EXPOSICIÓN INTERNACIONAL ZARAGOZA Do 14 de xuño ao 14 de setembro de 2008
Benvidos a Expo Zaragoza 2008
Benvidos, a un encontro único. de preto as ideas, recursos, p que persoas, ONG’s, em internacionais e países de t sobre un dos elementos máis Benvidos a compartir distinta actuar, de resolver. Distintas alternativas e de estudar sol un futuro baseado no des Benvidos a España, un país c e a unha cidade que sabe da presente e futuro, aberta e preparada para recibir a milló de todo o mundo, para poñer e
nico. Un encontro para coñecer os, proxectos, e experiencias , empresas, organismos de todo o mundo expoñerán máis prezados da vida: a auga. stintas formas de pensar, de intas maneiras de presentar r solucións que nos aseguren desenvolvemento sostible. aís con vocación de anfitrión, be da auga. Unha cidade con a e hospitalaria que xa está millóns de persoas e de ideas ñer en marcha un gran futuro...
Benvidos a Expo Zaragoza 2008
[+] Tódolos representantes das Administracións Públicas e do Estado apoian o proxecto Expo Zaragoza 2008
Benvidos a un gran país aberto ao mundo. Cheo de historia, que conta coa experiencia de ter organizado grandes citas internacionais como a Expo Universal de Sevilla 92, os Xogos Olímpicos de Barcelona 92 ou a Conferencia da Paz de Oriente Medio en Madrid. Membro activo da Unión Europea, con presencia destacada nos principais organismos internacionais e que goza dun alto nivel de desenvolvemento, sendo actualmente a 8ª economía do mundo.
Un pobo acolledor que fixo da convivencia e da hospitalidade unha bandeira como o demostra ser o segundo destino turístico mundial, con máis de 55 millóns de visitantes por ano. Un país que non escatimou ningún tipo de esforzo, brindando co gallo de este encontro internacional tódolos medios necesarios para que a Expo de Zaragoza 2008 resulte un auténtico éxito.
Benvidos a España
Unha terra que sabe de encontros de culturas e que asume o seu papel de protagonista nas relacións entre Europa e Hispanoamérica e entre Europa e África.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ESPAÑA | 07
Benvidos a unha cidade fundada nas ribeiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego, hai máis de 2000 anos.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA | 08
Unha cidade asentada nun oasis fluvial rodeada de un territorio semiárido, preocupada polo mellor aproveitamento dos recursos hídricos e que presume de ser a sede do primeiro organismo de planificación e xestión integrada da cunca: a Confederación Hidrográfica do Ebro. A súa personalidade, a súa vocación de anfitriona, a súa situación estratéxica como punto de encontro das rexións máis dinámicas de España, o elevado grao de internacionalización da súa economía, a súa aposta clara polas enerxías renovables, as novas tecnoloxías e a súa especialización en temas loxísticos, permitíronlle organizar feiras e eventos internacionais. Unha cidade acostumada a recibir e acoller visitantes de todo o mundo que desfrutan da súa arte, a súa natureza, a súa historia e, por suposto, dunha hospitalidade única, cunha gran oferta hoteleira e gastronómica.
Benvidos a Zaragoza
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA | 09
Zaragoza Pasado e presente O legado cultural dos íberos, romanos, musulmáns, xudeus e cristiáns aflora na cidade na que se espallan vestixios arqueolóxicos e monumentos declarados Bens de Interese Cultural. O foro, o teatro, as termas e o porto fluvial de época romana, así como a catedral de La Seo, primeiro templo romano, despois igrexa
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA | 10
Basílica do Pilar vista dende a Ponte de Santiago.
visigótica e mesquita musulmana, e finalmente catedral cristiá; a Basílica do Pilar, referencia mundial do culto mariano e centro neurálxico da cidade, o Palacio da Aljafería de orixe musulmana, a Lonxa, os palacios renacentistas e barrocos, a Ponte de Pedra e outros monumentos, destacan como pezas únicas dun pasado cheo de historia. Zaragoza é hoxe unha cidade de 650.000 habitantes, capital da Comunidade Autónoma de Aragón. Unha cidade moderna e dinámica, que brinda aos seus cidadáns unha excelente calidade de vida. Unha cidade en pleno proceso de renovación para acoller con plenas garantías esta Exposición Internacional.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA | 11
Comunicacións A cidade de Zaragoza dispón de excelentes comunicacións grazas á súa privilexiada posición xeoestratéxica dentro de España, sendo nó importante do sistema xeral de estradas do Estado contando con autovías e autoestradas que unen Zaragoza coa rede europea de cidades. Conta con tren de alta velocidade (AVE) con liñas cara a Madrid, Sevilla e Barcelona (prevista a súa posta en servizo no ano 2007) e un renovado aeroporto internacional que se atopa a tan só sete quilómetros do centro urbano.
Zaragoza e a auga A cidade está situada xusto no punto onde conflúe o río Ebro cos seus afluentes Huerva e Gállego, dando lugar a un espectacular contraste cromático entre o verde das súas ribeiras e o ocre dun entorno semiárido. O Ebro é o río máis caudaloso da Península Ibérica, nace preto da costa atlántica e desemboca no mar Mediterráneo tras un periplo de 910 quilómetros ao sur dos Perineos. Os romanos xa navegaron por el e os musulmáns desenvolveron un extraordinario sistema de regos para a agricultura. Máis recentemente, no século XVIII, a Canle Imperial de Aragón, concibida para a navegación, supuxo a ampliación das zonas regables ao sur da cidade. Na actualidade Zaragoza está realizando un notable esforzo por recuperar as súas ribeiras fluviais ao longo de máis de 30 quilómetros, co fin converter baleiros urbanos en corredores verdes, cheos de actividade, creando unha nova cidade en harmonía cos seus ríos.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA | 12
Praza de España (Zaragoza)
A súa situación Zaragoza está situada no centro do cuadrante nordeste da Península Ibérica, o máis rico e poboado. Localízase nun punto practicamente equidistante das principais cidades españolas: Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia.
Bilbao
Santiago de Compostela
Huesca ZARAGOZA Barcelona
Madrid
Teruel
Valencia
Sevilla
Màlaga Santander
Bilbao
Donostia - San Sebastián
Vitoria-Gasteiz
Burgos
Pamplona/Iruña
Logroño
Huesca
Xirona
Palencia Soria
Zaragoza
Lleida Barcelona Tarragona
Segovia Guadalaxara Madrid
Teruel Cuenca
Castellón de la Plana Castelló de la Plana
Toledo
DISTANCIAS 45 minutos 60 minutos
Valencia
120 minutos 150 minutos
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA | 13
Expo Zaragoza 2008 Expo Zaragoza 2008 pertence á categoría das Exposicións Internacionais, Temáticas ou Recoñecidas, que teñen lugar entre dúas Exposicións Universais e que son rexidas polo Bureau International des Expositions (B.I.E.). Son grandes encontros organizados en torno a un tema concreto de interese universal. Expo Zaragoza 2008 toma o relevo de AICHI 2005, cuxo tema foi “A Sabedoría da Natureza” e precede á que terá lugar en Shangai en 2010, que versará sobre “Mellor cidade, mellor vida”. En Zaragoza o tema escollido foi:
Auga e Desenvolvemento Sostible. Unha mirada sensible, intelixente e intencionada sobre un dos grandes desafíos da Humanidade: a auga como soporte da vida e como recurso estratéxico para o desenvolvemento humano, dende o compromiso ético da sostibilidade e o reto da innovación.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. ZARAGOZA EXPO 2008 | 15
A organización A Sociedade Organizadora A responsabilidade sobre a Exposición correspóndelle ao Goberno de España. Para iso, o 18 de febreiro de 2005, creou a Sociedade Estatal “Expoauga Zaragoza 2008”, cuxo obxecto é a xestión, promoción, organización e operación da Exposición Internacional de Zaragoza. Unha Sociedade Anónima constituída pola Administración Xeral do Estado (70% do accionariado), o Goberno da Comunidade Autónoma de Aragón (15%) e o Concello de Zaragoza (15%).
Órgano executivo O Consello de Administración de Expoauga Zaragoza 2008 está rexido por un Consello de Administración presidido polo Sr. Roque Gistau Gistau. O organigrama divídese en tres Direccións Xerais: Operacións e Contidos, Construción e Administración e Recursos. Á súa vez, o Goberno de España nomeou como Comisario da Exposición o Sr. Emilio Fernández Castaño Díaz Caneja, que asume a representación directa do Goberno de España exercendo as funcións encomendadas a este cargo polo Bureau Internacional des Expositions (B.I.E.).
ROQUE GISTAU GISTAU Presidente
EMILIO FERNÁNDEZ - CASTAÑO Comisario
EDUARDO RUIZ DE TEMIÑO BRAVO Director Xeral de Construción
JERÓNIMO BLASCO JÁUREGUI Director Xeral de Operacións e Contidos
JOSÉ LUIS MURILLO COLLADO Director Xeral de Recursos e Medios
PRESIDENTE Dirección Asesoría Xurídica
Dirección Gabinete Presidencia Xefatura de Área Auditoría e Control Interno
Xefatura de Área Prensa e Comunicación
Xefatura de Área relacións Institucionais
Dirección Xeral Construción
Dirección Xeral Operacións e Contidos
Dirección Xeral recursos e Medios
Xefatura de Área Proxecto
Adxunto ao D.X. Operacións e Xefatura de Área Temática e Ambiente
Xefatura de Área Edificación
Xefatura de Área Promoción e Marketing
Xefatura de Área Recursos Humanos
Xefatura de Área Relación con Participantes
Xefatura de Área Finanzas e Contabilidade
Xefatura de Área Infraestructuras
Xefatura de Área Contratación e Compras
Xefatura de Área Sistemas
Xefatura de Área Obras Especiais Xefatura de Área Operacións
Xefatura de Área Inmobiliaria Xefatura de Área Comercial Xefatura de Área Expografía e Espectáculos
1 Río Ebro 2 Pavillóns Internacionais 17
3 Pavillóns Autonómicos e de empresas
16
4 Pavillón de España 5 Pavillón de Aragón
20
6 Palacio de Congresos
14
22 26
11
7 Pavillón ponte
25
12
13
8 Acuario fluvial 24
9 Prazas Temáticas
21
10 Embarcadoiro 11 Torre da Auga
23
6 15
18
12 Canle de augas bravas 2
13 Acueducto
5
14 Xardíns e hortas temáticas 15 Ronda do Rabal
7 27
16 Soto de ribeira
8
17 Xardín botánico 1
9
3
18 Hotel 4
19 Barrio de La Almozara 20 Mini Golf
19
21 Centro termal 22 Centro de mergullo 23 Oficinas Expo 2008 e Secretariado Internacional da Década da Auga das
10
Nacións Unidas 24 Comisaría de policía 25 Equipamento 26 Centro de control técnico Expo 27 Pavillón de iniciativas cidadás
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. O RECINTO | 20
Recinto Exposición Internacional Expo Zaragoza e Parque da Auga Recinto Exposición Internacional Expo Zaragoza y parque del agua pa
O recinto
Os catro subtemas xerais resúmense da seguinte maneira:
Auga, recurso único A crise mundial da auga non se debe exclusivamente a escaseza do recurso. É, en boa medida, un desafío de gobernabilidade y de boa administración que esixe un profundo cambio cultural. Un cambio que leva consigo a xestión integrada do recurso na súa dimensión social, económica, política e ambiental.
Espacioso e verde O recinto Expo 2008 cunha superficie de 25 hectáreas, intégrase no Parque da Auga. Un auténtico pulmón verde da cidade de 130 hectáreas, rodeado polo río Ebro.
Auga para a vida É unha alegación a prol do ser humano integrado en harmonía co seu medio, en contraste coa visión do home dominador dunha natureza aparentemente inesgotable. A especie humana, intelixente, ten a capacidade e responsabilidade de vivir coa natureza e non contra esta.
Accesible Pensado para a comodidade dos visitantes, o recinto atópase a escasos 20 minutos a pé do centro urbano e a 700 metros da estación de tren e autobuses, perfectamente comunicado coas principais redes viarias da cidade.
As paisaxes da Auga
Equipado O recinto goza dos máis modernos equipamentos (galería de servicios) para satisfacer as necesidades dos pavillóns dos diversos participantes: países, empresas e organizacións. Nas súas inmediacións atópase o Palacio de Congresos, varios hoteis e un centro termal, e instalacións deportivas: canle de augas bravas, piscinas e praias fluviais. Un espazo creado especialmente para este acontecemento.
O seu obxectivo consiste en descubrir, dunha forma intencionada, a imaxe, a estrutura e o dinamismo do complexo sistema de relacións entre os ecosistemas naturais e a pegada cultural das civilizacións.
A Auga elemento de relación entre os pobos Aínda que por veces é orixe de conflictos, a auga tamén é un importante catalizador para a paz. A auga compartida con responsabilidade é un vehículo de encontro entre os pobos e os diferentes usuarios da auga.
Interior Torre da Auga
As exposicións Expo Zaragoza 2008 desenvolve o tema xeral de Auga e Desenvolvemento Sostible en 14 espazos expositivos:
Vista xeral do Recinto Expo
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. O RECINTO | 23
3 pavillóns temáticos 5 prazas temáticas 3 pavillóns colectivos Pavillón España Pavillón Aragón Pavillón de Iniciativas Cidadás ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. AS EXPOSICIÓNS | 24
Distribución interior do pavillón de América Latina
o encontro Do 14 de xuño ao 14 de setembro de 2008 Durante estes tres meses, tempo estipulado polo BIE para este tipo de exposicións, desenvolverase o programa da Expo Internacional de Zaragoza 2008. Nese tempo, Zaragoza converterase nun lugar de encontro privilexiado, unha cita ineludible a nivel mundial de cidadáns interesados nun cambio cultural a prol dun uso máis sostible da auga. Estas datas no se escolleron ao chou. Neste período é cando máis turistas visitan España. No año 2005, dun número total de 55 millóns, máis de 25, fixérono nestas datas. Entre xuño e setembro os días son máis longos e, polo tanto, disponse dun maior número de horas de luz solar. As noites de verán invitan a saír e máis nun lugar onde se desfruta da rúa, a convivencia, o contacto humano. As cerimonias de inauguración e clausura coinciden cos cambios de estación. A de inauguración, concretamente, co solsticio de verán. Un motivo máis para celebrar unha gran festa con auténtico sabor mediterráneo. Para estar presente e coñecer como será o futuro, agardámolos a todos en Zaragoza. En Expo Zaragoza 2008.
Vista do Palacio de Congresos
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. O ENCONTRO | 17
O tema A auga e a súa utilización de xeito sostible son elementos imprescindibles para a vida, o desenvolvemento das comunidades humanas e a conservación dos espazos naturais. Para facilitar a interpretación do tema xeral da exposición e transformalo nunha ferramenta que permita a concepción da oferta temática e a orientación tanto de países participantes, organizacións internacionais, comunidades autónomas españolas, empresas e organizacións non gobernamentais, o tema xeral desenvólvese en tres subtemas nucleares e un cuarto transversal:
Auga, recurso único Auga para a vida As paisaxes da Auga A Auga, elemento de relación entre os pobos
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. O TEMA | 18
PAVILLÓNS TEMÁTICOS Exposición:
Auga, recurso único O Pavillón ponte é unha das principais referencias da Exposición. Facilita o acceso peonil ao recinto dende o sur da cidade e da estación Intermodal de Delicias, ao mesmo tempo que alberga unha das grandes exposicións: “Auga, recurso único”. O proxecto arquitectónico é obra de Zaha Hadid, e o seu vangardista deseño integra as zonas de paso cos espazos expositivos, dispostos en dous niveis baixo unha singular cuberta. A crise dos recursos hídricos, as alternativas para o seu bo goberno e posibles escenarios de futuro conforman unha exposición suxestiva e vibrante que conclúe subliñando o significado da auga como Dereito Humano. Exposición:
Auga para a vida A Torre da Auga é unha das construcións emblemáticas de Expo Zaragoza 2008. O edificio suporá un novo fito simbólico e estético para Zaragoza. Obra do arquitecto Enrique de Teresa, destaca polo seu amplo zócalo na planta baixa e pola súa torre acristalada de 78 metros. Transparente, sólida e dinámica durante o día, convértese en faro luminoso durante a noite. No seu interior terá lugar a exposición “Auga para a vida” cuxo contido é unha alegación a prol do ser humano como parte integrante da natureza. A exposición combina dúas miradas sobre a auga, unha contémplaa dende a súa perspectiva natural (zócalo), e outra, dende a súa dimensión cultural (torre). Ao final da ascensión polas ramplas da torre os visitantes atravesarán unha nube e descubrirán o mellor miradoiro da Expo.
Vista da Torre da Auga
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. AS EXPOSICIÓNS | 25
Exposición:
As Paisaxes da Auga O novo acuario fluvial está situado en pleno corazón do recinto de Expo Zaragoza 2008, xunto á porta “Ebro” e o Pavillón de España. Ten 1.600 m2 de mostra accesible ao público e a imaxe exterior do edificio destaca polo movemento das cascadas que caen dende a súa azotea, realzadas, durante a noite, por atractivos xogos de luz. O acuario fluvial de Zaragoza é unha homenaxe aos ríos, á súa alma profunda e á súa fraxilidade oculta. O visitante fará un percorrido polos ecosistemas acuáticos de cinco ríos significativos de outras tantas rexións xeográficas da Terra: Nilo, Mekong, Amazonas, Murray Darling e Ebro.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. AS EXPOSICIÓNS | 26
Prazas temáticas Plaza 1
Inspiraciones acuáticas Espectáculo relacionado con el tema general de la Exposición Internacional, que subraya sus vertientes más lúdicas e imaginativas en un género híbrido entre el teatro de calle y los lenguajes teatrales más contemporáneas. La relación del ser humano con el agua es el argumento principal, en sus dimensiones de escasez y abundancia, y su utilización como elemento dramático se convierte en el principal atractivo. Praza 2
Praza Auga extrema Localízase na fronte fluvial, nas inmediacións do anfiteatro. A instalación terá un total de 800 m2 de superficie expositiva nunha única planta. O exterior simboliza o instante no que unha onda rompe sobre a praia. Composta por materiais de tons azulados translúcidos, a cuberta desta praza filtrará e tinxirá a luz natural do exterior, xerando no seu interior a ilusión óptica das augas profundas.
Vista exterior da praza temática ‘Auga extrema’
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. PRAZAS TEMÁTICAS | 27
O percorrido expositivo somerxerá o visitante no significado da Auga Extrema, o inevitable da súa existencia e da súa xestión adecuada como método eficaz de supervivencia do ser humano. De seguido, o espectador accederá á zona sensorial e derradeira da praza, onde se vivirán as sensacións producidas pola Auga Extrema, experimentando un furacán, tsunami ou gota fría. Praza 3
Praza Sede Unha montaña de sal sobre un volume inchable serve de pavillón e metáfora da sede. No seu interior o visitante desprazarase por unha serie de espazos onde vivirá experiencias directas en torno a esta problemática actual. O visitante descobre entre outras cosas que todo e todos temos sede, e cómo é posible obter auga bebible do ceo e do subsolo ou cómo a necesidade de auga potable permitiu desenvolver técnicas hidráulicas, cultura e coñecemento. Praza 4
Praza Oikos, auga e enerxía Situada nas inmediacións do acuario fluvial e da praza temática de “Cidades de Auga”, conta cunha superficie de 845 m2 dividida en módulos. Nesta praza temática terá lugar unha exposición, divertida e suxestiva, que conduce o visitante a un conxunto de experiencias que demostran a capacidade da auga para producir e almacenar enerxía de forma respectuosa co ambiente, barata e para todos, permitindo acadar altos niveis de benestar.
Recreación da praza temática “Auga compartida”
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. PRAZAS TEMÁTICAS | 28
Praza temática “Sede”
Praza 5
Praza Cidades de Auga Situada ao carón do río, esta instalación expositiva caracterízase por un pavillón aberto e transparente, cuberto por unha pérgola e onde se representa a metáfora da complexidade urbana da cidade contemporánea. A través dunha rampla continua o visitante accederá aos distintos espazos da exposición ata chegar a un gran miradoiro sobre o río Ebro a unha altura de 7.40 metros. Propóñense catro temas fundamentais: a auga como espectáculo urbano, a revalorización dos waterfront ou frontes de auga, ofrecer unha alternativa sostible á presenza da auga nas cidades e as innovacións en distintos aspectos da vida cotiá. Praza 6
Praza Auga compartida Instalación expositiva situada nas inmediacións do porto fluvial e do Pavillón de España. Terá 900 m2 de superficie expositiva, repartidos entre labirintos, pasarelas e unha xigantesca representación da cunca dun río, elevada ata chegar aos 15 metros no seu punto más alto. Auga Compartida substitúe o mapa político polo da Cunca Fluvial, e rompe os límites establecidos polo tiraliñas da historia, a política ou os intereses económicos. O obxecto principal a transmitir son as implicacións e oportunidades que ofrece o concepto de cunca hidrolóxica como unidade de xestión. Fronte ás divisións político-administrativas do territorio, proponse a xestión integral da cunca e a responsabilidade compartida dos diferentes usuarios.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. PRAZAS TEMÁTICAS | 29
Pavillóns de Participantes A zona destinada aos pavillóns de participantes no recinto da Exposición Zaragoza 2008 está dividida en varios sectores: Pavillóns de países participantes Pavillóns institucionais Pavillóns das Comunidades Autónomas Pavillóns de empresas Pavillón de iniciativas cidadás
Pavillóns de países participantes Cada país participante mostrará as achegas propias ao tema xeral da Exposición: Auga e Desenvolvemento Sostible.
Pavillóns institucionais Expo Zaragoza 2008 conta coa presenza dos pavillóns institucionais: Pavillón de España Promovido pola Sociedade Estatal de Exposicións Internacionais (SEEI), o seu deseño inspirouse nos espazos e a luz das plantacións de chopos tan frecuentes nas ribeiras do río Ebro. O seu arquitecto, Francisco Mangado, deseñou unha gran cuberta sustentada por un bosque de piares que configura o soportal de acceso ao edificio conformando un conxunto no que se trata de artellar unha nova exposición sobre a arquitectura bioclimática. Neste terá lugar a exposición “Auga e Innovación“.
Pavillón de Aragón Neste pavillón terá lugar a exposición dedicada ao tema Aragón, diversidade de paisaxes, onde o Goberno de Aragón amosará a importancia da auga e a súa incidencia na Comunidade Autónoma e os usos que desta realizaron as distintas civilizacións.
Pavillón de Iniciativas Cidadás Situado nunha posición moi céntrica, xunto ás prazas temáticas e nas marxes do Ebro, os seus contidos reflicten a vitalidade innovadora da sociedade civil para afrontar os desafíos da Auga e o Desenvolvemento Sostible. Un pavillón aberto á participación tanto de organizacións cidadás locais como ás de ámbito nacional e internacional. A forma e o funcionamento do pavillón inspíranse en elementos do tradicional porrón. Os materiais empregados son naturais: palla, bambú e barro.
Palacio de Congresos Este edificio, de sorprendente perfil quebrado e variable de liñas ascendentes e descendentes, combina a forza e a presenza da luz natural coa súa integración no terreo. No seu interior, alberga un auditorio para un total de 1.450 espectadores, concibido para poder independizar platea e entreplanta, o que dá lugar a dúas áreas para 1.000 e 450 espectadores e usos diversos. Durante o tempo de celebración da Exposición Internacional, o palacio contará cunha área de exposicións con acceso independente, que permitirá o seu uso para actos simultáneos, acollendo, ademais das recepcións oficiais, as actividades de Tribuna da Auga e certas actividades da programación de espectáculos.
Fachada do Pavillón de Aragón
Tribuna da Auga A Tribuna da Auga é un piar básico, xunto coas instalacións expográficas e os espectáculos, de Expo Zaragoza 2008. Está concibido como un espazo de reflexión e diálogo en torno ao tema “Auga e Desenvolvemento Sostible, dende a innovación” no que se invita a participar á comunidade científica, institucións, organismos internacionais, estados, operadores e xestores da auga, así como a todo o público en xeral. O obxectivo principal da Tribuna da Auga consiste en contribuír á xeración dunha nova conciencia social e política que adopte uns valores renovados en torno ao goberno e uso sostible da auga. Para isto, organízanse unha serie de actividades estruturadas en torno a tres eixes que se retroalimentan:
Xeración de coñecemento: • Foro Permanente de Auga e Sostibilidad: espazos de debate abertos ao público no que participan recoñecidos expertos e divulgadores, onde se tratarán os principais desafíos actuais na xestión da auga. Teñen lugar os terceiros martes de cada mes dende xuño de 2006 ata marzo de 2008. • Semanas temáticas. Seminarios nos que expertos debaterán e reflexionarán sobre os diferentes retos globais sobre os recursos hídricos. Organizarase unha semana temática por mes ata o final da Expo 2008, cun total de 6 semanas. • Encontros. Son eventos organizados por ONG’s, universidades e axentes sociais en xeral, entidades do ámbito político e da xestión, da ciencia e a investigación, da empresa, da cooperación e o desenvolvemento, da arte e a cultura, do ambiente, do deporte e os espectáculos, da saúde, etc. que, coincidindo cronoloxicamente coas semanas temáticas, aportarán novos enfoques sobre os temas tratados. • Ágora. Espacios abertos á participación dos visitantes de Expo 2008, onde se poderá interactuar directamente cos expertos (“as 930 preguntas”) ou como oínte nas diferentes sesións (“Tribuna Aberta”). • Eventos Paralelos. Antes e durante a Expo 2008 diferentes organismos e asociacións internacionais (UNESCO, OMS, Foro Rosenberg, …) celebrarán en Zaragoza eventos que enriquecerán a bagaxe analítica e de reflexión da mostra.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. TRIBUNA DA AUGA | 32
Vista interior do Palacio de Congresos e sede da Tribuna da Auga
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. TRIBUNA DA AUGA | 33
Estruturación do coñecemento xerado e existente: • Plataforma de Información e Comunicación, que estruturará de forma coherente todo o coñecemento e a información existente sobre innovación na xestión sostible da auga, traballando en rede con outras plataformas similares en todo o mundo.
Posta en práctica do coñecemento: Realizacións e proxectos demostrativos. Recompilación e promoción de experiencias e proxectos en curso relacionados coa sostibilidade e a xestión da auga, que resulten de interese. Esta rede contará co apoio de diferentes administracións públicas da área mediterránea e o seus contidos serán extensibles a outras áreas do mundo. As experiencias seleccionadas exporanse noutras das actividades da Tribuna, e incorporaranse á Plataforma de Información e Comunicación. Como epílogo ao coñecemento reunido pola Tribuna da Auga, durante as últimas semanas da Expo 2008 celebrarase un “Encontro Internacional sobre Auga e Desenvolvemento Sostible” que dará lugar a unha declaración de conclusións titulada: “Carta de Zaragoza para a Sostibilidade e o Bo Goberno da Auga”. A Tribuna da Auga, unha vez rematado o período Expo, deixará o legado dunha fundación permanente destinada a converterse nun referente internacional en materia de auga e desenvolvemento sostible.
Zaragoza, Sede do Secretariado das Nacións Unidas para a década da auga (2005-2015) Zaragoza pasará a converterse nun lugar de especial importancia mundial para reflexionar e debater sobre a auga. Tanto pola propia celebración da Expo 2008 e a súa fundación permanente, como pola designación desta cidade como sede do Secretariado das Nacións Unidas para a Década da Auga (2005-2015), que leva por título: ‘A auga, fonte de vida’.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. TRIBUNA DA AUGA | 34
programa de cultura e espectáculos Con máis de 3.400 actividades concertadas de cultura e espectáculos, Expo Zaragoza 2008 contará cunha diversa programación dirixida a todo tipo de públicos e en diferentes horarios. Os países participantes tamén programarán os seus propios acontecementos, aportando máis interese e variedade á mostra. Expo 2008 será un espazo de intercambio e comunicación entre os pobos, unha gran festa que suporá unha experiencia inesquecible para o visitante e un legado esperanzador para xeracións vindeiras. O seu programa divídese en varios grupos: Grandes eventos. Son espectáculos que a Expo encargou a diferentes artistas nacionais e internacionais. Inclúen un espectáculo nocturno (tódalas noites ás 23:00 horas na ribeira do río Ebro); a Cabalgata, que a partir das doce do mediodía percorrerá o recinto; o espectáculo especial situado na praza “Inspiracións Acuáticas”, que terá seis pases diarios; así como os espectáculos deseñados para as festas concretas de xullo e agosto. Grandes eventos dedicados á muller, ao lume e aos deportes acuáticos.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. PROGRAMA DE CULTURA E ESPECTÁCULOS | 35
Pequenos espectáculos de animación Accións teatrais relacionadas tematicamente coa auga, levadas a cabo por pequenos comandos de animación ao longo de todo o día co fin de entreter ao público e organizar os fluxos de visitantes no interior do recinto. Balcóns animados Ao longo do día, levarase a cabo unha atractiva e variada programación en distintos recintos tematizados: balcón “das músicas”, balcón “das Artes Escénicas”, o balcón “dos Nenos” e o balcón “das Culturas”. “Inspiracións acuáticas” Espectáculo relacionado co tema xeral da Exposición Internacional, que Subliña a súas vertentes máis lúdicas e imaxinativas nun xénero híbrido entre o teatro de rúa e as linguaxes teatrais máis contemporáneas. A relación do ser humano coa auga é o argumento principal, nas súas dimensións de escaseza e abundancia, o seu emprego como elemento dramático convértese no principal atractivo.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. PROGRAMA DE CULTURA E ESPECTÁCULOS | 36
EXPO Noite. Unha variada oferta que ten lugar en diversos lugares do recinto e que comezará ás 22:30 horas e se alongará ata as tres da madrugada. Inclúe, ademais das últimas actuacións do día nos “balcóns animados”, as actuacións no anfiteatro do río Ebro: noites musicais onde se programarán intérpretes de tódolos estilos musicais; e o “balcón do flamenco”, que conta cunha programación de artistas novos de flamenco. Como complemento de todo isto, no Palacio de Congresos e no Auditorio de Zaragoza (situado fóra do recinto Expo 2008), haberá unha programación especial que acollerá a grandes compañías de teatro e de danza clásica e contemporánea, grandes orquestras e intérpretes musicais, etc.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. PROGRAMA DE CULTURA E ESPECTÁCULOS | 37
O símbolo Un logotipo é unha mascota, gañadores de concursos nos que participaron artistas de gran prestixio, son o símbolo e a imaxe da Exposición Internacional Zaragoza 2008. Dous elementos creados coa misión de comunicar a todo o mundo o carácter dunha Expo que nace coa vocación de ofrecer, partindo dun dos elementos fundamentais da orixe da vida, as grandes solucións para o futuro.
O logotipo A auga e a cidade nunha combinación de grafismo e deseño. Un gran Z realizado en auga que envolve o nome de Expo 2008, a cidade organizadora e o ano de celebración. En canto ás cores, o azul e a transparencia da auga combinan co amarelo e o vermello, colores das tres Administracións organizadoras.
A mascota Fluvi é o nome deste personaxe de deseño amable, simpático, tenro e expresivo que representa a mascota oficial da Expo Zaragoza 2008. Trátase dunha forma simbólica, a gota, a parte positiva da auga. A súa personalidade é orixinal e inconfundible. E a súa misión será a de representar, nas súas distintas aplicacións, a imaxe da Expo 2008 por todo o mundo.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. O SÍMBOLO | 38
Voluntariado e participación Dende el primeiro momento os cidadáns de Zaragoza e doutras moitas partes do mundo amosáronse entusiasmados pola Expo 2008, tanto na fase de candidatura como na actual de organización. Atendendo a esta ilusión e compromiso, a organización conta cun programa que ten previsto formar a uns 15.000 voluntarios. Os voluntarios son “o altofalante” da Expo 2008, sensibilizando e promovendo a Exposición Internacional en múltiples eidos. Tamén son “os ollos” da Expo encargados de atender, axudar e informar aos visitantes detectando calquera incidencia para resolvela con rapidez, aportando un plus de calidade. Os voluntarios son tamén o “valor engadido” da Expo ao ser unha peza chave na atención aos visitantes en lugares específicos, segundo a experiencia e as preferencias cada un dos voluntarios. Por outra banda, as persoas que por non contar con dispoñibilidade horaria suficiente lles resulte imposible ser voluntarios pero desexen colaborar con Expo 2008, poderán inscribirse como “simpatizantes”. Expo 2008 conta á súa vez cun programa de participación aberto a multitude de entidades interesadas en contribuír ao éxito do evento. Para máis información, inscrición e información sobre o programa de voluntariado e participación diríxase a: Oficina de Atención ao Voluntariado Calle Ponzano. Local 1 Zaragoza Teléfono: 902302008 Correo electrónico: voluntariado@expo2008.es”.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. OS VOLUNTARIOS | 39
obxectivos ambientais da Expo 2008 En coherencia co tema central da Expo Zaragoza 2008, a organización do evento está realizando un esforzo para optimizar os recursos dos que dispón e minimizar o seu impacto negativo sobre o medio (procúrase un custo ambiental tendente a cero). Para coordinar e xestionar a proposta ambiental da mostra, creouse a Axencia de Recursos Ambientais da Expo 2008, cos seguintes obxectivos: • Uso eficiente da auga. Introduciranse sistemas de aforro de auga en tódolos edificios, servizos públicos e rego das zonas verdes da mostra, acadando unha reutilización total da auga, incluída a da choiva. • Utilización de materiais respectuosos co medio. Utilización masiva nas construcións de materiais reciclados e madeiras certificadas, dando prioridade no uso aos materiais autóctonos e susceptibles de ser reciclados. • Uso eficiente da enerxía. Os edificios e as instalacións da Exposición Internacional están deseñados con criterios ambientais, utilizando enerxías renovables. Dentro do recinto Expo empregaranse vehículos ecolóxicos, facilitando o acceso dos visitantes a pé, en bicicleta ou mediante transporte público. • Control de residuos. Realizará unha recollida selectiva de tódolos residuos xerados antes, durante e despois da Expo 2008 someténdoos a controis exhaustivos que aseguren a adecuada xestión dos residuos xerados. • Indicadores ambientais. Creouse un sistema de xestión ambiental para facer un seguimento durante todo o proceso antes e durante a Expo 2008. Tamén se introduciron criterios ambientais en tódolos pregos de contratación. • Rescate dos recursos consumidos para a cidade de Zaragoza. A Expo suporá para a cidade a recuperación e adecuación das ribeiras do Ebro, así como a creación dun novo gran parque.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. OBXECTIVOS AMBIENTAIS DA EXPO 2008 | 40
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. OBXECTIVOS AMBIENTAIS DA EXPO 2008 | 41
Consorcio Zaragoza Expo 2008 e plano de acompañamento O Plano de Acompañamento da Expo Zaragoza 2008 resulta do convenio de colaboración entre a Administración Xeral do Estado, a Deputación Xeral de Aragón e o Concello de Zaragoza para financiar a Exposición Internacional de Zaragoza 2008 (decembro de 2005) impulsado polo Consorcio Expo Zaragoza 2008. A súa función principal é a de coordinar as actuacións das distintas Administracións Públicas nos proxectos incluídos no Plano de Acompañamento da Exposición Internacional, así como a supervisión e o seguimento xeral do proxecto. Ademais, encárgase da execución do programa de apoio a acontecementos de excepcional interese público de acordo coa lexislación sobre réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. Este Plano é un conxunto de proxectos e investimentos urbanísticos que teñen como obxectivo estender os beneficios da celebración da Expo 2008 a toda a cidade e o seu territorio metropolitano. Trátase de actuacións sectoriais con vocación integradora, que se poden localizar no plano que se achega. O esforzo inversor global (sen incluír os aloxamentos) sitúase en torno aos 1.000 millóns de euros.
O Parque da Auga
O Ebro
Un gran parque equipado, de 130 hectáreas, situado no meandro de Ranillas, xunto ao recinto de Expo 2008, no que adquirirán un gran protagonismo os usos relacionados coa auga.
O Ebro converterase na “rúa principal” de Zaragoza. Para iso, rexeneraranse uns 30 quilómetros de ribeiras urbanas, potenciando as actividades lúdicas e o achegamento dos cidadáns ao río.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. CONSORCIO E PLANO DE ACOMPAÑAMENTO | 42
O Gállego, o Huerva e a Canle Imperial de Aragón
primeira liña de proximidade, a liña de metro lixeiro norte-sur ou a segunda estación do AVE.
O resto dos ríos e a Canle terán importantes actuacións urbanísticas. Entre o Gállego e Huerva recuperaranse outros 20 quilómetros de ribeiras. Destaca a actuación sobre a Canle, onde se recuperarán preto de 20 quilómetros dende o aeroporto ata A Cartuxa Baixa.
Aloxamentos Vila Expo serán zonas habilitadas especialmente para o aloxamento de participantes e visitantes da mostra internacional.
Accesos ao Recinto Expo
Equipamentos Culturais
A Ronda do Rabal, a ponte do Terceiro Milenio, a renovación da Avenida de Ranillas, o telecabina ou os aparcadoiros son algúns dos proxectos que facilitarán a accesibilidade ao Recinto da Expo.
A oferta cultural da cidade verase incrementada co Espazo Goya, a nova Escola de Arte, a ampliación do Museo Pablo Serrano, o Teatro Fleta e o Paraninfo
Infraestruturas de transporte
Outras actuacións Entre outras actuacións remodelaranse novos espazos urbanos, mellorarase o mobiliario e o alumeado público, o subministro e saneamento de auga, construirase un novo cámping e un parque agrícola, e realizaranse melloras no Galacho de Juslibol e na accesibilidade a La Alfranca.
Entre os proxectos que mellorarán a mobilidade de Zaragoza e o seu entorno, destacan infraestruturas como o peche do Terceiro e Cuarto Cinturón, a variante da N-II en Santa Isabel e o ramal norte do Actur; a mellora e ampliación do aeroporto, a estación de autobuses, a
AP
68
te Z 40
RECINTO EXPO AP2
Ronda Es
Parque del Agua
Estación Intermodal Delicias
Ebr
o
Casco Histórico
AP2
AP
km
0
1
68
5
Plano de Acompañamento
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. CONSORCIO E PLANO DE ACOMPAÑAMENTO | 43
Post Expo O compromiso de Expo Zaragoza 2008 non remata na clausura da propia Exposición. O desexo de ir alén no tempo, expresando a vontade de que a cidade, os seus habitantes e os seus visitantes poidan desfrutar dun conxunto de elevado nivel urbanístico e ambiental.
O recinto Converterase nun parque cultural e científico que convivirá cos usos deportivos e de parque natural da área adxacente. Nese espazo terán lugar tanto actividades propiamente culturais como outras de carácter popular e de lecer.
Os pavillóns internacionais serán espazos modulares destinados a oficinas e servizos. Preténdese priorizar así os usos correspondentes a terciario avanzado e espazos produtivos de primeiro nivel, obxectivo fundamental que se sustenta na elevada calidade do entorno urbanístico e arquitectónico.
As exposicións temáticas o Pavillón Ponte, o Acuario e a Torre da Auga, así como o Pavillón de España, converteranse en equipamentos culturais de escala metropolitana.
O Palacio de Congresos Continuará co seu uso como centro de convencións de última xeración.
O Pavillón de Aragón Será destinado como sede dunha consellería do Goberno de Aragón. Os espazos comerciais e de restauración, así como os establecementos hoteleiros, ampliarán a oferta global da cidade. En definitiva, despois do 2008, Zaragoza contará cun novo gran parque equipado no que se producirá unha atractiva combinación de elementos didácticos e de lecer, culturais e universitarios, en coexistencia cos usos terciarios do espazo empresarial adxacente.
Benvido a un futuro que comeza o 14 de setembro de 2008.
Benvidos á Post Expo Zaragoza 2008.
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. POST-EXPO | 44
ExpoZaragoza2008. Auga e Desenvolvemento Sostible. POST-EXPO | 45
RECINTO EXPO Portas 1 Porta da Torre da Auga 2 Porta do Pavillón Ponte 3 Porta do Ebro Pavillóns temáticos 4 Torre da Auga 5 Pavillón Ponte 6 Acuario Fluvial
Prazas temáticas 7 Auga extrema 8 Sede 9 Oikos 10 Auga compartida 11 Auga e cidade
14 Pavillón de comunidades autónomas e empresas 15 Pavillóns participantes 16 África subsahariana 17 América latina 18 Comunidade do Caribe 19 Pavillón de iniciativas cidadás
Pavillóns 12 Pavillón de España 13 Pavillón de Aragón
Espazos Escénicos 20 Inspiracións acuáticas
21 Anfiteatro 22 Gradas espectáculo fluvial Outros edificios e espazos 23 Palacio de Congresos 24 Oficina Expo 25 Oficinas dirección xeral de construción 26 Centro de visitantes 27 Aparcadoiro de autobuses
PA R Q U E D A A U G A 28 Edificio de cabeceira 29 Canle reguladora 30 Acueducto 31 Balsas e canles de navegación 32 Canle de augas bravas 33 Invernáculo 34 Pavillón de baños
35 36 37 38 39 40
Embarcadoiro Centro termal Soto natural Illa dos paxaros Porta do parque Captación de augas
ARREDORES 41 Ponte do Terceiro Milenio 42 Avenida da Ronda do Rabal 43 Avenida de Ranillas 44 Avenida de Pablo Ruiz Picasso 45 Pasarela peonil Praia dos Anxos 46 Ponte da Almozara 47 Centro acuático polivalente 48 Comisaría de policia 49 Edicicio central de frío-calor
50 51 52 53 54 55 56 57 58 59
Subestación eléctrica Set 132 Kv Edificios hoteleiros Hotel Iberus Barrio do Actur Barrio da Almozara Embarcadoiro Expo 2008 Bulevar da Estación Intermodal Clubes deportivos Ponte da autoestrada (Z- 40) Río Ebro