Metodoloxia plan proxecta xunta

Page 1

Curso 2013/2014

ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

MANUAL GALICONS-NET. PAUTAS METODOLÓXICAS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO.

Como realizar o noso proxecto. 1


I. Que é Galicons-Net? A participación no programa Galicons-net supón a realización de proxectos sobre consumo responsable e calidade de vida para o desenvolvemento dos valores e competencias básicas das distintas etapas educativas. Galicons-net ten como obxectivo potenciar a educación para o consumo responsable nos centros escolares da Comunidade Autónoma Galega.

II. Sobre traballar?

que

temas

podemos

Os centros participantes deberán realizar un proxecto sobre algunha das seguintes propostas de traballo, seleccionando unha área e unha subárea que mellor se adapte ás necesidades do centro: 1. Publicidade 1.1. Publicidade na miña contorna. 1.2. Publicidade dirixida á adolescencia. 1.3. Publicidade: onte, hoxe e mañá. 2. Consumo e xénero 2.1. Xoguetes, xénero e publicidade. 2.2. Impacto das relacións de xénero no consumo. 2.3. Consumo e xénero: onte, hoxe e mañá. 3. Comercio electrónico 3.1. Hábitos de consumo de comercio electrónico. 3.2. Seguridade no comercio electrónico. 3.3. Comercio electrónico: onte, hoxe e mañá. A temática seleccionada deberá estar incluída e gardar relación e coherencia coa programación.

2


III. En que participación?

consiste

a

nosa

O profesorado participante deberá elaborar e coordinar un proxecto que será desenvolto polo alumnado a través dun pequeno traballo de investigación, que deberá ser transmitido a outros grupos ou colectivos e, como mínimo, deberá ser exposto a outos grupos da comunidade educativa (alumnado de outro nivel, profesorado ou ANPA).

Nunha primeira fase, o profesorado recabará información sobre a temática seleccionada, así como sobre a situación real do centro ao respecto (cando sexa preciso) para poder coñecer de forma veraz o punto de partida do alumnado.

Na segunda fase, o alumnado “investigará” sobre o tema definido polo profesorado implicado no proxecto que guiará dita investigación aportando as directrices sobre o que implica un traballo de investigación; principalmente a fase de documentación.

Será na terceira fase onde, para rematar, o alumnado sintetizará o aprendido e presentarao ao grupo ou grupos elexidos.

Paralelamente, o/a coordinador/a do proxecto realizará unha memoria pormenorizada do mesmo, que deberá estar recollida na memoria de centro.

IV. Que recursos podemos utilizar? As actividades e recursos ofrecidos pola Escola Galega de Consumo para contribuír a que os centros acaden os obxectivos descritos nos proxectos son: 

Cursos de formación de profesorado sobre cada unha das áreas de traballo en PLATEGA.

Recursos didácticos e materiais pedagóxicos específicos que se poden consultar e solicitar en réxime de préstamo a través da Mediateca da EGC (da rede MEIGA).

Asesoramento aos centros implicados sobre proxectos e sobre contidos. 3


Preferencia para participar nas actividades do Programa AKAL (obradoiros e charlas) dirixidas ao alumnado, profesorado e ANPA.

Espazo en Redeiras para consultar e compartir recursos multimedia.

V. Como se valoran os proxectos? Nos proxectos valorarase a relacion e contribución do mesmo ao desenvolvemento efectivo da educación en valores e das competencias básicas mediante.. Tamén se terá en conta a eficacia das metodoloxías empregadas, a implicación os axentes participantes e a integración eficaz do proxecto na planificación anual do centro e nas específicas do profesorado nas aulas. Por último, valorarase a creación dunha rede de traballo colaborativo e interdisciplinario así como o potencial de transferibilidade do proxecto ao resto da comunidade educativa dentro e fora do centro.

Os criterios de valoración específicos dos proxectos Galicons-net, serán: 

A coherencia da pescuda realizada polo alumnado cos obxectivos descritos no proxecto.

O alcance da difusión da información recompilada a outros colectivos, transmitida polo alumnado (sendo obrigatorio, como mínimo, algún grupo da comunidade educativa).

A calidade da memoria final e dos materiais producidos.

VI. Cales son os pasos metodolóxicos para realizar o noso proxecto? O proxecto en 10 pasos.

1. temática En primeiro lugar, debemos definir sobre que temática queremos traballar, escollendo entre as áreas e subáreas que figuran no apartado número II deste manual. Teremos que concretar 4


cal é o noso obxecto de estudo e darlle un título. O tema pode axustarse a necesidades da aula ou a cuestións que se estean a traballar, pero primordialmente debe dar resposta ao interese ou necesidade do alumnado, o cal é un garante para unha maior motivación e implicación no proxecto.

2. xustificación Nun segundo paso, procederemos a realizar a xustificación ou fundamentación; é dicir, cáles son os motivos polos que nos decantamos pola temática que imos traballar, indicando a súa coherencia coa programación xeral anual do centro de xeito claro, incluídas as programacións específicas dos docentes participantes. Tamén nos documentaremos sobre o tema, revisando a bibliografía e materiais que sexan precisos.

3. obxectivos Nunha terceira fase debemos enumerar cales son os obxectivos que queremos acadar co noso proxecto de investigación, diferenciando entre os obxectivos xerais e os obxectivos específicos e/ou operativos. Os obxectivos xerais son aqueles que dan resposta ás finalidades xenéricas dun proxecto e os específicos e/ou operativos derivan dos anteriores e indican os efectos específicos que agardamos acadar co noso proxecto. Os obxectivos deben estar tamén en relación coas competencias coas que se traballa no proxecto.

4. indicadores Xunto con cada obxectivo, no paso número catro, estableceremos indicadores (cuantitativos e/ou cualitativos) que nos permitirán, ao final do proxecto, realizar unha correcta avaliación e medir que grao de cumprimento dos obxectivos propostos acadamos.

5


5. metodoloxía O quinto paso consistirá en deseñar as técnicas ou ferramentas metodolóxicas que imos utilizar para levar a cabo o proxecto, que poden ser moi variadas segundo a temática escollida (revisións bibliográficas, observación, traballo grupal, traballo con materiais audiovisuais, uso de artes plásticas, dramatizacións, tormenta de ideas, enquisas, entrevistas etc.)

6. cronograma e temporización En sexto lugar, estableceremos un cronograma ou temporización das actividades que imos ir desenvolvendo, co obxectivo de racionalizar os tempos e cumprir os obxectivos nos prazos establecidos; tratándose en todo caso dunha programación flexible que permita modificacións e adaptacións.

7. investigación En sétimo lugar, o alumnado procederá á realización efectiva do proxecto de investigación, executando todo o planificado nos puntos anteriores, guiados en todo momento, polo equipo docente que participa no proxecto.

8. presentación Unha vez realizado o proxecto, o alumnado realizará unha presentación pública do proxecto de investigación, que tamén debe ser descrita e recollida na memoria, realizando unha transferencia dos coñecementos acadados, que son difundidos a persoas alleas á execución do proxecto. 6


9. avaliación En noveno lugar, volveremos a revisar os nosos obxectivos e daremos resposta aos indicadores que lles asignamos no paso catro, e redactaremos a avaliación baseándonos no seu grao de cumprimento.

10. memoria final O décimo e derradeiro paso consiste na redacción da memoria final, na cal se dará conta de todos os pasos sinalados neste decálogo metodolóxico

7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.