Leypublicidad vanesa

Page 1

Vanesa Álvarez Pérez

A LEI E A PUBLICIDADE ANUNCIO: Spot KH-­‐7 Quitagrasas genérico VÍNCULO: https://www.youtube.com/watch?v=ID-­‐8lng0eZg MARCA: KH-­‐7 ESLOGAN: KH-­‐7 FUNCIONA VÍDEO: As imaxes son nunha cociña e hai moitos primeiros planos. A música acompaña o anuncio e tamén o estrutura. Pódese ver na televisión. TEXTO: Non hai moito texto, só ao principio pon “KH-­‐7 y Bigas Luna” e ao final pon o eslogan e tamén o dice. PRINCIPIO QUE NON CUMPLE: Non cumple o principio de legalidade, que obriga a cumprir as leis establecidas. FUNDAMENTACIÓN: O anuncio non respeta os valores, dereitos e principios da legalidade xa que mostra contido non lícito e sexual a horas nas que os menores poden ver a televisión. Ademáis, este anuncio tamén oculta unha campaña sexista. Utiliza o home que limpa para dar un aire moderno e rompedor e acabar có tópico da muller que se queda na casa a limpar. Pero o que hai baixo esa máscara moderna é unha campaña sexista, que só é igualitaria cos anuncios dirixidos a homes nos que usa o sexo dun modo descarado. Pero segue sendo un anuncio para mulleres: é ela, non a que limpa, pero sí a que fai limpar, a que indica cómo debe facerse, porque é ela a que sabe cómo se fai. Cando lle ensina a usar os produtos, actúa máis como nai que como amante, e ao final, a limpeza é cousa de mulleres porque, seguindo o tópico, os homes non teñen nin idea. Eso si, o premio por ter a casa limpa ten un fin sexual, polo que, o quitagrasas xa o venden como si fose un coche.


Vanesa Álvarez Pérez

ANUNCIO: Spot de Revitalift Láser X3 VÍNCULO: https://www.youtube.com/watch?v=ka24O8k94FY MARCA: L’OREAL Paris ESLOGAN: Tú lo vales VÍDEO: As imaxes son dunha muller e ao mesmo tempo tamén hai imaxes da crema. A música é secundaria, só acompaña o anuncio. Pódese ver na televisión. TEXTO: O texto tanto escrito, como falado, dinos que cambiemos unha sesión láser por esta crema xa que di que é un fito científico. Ten 3% de ácido hialurónico e prol-­‐xylane. É unha crema antiedad de tripla acción: reduce engurras, enche a pel e remodela contornos. Segundo este anuncio, o 84% das mulleres prefiren RevitaLift Láser X3 . PRINCIPIO QUE NON CUMPLE: Non cumple o principio de veracidade, que esixe o cumplimento da verdade nos contidos publicitarios. FUNDAMENTACIÓN: O anuncio promete unha pel nova e uns resultados aínda mellores que os dunha sesión láser, en realidade, a xente nos foros e comentarios de blogs quéixase dos malos resultados deste produto. Nin é eficaz, nin cumpre o que promete, ademais pode ter efectos secundarios na pel como a súa irritación. Por exemplo, unha consumidora deste produto di: “en especial as cremas, déronme resultados moi negativos, dende pel seca, grasa, e demáis”.


Vanesa Álvarez Pérez

ANUNCIO: Coca Cola VÍNCULO: http://k06.kn3.net/811C820EF.jpg MARCA: Coca Cola TEXTO: O texto só nos mostra a marca do produto, Coca Cola. IMAGEN: A imaxe móstranos a marca que coincide co nome de produto e á beira compáranolo con dous bonecos. PRINCIPIO QUE NON CUMPLE: Non cumpre o principio de autenticidade, que se refire á necesidade de que o público poida recoñecer claramente que é unha mensaxe publicitaria. FUNDAMENTACIÓN: Non cumpre este principio porque a palabra escrita esconde unha mensaxe racista que a primeira ollada non vemos, pero o noso cerebro si. É unha mensaxe subliminar que se emite por baixo do limiar de percepción consciente e que incita ao consumo dun produto. Nós non somos conscientes desta mensaxe oculta, só vemos un cartel que anuncia un produto. Pero o noso subconsciente sí que o ve e interprétao.


Vanesa Álvarez Pérez

ANUNCIO: Fairy Poder Antigrasa VÍNCULO: https://www.youtube.com/watch?v=ZxvAcFDGDhI MARCA: Fairy ESLOGAN: Fairy todo en 1 para el lavavajillas, poder antigrasa incluso en ciclos cortos VÍDEO: As imaxes do vídeo céntranse na cociña. No lavalouzas, concretamente, e tamén hai moitos primeiros planos do produto. Tamén hai unha toma no xardín que nos mostra unha familia feliz. A música é creada para o anuncio e estrutúrao. O anuncio pódese ver na televisión. TEXTO: Un narrador di que en media hora chegarán máis invitados pero o produto que a muller pretende usar non é recomendado para ciclos curtos. Despois di que non se preocupe que ten o novo Fairy todo nun para o lavalouzas que pode utilizar en ciclos curtos e a diferenza doutros disólvese rápido. Queda todo impecable xusto a tempo. Ao final, recomenda que probes o produto.


Vanesa Álvarez Pérez

PRINCIPIO QUE NON CUMPLE: Non cumpre o principio de libre competencia, que impón certo respeto aos competidores á hora de facer publicidade. FUNDAMENTACIÓN: Este anuncio crítica outros produtos, non di a súa marca, pero sí que fai unha comparación. Móstranos as vantaxes do Fairy dicindo que pode ser utilizado en ciclos curtos e que, ao contrario, outros produtos non se poden utilizar en ciclos curtos. Utiliza a comparación deste produto con outros para incitar á xente a consumir este produto. Resaltando a vantaxe de que serve para ciclos curtos, en cambio non fai mención do seu prezo, cousa da que a xente se queixa nos foros xa que entre outras desvantaxes como que as cápsulas se desfán, tamén se atopa o elevado custo do devandito produto. Polo que de pouco serve a vantaxe que anuncia respecto doutros produtos que critica se se incrementa o prezo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.