AS NOSAS COUSAS Nยบ 9
AS NOSAS COUSAS Nยบ 9
v A HISTORIA DAS FORMIÑAS DE 3 ANOS (EI-3)
4
v AS MATEMÁTICAS A TRAVÉS DA ARTE (EI -4)
8
v XOGAMOS COS NÚMEROS (EI-5) v AS MATEMÁICAS E A FOTOGRAFÍA! (EP 1)
12 16
v UN DÍA MATEMÁTICO E MATEMÁTICOS/AS FAMOSOS/AS (EP2) v CONTOS MATEMÁTICOS (EP3) v XEOMETRÍA NO NOSO MUNDO (EP4) v MAIO DAS LETRAS 2013:
20 24 28
30
ROBERTO VIDAL BOLAÑO v HIPATIA DE ALAEXANDRÍA E PITÁGORAS (EP5)
33
v NUMBERS CROSSWORD (EP1)
34
v NUMBERS CROSSWORD (EP2) v CALENDAR WORDS (EP6)
36 37
v A SIMBOLOXÍA DOS NÚMEROS (RELIXIÓN EP6)
38
v A BIBLIOTECA DA MAGA TOMASA
42
v DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: "DISCALCULIA OU TRASTORNO DO CÁLCULO" v PROXECTO ANUAL: "O NOSO CALENDARIO" v PROXECTO ANUAL: "TRABALLAR A ARTE CON
44 46 48
GAFAS MATEMÁTICAS" v MARABILLAS MATEMÁTICAS (ANPA)
52
v AS NOSAS FESTAS E TRADICIÓNS
56
OUTUBRO
NOVEMBRO
DECEMBRO
XANEIRO
MARZO
FEBREIRO
ABRIL
MAIO
A ANPA do CEIP Alfonso Rodriguez Castelao presenta…
MARABILLAS MATEMÁTICAS!
Matemáticas e Natureza
As matemáticas están moi presentes na natureza, aínda que ás veces non nos demos de conta. Por exemplo… Sabías que hai bolboretas que nas súas ás teñen números debuxados? Unha das máis coñecidas é a mariposa “88”… a que é bonita?
E nestas fotos podes atopar outros números que aparecen nas ás das bolboretas… é sorprendente!
A natureza tamén amosa, na súa diversidade de formas, unha relación interesante coa xeometría. Observade estas fermosas formas…
Unha das formas xeométricas máis frecuentes na natureza é a espiral áurea, que se pode identificar nestas fotos. Atréveste a atopar máis espirais naturais nos teus paseos ao aire libre?
E agora, para que amoses o teu inxenio e sorprendas aos teus amigos, propoñémosche que resolvas… …ADIVIÑAS MATEMÁTICAS! 1- Hai gatos nun caixón, cada gato nun rincón, cada gato ve tres gatos, sabes cantos gatos son? 2- Qué pesa máis: un quilo de ferro ou un quilo de palla? 3- Un pan, outro pan, pan e medio e medio pan… cantos panes son? 4- Se digo un entre vinte é igual a dezanove, é posible? 5- Cal é o número menor de mil con máis letras? 6- Que número ten o mesmo número de letras que o que expresa?
e tamén... XOGOS XEOMÉTRICOS!!! 1- Retira 3 dos 13 paliños e fai que queden só 3 triángulos
2- Cambia de lugar 4 dos 12 paliños e fai que queden formados 5 rombos.
3- Retira 6 dos 18 paliños e fai que queden formados 4 triángulos.
4- Este é unha maneira de formar 8 triángulos equiláteros con 6 paliños. Atopa outra maneira de facelo.
SORTE!!
Un truco matemático Este é un pequeño truco co que podes demostrar aos teus amigos que es capaz de sumar as caras ocultas dunha torre de dados. Terás que pedir a un dos presentes que apile os dados sen que ti os vexas e que che avise cando acabe. Haberá que restar 21 ao número que marque o dado que está na cima da torre e esa será a suma das caras ocultas. Para facelo máis difícil, podes pedir que alguén apile catro dados, e esta vez para acertar terás que restale a 28 o número da cima. Este truco se basa en que as caras opostas dun dado de seis caras sempre suman 7.
E para rematar… uns chistes matemáticos!!! Van dous ceros pola rúa e ven a un oito na acera de enfrente. Un cero lle di ao outro: “Mira ese qué chulito: con cinturón! Por que estaba triste o libro de matemáticas? - Porque tiña moitos problemas. Que lle dixo a calculadora ao estudante? -Podes contar conmigo… Como se di 99 en chinés? - “ Cachi chien”. Que lle dixo un cero a outro? - “No somos nada”.
Respostas dos acertixos matemáticos: 1: 4 gatos; 2: ambos pesan igual, 1 kg; 3: 4 panes; 4: sí, con números romanos I entre XX= XIX; 5: catrocentos cincuenta e catro; 6: cinco.
Solucións dos acertixos xeométricos: 1
;2
;3
;4
.
MAIO 2013