MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE BIBLIOTECA NO IES
ILLA DE TAMBO.
CURSO 2012 2012-3
Encargada da Biblioteca:: Celia Sรกnchez Reboredo
1
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS
O cambio máis profundo no que respecta á nosa biblioteca é o que se refire ao posto que a biblioteca vai ocupando na actividade cultural e formativa do centro. Moitas veces, ao principio desta andadura como equipo de biblioteca, quixemos ser os iniciadores de actividades varias nas que, as veces, non chegamos aos resultados apetecidos. Pero neste ano démonos conta de que moitas veces só temos que “estar dispostos a ver e escoitar” as iniciativas dos departamentos e do alumnado para seren a súa máis importante ferramenta para facelas medrar.
Sobre todo, comprobamos como xa a dinámica da centralización das compras de material bibliográfico e audiovisual a través da biblioteca está plenamente aceptada e mellora a eficiencia do gasto. Esto é especialmente relevante nestes tempos de aforro e nun instituto no que a “filosofía” das compras de libros e outros materiais estaba dividida por departamentos e se levaba a cabo con criterios moi diferentes e non sempre pedagóxicos. Tamén resulta gratificante para os que traballamos nela, ver como segue a aumentar o número de usuarios e de préstamos.
Este foi un curso complicado no que respecta á carga de traballo do profesorado. Os profesores do equipo de biblioteca dispuñan de moi poucas horas sen clase no seu horario (como se verá no apartado correspondente), así que o tempo que o equipo puido adicar a tarefas de catalogación e dinamización diminuíu considerablemente (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 1). Algúns dos obxectivos más ambiciosos, polo tanto, quedaron
2
incumpridos. E é posible, dadas as perspectivas da situación económica e política, que a situación non mellore o curso que ven.
Aínda así, facemos unha valoración positiva do traballo feito. Sobre todo sentímonos moi satisfeitos coa eficiencia conseguida pola organización do traballo.
Dunha forma natural e voluntaria os diversos compoñentes do equipo de biblioteca vanse “especializando” en diferentes labores, como a xestión do préstamo (reserva de documento, recuperación de documentos non devoltos, colocación...), a catalogación, a decoración e mobiliario, as actividades de dinamización, o blog, a formación de usuarios. Tamén vemos moi positivamente a relación con moitos departamentos no que se refire á organización de actividades na biblioteca. Temos moito interese en achegar á biblioteca aos profesores menos coñecedores dela, como primeiro paso para o fomento do uso entre o seu alumnado.
Pero, para ser concretos, pasamos a valorar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos para este curso nas “liñas prioritarias de actuación” que nos marcáramos o curso pasado. Farémolo, con realismo, e a través da seguinte táboa comparativa entre os obxectivos e o resultado:
3
OBXECTIVOS
Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes.
Finalización dos traballos de En relación
sinalización.
coa
RESULTADO
A catalogación continúa algo máis lenta na biblioteca. Aínda non dou tempo a pasar á catalogación dos documentos dos departamentos didácticos. Sen embargo, é xeral a aceptación da centralización do control na biblioteca. Rematamos neste curso os indicadores dos subapartados, cun deseño do profesor de plástica. Facilitarán a autonomía dos usuarios.
organización e xestión
O novo mobiliario para o posto de Finalizar a reorganización de bibliotecario e cas novas mesas de ordenadores aproveitamos mellor espazos. o espacio dispoñible
Xa temos unha norma sobre a reserva nos primeiros dez minutos reserva dun documento a través do tempo de préstamo. Mellora nos mecanismos de
da páx. Meiga.
Evitar perdas de documentos.
Organización sistematizada do seguimento da devolución de documentos.1
1
Temos observado que o pase periódico polas clases dos profesores de biblioteca para esta tarefa contribúe á visibilización da biblioteca
4
Aumento de horario de apertura Imposible neste curso co recorte horario. e uso da biblioteca.
En relación coa
O blog está activo, en constante
dinamización dos recursos
Mantemento do blog actualizado
actualización. actividades
da biblioteca. integración no
Nel
figuran
desenvolvidas
as pola
biblioteca
currículo e o http://bibliotecaiesilladetambo.blo
desenvolveme
gspot.com.es/
nto das competencias básicas do alumnado. Maior
publicidade
das O blog e os correos electrónicos
novidades entre o profesorado.
difunden as novidades entre o profesorado.
Propoñer un tema común de O “problemático” inicio de curso traballo interdisciplinar ao longo co aumento de alumnado por aula En relación coa formación de usuarios e
de todo o curso: “A pesca”
e de horas de traballo impediuno totalmente.
a educación documental
5
Sesións iniciais para o alumnado Fixemos recentemente incorporado.
estas
formación
de
sesións
de
usuarios
cos
alumnos de 1º de ESO e cos de 1º de Bacharelato (o noso centro recibe moito alumnado novo neste curso)
con
servizos
divulgación
da
páx.
Web
dos da
biblioteca. Con entrega de carnés e tríptico informativo.
Sesións
de
presentación
da
Neste caso as sesións so fan unha
biblioteca para o alumnado dos centros de primaria adscritos ao noso IES
alusión á CDU e á disposición da biblioteca. É máis ben unha presentación
máis
lúdica
e
atractiva
Elaboración de repertorios de
Cada departamento aportou unha
páxinas de internet con garantía. lista de direccións recomendadas con comentarios para guía dos traballos directorio
do por
alumnado.
Este
departamentos
figura tamén no blog
6
Criterios
para
información
fiable
elaborados
e
buscar na
Non foi posible facelo este curso.
rede
divulgados pola biblioteca
Deseñar un obxecto ( tarxeta,
Figura nos obxectivos do curso que ven.
Non se chegou a facer.
pequena pizarra ou similar) en que as recomendacións de lecturas
estean
sempre
na
En
biblioteca e, ademais, circulen
relación co
con facilidade por toda a
fomento
comunidade educativa.
da lectura e do proxecto lector de
Fixéronse moitas na biblioteca: Celebracións
centro.
Halloween,
Beatles,
Dereitos
humanos, Día das letras galegas, Día do libro Premio
Santillana
á
nosa
biblioteca O legado de Celso Emilio Ferreiro O teatro e a biblioteca Actividades Escritores na biblioteca: Ángel de la Cruz, ... Exposición citas literarias. Premios
ás
mellores
citas
literarias. 7
Exposición de materiais sobre Roberto Vidal Bolaño. Na sección de “Creación” do blog publícanse traballos do alumnado que destacan pola súa calidade Exposición de obxectos antigos e curiosos
na
biblioteca
–en
preparaciónFeira de libros usados na Alameda de Marín o 30 de xuño (actividade conxunta dos centros de Marín) http://bibliotecaiesilladetambo.blo gspot.com.es/
Premios aos mellores lectores.
Entregaranse ao final do curso Insistimos na entrada do instituto
Exposicións e autopréstamo
cunha
exposición
de
libros
fóra da biblioteca. atractivos para autopréstamo. Pero non foi unha iniciativa con éxito
Inclusión dos pais e nais que o desexen
no
préstamo
Non chegamos a facelo este curso.
da
biblioteca.
8
Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento
Temos algúns expostos nas salas
de orientación) nas salas de titoría para autopréstamo.
Elaboración de guías de
de visitas.
Documento adxunto
lectura adaptadas aos distintos niveis.
Aínda que, así visto, pode parecer pouco traballo, nos estamos satisfeitos co traballo realizado. Non todas as actividades tiveron o mesmo seguimento, pero eso tamén é parte do noso aprendizaxe como dinamizadores. E, aínda que poda soar a desculpa ou xustificación, temos que dicir que o tempo do que dispuñamos para o traballo era significativamente menor co do curso pasado.
Todo o grupo de biblioteca e tamén –pensamos- a comunidade escolar ve como moi útil a existencia do blog. Vai sendo actualizado constantemente, a petición de diversos departamentos e persoas. Ten tamén enlaces cos blog de profesores do centro, o que subliña a súa posición de eixo da comunidade educativa. Así que, como dicíamos na memoria do curso pasado, a biblioteca segue a ser ese “oasis de modernidade” dun centro un tanto vetusto.
9
HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA
Non son en absoluto suficientes as horas “oficiais” de dedicación á biblioteca por parte do equipo. A persoa encargada da biblioteca é unha profesora que da dezaseis horas de clase e ten titoría, así que no horario só lle figuran cinco (5) horas de biblioteca. Pero son moitas máis as dedicadas aos labores de xestión e de dinamización. Por sorte (ou quen sabe si por desgracia) hoxe é moito o que se pode facer dende casa gracias ás TIC. E o mesmo podo dicir dos compoñentes do equipo, varios deles dedican moitas máis das que figuran no seu horario. Estas son, en total, 19 horas. Delas, sete (7) corresponden aos recreos. Así que para labores de dinamización e xestión só figuran 12 (aínda que –repito- a boa disposición do equipo as converte en moitas máis). A dirección do centro dinos que é a Inspección educativa a que lle impide aumentar o número de horas de dedicación á biblioteca, dadas as necesidades xerais do centro. Non é lugar este para discutilo ou rebatelo pero é doade decatarse que a persistencia desta situación pode acabar botando ó chan o traballo de anos e o entusiasmo de moitos.
AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA, O FOMENTO DA LECTURA, A, E OUTRAS)
10
EQUIPAMENTO
1.
Mellora do posto do bibliotecario.
Nova disposici贸n o que implicou obras de
eliminaci贸n dun antigo mostrador que separaba ao bibliotecario (co que eso sup贸n de distanciamento noutros sentidos) e que ocupaba moito espacio.
11
2.
Novas mesas dos ordenadores para o alumnado no sitio que deixou libre o antigo mostrador. Inclusi贸n de cascos para o uso individual.
12
3.
Novo expositor de novidades.
XESTIÓN
Temos completada a sinalización. Neste aspecto sempre
tivemos
especial interese porque queremos unha biblioteca didáctica, que ensine aos nosos alumnos a moverse nas bibliotecas do mundo. Os paneis das paredes teñen a misión de familiarizar ao alumnado coa CDU e servir de guía na nosa biblioteca, sempre buscando a autonomía do usuario.
13
•
Pero agora temos indicadores de subseccións deseñados polo profesor de plástica que guían con máis precisión ao usuario na biblioteca. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 2)
•
No que respecta á xestión, é necesario deixar constancia dunha modificación na sección 5 da CDU, á que nos vimos obrigados pola adquisición
de moitos
documentos de “divulgación científica”, antes apenas existentes.
•
A informatización do préstamo co programa Meiga contribuíu poderosamente a aumentar o préstamo. O alumnado está xa moi afeito aos novos usos. O programa permite levar ademais un rexistro de morosos, un servicio de reserva dende casa e facer estatísticas sobre lectores e lecturas de diversos tipos.
14
•
Segue a facerse un grande esforzo de catalogación, como se pode comprobar na nosa páxina web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PE D081”
1.1. ESTATÍSTICAS SOBRE FONDOS CATALOGADOS A 31/05/13 Fondos catalogados Fondos catalogados con enlace web
7140 1708
23,92 %
1.2. FONDOS CATALOGADOS (HISTÓRICO) catalogados
01/09/2009 a 31/08/2010 O01/09/2010 a 31/08/2011 01/09/2011 a 31/08/2012 01/09/2012 a 31/05/2013 TOTAL
1692 3281 1154 1013 7140
%
23,70 45,95 16,16 14,19 100,00
1.2. CONCLUSIÓNS SOBRE OS DATOS ESTATÍSTICOS (a) Tendo en conta que o curso aínda non rematou, pode dicirse que mantemos o ritmo de catalogación do curso anterior. (b) A diferencia cos dous primeiros cursos se explica porque: - hai menos horas de dedicación á biblioteca - ao comezo, a catalogación tiña prioridade; agora estanse a facer outras moitas actividades - estamos catalogando xa os documentos máis antigos, en xeral máis laboriosos (c) Nestes momentos, está completa o case completa a catalogación das seguintes seccións: 0 OBRAS XERAIS 1 FILOSOFÍA 15
2 RELIXIÓN 3 CIENCIAS SOCIAIS 4 PRODUCCIÓN PROPIA 5 CIENCIAS EXACTAS Y NATURAIS 8 LINGÜÍSTICA. LITERATURA (D) Están pouco avanzadas, en cambio, as de: 6 CIENCIAS APLICADAS 7 ARTE. MÚSICA. DEPORTES. ESPECTÁCULOS 9 XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS FONDOS UBICADOS NOS DEPARTAMENTOS (d) A este ritmo, pódese calcular que necesitaremos aínda dous anos para acabar de catalogar todos os fondos da biblioteca, e outro para os dos departamentos.
DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
•
Seguimos a facer uso das posibilidades da rede para optimizar o funcionamento do equipo de biblioteca sen recorrer a reunións longas fora de horario. Comunicamos entre os membros do equipo da biblioteca todas as novidades diarias na xestión ( listas de morosos na devolución de libros, cambios nas normas que non funcionan ben, reservas de libros, acordos de catalogación, dúbidas variadas) mediante un grupo na rede: “Grupo bitmarín”. É un importante pulo de axilización no desenrolo das actividades da biblioteca.
•
A biblioteca ten que estar presenten a vida do centro, ten que facerse notar. Por eso, fixemos avisos aos correos dos profesores de noticias interesantes no entorno da biblioteca. Cada pouco tempo facémoslles chegar un novo enlace coas novas do blog.
16
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/
O blog da biblioteca é xa moi coñecido no IES pero este ano a nosa compañeira no equipo de biblioteca Hortensia Fernández Lorenzo tivo a magnífica idea de facer un código QR para acceder rapidamente ao blog dende o móbil. Como pode verse nas fotos fixemos carteis ben vistosos que o anunciaban polo centro. Xa neses mesmos carteis podía poñerse o móbil para capturar o código do blog da biblioteca.
(DOCUMENTO ADXUNTO nº 4) 17
FORMACIÓN DE USUARIOS
•
Fixemos, coma nos cursos anteriores, da distribución dos carnés de biblioteca a toda a comunidade un evento sinalado no instituto.
•
Xa é costume que no primeiro trimestre do curso, os profesores do equipo de biblioteca leven a cabo sesións informativas sobre o funcionamento da biblioteca centrado nos seguintes apartados: 1. A CDU nesta e noutras bibliotecas. 2. Como atopar un documento na sala 3. Buscas na páxina web 4. Utilidades da páxina web Fixemos un horario, coincidindo con titorías da ESO e con clases diversas en
Bacharelato para que a cada curso lle correspondese, alomenos, unha sesión de visita informativa á biblioteca. Para acompañar á explicación é para usar con todo o alumnado novo en anos vindeiros, o equipo de biblioteca deseñou
un tríptico
informativo sobre a disposición da biblioteca e as buscas na páxina web de Meiga.
18
(DOCUMENTO ADXUNTO Nº 5: TRÍPTICO). Nesta visita a cada alumno entrégaselle este tríptico informativo.
•
As comunicacións ao claustro de profesores das novas da biblioteca teñen un resultado moi notable: o aumento do préstamo a profesores.
É un pequeno paso que, sen embargo, nos parece decisivo, porque o coñecemento dos fondos da biblioteca por parte do profesorado é imprescindible para achegar a biblioteca ao resto da comunidade escolar.
•
A difusión do uso da páxina Meiga de fondos da biblioteca segue a ser para nos unha prioridade. Como nos parece unha pena que os usuarios non se beneficien dos medios ao seu alcance para consultar dende casa e para ser máis autónomos na 19
busca de información, nos cursos pasados ideamos un concurso de preguntas que só se podían responder consultando a páxina web. •
Neste curso comezamos a facer sesións de presentación da biblioteca e un primeiro achegamento ao seu funcionamento para uns novos usuarios: os alumnos dos centros de primaria do noso entorno que, na meirande parte, serán alumnado do centro o curso que ven.
Alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Laxe coñecendo a Biblioteca do IES
20
EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN
No curso anterior solicitamos a colaboración dos departamentos para facer unha selección de direccións de Internet que nos, desde a biblioteca podamos aconsellar ao alumnado para os seus traballos. Este directorio feito polos profesores do centro témolo recollido no noso blog. As direccións enviadas polos departamentos tamén están nos marcadores ou favoritos dos ordenadores da biblioteca. http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/search/label/DIRECCIONES%20 DE%20INTER%C3%89S E tamén fixemos un cartel anunciador, sempre na idea de difundir os avances da biblioteca. (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 6)
21
O 50% dos estudiantes de secundaria entrevistados por Rutgers Univesity sinalaron que non vían nada censurable en copiar os seus traballos de Internet. O 90% dos estudiantes creen que quen plaxia nunca é atrapado ou amoestado. Debido a esto, a biblioteca recomendou aos compañeiros profesores algunhas ferramentas de uso libre, que axudan a detectar os traballos plaxiados: (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 7 )
FOMENTO DA LECTURA
Neste curso as nosas posibilidades de preparar actividades diminuíron moito pero tamén é certo que, cada vez máis, a biblioteca é un apoio importante para as actividades promovidas polos diferentes departamentos. Así, cando o departamento de Lingua Castelá levou ao alumnado ao teatro, a biblioteca puxo á súa disposición materiais complementarios para o estudio da obra correspondente: •
Información de calidade (Centro Dramático Nacional) sobre Luces de Bohemia
22
•
Datos moi seleccionados sobre a obra e o autor ou sobre o grupo de teatro. Porque neste curso vimos moi necesaria, como xa dixemos, a aportación
da biblioteca ás iniciativas dos departamentos, sen que sexa sempre necesario levar a iniciativa das actividades.
O mesmo podemos dicir da colaboración permanente co Equipo de Normalización Lingüística. Facémonos eco das súas actividades e as aproveitamos para poñer na biblioteca en exposición o material relacionado con ela.
23
Unha das iniciativas “propagandísticas” que xa ven do curso pasado na difusión de novidades da biblioteca foi a de proxectar durante os recreos breves presentacións audiovisuais, a modo de spots publicitarios, sobre as máis recentes novidades da ou sobre algún libro relacionado con acontecementos culturais sinalados. Así, os profesores de biblioteca fixeron interesantes presentacións sobre Beatles, PyonYang (cómic sobre Corea do Norte); sobre a poesía española, sobre Orgullo y prejuicio DE Jane Austen, ... Todos pódense ver na páxina de suxestións do noso blog:
http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/p/lingua-galega.html
24
A biblioteca é tamén vía de contacto co mundo, por eso queremos facernos eco das conmemoracións e festas culturais (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 11). De paso, aproveitamos cada unha para facer publicidade do noso material relativo a elas:
Para o Nadal a biblioteca fixo unhas recomendacións de lectura por cursos: unha para bacharelato,outra para o segundo ciclo da ESO e outra para o primeiro ciclo.
25
Foron os titores os encargados de repartilas en cada curso.
(DOCUMENTO
ADXUNTO Nº 8)
En xaneiro, en coincidencia co día dos dereitos humanos, presentamos unha colección de carteis sobre dereitos humanos e proxectábamos nos recreos unha presentación sobre os mesmos.
E, como sempre que hai exposicións, unha mesa de material da biblioteca de todo tipo (películas, cómic, libros en distintas linguas...) en relación co tema.
26
Tamén dimos rápida nova de importantes acontecementos culturais, como a conmemoración dos 50 anos do nacemento dos Beatles.
O departamento de inglés colaborou coa biblioteca na elaboración dunha presentación en inglés sobre o tema. Por suposto, coma sempre facemos, expuxemos o noso material en relación co mesmo.
O curso pasado celebramos o Entroido cunha exposición de carteis de Entroidos e Carnavais de todo o mundo, solicitados previamente aos concellos correspondentes. 27
Este ano a p谩xina web da editorial Santillana premiou a nosa idea cunha menci贸n especial.
28
O escritor e cineasta Ángel de La Cruz mantivo unha charla-coloquio co alumnado de 4º da ESO sobre o seu libro “O descenso do derradeiro ocaso” . Ilustrounos sobre o proceso de creación da trepidante trama e o uso do tempo narrativo para crear expectación no lector e tamén a súa relación co cine. Na biblioteca estivo para asinar exemplares da súa obra aos alumnos.
No día da poesía tamén fixemos exposición de libros de poesía, proxección da presentación sobre os poetas españois que figura no noso blog nos recreos de toda esa semana.
29
(DOCUMENTO ADXUNTO Nº 9)
Vai medrando o número de profesores que optan por dar as súas clases na biblioteca. É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa. Este é o cartel que anuncia a celebración do día internacional do libro no IES Illa de Tambo (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 10)
O equipo da biblioteca coa colaboración de alumnas de 2º de bacharelato A encheu o instituto de carteis con fermosas citas literarias que calquera podía arrincar e levar si lle gustaban.
30
AquĂ temos unha de exemplo:
31
A exposici贸n tivo moito 茅xito e, como pode verse nas fotos, algunhas citas pronto quedaron sen lapelas para levar
32
33
Esta exposición tivo unha segunda parte. O alumnado, o profesorado e todo o persoal do centro foron invitados a colgar tamén a súa cita favorita. Para eso, primeiro fixemos un cartel de convocatoria e repartimos unhas fichas para encher e depositar nunha urna na biblioteca. (DOCUMENTOS ADXUNTOS 11 E 12) Logo, as citas –que foron moitísimas- pegáronse ao lado das outras nos mesmos paneis.
34
Aínda temos que entregar premios ás mellores citas.
Este próximo 30 de Xuño (domingo pola mañá) os centros de Marín (por iniciativa do IES Mestre Landín) celebraremos na Alameda a II FEIRA DO LIBRO USADO, seguindo o procedemento que se explica no tríptico. (DOCUMENTOS ADXUNTOS Nº 13 E Nº 14 )
35
En colaboración co Departamento de Orientación iniciamos o curso pasado un camiño de achegamento da biblioteca aos pais. Con esta finalidade fixemos unha primeira actuación que consistiu en deixar nas salas de recepción de pais libros onde se tratan algúns dos problemas mais comúns da convivencia cos adolescentes e que poden ser de utilidade para nais e pais. De novo puxemos un cartel animando ao autopréstamo.
36
Continúa existindo e medrando a sección de CREACIÓN do blog, aberta o curso pasado pola promoción de alumnos e alumnas que rematou os seus estudios no centro. Este ano temos relatos do alumnado de terceiro de ESO e está rematando o traballo de todo o curso do alumnado de 1º de ESO. Os relatos que eles escribiron partiron dunha sesión de clase sobre a linguaxe da prensa e a linguaxe da literatura. Agora está en preparación un libro (que subiremos ao blog neste apartado) en que cada un deles transformou unha noticia nun conto literario.
Por último, aínda estamos desenvolvendo actividades das que non temos constancia gráfica en colaboración con Normalización Lingüística,
co departamento de Lingua
castelá e co de Educación Plástica.
Como todos os anos, na última semana do curso, a biblioteca concederá premios aos mellores lectores.
37
GRAO
DE
IMPLICACIÓN
DO
CENTRO
E
DA
COMUNIDADE EDUCATIVA,
O blog da biblioteca
está espertando moita participación no alumnado e nos
distintos departamentos. Significativa é a inclusión de enlaces cos blogs de profesores e materiais de algúns departamentos, co que pouco a pouco estase a converter nunha ferramenta útil para os traballos do alumnado e a preparación das súas materias.
Como xa dicíamos na memoria do ano anterior, o IES Illa de Tambo está formado por profesores en xeral pouco dados a cambios, son embargo valora moi positivamente os avances que se ven na biblioteca e quere, cada vez máis, contribuír a eles. Temos que reseñar a participación do departamento de plástica , a colaboración con Normalización e a colaboración habitual dalgúns profesores non pertencentes ao equipo da biblioteca (filosofía, inglés, matemáticas). O claustro felicitou polo seu traballo repetidamente ao equipo de biblioteca, como figura nas actas correspondente. Cada vez máis profesores veñen impartir as súas clases á biblioteca. Así ocorre con algúns profesores de Filosofía, Matemáticas, Economía, Ciencias (máis reseñables por ser menos habituais ate agora). É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade” o cal – entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.
Tamén estamos presentes no Consello Escolar e na CCP onde sempre facemos algunha alusión ás novidades da biblioteca.
38
GRAO
DE
BIBLIOTECA
INTEGRACIÓN NOS
DOS
PROCESOS
DE
RECURSOS
DA
ENSINANZA
E
APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO
A biblioteca ten a aspiración de facerse imprescindible para o desenvolvemento dos programas de todas as materias pero é difícil que os hábitos cambien bruscamente. Tradicionalmente a biblioteca víase máis asociada ás asignaturas de “letras”. E nestas materias non é xa necesario subliñar a cada vez máis forte e estreita relación coa biblioteca na súa práctica cotián. Pero o equipo da biblioteca ten moi claro que pode facilitar e apoiar igualmente o traballo educativo nas disciplinas científicas ou técnicas, así que xa dende o curso pasado propuxémonos mercar novo material informativo e de lecer (cómic, divulgación, xogos) relacionado con ese mundo. Aínda que os achegamentos por parte de algúns departamentos aínda son escasos, non caemos no noso empeño.
Pero non solo é necesario mercar novo material impreso. Hoxe o alumnado busca a información na rede, e nos constatamos que nas súas buscas carecen moitas veces de criterio para discernir a validez ou a fiabilidade da información á que acceden. Démonos conta tamén de que nin sequera saben buscar en profundidade a mellor información que poden obter gratuitamente en internet. Por iso fixemos este curso un directorio por departamentos (DOCUMENTO ADXUNTO Nº 15) que desexamos continuar no curso que ven cunha sinxela guía de busca.
39
A idea de propoñer dende a biblioteca un
proxecto interdisciplinar non se
materializou este ano, pero queremos insistir nela o curso que ven para que faga da biblioteca o verdadeiro centro da comunidade escolar. Desta maneira tamén potenciamos o achegamento da biblioteca ao currículo das materias aparentemente alonxadas de ela.
Como o ano anterior fíxose esforzo en cubrir, dende a biblioteca, as necesidades dos alumnos do Programa de Diversificación Curricular.
Aínda que non quero pecar de optimista e que sei que –como xa dixen- as formas de ensino non cambian dun día para outro, a biblioteca xa está presente como posibilidade educativa para moitos profesores e departamentos. Neste curso aumentamos o uso da biblioteca en relación coas titorías da Eso, as clases de Filosofía, algunhas clases de agrupamentos, Educación plástica, Tecnoloxía e Economía.
40
AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA
ESCOLAR
NAS
QUE
PARTICIPOU
O
PROFESORADO
•
Celia Sánchez Reboredo participou nos ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013 (1ª- 7ª CONVOCATORIAS) Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares o día 8 de marzo de 2013
•
Aínda que non é curso de formación en biblioteca hai que dicir que a case totalidade dos profesores do equipo da biblioteca participou no PFAC (50 horas) en relación co programa ABALAR que se desenvolveu no centro neste curso.
A AVALIACIÓN REALIZADA
Como a avaliación do traballo do equipo da biblioteca non debe facela só o propio equipo , dado o evidente perigo de parcialidade, baseamos a avaliación en
tres
diferentes indicadores obxectivos: en primeiro lugar nos datos estatísticos que nos proporciona o propio programa Meiga, como veremos de seguido. E despois, nos resultados das enquisas dos profesores e do alumnado.
41
DATOS ESTATÍSTICOS 1. CATALOGACIÓN 1.1. FONDOS CATALOGADOS A 31/05/13 Fondos catalogados Fondos catalogados con enlace web
7140 1708
23,92 %
1.2. FONDOS CATALOGADOS (HISTÓRICO) catalogados
01/09/2009 a 31/08/2010 O01/09/2010 a 31/08/2011 01/09/2011 a 31/08/2012 01/09/2012 a 31/05/2013 TOTAL
1692 3281 1154 1013 7140
%
23,70 45,95 16,16 14,19 100,00
1.2. OUTROS DATOS E CONCLUSIÓNS (a) Tendo en conta que o curso aínda non rematou, pode dicirse que mantemos o ritmo de catalogación do curso anterior. (b) A diferencia cos dous primeiros cursos se explica porque: - hai menos horas de dedicación á biblioteca - ao comezo, a catalogación tiña prioridade; agora estanse a facer outras moitas actividades - estamos catalogando xa os documentos máis antigos, en xeral máis laboriosos (c) Nestes momentos, está completa o case completa a catalogación das seguintes seccións: 0 OBRAS XERAIS 1 FILOSOFÍA 2 RELIXIÓN 3 CIENCIAS SOCIAIS 42
4 PRODUCCIÓN PROPIA 5 CIENCIAS EXACTAS Y NATURAIS 8 LINGÜÍSTICA. LITERATURA (D) Están pouco avanzadas, en cambio, as de: 6 CIENCIAS APLICADAS 7 ARTE. MÚSICA. DEPORTES. ESPECTÁCULOS 9 XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS FONDOS UBICADOS NOS DEPARTAMENTOS (d) A este ritmo, pódese calcular que necesitaremos aínda dous anos para acabar de catalogar todos os fondos da biblioteca, e outro para os dos departamentos.
2. PRÉSTAMO
2.1. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR CURSO ACADÉMICO Téñase en conta que nos cursos 10-11 e 11-12 se contabiliza o préstamo do mes de xullo e o préstamo para verán, algo que, obviamente, non ocorre co curso actual. préstamos
01/09/2010 a 31/08/2011 01/09/2011 a 31/08/2012 01/09/2012 a 31/05/2013
290 611 1010
% incremento
110,69 65,3
43
2.2. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR MATERIA (CURSO 12-13) Os datos son necesariamente aproximados, porque hai moitos fondos que están catalogados en varias materias ao mesmo tempo. Só se recollen as materias máis frecuentes ou significativas. materia lit. xuvenil en español lit. xuvenil en galego lit. en español cómic lit. en inglés lit. traducida ao español lit. en galego Xogos de ordenador francés CD. DVD. Vídeos Ciencia
nº. préstamos
214 177 123 102 93 55 50 14 10 8 6
44
2.3. USUARIOS DO SERVICIO DE PRÉSTAMO (de 01/09/12 a 31/05/13) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total de alumnos de cada grupo e nivel Grupo
total alumn.
usuarios
% usuarios
1º eso-A 1º eso-B 1º eso-C 1º ESO 2º eso-A 2º eso-B 2º eso-C 2º ESO 3º eso-A 3º eso-B 3º ESO 4º eso-A 4º eso-B 4º eso-C 4º ESO ESO
22 22 23 67 22 23 23 68 28 28 56 20 22 16 58 249
10 10 10 30 7 10 7 24 7 10 17 10 10 8 28 99
45,45 45,45 43,48 44,78 31,82 43,48 30,43 35,29 25,00 35,71 30,36 50,00 45,45 50,00 48,28 39,76
1º bac-A 1º bac-B 1º bac-C 1º bac-D 1º BAC 2º bac-A 2º bac-B 2º bac-C 2º BACH BACH
29 29 30 19 107 22 30 31 83 190
10 6 6 9 31 5 10 10 25 56
34,48 20,69 20,00 47,37 28,97 22,73 33,33 32,26 30,12 29,47
ALUMNADO ESO+BACH
439
155
35,31
45
Alumnado ESO por grupos Alumnado BACHARELATO por grupos
46
Alumnado ESO E BACHARELATO por curso e nivel
47
Porcentaxe usuarios/no usuarios do servicio de prĂŠstamo por curso e nivel
48
2.4. USUARIOS DO SERVICIO DE PRÉSTAMO (de 01/09/12 a 31/05/13) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveles en relación co total de usuarios do préstamo Grupo
usuarios
%
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO ESO
30 24 17 28 99
19,35 15,48 10,97 18,06 63,87
1º BAC 2º BACH BACH
31 25 56
20,00 16,13 36,13
155
100,00
TOTAL ESO+BACH
49
2.5. USUARIOS DO SERVICIO DE PRÉSTAMO (COMPARATIVA)
Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total de alumnos de cada grupo e nivel. Curso 11-12: de 01/09/11 a 31/05/12 Curso 12-13: de 01/09/12 a 31/05/13 NOTA: se toman soamente os datos do curso anterior, hasta o 31 de maio para que a comparación sexa homoxénea. Non se contabilizan os movementos de fondos realizados en xuño-xullo-agosto do curso anterior (porque, obviamente, tampouco dispoñemos dos deste curso).
nivel 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO TOTAL ESO
1º BAC
curso 11- curso 1212 13 diferencia 47,22 44,78 -2,45 16,13 35,29 19,17 55,00 30,36 -24,64 39,34 48,28 8,93 39,61 39,76 0,15
22,62
28,97
6,35 50
2ยบ BACH TOTAL BACH
28,24 25,44
31,00 29,47
2,76 4,03
TOTAL ESO+BACH
33,96
35,31
1,35
51
2.6. CONCLUSIÓNS (a)Aínda co curso actual non rematado, pódese comprobar que medrou o volume de fondos prestados nun 65 % (vid. 2.1)
(b) A porcentaxe de usuarios (en relación co total de alumnos), mantense practicamente igual na ESO e sube lixeiramente en bacharelato. O incremento total é de apenas un 1,35 % (vid. 2.5)
(c) Por tanto, quen usan o préstamo da biblioteca, aínda que non son moitos máis, fano cada vez con máis frecuencia. O reto é conseguir que o usen os outros.
(d)Temos acadado que utilicen o servicio de préstamo neste curso case o 40% do alumnado da ESO y case o 30 % do de Bacharelato (vid. 2.3). Respecto ao curso anterior, mantense a porcentaxe de usuarios da ESO e aumenta lixeiramente o de bacharelato (máis en primeiro que en segundo) (vid. 2.5)
(e) Aproximadamente dous de cada tres alumnos/as que utilizaron o préstamo neste curso pertencen á ESO; e solo un de cada tres, ao bacharelato (vid. 2.4).
(f) O cálculo de préstamo por materias é aproximado (dado que hai moitos documentos incluídos en varias materias), pero é evidente que a inmensa maioría do que se presta son libros de literatura (sobre todo, xuvenil) nas distintas linguas (sobre todo, castelá e galego). A sección de cómic, sen embargo, acada niveis de préstamo equiparables ou superiores aos de outras materias “literarias”
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)
52
ENQUISA SOBRE
HÁBITOS DOS PROFESORES CON REFERENCIA Á
BIBLIOTECA
Para que a contesten todos os profesores do centro no mes de novembro e outra vez no mes de xuño para poder observar, no seu caso, as diferenzas:
Vas cos teus alumnos á biblioteca Si Non
Poucas veces Con frecuencia
Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro Si Non
Moi pouco Bastante ben
Usas a páxina web da biblioteca Si Non
Moi pouco Con frecuencia
Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en ……. Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca Si Non, nunca Asegúraste de que recomendas aos teus alumnos lecturas que poidan atopar na biblioteca Si, sempre Ás veces Non nunca Esta pequena enquisa a principio de curso e ao final pode darnos mostra de certos cambios nos hábitos dos profesores con respecto á biblioteca. Agora temos os resultados da de principio de curso, falta a do final De paso, pode servir para que algúns deles reflexionen sobre a necesidade de coñecer mellor a biblioteca.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)
53
ENQUISA SOBRE
HÁBITOS DOS ALUMNOS CON REFERENCIA Á
BIBLIOTECA
Pasarase a todos os alumnos do centro no mes de novembro e outra vez no mes de maio para poder observar, no seu caso, as diferenzas:
Vas á biblioteca? Si Non
Poucas veces Con frecuencia
Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro? Si Moi pouco Non Bastante ben Coñeces a páxina web da biblioteca? Si Non Moi pouco Bastante ben Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca? Están ben Están anticuados Hai distribución descompensada entre información e ficción Presenta carencias en ……. Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca? Si Non, nunca
BIT 54 (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)
PREVISIÓNS DE FUTURO
1. En relación coa organización e xestión Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes. Abrir o préstamo aos pais e nais. Aumento de horario de apertura e uso da biblioteca. É necesario aínda achegar a máis profesores á biblioteca para que eles leven aos seus alumnos en horas de clase. Elaboración de guías de lectura adaptadas aos distintos niveis. Adquisición de documentais informativos e formativos, de escasa presencia aínda na biblioteca. Revisión de subscricións periódicas da biblioteca para unha mellor adecuación ás necesidades do alumnado e o profesorado.
2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración
no
tratamento
do
currículo
e
a
súa
contribución
ao
desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.
Contactar máis cos departamentos didácticos na organización das actividades de dinamización da biblioteca. Propoñer un tema común de traballo interdisciplinar ao longo de todo o curso, para o que a biblioteca aporte os materiais, o espazo, a coordinación e BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)
o calendario. O tema podería estar relacionado co entorno (Marín) e ter fácil incardinación co currículo. A proposta dende a biblioteca podería ser : “A pesca” Facer seccións novas no blog que animen á participación:
Unha para que calquera membro da comunidade escolar faga a súa proposta de lectura.
Promover o apartado “Creación”
Nova sección que se comenta no apartado 6
Animar aos alumnos e profesores a expoñer os seus traballos, recursos multimedia, aínda que non sexan meramente académicos, na biblioteca. Facer una promoción activa do libro/autor do mes. Informar da actualidade cultural da cidade de Marín na Biblioteca: abrir o Instituto a realidade social do pobo.
3. En relación coa formación de usuarios e o acceso á información (educación documental) Sesións iniciais para o alumnado novo: primeiro de ESO e 1º de Bacharelato •
Divulgación dos variados
servizos da páx. web da biblioteca.
•
Sesións de entrega de carnés e tríptico informativo.
Concursos sobre datos da páx. Web. da biblioteca. Difusión dos repertorios de páxinas de internet con garantía
xa
elaborados polos departamentos en colaboración coa biblioteca e que poden verse no noso blog. Elaboración dunha guía sinxela de criterios para buscar información na rede. BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)
fiable
4. En relación co fomento da lectura e do proxecto lector de centro. Brevísimas presentacións de libros
nas que colaboren profesores e
alumnos. Premios aos mellores lectores. Exposicións e autopréstamo fóra da biblioteca. Inclusión dos pais e nais que o desexen no préstamo da biblioteca. Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento de orientación) nas salas de titoría para autopréstamo.
5. Outras actuacións: Como a biblioteca ten que ser tamén o núcleo da documentación sobre o propio centro, os seus documentos internos, a súa historia, os materiais elaborados no centro ...iniciaremos unha sección no blog con esta finalidade Mellora da accesibilidade. Modificacións na iluminación. Unificación de armarios.
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)
A PRODUCIÓN DE MATERIAIS Adxunto os documentos seguintes xa explicados anteriormente nesta memoria na orde en que van citados nela:
Documento adxunto nº 1: Estatísticas (formato electrónico) Documento adxunto nº 2: Indicadores subapartados (formato electrónico) Documento adxunto nº 3: Catalogación curso 2012-2013 (formato electrónico) Documento adxunto nº 4: Código QR (formato electrónico) Documento adxunto nº 5: Tríptico informativo (formato electrónico) Documento adxunto nº6: Cartel Navega por internet (soporte electrónico) Documento adxunto nº 7: Recomendacións aos profesores para evitar o plaxio (electrónico) Documento adxunto nº 8: Recomendacións (formato electrónico) Documento adxunto nº 9 : Cartel Poesía ( soporte electrónico) Documento adxunto nº 10: Cartel día do libro (soporte electrónico) Documentos adxuntos 11e 12: Cartel e fichas para a actividade sobre citas literarias. Documento adxunto nº 13: Cartel II Feira do libro usado en Marín (soporte electrónico) Documento adxunto nº 14: Tríptico informativo II Feira do libro usado (electrónico) Documento adxunto nº 15: Directorio direccións por departamentos (electrónico)
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO)