tres exemplares de El nombre de la rosa - e un doutras dúas obras
4. BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR
ESCOLLE A OBRA QUE BUSCAS E FÍXATE NO ESTADO: dispoñible ou emprestado
4. BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR Se premes o título (en azul), accederás a información máis detallada sobre cada exemplar: editorial, lugar e data de edición, etc. Se premes a w, abrirás unha páxina web con información sobre o autor ou a obra.
4. BUSCAR UN LIBRO POLO AUTOR COPIA O LOCALIZADOR DE CALQUERA DOS EXEMPLARES QUE ESTÁN DISPOÑIBLES: É o que che permitirá atopar ti mesmo o libro nos andeis.
5. BUSCAR UN LIBRO POLO TÍTULO Na parte superior esquerda, selecciona Título.
No seguinte recadro, escribe o título da obra.
5. BUSCAR UN LIBRO POLO TÍTULO Ten en conta que debes escribir o título sen o artigo ou a preposición iniciais.
Pero, se así non o atopas, proba tamén co artigo, preposición...
5. BUSCAR UN LIBRO POLO TÍTULO Preme a lupa e, a continuación, na obra que estás a buscar.
Continúa como dixemos antes (comproba o estado e copia o localizador).
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS A INFORMACIÓN FUNDAMENTAL ATÓPASE NO LOCALIZADOR:
O localizador aparece tamén nunha ETIQUETA pegada ao lombo do libro e permitirache atopalo nos andeis.
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS Os números que aparecen ao principio indican a SECCIÓN na que se atopa o libro. As seccións están ordenadas segundo o sistema decimal: 1 antes que 2, 3...; 1.1 antes que 1.2, 1.3...; 1.1.1 antes que 1.1.2, 1.1.3...
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS Na parte superior das paredes tes uns grandes CARTEIS que che permiten identificar as seccións e a súa orde.
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS
Nos ANDEIS, as seccións seguen a orde anterior, empezando pola sala pequena e seguindo pola principal, de esquerda a dereita a partir da porta.
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS
Ademais, nos andeis existen uns carteis que indican onde comeza cada sección.
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS Unha vez localizada a sección, fíxate nas tres letras maiúsculas, que normalmente corresponden ao primeiro APELIDO do autor.
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS Dentro dunha mesma sección, os libros están ordenados alfabeticamente polas tres letras maiúsculas do apelido.
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS E, unha vez localizado o autor, fíxate nas tres últimas letras, en minúsculas: corresponden ao comezo do título (sen artigos nin preposicións).
6. LOCALIZAR UN LIBRO NOS ANDEIS As obras dun mesmo autor dentro dunha mesma sección ordénanse alfabeticamente polo título.
7. LECTURA NA SALA Unha vez localizado o libro, se só queres lelo na sala, ao rematar non o coloques de novo no andel: déixao no carro que está ao lado da mesa de préstamo.
8. PRÉSTAMO Se queres levalo en préstamo, entrégallo ao profesor/a para que o anote.
Lembra que, se coñeces o teu número de carné, todo será máis doado e máis rápido.
9. NORMAS Consulta e respecta as normas da biblioteca e as condicións de préstamo, que están expostas na sala.
Lembra que, en calquera momento, PODES CONSULTAR DE NOVO ESTA GUÍA NO BLOG DA BIBLIOTECA: B.I.T. - Bibliotec@ I.E.S Illa de Tambo