1
1. TRANSPORTE E ALOXAMENTO 1.1 Canto vai custar? Establecemos un orzamento. Programa a viaxe nun medio de transporte para 26 nenas e nenos. Canto custaría?
Tal e como observamos na captura de pantalla anterior, o prezo do billete en autobús oscila entre 5€ e 9€, de tal xeito que collemos o prezo máis alto, xa que se sobra algo podemos dedicalo a mercar unas merendas ou uns xeados para todos e todas. Ida: 9 x 26 = 234€ Volta: 9 x 26 = 234€ Total: 234 + 234= 468€ O custe total do transporte, ida e volta, será de 468€. 1.2 Pensamos quedarnos de acampada unha noite. Busca a mellor oferta para 26 nenas e nenos, e calcula canto nos custaría. Uns consellos: reserva para os meses de xuño ou setembro; e procura que estea o máis próximo posible ao parque para chegar andando e non ter que gastar máis cartos en autobús. Na zona hai dous cámpings: •
Cámping “Las Dunas”: 1,2 km ás Dunas de Corrubedo (a pé).
•
Cámping de Coroso: 7,8 km ás Dunas de Corrubedo (a pé). 2
Á hora de escoller o cámping imos ter en conta dúas variables: a distancia e o prezo. En base a isto, o cámping elixido é “Las Dunas” xa que é o máis próximo e o máis barato. A continuación achéganse unas fotografías do cámping “Las Dunas”.
Para calcular os prezos da estancia, podemos comprobar na súa páxina web as súas tarifas:
Como imos a estar no último de curso de primaria, a idade que imos ter será 11 ou 12 anos polo tanto temos que pagar 5,15€ cada un de nós e a maiores 5,15€ de tenda de campaña. Non collín a tenda de dúas prazas porque a convivencia entre nós é fundamental, sobre todo despois do Covid-19. Na páxina web onde aparecen as tarifas non indica os meses, polo que se pode entender que todo o ano ten os mesmos prezos.
3
5,15 (persoa) + 5,15 (tenda) = 10,3 € por persoa 10,3 x 26 = 267,8 € O prezo total da acampada no cámping “Las Dunas” será de 267,8€. 1.3 Cal sería o prezo total do transporte e do aloxamento? Prezo do transporte: 468€ Prezo do aloxamento: 267,80€ Total: 468 + 267,80 = 735,80€ O prezo total do transporte e do aloxamento sería de 735,80€. 1.4 Para que as nosas familias non gasten tanto, imos organizar un mercadiño con produtos elaborados de material reciclado. Pretendemos conseguir así o 60% do orzamento e o outro 40% sería sufragado polas familias. Polo tanto: •
Que cantidade obteríamos pola venda de produtos?
735,80 x 60% = 735,80 x 60 : 100 = 441,48€ Pola venda de produtos elaborados de material de reciclado obteríamos 441,48€. •
Que cantidade deberían poñer as familias?
735,80 – 441,48 = 294,32€. As familias deberían poñer 294,32€. •
Canto debería traer cada nena ou neno?
294,32 : 26 = 11,32€ Cada nena ou neno debería traer 11,32€.
4
2. PREPARANDO A MALETA 2.1 Para preparar a maleta e saber o que temos que levar, debemos ter en conta o biotopo deste parque natural. É dicir, a media dos datos climáticos dos meses de xuño e setembro. Consúltaos no enlace seguinte; fíxate que a liña vermella sinala as temperaturas medias nos climogramas, e as barras azuis a cantidade de precipitacións.
Despois de observar a gráfica, podemos obter os seguintes datos: Mes
Tª máx. (ºC)
Tª media (ºC)
Tª mín. (ºC)
Precipitación (mm)
Xuño
24,2
19
13,9
50
Setembro
24,2
19,2
14,2
64
En calquera dos dous meses as temperaturas son semellantes, o que aumenta é a probabilidade de que choiva no mes de setembro. 5
2.2 Xustifica que mes (xuño ou setembro) será mellor para ir e escribe unha relación da roupa e do calzado que seleccionarías. Ten en conta o tipo de chan por onde se vai andar e as actividades que alí se poden facer. O mellor mes segundo as estatísticas é xuño, sobre todo pola pouca probabilidade de chuvia que hai. En canto ás temperaturas son moi semellantes. Como en xuño (estamos entrando no verán) e os días son máis longos creo que é o mes ideal. Na seguinte táboa indico roupa e calzado que eu seleccionaría: Roupa • • • • • • • • • •
2 pares de calcetíns roupa interior para dous días 2 traxes de baño 2 pantalóns curtos 1 pantalón largo/leggins 2 camisetas 1 xersei/suadoiro 1 cazadora de verán 1 cazadora de choiva (se chove). 1 gorra
Calzado • Tenis / calzado deportivo • Calzado de choiva (botas) se chove/calzado de sendeirismo. • Chancletas ou fanequeiras para estar na auga do mar/ou piscina.
3. Datos para coñecer o Parque Natural 3.1 Se hai algo único e característico neste parque son as dunas. Escribe que significa esta palabra e indica cando se formaron. Definición da RAG de Duna: Monte de area formado pola acción do vento nos desertos e nas praias. O conxunto xeolóxico do Parque Natural formouse entre os 12.000 e 15.000 anos, na era Cuaternaria. Foi a época na que desapareceron os mamuts e os mastodontes e se desenvolveron os humanos anatomicamente como os coñecemos hoxe.
6
3.2 Se imos a este parque natural, é porque queremos coñecer algúns aspectos interesante que só alí se poden observar. Resume coas túas palabras, sen copiar, o máis salientable en canto á fauna, flora e lugares de interese ou patrimonio material. Fauna Corrubedo ten moito interese ornitolóxico é dicir que ten moita abundancia e interese nas súas aves, reprodución, migración e invernada de moitas especies. A súa fauna tamén se ve influída pola súa flora. Podemos atopar: píllara dourada dos areais, pernileiro, mazarico, pilro tridáctulo, pilro común, bilerico pativerde, carrizo, galiñola negra, alavanco real, mergullón pequeno, galiñola de río, tartaraña da xunqueiras, parrulo chupón, corvo mariño grande, patos (alavanco, pato cullerete, cerceta común, pato cincento, pato asubiador e pato rabilongo), garza real, culleiro, cisne real, mobella, pentumeiro, etc. Ademais do seu interese polas aves, tamén destacan as seguintes especies: •
Anfibios están representados no parque o 70% das 14 especies autóctonas de Galicia (10/14).
•
Réptiles cunha porcentaxe do 70% (14/20) de especies de Galicia.
•
Mamíferos: lontra, cetáceos, golfiños, toniñas, porco teixo, raposo, ourizo, esquío e xabarín.
•
Crustáceos.
•
Peixes.
7
Flora Ao falar da flora podemos destacar o seguinte: •
A propia da duna fixa. A area propia da duna e das praias posúe matogueiras (toxos, queirogas e carrasca), fentos, liques, carballos, ameneiros, salgueiros, zonas de cultivo, tamargueiras, arbustos tolerantes ao sal,...
•
Marismas e lagoas. Hai plantas resistentes ao sal (halófitas). Sobre todo hai xuncos, verdoaga marítima e herba salgada. Tamén hai espadanas, lirio amarelo, orquídeas, satirón corpudo, lengüeira, espiral, etc.
•
Areais e dunas. As plantas cumpren un papel fundamental para evitar que o vento se leve a area das dunas. Son exemplo as espiñentas, as honquenias, herba de namorar, feo de praia, melga mariña, etc.
Lugares de interese ou patrimonio material Entre os lugares de interese ou patrimonio material podemos destacar os seguintes: •
Castro de Porto de Abaixo. Hai muros vellos dun antigo poboado fortificado que data dos séculos IV a II antes de Cristo. Foi descuberto no ano 1978.
•
Estelas funerarias. Datan dos séculos II-III despois de Cristo. Son monumentos mortuorios que fixeron os romanos.
•
Muíños. Vense moitos restos de muíños que había á beira dos ríos. Nos muíños de maquía, o muiñeiro cobraba por cada saco que moía. En canto ao seu funcionamento, a auga chega ao muíño por unha canle desde unha presa na que se desvía o río. Cae a través dun balde no rodicio. Coa forza da caída, o rodicio xira e o seu xiro fai mover unha das pedras: a moa. Deste xeito, o gran que cae entre a moa e o pé transfórmase en fariña.
8
•
Telleiras. Era unha importante industria no Barbanza do s. XIX. Nelas cocíanse tellas e tamén ladrillos.
Tamén temos outros lugares como o Dolmen de Axeitos (3,4km aproximadamente 45 minutos andando desde as Dunas de Corrubedo), os petróglifos da Pedra das Cabras do Facho (7,1km aproximadamente 1 hora e media desde as Dunas de Corrubedo), miradoiro de Taúme (3,5km a 47 minutos desde as Dunas de Corrubedo) ou do Castro da Cidá (6,8km a 1 hora e 28 minutos). Isto visto así desde un punto de partida desde as Dunas non ten moito sentido, sen embargo poderíase facer unha ruta de sendeirismo da seguinte maneira:
O ideal neste caso sería facer o camiño en dúas etapas en dous días distintos, xa que se trataría de 30 km e 6 horas e cuarto de tempo necesario. De todas formas estaría ben!
9
4. Difundimos o aprendido 4.1 Cartaz ou anuncio publicitario
4.2 Ímoslle escribir a unha clase de 5º do CEIP de Guenia, situado en Teguise, unha localidade da illa de Lanzarote. Contarémoslle en forma de carta, a lenda deste parque natural e indicarémoslle tamén algunha das súas características.
Santiago de Compostela a 14 de mayo de 2020
Queridas/os alumnas/os de 5º: Me llamo Alba y formo parte de una clase de 5º de educación primaria en el CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. Hoy me gustaría compartir con vosotros un lugar muy especial, al que posiblemente iremos toda la clase de acampada en excursión de fin de curso el año que viene. ¡A lo mejor os animáis y venís a visitarnos! 10
Ese lugar es el Parque Natural “Complejo dunar de Corrubedo y las lagunas de Carregal y Vixán”. Corrubedo es una pequeña villa marinera que pertenece al Ayuntamiento de Ribeira en la provincia de A Coruña. Hay un precioso sistema dunar que no puede pisarse, no se pueden arrancar plantas, molestar a los pájaros,... Lo mejor de todo es poder disfrutar del paisaje, de la playa, de las rutas de senderismo, de su historia y de sus leyendas. Corrubedo es un lugar muy hermoso que si queremos que mantenga su vitalidad natural hay que respetarla. Sobre este Parque Natural hay tres leyendas que lo hacen todavía más mágico. La primera de ellas nos cuenta como el caballo del Apóstol Santiago dejó sus huellas sobre las “Piedras de la Laguna” (Pedras da Lagoa), con la finalidad de convertir a los moros en cristianos. La segunda de las leyendas trata de un rey moro que quiere tener por esposa a una princesa del pazo de “Reirís”. Al no conseguir su propósito destruye toda la ciudad. El rey atrapa al moro y lo mete bajo el agua hasta que desaparece. Desde aquel momento tres veces al día y tres veces a la semana se escucha respirar a un toro en la zona. La tercera y última de las leyendas nos cuenta que debajo del montón de arena aparecieron una campana y un esquilón, que en un principio estuvieron en las iglesias de Bretal y de Oliveira y que finalmente acabaron en Toledo. Es en este lugar donde al ser tañidas rompían los cristales de todas las casas. De ahí el dicho popular “Dúas campás ricas campás” (“Dos campanas ricas campanas”). Os invito a todos a venir, en el camping también hay sitio para todos vosotras y vosotros. No os olvidéis de traer muchas ganas de vivir en y con la naturaleza. Un saludo y muchos abrazos para las/los alumnas/os 5º del CEIP de Guenia (Teguise) en Lanzarote. Alba Vieito Aradas.
5. Fontes empregadas htps://www.rome2rio.com/es/map/Santiago-de-Compostela/Riveira (prezo transporte) https://www.google.es/maps/ (distancias do camping ás Dunas de Corrubedo) https://www.campinglasdunas.net/tarifas (prezo dos servizos do cámping)
11
http://ntic.educacion.es/w3//recursos/primaria/matematicas/porcentajes/menuu2.h tml (cálculo de porcentaxes) https://es.climate-data.org/europe/espana/galicia/ribeira-882718/ (datos climáticos de xuño e setembro de Ribeira) https://academia.gal/dicionario (para buscar palabras que descoñezo e escribilas ben) http://galicianaturaleunica.xunta.gal/gl/complexo-dunar-corrubedo-lagoas-carregalvixan (información do complexo dunar de Corrubedo) https://www.sientegalicia.com/blog/dunas-de-corrubedo-desierto-galicia/ (información do complexo dunar de Corrubedo)t https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais/complexodunar-de-corrubedo?langId=es_ES (información do complexo dunar de Corrubedo) https://www.turismo.gal/docs/mdaw/mza2/~edisp/turga306821.pdf?langId=es_ES (documento en PDF informativo sobre o complexo dunar de Corrubedo)
12