CATARATAS DO IGUAZÚ
As Cataratas do Iguazú, un mundo de auga en branco e azul.
Neste vídeo verás as Cataratas do Iguazú,vista desde dous países; Brasil e Arxentina: https://www.youtube.com/wat ch?v=Zs4uKb2Yi5I
Cataratas do Iguazú As Cataratas do Iguazú están situadas nunha zona de bosque tropical, caracterizado polas frecuentes choivas e a alta humidade do aire, o clima da rexión é subtropical caracterizada por veráns cálidos, húmidos e invernos frescos, con precipitacións abundantes nas zonas litorais, que van diminuíndo por un inverno cada vez menos húmido conforme aumenta a distancia da costa.
CATARATAS DE IGUAZÚ
Localización As cataratas de Iguazú atópanse en América do Sur (Hemisferio sur) e serven de fronteira natural entre Arxentina, Paraguay e Brasil. O 80% das Cataratas do Iguazú localízanse no Parque Nacional Iguazú (Arxentina) e o 20% no Parque Nacional do Iguaçú (Brasil).
Características Este conxunto de fervenzas está formado por 275 saltos de auga de ata 80 metros de altura. É considerado unha das sete marabillas naturais do mundo e tamén Patrimonio da Humanidade. Algúns datos de interese para visitantes son que se fala o castelán e o portugués, a moeda é o real brasileiro e o peso arxentino e, con respecto a España, son catro horas menos.
Formación As cataratas formáronse debido a unha falla xeolóxica de 80 m no cauce do río Paraná; hoxe alí atópase a famosa “Garganta do Diaño” e desde alí formáronse o resto de fervenzas. Curiosidade: As lendas dos indios da rexión contan que a gran falla do Iguazú foi obra do deus serpe M’Boi, cego de ira ao darse de conta de que a bela Naipi fuxira co guerreiro Tarobá.
Lado arxentino e brasileiro As cataratas están divididas en dous lados: O lado arxentino comprende o 80% do conxunto, é un dos máis apreciados debido ao gran número de fervenzas; pódese pasear polas pasarelas, andar en barca... O lado brasileiro ten menor número de saltos de auga pero non lle ten nada que envexar ao outro lado; só hai unha pasarela que vai nun só sentido, desde ela conseguirás unhas vistas panorámicas impresionantes; ademais a flora e a fauna é marabillosa.
Época do ano para ir É recomendable ir entre marzo e maio, xa que daquela acaba de rematar a época de choivas e as cataratas están desbordadas. Ademais non fai tanta calor coma no verán, aínda que ao ser clima tropical, as temperaturas non baixan dos 23 Cº en todo o ano.
Que levar Zapatillas cómodas: posiblemente camiñes moito, polo que é recomendable levar calzado cómodo. Crema solar e repelente de mosquitos: as cataratas de Iguazú son unha zona calorosa, polo que se non queres sufrir queimaduras, é mellor levar protector solar. Ademais, por esa zona hai moitos mosquitos; por iso é recomendable levar un repelente. Sombreiro ou gorra: podes levar un sombreiro ou unha gorra para protexerte do sol. Roupa solta que non che importe mollar: se visitas estas fervenzas vaste mollar, iso seguro, entón debes levar roupa solta e que seque rápido. Toallas: se queres tamén podes levar toallas para poder secarte.
Vacinas Principalmente é recomendable vacinarse da febre amarela. Esta enfermidade é transmitida polas picaduras de mosquito, e como nas cataratas de Iguazú estes insectos son moi abundantes é recomendable vacinarse.
FIN