MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE BIBLIOTECA NO IES ILLA DE TAMBO.
CURSO 2013-4
Encargada da Biblioteca: Celia Sรกnchez Reboredo
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.1
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS
Este foi un curso complicado no que respecta á carga de traballo do profesorado. Os profesores do equipo de biblioteca dispuñan de moi poucas horas sen clase no seu horario (como se verá no apartado correspondente), así que o tempo que o equipo puido adicar a tarefas de catalogación e dinamización diminuíu considerablemente. Os grupos foron moi numerosos e iso aumenta tamén a nosa carga de traballo de corrección. Algúns dos obxectivos más ambiciosos, polo tanto, quedaron incumpridos. Despois do cambio profundo no que respecta ao posto que a biblioteca vai ocupando na actividade cultural e formativa do centro, estamos nunha etapa de asentamento con poucas novidades. Moitas veces, ao principio desta andadura como equipo de biblioteca, quixemos ser os iniciadores de actividades varias nas que, as veces, non chegamos aos resultados apetecidos. Pero cada vez máis nos decatamos de que moitas veces só temos que “estar dispostos a ver e escoitar” as iniciativas dos departamentos e do alumnado para seren a súa máis importante ferramenta para facelas medrar. Resulta gratificante para os que traballamos na biblioteca ver como segue a aumentar o número de usuarios e de préstamos Sobre todo, comprobamos como xa a dinámica da centralización das compras de material bibliográfico e audiovisual a través da biblioteca está aceptada e mellora a eficiencia do gasto. Pero aínda hai voces en contra do que consideran inxerencia no seu dominio.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.2
Por iso é de gran axuda a presenza do inspector corroborando a normativa sobre bibliotecas de principio de curso e, por suposto, a propia nosmativa.
Aínda así, facemos unha valoración positiva do traballo feito. Sobre todo sentímonos moi satisfeitos coa eficiencia conseguida pola organización do traballo. Dunha forma natural e voluntaria os diversos compoñentes do equipo de biblioteca vanse “especializando” en diferentes labores, como a xestión do préstamo (reserva de documento, recuperación de documentos non devoltos, colocación...), a catalogación, a decoración e mobiliario, as actividades de dinamización, o blog, a formación de usuarios. Tamén vemos moi positivamente a relación con moitos departamentos no que se refire á organización de actividades na biblioteca. Temos moito interese en achegar á biblioteca aos profesores menos coñecedores dela, como primeiro paso para o fomento do uso entre o seu alumnado. Pero, para ser concretos, pasamos a valorar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos para este curso nas “liñas prioritarias de actuación” que nos marcáramos o curso pasado. Farémolo, con realismo, e a través da seguinte táboa comparativa entre os obxectivos e o resultado:
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.3
OBXECTIVOS
RESULTADO
Continuación da catalogación.
A catalogación continúa algo máis lenta
Catalogar os documentos dos
na biblioteca. Estamos comezando a
departamentos didácticos para
catalogación do material dos
centralizar e difundir os recursos
departamentos
existentes.
EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E
Abrir o préstamo aos pais e nais
Non se fixo, aínda que se lles presta a través dos fillos.
XESTIÓN
Aumento de horario de apertura e uso
Non se aumentou o horario por decisión
da biblioteca. achegar a máis
da dirección.
profesores á biblioteca para que eles leven aos seus alumnos Este ano novos profesores fixeron actividades na biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.4
Elaboración de guías de lectura
Fixemos guías como os anos pasados
adaptadas aos distintos niveis
Adquisición de documentais
Aínda estamos escasos de este tipo de
informativos e formativos, de escasa
documentos
presencia aínda na biblioteca.
Revisión de subscricións periódicas da
Decidiuse continuar coas mesmas
biblioteca para unha mellor
subscripcións
adecuación ás necesidades do alumnado e o profesorado.
O blog está activo, en
DINAMIZACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, INTEGRACIÓN
Mantemento do blog actualizado
constante
actualización. Nel figuran as actividades desenvolvidas pola biblioteca http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.
NO CURRÍCULO
com.es/ E DESENVOLVE MENTO DAS
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.5
COMPETENCIAS BÁSICAS DO
Maior publicidade das novidades entre
O blog e os correos electrónicos
o profesorado.
difunden
ALUMNADO
as
novidades
entre
o
profesorado.
Contactar máis cos departamentos
Cada curso conseguimos que haxa novos
didácticos na organización das
achegamentos de departamentos. Este
actividades de dinamización da
ano: Filosofía, Física e Química, Ciencias,
biblioteca.
especialmente.
Propoñer un tema común de traballo
O “problemático” inicio de curso co
interdisciplinar ao longo de todo o
aumento de alumnado por aula e de
curso: “A pesca”
horas de traballo impediuno totalmente. Pero non abandonamos a idea
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.6
Sesións iniciais para o alumnado
Cada curso facemos estas sesións de
recentemente incorporado.
formación de usuarios cos alumnos de 1º de ESO e cos de 1º de Bacharelato (o noso centro recibe moito alumnado novo neste curso) con divulgación dos servizos da páx. Web da biblioteca. Con entrega de carnés e tríptico informativo.
Sesións de presentación da biblioteca
Neste caso as sesións so fan unha
para o alumnado dos centros de
alusión á CDU e á disposición da
primaria adscritos ao noso IES
biblioteca. É máis ben unha presentación máis lúdica e atractiva
Elaboración de repertorios de páxinas
Cada departamento aportou unha lista
de internet con garantía.
de
direccións
recomendadas
con
comentarios para guía dos traballos do alumnado. EN RELACIÓN
Este
directorio
por
departamentos figura tamén no blog
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.7
COA FORMACIÓN DE USUARIOS E A EDUCACIÓN DOCUMENTAL
Guía de criterios para buscar
Non foi posible facelo este curso. Figura
información fiable na rede elaborados
nos obxectivos do curso que ven.
e divulgados
pola biblioteca
Fixéronse algunhas en relación con Brevísimas presentacións de libros nas EN RELACIÓN CO
lecturas científicas
que colaboren profesores e alumnos
FOMENTO DA LECTURA E DO PROXECTO
Fixéronse
LECTOR DE Celebracións CENTRO
moitas
na
biblioteca:
Halloween, Contra a violencia de xénero, Dereitos humanos, Lembranza de García Márquez, Día das letras galegas, Día do libro, … Premio Santillana á nosa biblioteca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.8
A ciencia na biblioteca A célula Actividades
Día da Poesía, Torneo de Xadrez Guías de lecturas Proxeccións na biblioteca Na
sección de “Creación” do blog
publícanse traballos do alumnado que destacan pola súa calidade Feira de libros usados na Alameda de Marín o 28 de xuño (actividade conxunta dos centros de Marín) http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot. com.es/
Premios aos mellores lectores.
Entregaranse ao final do curso
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.9
Inclusión dos pais e nais que o desexen
Non chegamos a facelo este curso.
no préstamo da biblioteca.
Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento de orientación) nas salas de titoría para
Temos algúns expostos nas salas de visitas.
autopréstamo.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.10
HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA
Non son en absoluto suficientes as horas “oficiais” de dedicación á biblioteca por parte do equipo. A persoa encargada da biblioteca é unha profesora que da dezasete horas de clase, así que no horario só lle figuran cinco (5) horas de biblioteca. Pero son moitas máis as dedicadas aos labores de xestión e de dinamización. Por sorte (ou quen sabe si por desgraza) hoxe é moito o que se pode facer dende casa grazas ás TIC. E o mesmo podo dicir dos compoñentes do equipo, varios deles dedican moitas máis das que figuran no seu horario. Estas son, en total, 19 horas. Delas, sete (7) corresponden aos recreos. Así que para labores de dinamización e xestión só figuran 12 (aínda que –repito- a boa disposición do equipo as converte en moitas máis). A dirección do centro dinos que é a Inspección educativa a que lle impide aumentar o número de horas de dedicación á biblioteca, dadas as necesidades xerais do centro. Non é lugar este para discutilo ou rebatelo pero é doade decatarse que a persistencia desta situación está a tirar polo chan o traballo de anos e o entusiasmo de moitos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.11
AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA, O FOMENTO DA LECTURA, E OUTRAS)
EQUIPAMENTO Non hai moitas melloras no equipamento este curso porque estivemos empeñados na mellora na accesibilidade na que, por fin, conseguimos a colaboración da dirección. A sala ten unhas escaleiras de entrada que queremos modificar. Agora parece que a unidade técnica da Delegación de Educación de Pontevedra porá mans á obra este verán. Cando as obras rematen teremos que reformar os andeis, que precisan de unificación, e outros elemento. Pero todo está á espera desas obras de accesibilidade.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.12
Seguimos insistindo na presenza de documentos en diferentes soportes, as铆 como na utilizaci贸n dos ordenadores da biblioteca para actividades diversas.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.13
Como veremos no apartado das actividades, este ano a biblioteca puxo en marcha un campionato de xadrez, para o que necesitou mercar taboleiros, fichas ,caixas para gardalas e un soporte para colocar os taboleiros.
XESTIÓN Temos completada a sinalización. Neste aspecto sempre tivemos especial interese porque queremos unha biblioteca didáctica, que ensine aos nosos alumnos a moverse nas bibliotecas do mundo. Os paneis das paredes teñen a misión de familiarizar ao alumnado coa CDU e servir de guía na nosa biblioteca, sempre buscando a autonomía do usuario.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.14
Este curso, En xaneiro estivemos tamén interesados en dar saída aos documentos expurgados que temos almacenados e sen uso. Puxémonos en contacto co Museo do Mar de Noia A profesora de ciencias e tamén do equipo da biblioteca, Hortensia Fernández Lorenzo, levou a Noia os fondos antigos de cando o noso centro fora Escola Náutico-pesqueira, os que foron moi agradecidos polo director do Museo.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.15
Tamén elaboramos un documento no que constara a doazón que se pasou por rexistro e do que queda copia na biblioteca. Este é un procedemento que seguiremos noutros casos de doazón de fondos. Así o fixemos no mes de Abril cunha nova doazón de libros de texto para unha ONG de Guatemala.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.16
Seguimos insistindo na importancia de que os fondos da biblioteca se sintan como posesión común, un ben que é valioso e é necesario coidar. Carteis como este vense nas aulas perante o curso. E, aínda que pareza mentira, van facendo efecto.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.17
A informatización do préstamo co programa Meiga contribuíu poderosamente a aumentar o movemento de fondos na comunidade escolar. O alumnado está xa moi afeito aos novos usos. O programa permite levar ademais un rexistro de morosos, un servizo de reserva dende casa e facer estatísticas sobre lectores e lecturas de diversos tipos.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.18
Seguimos a facer uso das posibilidades da rede para optimizar o funcionamento do equipo de biblioteca sen recorrer a reunións longas fora de horario. Comunicamos entre os membros do equipo da biblioteca todas as novidades diarias na xestión ( listas de morosos na devolución de libros, cambios nas normas que non funcionan ben, reservas de libros, acordos de catalogación, dúbidas variadas)
Segue a facerse un grande esforzo de catalogación, como se pode comprobar na nosa páxina web:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED081”
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.19
DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
Seguimos insistindo en dar novas de todo o que ocorre na biblioteca para que, os que nunca a visitan teñan noticia dela. Xa falamos da importancia de facerse notar na vida do centro.
A biblioteca ten que estar presenten a vida do centro, ten que facerse notar. Por eso, fixemos avisos aos correos dos profesores de noticias interesantes no entorno da biblioteca. Cada pouco tempo facémoslles chegar un novo enlace coas novas do blog.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.20
Como a introdución dun taboleiro de xadrez e un reloxo na sala de lectura tivo un enorme éxito, propuxémonos mercar tamén libros sobre o xogo en diferentes niveis, así como xogos de xadrez para o ordenador.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.21
Para abastecer a demanda crecente de taboleiros, mercamos varios deles e un soporte, asĂ como unhas caixas para as fichas.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.22
Xa no mes de Decembro empezamos os preparativos para o que sería o I Torneo de Xadrez do IES levado cabo na biblioteca coa colaboración do profesor de Filosofía José Manuel Lodeiro. O torneo tivo unha moi ampla participación de alumnos de todos os niveis e se celebrou durante os xoves e venres dende xaneiro hasta abril.
Mesas preparadas para o torneo
O xadrez fixo que o alumnado frecuentase a biblioteca moitísimo máis. A competición foi moi seguida polos máis pequenos e tamén polos maiores, sempre menos proclives a estar na biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.23
O torneo en marcha
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.24
FORMACIÓN DE USUARIOS
Xa é costume que no primeiro trimestre do curso, os profesores do equipo de biblioteca leven a cabo sesións informativas sobre o funcionamento da biblioteca centrado nos seguintes apartados: 1. A CDU nesta e noutras bibliotecas. 2. Como atopar un documento na sala
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.25
3. Buscas na páxina web 4. Utilidades da páxina web
Fixemos un horario, coincidindo con titorías da ESO e con clases diversas en Bacharelato para que a cada curso lle correspondese, polo menos, unha sesión de visita informativa á biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.26
Para acompañar á explicación é para usar con todo o alumnado novo en anos vindeiros, o equipo de biblioteca deseñou un tríptico informativo sobre a disposición da biblioteca e as buscas na páxina web de Meiga. Nesta visita a cada alumno entrégaselle este tríptico informativo.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.27
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.28
As comunicacións ao claustro de profesores das novas da biblioteca teñen un resultado moi notable: o aumento do préstamo a profesores. É un pequeno paso que, sen embargo, nos parece decisivo, porque o coñecemento dos fondos da biblioteca por parte do profesorado é imprescindible para achegar a biblioteca ao resto da comunidade escolar.
A difusión do uso da páxina Meiga de fondos da biblioteca segue a ser para nos unha prioridade. Como nos parece unha pena que os usuarios non se beneficien dos medios ao seu alcance para consultar dende casa e para ser máis autónomos na busca de información, nos cursos pasados ideamos un concurso de preguntas que só se podían responder consultando a páxina web.
No curso pasado comezamos a facer sesións de presentación da biblioteca e un primeiro achegamento ao seu funcionamento para uns novos usuarios: os alumnos dos centros de primaria do noso entorno que, na meirande parte, serán alumnado do centro o curso que ven.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.29
Alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Laxe coñecendo a Biblioteca do IES
EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN
Nos cursos anteriores solicitamos a colaboración dos departamentos para facer unha selección de direccións de Internet que nos, desde a biblioteca podamos aconsellar ao alumnado para os seus traballos. Este directorio, feito polos profesores do centro, témolo recollido no noso blog. As direccións enviadas polos departamentos tamén
están nos marcadores ou favoritos dos
ordenadores da biblioteca. http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/search/label/DIRECCIONES%20DE%20INTER% C3%89S E tamén fixemos un cartel anunciador, sempre na idea de difundir os avances da biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.30
O 50% dos estudantes de secundaria entrevistados por Rutgers Univesity sinalaron que non vían nada censurable en copiar os seus traballos de Internet. O 90% dos estudantes creen que quen plaxia nunca é atrapado ou amoestado. Esta é unha idea contra a que a biblioteca quere loitar. Por iso recomendou aos compañeiros profesores algunhas ferramentas de uso libre, que axudan a detectar os traballos plaxiados como Google Scholar ou The Plagiarism Checker… A lista completa pódese consultar no noso blog
FOMENTO DA LECTURA
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.31
Ao rematar o curso pasado imprimiuse no centro un libro feito por alumnos de primeiro de ESO coa profesora de Lingua castelá (a encargada da biblioteca) a base de contos
construídos
tomando como base unha noticia e lustrados cos seus propios debuxos. A versión virtual está no blog e a impresa quedo una biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.32
O libro, que está na biblioteca contén, como pode verse, noticias, o conto sobre a noticia e a súa correspondente ilustración.
Como xa adiantábamos na anterior memoria, no último domingo de xuño de 2013 participamos, xunto con todos os centros de Marín, na II Feira do libro usado, promovida polo IES Mestre Landín. É un acontecemento con moitísimo éxito no que tamén colabora o concello e que ten lugar na Alameda de Marín. De nove neste mes de xuño (o día 28) volveremos a facer unha nova edición con máis colaboración dos país e nais.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.33
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.34
Este ano tivemos moito empeño en participar na difusión da lectura científica, un aspecto que nos preocupa dende hai tempo. Xa nos cursos pasados procuramos aumentar os fondos das seccións 5 e 6, especialmente no que se refire á divulgación. Tamén fixemos esforzos por darlles publicidade entre o alumnado e o profesorado.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.35
Por outra banda, un dos profesores de Física do centro é un entusiasta divulgador científico con algúns premios de recoñecemento a este labor. Constantino Armesto é autor de ensaios de divulgacion científica que contan con prestixiosos premios:
Armesto, Constantino:Por los senderos de la ciencia, (Madrid, Celeste, 1995.Premio Prisma Casa de las Ciencias de La Coruña de Divulgación Científica 1994)
Armesto, Francisco y Armesto, Constantino: El enigma de la esfinge, Alzira, Bromera Universidad de Valencia, 2000. (Premio Europeo de Divulgación Científica Estudi General Universidad de Valencia 1999)
Armesto, Francisco y Armesto, Constantino: Supervivencia o suicidio, Madrid, Alianza, 2004. BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.36
Armesto, Constantino: “Un planeta azul”, Valencia, Universidad de Valencia, 2009.
(Premio Vicent Andrés Estellés de narrativa científica de la Universidad de Valencia Estudi General 2008)
Así que lle propuxemos facer unhas charlas breves de presentación dos que el consideraba os dez millores libros de divulgación científica. Fixemos un horario de cursos axeitado ás horas libres do profesor (o que non é fácil) e montamos unhas conferencias entusiastas con proxección e exposición de documentos relacionados co tema.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.37
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.38
O profesor elaborou unha lista comentada deses dez imprescindibles da divulgación científica que está no noso blog e que foi moi comentada no IES.
Unha das páxinas da presentación da lista no blog
Celebramos a Semana Contra violencia sexista en colaboración co Concello de Marín. Repartimos lazos violeta e proxectamos unha presentación en ppt que está no blog. Como sempre, fixemos un cartel e unha exposición do material da biblioteca en relación co tema.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.39
Neste curso as nosas posibilidades de preparar actividades diminuíron moito pero tamén é certo que, cada vez máis, a biblioteca é un apoio importante para as actividades promovidas polos diferentes departamentos. Porque neste curso vimos moi necesaria, como xa dixemos, a colaboración coas iniciativas dos departamentos, sen que sexa sempre necesario levar a iniciativa de tales actividades. Así o departamento de inglés tivo moito interese en divulgar a través do blog a historia do Halloween.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.40
O departamento de galego tamén quixo ofrecer a través do blog un vídeo do samaín feito polo IES de Porto do Son. O mesmo podemos dicir da colaboración permanente co Equipo de Normalización Lingüística. Facémonos eco das súas actividades e as aproveitamos para poñer na biblioteca en exposición o material relacionado con ela. Tamén o profesor de Matemáticas con destino provisional no centro,
Carlos
Magariños,
colaborou coa Biblioteca facendo publicidade dalgún libro de divulgación matemática para os máis pequenos. Tamén foi quen premiou aos máis pequenos polos seus éxitos con chapas de “Ler ciencia na biblioteca”, facendo delas un preciado tesouro.
Nas dúas últimas semanas de decembro puidemos visitar na Biblioteca, unha exposición de diversas maquetas de células, realizadas polos alumnos e alumnas de 3º ESO, seguindo as indicacións da súa profesora, Paula Conde.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.41
Nesta exposición vimos os diferentes tipos de células, a súa estructura, e a morfoloxía dos orgánulos. Tamén se proxectaba unha presentación sobre o tema. Como sempre, aproveitamos para mostrar os fondos da biblioteca (vídeos, libros) en torno ao tema.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.42
A presentación sobre o tema pode verse no blog. Proxectábase aos grupos de alumnos que iban ver a exposición.
O alumnado fixo imaxinativas “maquetas” de diversos tipos de células
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.43
E non podemos esquecer que o blog da biblioteca é tamén un lugar de publicación dos traballos literarios do alumnado cando acadan un grao notable de calidade.
Unha das iniciativas “propagandísticas” que xa ven dos cursos pasado na difusión de novidades da biblioteca foi a de proxectar durante os recreos breves presentacións audiovisuais, a modo de spots publicitarios, sobre as máis recentes novidades da ou sobre algún libro relacionado con acontecementos culturais sinalados.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.44
Así, os profesores de biblioteca fixeron interesantes presentacións sobre Beatles, PyonYang (cómic sobre Corea do Norte); sobre a poesía española, sobre Orgullo y prejuicio, Jane Austen, ... Todos pódense ver na páxina de suxestións do noso blog.
Como todos os anos fixemos dende a biblioteca recomendacións de lecturas para nadal
O profesor de PROI desenvolveu perante este primeiro trimestre un traballo na biblioteca coa colección de Revistas National Geographic, onde o alumnado “buceaba” na percura duns datos previamente sinalados polo profesor sobre un tema predefinido.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.45
Na mesma liña de divulgación científica na que neste curso insistimos bastante, solicitamos para Febreiro 2014, á Fundación Barrié, unha exposición de fotografía artística de tema científico: INVESTIGARTE.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.46
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.47
Os alumnos puideron vela na biblioteca. O entusiasmo despertado polas fotografías contempladas levou a algúns dos alumnos de segundo de bacharelato a participar no concurso correspondente a este ano 2014.
E unha das fotos presentadas por unha alumna gañou o concurso:
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.48
Como xa se fixera no ano anterior, o departamento de Lengua Castellana e Literatura, a biblioteca e o departamento de plástica prepararon dende xaneiro unha actividade en relación co 21 de Marzo: Día da Poesía. Na primeira fase seleccionáronse versos moi descritivos, axeitados para o que se pretendía, en colaboración co departamento de Plástica.
Cada un dos alumnos das clases de plástica de 4º de ESO e 1º de Bacharelato escolleu os versos que lle inspiraran e fixo a súa interpretación artística deles. O formato unificouse para facer unha exposición temática sobre a poesía.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.49
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.50
O resultado foi unha enorme exposición que encheu o instituto e que recibiu visitas de pais e loanzas de todos. E, o que é mellor, moveu a algúns alumnos e alumnas á curiosidade pola poesía.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.51
Tras moitos meses de competición de xadrez, o 30 de Abril celebrouse a final do campionato de xadrez á que asistiron os compañeiros dos finalistas como público. As xogadas proxectábanse na pantalla da biblioteca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.52
A biblioteca é tamén vía de contacto co mundo, por eso queremos facernos eco das conmemoracións e festas culturais. De paso, aproveitamos cada unha para facer publicidade do noso material relativo a elas:
E, como sempre que hai exposicións, unha mesa de material da biblioteca de todo tipo (películas, cómic, libros en distintas linguas...) en relación co tema.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.53
Vai medrando o número de profesores que optan por dar as súas clases na biblioteca. É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.54
En colaboración co Departamento de Orientación iniciamos o curso pasado un camiño de achegamento da biblioteca aos pais. Con esta finalidade fixemos unha primeira actuación que consistiu en deixar nas salas de recepción de pais libros onde se tratan algúns dos problemas mais comúns da convivencia cos adolescentes e que poden ser de utilidade para nais e pais. De novo puxemos un cartel animando ao autopréstamo.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.55
Por último, aínda estamos desenvolvendo actividades das que non temos constancia gráfica en colaboración con Normalización Lingüística,
co departamento de Lingua castelá e co de
Educación Plástica.
Como todos os anos, na última semana do curso, a biblioteca concederá premios aos mellores lectores. Tamén se farán recomendacións de lecturas para as vacacións e préstamo de verán.
Este próximo 28 de Xuño (domingo pola mañá) os centros de Marín (por iniciativa do IES Mestre Landín) celebraremos na Alameda a II FEIRA DO LIBRO USADO, seguindo o procedemento que se explica no tríptico.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.56
GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA
COMUNIDADE
EDUCATIVA
O blog da biblioteca
está espertando moita participación no alumnado e nos distintos
departamentos. Significativa é a inclusión de enlaces cos blogs de profesores e materiais de algúns departamentos, co que pouco a pouco estase a converter nunha ferramenta útil para os traballos do alumnado e a preparación das súas materias.
Como xa dicíamos na memoria do ano anterior, o IES Illa de Tambo está formado por profesores en xeral pouco dados a cambios, son embargo valora moi positivamente os avances que se ven na biblioteca e quere, cada vez máis, contribuír a eles. Temos que reseñar a participación do departamento de plástica , a colaboración con Normalización e a colaboración habitual dalgúns profesores non pertencentes ao equipo da biblioteca (filosofía, inglés, matemáticas). O claustro felicitou polo seu traballo repetidamente ao equipo de biblioteca, como figura nas actas correspondente. Cada vez máis profesores veñen impartir as súas clases á biblioteca. Así ocorre con algúns profesores de Filosofía, Matemáticas, Economía, Ciencias (máis reseñables por ser menos habituais ate agora). É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.57
Tamén estamos presentes no Consello Escolar e na CCP onde sempre facemos algunha alusión ás novidades da biblioteca.
GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO
A biblioteca ten a aspiración de facerse imprescindible para o desenvolvemento dos programas de todas as materias pero é difícil que os hábitos cambien bruscamente. Tradicionalmente a biblioteca víase máis asociada ás asignaturas de “letras”. E nestas materias non é xa necesario subliñar a cada vez máis forte e estreita relación coa biblioteca na súa práctica cotián. Pero o equipo da biblioteca ten moi claro que pode facilitar e apoiar igualmente o traballo educativo nas disciplinas científicas ou técnicas, así que xa dende o curso pasado propuxémonos mercar novo material informativo e de lecer (cómic, divulgación, xogos) relacionado con ese mundo. Aínda que os achegamentos por parte de algúns departamentos aínda son escasos, non caemos no noso empeño.
Pero non solo é necesario mercar novo material impreso. Hoxe o alumnado busca a información na rede, e nos constatamos que nas súas buscas carecen moitas veces de criterio para discernir a validez ou a fiabilidade da información á que acceden. Démonos conta tamén de que nin sequera saben buscar en profundidade a mellor información que poden obter
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.58
gratuitamente en internet. Por iso fixemos este curso un directorio por departamentos que desexamos continuar no curso que ven cunha sinxela guía de busca.
A idea de propoñer dende a biblioteca un proxecto interdisciplinar non se materializou este ano, pero queremos insistir nela o curso que ven para que faga da biblioteca o verdadeiro centro da comunidade escolar. Desta maneira tamén potenciamos o achegamento da biblioteca ao currículo das materias aparentemente alonxadas de ela.
Como o ano anterior fíxose esforzo en cubrir, dende a biblioteca, as necesidades dos alumnos do Programa de Diversificación Curricular.
Aínda que non quero pecar de optimista e que sei que –como xa dixen- as formas de ensino non cambian dun día para outro, a biblioteca xa está presente como posibilidade educativa para moitos profesores e departamentos. Neste curso aumentamos o uso da biblioteca en relación coas titorías da Eso, as clases de Filosofía, algunhas clases de agrupamentos, Educación plástica, Tecnoloxía e Economía.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.59
AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA ESCOLAR NAS QUE PARTICIPOU O PROFESORADO
Celia Sánchez Reboredo participou nos ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013 (1ª- 7ª CONVOCATORIAS) Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares o día 8 de marzo de 2013
A AVALIACIÓN REALIZADA
Como a avaliación do traballo do equipo da biblioteca non debe facela só o propio equipo , dado o evidente perigo de parcialidade, baseamos a avaliación en tres diferentes indicadores obxectivos: en primeiro lugar nos datos estatísticos que nos proporciona o propio programa Meiga, como veremos de seguido. E despois, nos resultados das enquisas dos profesores e do alumnado.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.60
1. CATALOGACIÓN
FONDOS CATALOGADOS A 31/05/14: 7813
catalogados
%
01/09/2009 a 31/08/2010
1692
21,66
01/09/2010 a 31/08/2011
3281
41,99
01/09/2011 a 31/08/2012
1154
14,77
01/09/2012 a 31/05/2013
1013
12,97
01/06/2013 a 31/05/2013
673
8,61
7813
100,00
TOTAL
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.61
1.2. OUTROS DATOS E CONCLUSIÓNS
1. A catalogación leva un ritmo máis lento co do curso anterior
A diferencia cos cursos anteriores explícase porque: - hai menos horas de dedicación á biblioteca - ao comezo, a catalogación tiña prioridade; agora estanse a facer outras moitas actividades
2. Nestes momentos, está completa o case completa a catalogación das seguintes seccións: 0 OBRAS XERAIS 1 FILOSOFÍA 2 RELIXIÓN BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.62
3 CIENCIAS SOCIAIS 4 PRODUCCIÓN PROPIA 5 CIENCIAS EXACTAS Y NATURAIS 8 LINGÜÍSTICA. LITERATURA o
Están bastante avanzadas as de: 6 CIENCIAS APLICADAS 7 ARTE. MÚSICA. DEPORTES. ESPECTÁCULOS 9 XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS
o
E falta moito por facer nos FONDOS UBICADOS NOS DEPARTAMENTOS
3.
A este ritmo, pódese calcular que necesitaremos aínda un ano para acabar de catalogar todos os fondos da biblioteca, e outro para os dos departamentos.
2. PRÉSTAMO 2.1. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR CURSO ACADÉMICO
Hai que ter en conta que nos cursos 10-11 e 11-12 contabilízase o préstamo do mes de xullo para o verán, o cal non ocorre co curso actual.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.63
préstamos
% incremento
01/09/2009 a 31/08/2010
0
01/09/2010 a 31/08/2011
290
01/09/2011 a 31/08/2012
611
10,69
01/09/2012 a 31/05/2013
1010
65,3
01/09/2013 a 31/05/2014
1013
0
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.64
2.2. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR MATERIA (comparativa curso 12-13/ curso 13-14)
Os datos son necesariamente aproximados, porque hai moitos fondos que están catalogados en varias materias ao mesmo tempo. Solo se recollen as materias máis frecuentes ou significativas.
materia
nº.prestamos
nº.prestamos
c.12-13
c.13-14
1. lit. juvenil en español
214
201
2. lit. en español
123
139
3. lit. xuvenil en galego
177
116
50
88
102
80
6. lit. en inglés
93
55
7. lit. traducida al español
55
53
4. lit. en galego 5. cómic
8. filosofía 9. francés
21 10
23
10. CD. DVD. Vídeos
8
5
11. Ciencia
6
4
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.65
2.3. USUARIOS DO SERVIZO DE PRร STAMO (de 01/09/13 a 31/05/14) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de prรฉstamo por grupos e niveis en relaciรณn co total de alumnos de cada grupo e nivel
Grupo
total alumn.
usuarios
% usuarios
1ยบ eso-A
29
17
58,62
1ยบ eso-B
30
13
43,33
1ยบ eso-C
29
19
65,52
1ยบ ESO
88
49
55,68
2ยบ eso-A
21
11
52,38
2ยบ eso-B
18
10
55,56
2ยบ eso-C
23
17
73,91
2ยบ ESO
62
38
61,29
3ยบ eso-A
23
3
13,04
3ยบ eso-B
22
12
54,55
3ยบ eso-C
18
9
50,00
3ยบ ESO
63
24
38,10
4ยบ eso-A
29
21
72,41
4ยบ eso-B
18
11
61,11
4ยบ eso-C
9
8
88,89
56
40
71,43
4ยบ ESO
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.66
ESO
269
151
56,13
1º bac-A
27
10
37,04
1º bac-B
28
7
25,00
1º bac-C
31
11
35,48
1º bac-D
15
5
33,33
1º BAC
101
33
32,67
2º bac-A
32
21
65,63
2º bac-B
30
10
33,33
2º bac-C
31
8
25,81
2º BACH
93
39
41,94
BACH
194
72
37,11
ESO+BACH
463
223
48,16
Alumnado ESO por grupos (porcentaxe de usuarios)
Alumnado BACHARELATO por grupos (porcentaxe de usuarios)
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.67
Alumnado ESO y BACHILLERATO por curso e nivel (porcentaxe de usuarios)
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.68
Porcetaxe usuarios/non usuarios do servizo de prĂŠstamo por curso y nivel
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.69
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.70
2.4. USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO (de 01/09/13 a 31/05/14) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total usuarios do préstamo
Grupo
usuarios
%
1º ESO
49
21,97
2º ESO
38
17,04
3º ESO
24
10,76
4º ESO
40
17,94
151
67,71
1º BAC
33
14,80
2º BACH
39
17,49
BACH
72
32,29
223
100,00
ESO
TOTAL ESO+BACH
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.71
2.5. USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO (COMPARATIVA) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveles en relación co total de alumnos de cada grupo e nivel. Curso 11-12: de 01/09/11 a 31/05/12 Curso 12-13: de 01/09/12 a 31/05/13 Curso 13-14: de 01/09/13 a 31/05/14
NIVEL
curso 11-12
curso 12-13
curso 13-14
variación
1º ESO
47,22
44,78
55,68
10,90
2º ESO
16,13
35,29
61,29
26,00
3º ESO
55,00
30,36
38,10
7,74
4º ESO
39,34
48,28
71,43
23,15
TOTAL ESO
39,61
39,76
56,13
16,37
1º BAC
22,62
28,97
32,67
3,70
2º BACH
28,24
30,12
41,94
11,82
TOTAL BACH
25,44
29,47
37,11
7,64
TOTAL ESO+BACH
33,96
35,31
48,16
12,85
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.72
2.6. CONCLUSIÓNS Houbo menos taballo de catalogación O préstamo mantense prácticamente igual (b) A porcentaxe de usuarios (en relación co total de alumnos) incrementouse (c)Parece que podemos interpretar que medrou o número de usuarios pero cada un levou menos documentos. (e) Aproximadamente dous de cada tres alumnos/as que utilizaron o préstamo neste curso pertencen á ESO; e solo un de cada tres, ao bacharelato (f) O cálculo de préstamo por materias é aproximado (dado que hai moitos documentos incluídos en varias materias), pero é evidente que a inmensa maioría do que se presta son libros de literatura (sobre todo, xuvenil) nas distintas linguas (sobre todo, castelá e galego). A sección de cómic, sen embargo, acada niveis de préstamo equiparables ou superiores aos de outras materias “literarias” BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.73
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS PROFESORES CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA Para que a contesten todos os profesores do centro no mes de novembro e outra vez no mes de xuño para poder observar, no seu caso, as diferenzas:
Vas cos teus alumnos á biblioteca
Si
Poucas veces
Non
Con frecuencia
Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro
Si
Moi pouco
Non
Bastante ben
Usas a páxina web da biblioteca Si
Moi pouco
Non
Con frecuencia
Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca
Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en ……. BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.74
Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca Si Non, nunca
Asegúraste de que recomendas aos teus alumnos lecturas que poidan atopar na biblioteca
Si, sempre Ás veces Non nunca
Esta pequena enquisa a principio de curso e ao final pode darnos mostra de certos cambios nos hábitos dos profesores con respecto á biblioteca. Agora temos os resultados da de principio de curso, falta a do final De paso, pode servir para que algúns deles reflexionen sobre a necesidade de coñecer mellor a biblioteca.
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS ALUMNOS CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA
Pasarase a todos os alumnos do centro no mes de novembro e outra vez no mes de maio para poder observar, no seu caso, as diferenzas:
Vas á biblioteca? Si Non Poucas veces Con frecuencia
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.75
Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro? Si
Moi pouco
Non
Bastante ben
Coñeces a páxina web da biblioteca? Si Non Moi pouco Bastante ben
Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca? Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en …….
Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca? Si Non, nunca
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.76
PREVISIÓNS DE FUTURO 1.
En relación coa organización e xestión o
Ampliación das horas de traballo na biblioteca. Ademais de esto, despois da visita do inspector neste curso, quedou claro que deberemos ter una hora de reunión semanal do equipo.
o
Compra de libros electrónicos para préstamo.
o
Habilitar wifi na sala para uso dos alumnos.
o
Elaboración de guías de lectura adaptadas aos distintos niveis.
o
Adquisición de documentais informativos e formativos, de escasa presencia aínda na biblioteca.
o
Revisión de subscricións periódicas da biblioteca para unha mellor adecuación ás necesidades do alumnado e o profesorado.
o
Abrir o préstamo aos pais e nais.
o
Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes.
2.
En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. o
É necesario publicitar máis os recursos (sobre todo para aqueles que non van nunca á biblioteca). Instalaremos unha pantalla na entrada con presentacions de promoción das novidades que van chegando.
o
Sistema de máis participación para compras
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.77
o
Levar todos os documentos de organización do centro (Reglamento de réximen interno, Programacións didácticas…) á biblioteca en soporte papel e en soporte informático.
o
Colaboración cos departamentos. É necesario aínda achegar a máis profesores á biblioteca para que eles leven aos seus alumnos en horas de clase. Cada ano queremos conseguir que alomenos un novo departamento teña una actividade en relación coa biblioteca (neste curso foron ciencias, plástica, física e filosofía).
o
Especial atención aos titores para que algunha das clases de titoría leven aos alumnos á biblioteca.
o
PROXECTO COMÚN: Aínda que xa o tiñamos como obxectivo o curso pasado e non foi posible lévalo a cabo, pensamos tentalo de novo para este curso. Trátase de propoñer un tema común de traballo interdisciplinar ao longo de todo o curso, para o que a biblioteca aporte os materiais, o espazo, a coordinación e o calendario. O tema podería estar relacionado co entorno (Marín) e ter fácil incardinación co currículo. A proposta dende a biblioteca podería ser : “A pesca”
o
BIBLIOTECA COMO CENTRO CULTURAL: Animar aos alumnos e profesores a expoñer os seus traballos, recursos multimedia, aínda que non sexan meramente académicos, na biblioteca.
o
Facer exposicións temáticas que permitan “airear” e difundir documentos en torno a un aspecto que atinxa a varios departamentos
o
Continuación do torneo de xadrez iniciado neste curso
o
Facer una promoción activa do libro/autor do mes.
o
SECCIÓNS BLOG: Continuar seccións do blog que animan á participación como a que leva a etiqueta de “Creación.” Continúa vixente o propósito de iniciar una sobre propostas de
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.78
lectura e outra sobre recopilación e dixitalización de documentos que conteñen a historia do Instituto que é xa moi longa (máis de 50 anos)
3.
En relación coa formación de usuarios e o acceso á información (educación document Sesións iniciais para o alumnado novo: 1º de ESO e 1º de Bacharelato co seguinte contenido: o
Aprendizaxe da búsqueda en biblioteca
o
Divulgación dos variados
o
Sesións de entrega de carnés e tríptico informativo.
o
Concursos sobre datos da páx. Web. da biblioteca: O biblioconcurso
o
Seguir na difusión dos repertorios de páxinas de internet con garantía xa
servizos da páx. web da biblioteca.
elaborados
polos departamentos en colaboración coa biblioteca e que poden verse no noso blog. o
Quedou pendente do curso pasado a elaboración dunha guía sinxela de criterios para buscar información fiable na rede.
4. En relación co fomento da lectura e do proxecto lector de centro. o
Mellorar o sistema de participación nas compras de modo que aínda sex amáis aberto aos desxos e as necesidades dos usuarios.
o
Introducción de libro electrónico
o
Inclusión dos pais e nais que o desexen no préstamo da biblioteca.
o
Concurso de vídeo ou fotografía sobre lecturas.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.79
o
E continuamos a insistir nas actividades que xa veñen de anos anteriores
o
Conmemoracións diversas: aniversarios de obras ou escritores, día da poesía, día dos dereitos humanos, mes do libro, as letras galegas….
o
Premios aos mellores lectores.
o
Exposicións e autopréstamo fóra da biblioteca.
o
Brevísimas presentacións de libros nas que colaboren profesores e alumnos.
o
Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento de orientación) nas salas de titoría para autopréstamo.
Outras actuacións: o
Mellora da accesibilidade. As obras levaránse a cabo ao final deste curso.
o
Como a biblioteca ten que ser tamén o núcleo da documentación sobre o propio centro, os seus documentos internos, a súa historia, os materiais elaborados no centro ...iniciaremos unha sección no blog con esta finalidade
o
Modificacións na pantalla de proxeccións. Mellora do sonido
o
Cambio de armarios despois das obras de mellora da accesibilidade
o
Apertura da wifi aos usuarios
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.80
PRODUCIĂ“N DE MATERIAIS
Moitos dos documentos producidos este curso pola biblioteca van mostrados nas imaxes desta memoria. A totalidade deles queda recollida no blog: http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.81