[narrativa] PEDRO FEIJOO, Un lume azul Vigo, Edicións Xerais, 2019/ISBN 9788491216155
Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible. " Un lume azul " é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.
[narrativa] ADOLFO GARCÍA ORTEGA, Una tumba en el aire Vigo, Editorial Galaxia Gutenberg, 2019/ISBN 9788417747084
La noche del 24 de marzo de 1973, tres jóvenes gallegos, Humberto, Fernando y Jorge, cruzaron la frontera francesa para ir a Biarritz a ver la película El último tango en París, entonces prohibida en la España franquista. Se sabe que esa noche entraron en una discoteca y allí los esperaba un cruel destino. Confundidos con policías por un grupo de miembros de ETA, fueron secuestrados, torturados y asesinados. Nunca más se supo de ellos. Sus cuerpos nunca aparecieron. Esta novela se inspira en los hechos reales para contar, con escrupulosa verosimilitud, la historia de aquel fatídico encuentro. Escrita con un sobrecogedor pulso narrativo, Adolfo García Ortega relata en ella las vidas truncadas de aquellos jóvenes y las de sus verdugos. Novela certera y conmovedora, en la tradición de Truman Capote y Graham Greene,
NADAL 2019 BACHARELATO
[narrativa] AMADOR CASTRO MOURE, Shangai a Barcelona Vigo, Edicións Xerais, 2019/ISBN 9788491215929
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso."Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. Shanghai a Barcelona" é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña. Premio Xerais de Novela, 2019.
Consulta a web e o blog da biblioteca: •
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/
Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED081 •
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/