MEMORIA ACTIVIDADES 2008-2010

Page 1

MEMORIA DE ACTIVIDADES ACTIVIDADES DE XESTIÓN CURSO 2008-9 O curso pasado (2008-9), tanto o Equipo Directivo como un grupo de profesores, preocupados pola situación, comezaron a pensar na urxencia dunha reforma na xestión , de actualizar os fondos e de dinamizar a biblioteca. O primeiro paso foi a constitución dun Equipo de Biblioteca. No curso 2008-9 creouse por vez primeira no centro a figura de “encargado da biblioteca”. A profesora que asume a responsabilidade é Celia Sánchez Reboredo, quen asiste a un curso de formación sobre bibliotecas escolares promovido polo Cefore de Pontevedra (Outubro-Decembro de 2008), onde ve a necesidade de modernizala en relación con múltiples aspectos: xestión, espazos e mobiliario, formación de usuarios, dinamización… CURSO 2009-10 Ao comezo do curso a encargada da biblioteca propuxo a posibilidade de levar adiante un grupo de traballo en relación coa biblioteca. Esta proposta foi ben aceptada polo claustro e contou coa participación de dez profesores con destino definitivo no centro e pertencentes a diferentes departamentos ( matemáticas, latín, lingua española, lingua galega, música, inglés, economía) É necesario salientar, antes de calquera outra cousa, a dispoñibilidade de todos os membros do grupo a chegaren á acordos, a faceren calquera tipo de traballo (dende os mandados máis sinxelos até as clasificacións máis detalladas, pasando polas “esforzadas” mudanzas de libros e andeis, moi alonxadas do esperable traballo “intelectual” dunha biblioteca), e a adicar moito tempo e entusiasmo á aprendizaxe da organización de bibliotecas e manexo do programa informático.

Memoria de actividades (BIT)

-1-

1


Dende o principio vimos a necesidade de seguir uns pasos na ordenación do traballo: 1. Propoñer un novo modelo de biblioteca 2. Achegamento e coñecemento profundo dos fondos da biblioteca 3. Facer expurgo dos mesmos con criterios claros e obxectivos 4. Reorganizar os documentos baixo unha nova CDU máis sinxela e adaptada ás nosas necesidades. 5. Aprender o manexo do programa Meiga para a xestión informatizada da biblioteca (fondos, préstamo, páxina web). 6. Iniciar a catalogación co programa Meiga 7. Iniciar cambios na disposición dos espazos e no mobiliario. Para iniciarnos no novo modelo de biblioteca contamos coa axuda da asesora de bibliotecas do Cefore, Consuelo Rivera Seoane, quen tamén guiou outros pasos do noso grupo de traballo. E acometemos o temido “expurgo”.A Biblioteca do Illa de Tambo foi na súa orixe (o centro conta cunha historia de máis de cincuenta anos) Tivemos que revisar e expurgar uns

12.000 documentos. A esta dificultade temos que engadir outra: unha

resistencia inicial – máis tarde superada- nos membros do claustro e mesmo dalgúns membros do equipo directivo a aceptar a necesidade de expurgo, así como á de eliminar as portas dos andeis. Esta resistencia foi superada grazas ao compromiso do grupo na elaboración dun listado rigoroso dos documentos expurgados, do que terían copia todos os membros do claustro. Garantiuse, tamén, que non se eliminarían documentos senón que se gardarían en caixas no almacén a carón da biblioteca, onde calquera profesor podería atopalos de xeito doado en calquera momento.

Memoria de actividades (BIT)

-2-

2


Mentres levabamos a cabo o expurgo, conseguimos outro importante cambio na biblioteca: a eliminación das portas dos armarios. No mes de xaneiro e febreiro puxémonos (coa axuda das docencias no grupo de traballo) coa aprendizaxe do programa Proxecto Meiga. O paso seguinte foi a adaptación da CDU á nosa biblioteca. A formulación inicial da encargada da biblioteca estivo baseada na CDU proposta na páxina de Bibliotecas escolares da Consellería de Educación e na proposta da Fundación Germán Sánchez Rupérez para bibliotecas de Secundaria. Dende a proposta primeira até a actual foron necesarias moitas modificación e moitos acordos. A continuación chegou o movemento de armarios, a eliminación dos máis vellos, a nova disposición dos mesmos para buscar un espazo máis diáfano e agradable. Algúns labores que precisaban da axuda de moitas mans, como por exemplo o movemento de andeis e, sobre todo, de libros, foron facilitados pola colaboración amable de bastantes alumnos (especialmente de terceiro e cuarto da ESO) así como dalgúns profesores non integrantes do grupo de traballo. Os inicios de catalogación

foron tamén lentos, tanto pola aprendizaxe do

manexo do programa Meiga, como pola toma de decisións de catalogación que, nun grupo numeroso como é este, nunca son rápidas. Pero as decisións para a catalogación van quedando rexistradas para o seu uso continuado en anos vindeiros. Neste momento, cunha segunda licenza para catalogación con Meiga, xa temos uns 1100 documentos catalogados. No seo da CCP, a biblioteca propuxo a necesidade de artellar os horarios do curso próximo de tal xeito que haxa neles cabida para unhas certas horas de catalogación e organización na biblioteca, co fin de rentabilizar e continuar o traballado neste curso.

Memoria de actividades (BIT)

-3-

3


Aínda que non estaban os nosos obxectivos para este ano, sabemos que as actividades de dinamización son a medula da apertura e rendibilidade da biblioteca escolar. Por eso, a sesión de comunicación da experiencia de doce anos na dinamización da biblioteca do IES Río Cabe, a cargo de Mª Luz Paramio, deixou moitas portas abertas cara ao ano que ven.

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN CURSO 2008-2009 Dende o 27 de Xaneiro ao 2 de Febreiro DE 2008 o Instituto Illa de Tambo,, que aínda levaba o nome de Salvador Moreno, participou no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Os alumnos de 1º ESO A, B, C e D e os de 4º A participan cos traballos de elaboración dun libro: “Fálame do mar marinense” (1º ESO) e “Outro final é posible” (4º A). Os libros quedan expostos na biblioteca onde os autores, alumnos do centro, amosan o seu traballo aos compañeiros e falan sobre redacción, composición do texto, elaboración artesá do libro. Despois da celebración do Antroido no patio do Instituto, as fotografías dos alumnos cos seus disfraces preséntanse nun montaxe de imaxes e música creado polo profesor Alberto Poses. Proxéctase na biblioteca durante o recreo do día 6 de marzal. Antes de Semana Santa os alumnos de 4º participan no “Xogo dos diccionarios”, consistente en “inventar”, por equipos,definicións de palabras descoñecidas que un dos equipos propón aos demais. A actividade, de carácter lúdico, familiariza aos alumnos con diversos diccionarios da biblioteca.

Do 5 ao 9 de maio de 2008, O IES Salvador Moreno celebrou unha Semana Cultural co tema “Cultura Solidaria”, coa participación dos Servicios Sociais do

Memoria de actividades (BIT)

-4-

4


Concello de Marín, a ONG “Solidariedade Internacional”. Co gallo desa celebración, houbo un concurso de microrrelatos solidarios. Entregáronse os premios na Biblioteca. Dende decembro do 2009, un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato levan adiante a elaboración dun periódico dixital como participación no concurso “El país de los estudiantes”. As reunións e moitos dos documentos do periódico elabóranse na biblioteca. O periódico, que leva por nome “En curso”, sae o día 2 de Abril na páxina dixital onde aínda pode verse (www.estudiantes.el pais.es) O 17 de Xuño de 2008 visítanos de novo Luís Fernández cun feixe de cartas dos alumnos bolivianos e recolle as dos nosos alumnos. O acto ten lugar na biblioteca.Ese mesmo día, o Departamento de Lingua e Literatura Galega entrega os premios aos “Lectores de honra”, e á gañadora do concurso de poesía, Alba Quintairos.

CURSO 2008-2009 Neste curso a biblioteca, como xa dixemos, estivo en reformas, polo que algunhas actividades de dinamización doutros anos tiveron que seren suspendidas . O 8 de marzo festexamos o día da muller.O alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha exposición de carteis sobre “ A muller galega na ciencia, arte e literatura” que serviu para completar a exposición de “ A muller na historia”. Na vindeira semana poderase ver no noso Centro a exposición de PINTURA E POESÍA, unha actividade realizada polo alumnado de 4º da ESO e coordinada polo profesor de plástica . Os mellores traballos serán seleccionados para imprimir marcapáxinas para a nosa biblioteca. Comezo da edición do BOLETÍN BIMENSUAL DE NOVIDADES, con participación de profesores e alumnos. O departamento de plástica inicia, de cara a o ano que ven, o esbozo da SINALIZACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA.

Memoria de actividades (BIT)

-5-

5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.