Circular absentismo escolar

Page 1

CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO

r/ Pedra Seixa, 35

36212 VIGO TEF/FAX 986241585

www.edu.xunta.es/centros/ceipalfonsorodriguezcastelao e-mail: ceip.castelao.vigo@edu.xunta.es

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE O PROTOCOLO EDUCATIVO EN RELACIÓN AO ABSENTISMO ESCOLAR (Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesiónal e Innovación Educativa da Xunta de Galicia) Prezadas familias, seguindo as instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia vos informamos que a partires do mes de marzo de 2014 o profesorado-titor do Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao rexistrará, na aplicación informática de xestión académica (XADE), as faltas de asistencia a clase do seu alumnado. Estas faltas de asistencia serán comunicadas ás familias dentro dos primeiros cinco días naturais do mes seguinte e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas, quedando tamén recollidas en dita aplicación as faltas de puntualidade xustificadas e non xustificadas. As xustificación das faltas de asistencia realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais do alumnado, acompañando, segundo proceda: 1. Xustificante médico, no caso de enfermidade propia ou grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. 2. Documento acreditativo, no caso de deberes inescusables. 3. Calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia. 4. Naqueles casos nos que o alumno/a deba permanecer na casa por indisposición a familia deberá avisar ao colexio e cumprimentar o modelo de xustificación do centro; se a enfermidade se prolonga máis de tres días será preciso adxuntar ademais un xustificante médico. O procedemento do expediente de absentismo quedará aberto cando se produza nun mes un número de 15 horas ou de 3 días non xustificados. O colexio terá unha flexibilidade de máximo de 3 faltas de puntualidade nun mes, despois será rexistrada coma unha falta de puntualidade non xustificada. Atentamente

A directora Montserrat Martínez Cañas Navia, 18 de febreiro de 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.