BiT IV TORNEO DE XADREZ
REGRAS DO XOGO 1. A vitoria contabiliza 1 punto, a derrota 0 e as táboas 0,5. 2. O xogador que non compareza terá 0 puntos. 3. O público terá que gardar silencio privándose de facer indicacións aos xogadores. En caso de indicación, a partida será invalidada. 4. PEZA MOVIDA É PEZA XOGADA. Está terminantemente prohibido cambiar a peza unha vez movida. O incumprimento desta norma leva a perda da partida. 5. Os xogadores deben avisar do enroque e dos xaques. 6. As partidas terán unha duración de 14 minutos (7 para cada xogador) celebrándose no primeiro recreo na biblioteca. 7. O xogador ao que caia a bandeira perderá por tempo. 8. Os xogadores deben saudarse ao empezar e rematar a partida.