MEMORIA 2011-2012

Page 1

MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE BIBLIOTECA NO IES ILLA DE TAMBO.

CURSO 20112011-2

Encargada da Biblioteca:: Celia Sรกnchez Reboredo


GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS

Este foi un curso complicado no que respecta á carga de traballo do profesorado. Así que o tempo que o equipo da biblioteca puido adicar a tarefas de catalogación e dinamización diminuíu considerablemente (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 1). E é posible, dadas as perspectivas da situación económica e as súas consecuencias, que a situación non mellore o curso que ven.

Aínda así, facemos unha valoración positiva do traballo feito. Sobre todo sentímonos moi satisfeitos coa eficiencia conseguida pola organización do traballo. Dunha forma natural e voluntaria os diversos compoñentes do equipo de biblioteca vanse “especializando” en diferentes labores, como a xestión do préstamo (reserva de documento, recuperación de documentos non devoltos, colocación...), a catalogación, a decoración e mobiliario, as actividades de dinamización, o blog, a formación de usuarios. Tamén vemos moi positivamente a relación con moitos departamentos no que se refire á organización de actividades na biblioteca.

Pero, para ser concretos, pasamos a valorar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos para este curso nas “liñas prioritarias de actuación” que nos marcáramos o curso pasado. Farémolo, con realismo, e a través da seguinte táboa comparativa entre os obxectivos e o resultado:

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

1


OBXECTIVOS

Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes.

Finalización dos traballos de En relación

sinalización.

coa

RESULTADO

A catalogación continúa algo máis lenta na biblioteca. Aínda non dou tempo a pasar á catalogación dos documentos dos departamentos didácticos. Sen embargo, é xeral a aceptación da centralización do control na biblioteca. Remataremos nestes días cos últimos indicadores, dos subapartados, cun deseño do profesor de plástica. Facilitarán a autonomía dos usuarios.

organización e xestión

Estamos á espera dun novo Finalizar a reorganización de mobiliario para o posto de bibliotecario e de novas mesas de espazos. ordenadores, xa encargados. Aproveitaremos mellor o espacio dispoñible Xa temos unha norma sobre a reserva nos primeiros dez minutos reserva dun documento a través do tempo de préstamo Mellora nos mecanismos de

da páx. Meiga.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

2


En relación coa

O blog está activo, en constante

dinamización dos recursos

Creación dun blog.

actualización. actividades

da biblioteca. integración no

Nel

figuran

desenvolvidas

as pola

biblioteca

currículo e o http://bibliotecaiesilladetambo.blo

desenvolveme

gspot.com.es/

nto das competencias básicas do alumnado. Maior

publicidade

das O blog e os correos electrónicos

novidades entre o profesorado.

difunden as novidades entre o profesorado.

Sesións iniciais para o alumnado Fixemos recentemente incorporado.

formación

estas de

sesións

de

usuarios

con

En relación coa formación de usuarios e a educación

divulgación dos servizos da páx. Web da biblioteca. Con entrega de carnés e tríptico informativo.

documental

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

3


Concursos sobre datos da páx.

II edición do Biblioconcurso

Web. da biblioteca.

Elaboración de repertorios de

Cada departamento aportou unha

páxinas de internet con garantía. lista de direccións recomendadas con comentarios para guía dos traballos directorio

do por

alumnado.

Este

departamentos

figura tamén no blog

Criterios

para

información

fiable

elaborados

buscar

e

na

rede

divulgados

En

Deseñar un obxecto ( tarxeta,

relación co

pequena pizarra ou similar) en

fomento

que as recomendacións de lecturas

estean

sempre

Figura nos obxectivos do curso que ven.

pola biblioteca

da lectura

Non foi posible facelo este curso.

Non se chegou a facer.

na

e do

biblioteca e, ademais, circulen

proxecto

con facilidade por toda a

lector de

comunidade educativa.

centro.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

4


Fixéronse moitas na biblioteca: Celebracións

Halloween,

Dickens,

Dereitos

humanos, día do libro, Día das letras galegas, Día da poesía, semana dos libros de economía e emprendedores...

“Dedícame un libro” Actividades Presentación do blog http://bibliotecaiesilladetambo.blo gspot.com.es/ Exposición de fotografía....

Premios aos mellores lectores.

Entregaranse ao final do curso Tivemos sempre na entrada do

Exposicións e autopréstamo

instituto unha exposición de libros

fóra da biblioteca. atractivos para autopréstamo. Pero non foi unha iniciativa con éxito

Inclusión dos pais e nais que o desexen

no

préstamo

Non chegamos a facelo este curso.

da

biblioteca.

Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento

Temos algúns expostos nas salas

de orientación) nas salas de titoría para autopréstamo.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

de visitas.

5


Aínda que, así visto, pode parecer pouco traballo, nos estamos satisfeitos co traballo realizado. Non todas as actividades tiveron o mesmo seguimento, pero eso tamén é parte do noso aprendizaxe como dinamizadores. E, aínda que poda soar a desculpa ou xustificación, temos que dicir que o tempo do que dispuñamos para o traballo era significativamente menor co do curso pasado.

É cada vez máis sinalado o posto que a biblioteca ocupa como centro da actividade cultural e formativa do centro. Tamén resulta gratificante para os que traballamos nela, ver cómo vai aumentando o número de usuarios e de préstamos e, sobre todo, comprobar como xa a dinámica da centralización das compras de material bibliográfico e audiovisual a través da biblioteca está plenamente aceptada e mellora a eficiencia do gasto.

Todo o grupo de biblioteca e tamén, pensamos,

a comunidade escolar ve

como moi útil a existencia do blog que, polo de agora, é o único foro do IES na rede, posto que carecemos de páxina web. Esto fai que vaia sendo actualizado constantemente, a petición de diversos departamentos e persoas. Ten tamén enlaces cos blog de profesores do centro, o que subliña a súa posición de eixo da comunidade educativa. Así que, como dicíamos na memoria do curso pasado, a biblioteca segue a ser ese “oasis de modernidade” dun centro un tanto vetusto.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

6


HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA

A persoa encargada da biblioteca é unha profesora que da dezaseis horas de clase e ten titoría, así que no horario só lle figuran cinco (5) horas de biblioteca. Pero son moitas máis as dedicadas aos labores de xestión e de dinamización. Por sorte (ou quen sabe si por desgracia) hoxe é moito o que se pode facer dende casa gracias ás TIC. E o mesmo podo dicir dos compoñentes do equipo, varios deles dedican moitas máis das que figuran no seu horario. Estas son, en conxunto e amais das da encargada, 20 horas.

AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA, O FOMENTO DA LECTURA, A, E OUTRAS)

EQUIPAMENTO 1.

Equipo de son para acompañar ás proxeccións.

2.

Novas mesas e disposición de ordenadores. Mellora do posto do bibliotecario. Como no momento de facer a memoria estamos a espera de recibir os novos mobles, velaí o plano da nova disposición dos mesmos.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

7


XESTIÓN

Completar a nova sinalización: Neste aspecto sempre tivemos especial interese porque queremos unha biblioteca didáctica, que ensine aos nosos alumnos a moverse nas

bibliotecas do mundo. Os paneis das paredes teñen a misión de

familiarizar ao alumnado coa CDU e servir de guía na nosa biblioteca, sempre buscando a autonomía do usuario.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

8


Pero agora estamos esperando a chegada dos indicadores de subseccións, xa encargados, que guiarán con máis precisión ao usuario na biblioteca. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 2)

No que respecta á xestión, é necesario deixar constancia dunha modificación na sección 5 da CDU, á que nos vimos obrigados pola adquisición de moitos documentos de “divulgación científica”, antes apenas existentes.

Fíxose un enorme esforzo de catalogación, como se pode comprobar na nosa páxina web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca= PED081”

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

9


Deste gráfico

(DOCUMENTO ADXUNTO Nº 3) podemos sacar algunhas

conclusións valiosas: 1. A catalogación avanzou moito nestes tres anos, pero o ritmo ralentizouse no actual (aínda non rematado). A causa de esta diminución foi explicada no inicio desta memoria.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

10


2. Temos moitos fondos fichados con enlace web (aínda que case todos de lingua e literatura)

Hoxe están ao día xa a maioría das seccións e nas que non, están catalogados os documentos con máis posibilidade de uso.

A informatización do préstamo co programa Meiga contribuíu poderosamente a aumentar o préstamo. O alumnado está xa moi afeito aos novos usos. O programa permite levar ademais un rexistro de morosos, un servicio de reserva dende casa e facer estatísticas sobre lectores e lecturas de diversos tipos. Por eso podemos deixar constancia dalgúns datos significativos para o nosos traballo futuro e para a valoración do xa feito: 1. Tres de cada dez alumnos usaron o préstamo no último ano. 2. Case a metade dos profesores usaron tamén o servicio de préstamo. 3. A inmensa maioría dos fondos (case tres de cada catro) se prestan unha sola vez. 4. A porcentaxe de fondos extraviados é irrelevante.

DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Seguimos a facer uso das posibilidades da rede para optimizar o funcionamento do equipo de biblioteca sen recorrer a reunións longas fora de horario.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

11


Comunicamos entre os membros do equipo da biblioteca todas as novidades diarias na xestión ( listas de morosos na devolución de libros, cambios nas normas que non funcionan ben, reservas de libros, acordos de catalogación, dúbidas variadas) mediante un grupo na rede: “Grupo bitmarín”. É un importante pulo de axilización no desenrolo das actividades da biblioteca.

A maior e máis importante novidade foi a creación do blog da biblioteca:

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/

A biblioteca ten que estar presenten a vida do centro, ten que facerse notar. Por eso, fixemos avisos aos correos dos profesores de noticias interesantes no entorno da biblioteca. Cada pouco tempo facémoslles chegar un novo enlace coas novas do blog.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

12


FORMACIÓN DE USUARIOS

Fixemos, como outros cursos, da distribución dos carnés de biblioteca a toda a comunidade un evento sinalado no instituto.

Xa é costume que no primeiro trimestre do curso, os profesores do equipo de biblioteca leven a cabo sesións informativas sobre o funcionamento da biblioteca centrado nos seguintes apartados: 1. A CDU nesta e noutras bibliotecas. 2. Como atopar un documento na sala 3. Buscas na páxina web 4. Utilidades da páxina web

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

13


Fixemos un horario, coincidindo con titorías da ESO e con clases diversas en Bacharelato para que a cada curso lle correspondese, alomenos, unha sesión de visita informativa á biblioteca. Para acompañar á explicación é para usar con todo o alumnado novo en anos vindeiros, o equipo de biblioteca deseñou un tríptico informativo sobre a disposición da biblioteca e as buscas na páxina web de Meiga. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 4: TRÍPTICO)

Nesta visita a cada alumno entregábaselle o tríptico informativo sobre a biblioteca.

As comunicacións ao claustro de profesores das novas da biblioteca teñen un resultado moi notable: o aumento do préstamo a profesores. É un pequeno paso que, sen embargo, nos parece decisivo, porque o coñecemento dos

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

14


fondos da biblioteca por parte do profesorado é imprescindible para achegar a biblioteca ao resto da comunidade escolar.

A difusión do uso da páxina Meiga de fondos da biblioteca segue a ser para nos unha prioridade. Os alumnos, ao chegaren á biblioteca pregúntanlle ao profesor encargado máis que buscar nó ordenador. Como nos parece unha pena que os usuarios non se beneficien dos medios ao seu alcance para consultar dende casa e para ser máis autónomos na busca de información, o curso pasado ideamos un concurso de preguntas que só se podían responder consultando a páxina web. Neste

curso fixemos

a

II edición do Biblioconcurso

(DOCUMENTO ADXUNTO Nº 5). Aproveitamos o cartel sobre o día da poesía (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 6) para facer as preguntas e relacionalas coa busca na páxina web.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

15


EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN

Neste curso solicitamos a colaboración dos departamentos para facer unha selección de direccións de Internet que nos, desde a biblioteca podamos aconsellar ao alumnado para os seus traballos. Este directorio feito polos profesores do centro témolo recollido no noso blog. As direccións enviadas polos departamentos tamén están nos marcadores ou favoritos dos ordenadores da biblioteca.

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/search/label/DIRECCIONES% 20DE%20INTER%C3%89S E tamén fixemos un cartel anunciador, sempre na idea de difundir os avances da biblioteca. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 7)

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

16


O 50% dos estudiantes de secundaria entrevistados por Rutgers Univesity sinalaron que non vían nada censurable en copiar os seus traballos de Internet. O 90% dos estudiantes creen que quen plaxia nunca é atrapado ou amoestado. Debido a esto, a biblioteca recomendou aos compañeiros profesores algunhas ferramentas de uso libre, que axudan a detectar os traballos plaxiados: (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 8 )

FOMENTO DA LECTURA

Con este vistoso cartel (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 9), en outubro anunciábamos unha actividade que resultou moi exitosa pola grande participación que acadou. Calquera (profesor, alumno, persoal non docente) podía dedicar un libro a calquera persoa: un estudiante, un grupo, un profesor ...

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

17


...escrita nunha tarxeta-gancho que foi colgada na biblioteca por uns días ata a entrega de premios. Houbo premios variados (para o mellor escrito, o máis simpático para ...) (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 10)

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

18


Como xa dixemos, temos un empeño especial na difusión de novidades da biblioteca. Unha das iniciativas “propagandísticas” foi a de proxectar durante os recreos breves presentacións audiovisuais, a modo de spots publicitarios, sobre as máis recentes novidades da biblioteca ou sobre algún libro relacionado con acontecementos culturais sinalados. Así, os profesores de biblioteca fixeron interesantes presentacións sobre PyonYang (cómic sobre Corea do Norte) que se proxectou durante os días seguintes á morte do dictador; sobre Dickens, sobre a poesía española, sobre Orgullo y prejuicio DE Jane Austen, sobre Me gusta el fútbol (cómic), ... Todos pódense ver na páxina de suxestións do noso blog:

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/p/lingua-galega.html

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

19


A biblioteca é tamén vía de contacto co mundo, por eso queremos facernos eco das conmemoracións e festas culturais (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 11). De paso, aproveitamos cada unha para facer publicidade do noso material relativo a elas:

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

20


Para o Nadal a biblioteca fixo unhas recomendacións de lectura por cursos: unha para bacharelato,outra para o segundo ciclo da ESO e outra para o primeiro ciclo. Foron os titores os encargados de repartilas en cada curso.

(DOCUMENTOS

ADXUNTOS Nº 12,13)

En xaneiro, en coincidencia co día dos dereitos humanos, fixemos unha exposición fotográfica sobre Marrocos e Perú dun cooperante nunha ONG, que é profesor provisional no centro.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

21


Ademais presentamos unha colecci贸n de carteis sobre dereitos humanos e proxect谩bamos nos recreos unha presentaci贸n sobre os mesmos.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

22


E, como sempre que hai exposicións, unha mesa de material da biblioteca de todo tipo (películas, cómic, libros en distintas linguas...) en relación co tema.

Tamén dimos rápida nova de importantes acontecementos culturais, como a conmemoración do bicentenario Dickens (ADXUNTO Nº 14).

O departamento de inglés colaborou coa biblioteca na elaboración dunha presentación en inglés sobre o autor. Por suposto, coma sempre facemos, expuxemos o noso material en relación co autor inglés.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

23


Tam茅n celebramos o Entroido cunha exposici贸n de carteis de Entroidos e Carnavais de todo o mundo, solicitados previamente aos concellos correspondentes.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

24


E, como xa ven sendo habitual, para achegar á biblioteca aos que non veñen nunca, facemos unha proxección coas fotografías da festa do Entroido do instituto (ADXUNTO Nº 15)

A escritora Nuria Pradas, no mes de Marzo veu falar cos lectores de primeiro da ESO e firmou exemplares do seu libro na biblioteca, en colaboración co departamento de Lingua Castelá

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

25


No día da poesía tamén fixemos exposición de libros de poesía, proxección da presentación sobre os poetas españois que figura no noso blog nos recreos de toda esa semana. De paso, como xa dixemos, fomos presentando a Segunda edición do Biblioconcurso, que este ano versaría sobre este cartel de rostros sen nome. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 6)

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

26


O VENRES DÍA 1 DE Xuño, o director entregou os premios aos gañadores na biblioteca.

Na biblioteca expuxéronse os carteis sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade. E o conferenciante que veu dar unha charla sobre a biografía e a obra do escritor, Xan Carballa, tamén pasou pola biblioteca para firmar os exemplares do seu libro.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

27


Vai medrando o número de profesores que optan por dar as súas clases na biblioteca. É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.

En colaboración co Departamento de Orientación estamos iniciando un camiño de achegamento da biblioteca aos pais. Con esta finalidade fixemos unha primeira actuación que consistiu en deixar nas salas de recepción de pais libros onde se tratan algúns dos problemas mais comúns da convivencia cos adolescentes e que poden ser de utilidade para nais e pais. De novo puxemos un cartel animando ao autopréstamo.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

28


Coma todos os Maios, unha promoción de alumnos e alumnas remata os seus estudios no centro. Tres deles accederon a deixarnos un regalo: tres estupendos relatos, cos que iniciamos a sección de CREACIÓN do blog, aberta desde agora a todos e todas os que queiran participar.

Por último, aínda estamos desenvolvendo actividades das que non temos constancia gráfica en colaboración con Normalización Lingüística,

co

departamento de Lingua castelá e co de Educación Plástica.

Na última semana do curso, a biblioteca concederá premios aos mellores lectores.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

29


GRAO

DE

IMPLICACIÓN

DO

CENTRO

E

DA

COMUNIDADE EDUCATIVA,

Como xa dicíamos na memoria do ano anterior, o IES Illa de Tambo está formado por profesores en xeral pouco dados a cambios, son embargo valora moi positivamente os avances que se ven na biblioteca e quere, cada vez máis, contribuír a eles. Foi todo un fito a publicación do blog da biblioteca que, como xa dixemos, é o único foro común do centro e está espertando moita participación no alumnado e nos departamentos.Significativa é a inclusión de enlaces cos blogs de profesores e materiais de algúns departamentos, co que esperamos convertelo nunha ferramenta útil para os traballos do alumnado e a preparación das súas materias.

Temos que reseñar a participación do departamento de plástica , a colaboración con Normalización e a colaboración habitual dalgúns profesores non pertencentes ao equipo da biblioteca (inglés, matemáticas). O claustro felicitou polo seu traballo repetidamente ao equipo de biblioteca, como figura nas actas correspondente. Cada vez máis profesores veñen impartir as súas clases á biblioteca. Así ocorre con algúns profesores de

Matemáticas, Economía, Ciencias (máis reseñables por ser menos

habituais ate agora). É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.

Tamén estamos presentes no Consello Escolar e na CCP onde sempre facemos algunha alusión ás novidades da biblioteca.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

30


GRAO

DE

BIBLIOTECA

INTEGRACIÓN NOS

DOS

PROCESOS

DE

RECURSOS ENSINANZA

DA E

APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO

A biblioteca ten a aspiración de facerse imprescindible para o desenvolvemento dos programas de todas as materias pero é difícil que os hábitos cambien bruscamente. Tradicionalmente a biblioteca víase máis asociada ás asignaturas de “letras”. E nestas materias non é xa necesario subliñar a cada vez máis forte e estreita relación coa biblioteca na súa práctica cotián. Pero o equipo da biblioteca ten moi claro que pode facilitar e apoiar igualmente o traballo educativo nas disciplinas científicas ou técnicas, así que xa dende o curso pasado propuxémonos mercar novo material informativo e de lecer (cómic, divulgación, xogos) relacionado con ese mundo. Aínda que os achegamentos por parte de algúns departamentos aínda son escasos, non caemos no noso empeño.

Pero non solo é necesario mercar novo material impreso. Hoxe o alumnado busca a información na rede, e nos constatamos que nas súas buscas carecen moitas veces de criterio para discernir a validez ou a fiabilidade da información á que acceden. Démonos conta tamén de que nin sequera saben buscar en profundidade a mellor información que poden obter gratuitamente en internet. Por iso fixemos este curso un directorio por departamentos (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 16) que desexamos continuar no curso que ven cunha sinxela guía de busca.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

31


A idea de propoñer dende a biblioteca un proxecto interdisciplinar non se materializou este ano, pero queremos insistir nela o curso que ven para que faga da biblioteca o verdadeiro centro da comunidade escolar. Desta maneira tamén potenciamos o achegamento da biblioteca ao currículo das materias aparentemente alonxadas de ela.

Este ano fíxose esforzo en cubrir, dende a biblioteca, as necesidades dos alumnos do Programa de Diversificación Curricular, que ademais participaron moi activamente, coa súa titora nalgunhas das actividades promovidas pola biblioteca: as dedicatorias, o biblioconcurso....

Aínda que non quero pecar de optimista e que sei que –como xa dixen- as formas de ensino non cambian dun día para outro, a biblioteca xa está presente como posibilidade educativa para moitos profesores e departamentos. Neste curso aumentamos o uso da biblioteca en relación coas titorías da Eso, o Programa de Diversificación Curricular, Educación plástica, Tecnoloxía e Economía.

AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA

ESCOLAR

NAS

QUE

PARTICIPOU

O

PROFESORADO

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012 en Santiago os días 19 e 20de abril.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

32


A AVALIACIÓN REALIZADA

DATOS ESTATÍSTICOS

Xa mostramos antes unha gráfica sobre o uso de préstamo e a catalogación, da que extraíamos algunhas conclusións (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 3). Completamos agora os datos de distribución de préstamo por cursos e outros.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

33


MOVIMIENTOS DE FONDOS BIBLIOGRÁFICOS (de 01/09/2011 a 31/05/2012) promedio de movimientos por usuario grupo 1º eso-A 1º eso-B 1º eso-C 2º eso-A 2º eso-B 2º eso-C 3º eso-A 3º eso-B 3º eso-C 4º eso-A 4º eso-B 4º eso-C TOTAL ESO 1º bac-A 1º bac-B 1º bac-C 1º bac-D 2º bac-A 2º bac-B 2º bac-C TOTAL BACH TOTAL ESO+BACH PROFESORADO

usuarios 11 15 8 4 2 4 5 11 17 10 5 9 101 6 3 3 7 8 10 6 43 144

movimientos 28 42 47 7 4 16 19 37 38 56 14 53 361 22 3 5 18 14 25 20 107 468

promedio 2,55 2,80 5,88 1,75 2,00 4,00 3,80 3,36 2,24 5,60 2,80 5,89 3,57 3,67 1,00 1,67 2,57 1,75 2,50 3,33 2,49 3,25

20

88

4,40

MOVIMIENTOS DE FONDOS BIBLIOGRÁFICOS (de 01/09/2011 a 31/05/2012) número de préstamos por fondo bibliográfico prestado 8 veces 7 veces 5 veces 4 veces

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

fondos 1 2 3 9

% 0,20 0,40 0,60 1,81

34


3 veces 2 veces 1 vez TOTAL

37 91 354 497

7,44 18,31 71,23 100,00

USUARIOS DA BIBLIOTECA de 01/09/2011 a 31/05/2012

Grupo 1º eso-A 1º eso-B 1º eso-C TOTAL 1º ESO 2º eso-A 2º eso-B 2º eso-C TOTAL 2º ESO 3º eso-A 3º eso-B 3º eso-C TOTAL 3º ESO 4º eso-A 4º eso-B 4º eso-C TOTAL 4º ESO TOTAL ESO

total alumn. 25 20 27 72 18 22 22 62 20 20 20 60 25 27 9 61 255

usuarios 11 15 8 34 4 2 4 10 5 11 17 33 10 5 9 24 101

% 44,00 75,00 29,63 47,22 22,22 9,09 18,18 16,13 25,00 55,00 85,00 55,00 40,00 18,52 100,00 39,34 39,61

1º bac-A 1º bac-B 1º bac-C 1º bac-D TOTAL 1º BACH 2º bac-A 2º bac-B 2º bac-C TOTAL 2º BACH TOTAL BACH

20 21 28 15 84 31 28 26 85 169

6 3 3 7 19 8 10 6 24 43

30,00 14,29 10,71 46,67 22,62 25,81 35,71 23,08 28,24 25,44

TOTAL ESO+BACH

424

144

33,96

total prof. 47

usuarios

%

PROFESORADO

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

35


Como a avaliación do traballo do equipo da biblioteca non debe facela só o propio equipo , dado o evidente perigo de parcialidade, baseamos a avaliación en

tres

diferentes indicadores obxectivos:

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS PROFESORES CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA

Para que a contesten todos os profesores do centro no mes de novembro e outra vez no mes de xuño para poder observar, no seu caso, as diferenzas:

Vas cos teus alumnos á biblioteca Si Non

Poucas veces Con frecuencia

Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro Si Non

Moi pouco Bastante ben

Usas a páxina web da biblioteca Si Non

Moi pouco Con frecuencia

Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en ……. Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca Si Non, nunca

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

36


Asegúraste de que recomendas aos teus alumnos lecturas que poidan atopar na biblioteca Si, sempre Ás veces Non nunca Esta pequena enquisa a principio de curso e ao final pode darnos mostra de certos cambios nos hábitos dos profesores con respecto á biblioteca. Agora temos os resultados da de principio de curso, falta a do final De paso, pode servir para que algúns deles reflexionen sobre a necesidade de coñecer mellor a biblioteca.

ENQUISA SOBRE

HÁBITOS DOS ALUMNOS CON REFERENCIA Á

BIBLIOTECA Pasarase a todos os alumnos do centro no mes de novembro e outra vez no mes de maio para poder observar, no seu caso, as diferenzas: Vas á biblioteca? Si Non

Poucas veces Con frecuencia

Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro? Si Moi pouco Non Bastante ben Coñeces a páxina web da biblioteca? Si Non Moi pouco Bastante ben Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca? Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en ……. Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca? Si Non, nunca

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

37


PREVISIÓNS DE FUTURO

1. En relación coa organización e xestión 1.1. Adquisición de documentais informativos e formativos, de escasa presencia aínda na biblioteca. 1.2. Revisión de subscripcións periódicas da biblioteca para unha mellor adecuación ás necesidades do alumnado. 1.3. Elaboración de guías de lectura adaptadas aos distintos niveis.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

38


1.4. Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes. 1.5. Aumento de horario de apertura e uso da biblioteca. É necesario aínda achegar a máis profesores á biblioteca para que eles leven aos seus alumnos en horas de clase.

2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.

2.1.

Tratar de incluir aos departamentos didácticos na organización das actividades de dinamización da biblioteca.

2.2.

Propoñer un tema común de traballo interdisciplinar ao longo de todo o curso, para o que a biblioteca aporte os materiais, o espazo, a coordinación e o calendario. O tema podería estar relacionado co entorno (Marín) e ter fácil incardinación co currículo. A proposta dende a biblioteca podería ser : “A pesca”

2.3.

Elaboración de boletíns periódicos coas novidades na biblioteca e os libros favoritos de profesores, alumnos…

2.4.

Colocar un taboleiro de anuncios para que calquera membro da comunidade escolar faga a súa proposta de intercambio de material, solicitude, etc.

2.5.

Animar aos alumnos e profesores a exponer as súas exposicións, traballos,

recursos multimedia,

aínda que non sexan meramente

académicos. 2.6.

Facer una promoción activa do libro/autor do mes.

2.7.

Informar da actualidade cultural da cidade de Marín na Biblioteca: abrir o Instituto a realidade social do pobo.

3. En relación coa formación de usuarios e o acceso á información (educación documental) 3.1.

Sesións iniciais para o alumnado novo: primeiro de ESO e 1º de Bacharelato

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

39


3.2. 3.3.

Divulgación dos variados

servizos da páx. web da biblioteca.

Sesións de entrega de carnés e tríptico informativo.

Concursos sobre datos da páx. Web. da biblioteca. Difusión dos repertorios de páxinas de internet con garantía

xa

elaborados polos departamentos en colaboración coa biblioteca e que poden verse no noso blog. 3.4.

Elaboración dunha guía sinxela de criterios para buscar información fiable na rede.

4. En relación co fomento da lectura e do proxecto lector de centro. 4.1.

Brevísimas presentacións de libros

nas que colaboren profesores e

alumnos. 4.2.

Premios aos mellores lectores.

4.3.

Exposicións e autopréstamo fóra da biblioteca.

4.4.

Inclusión dos pais e nais que o desexen no préstamo da biblioteca.

4.5.

Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento de orientación) nas salas de titoría para autopréstamo.

5. Outras actuacións: 5.1.

Mellora da accesibilidade.

5.2.

Modificacións na iluminación.

6. Outras actuacións: 6.1.

Mellora da accesibilidade.

6.2.

Modificacións na iluminación.

6.3.

Unificación de armarios.

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

40


A PRODUCIÓN DE MATERIAIS Adxunto os documentos seguintes xa explicados anteriormente nesta memoria: Documento adxunto nº 1: Estatísticas (formato electrónico) Documento adxunto nº 2: Indicadores subapartados (formato electrónico) Documento adxunto nº 3: Catalogación curso 2011-2012 (formato electrónico) Documento adxunto nº 4: Tríptico informativo (formato papel y electrónico) Documento adxunto nº 5: II Biblioconcurso ( papel y electrónico) Documento adxunto nº6: Cartel Poesía ( soporte electrónico) Documento adxunto nº7: Cartel Navega por internet (soporte electrónico) Documento adxunto nº 8: Recomendacións aos profesores para evitar o plaxio (soporte papel) Documento adxunto nº 9: Cartel Dedícame un libro (soporte electrónico) Documento adxunto nº 11: Cartel Sen medo a ler (soporte electrónico) Documento adxunto nº 12: Recomendacións (formato papel y electrónico) Documento adxunto nº 13: Recomendacións (formato papel y electrónico) Documento adxunto nº 14: Cartel Dickens (soporte electrónico) Documento adxunto nº 15: Cartel fotos Entroido (soporte electrónico) Documento adxunto nº 16: Directorio direccións por departamentos (soporte electrónico)

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)

41


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.