CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2015/16
NOTICIAS CIRCULAR INFORMATIVA DO INICIO DO CURSO 2015-16 HORARIO DE ATENCIÓN 2.PERSOAL DO-ÁS FAMILIAS
CENTE>
(para unha mellor aten-
ción concertar cita previa)
Dirección Luns 13h10 a 14h Mércores 9h a9h50
Xef. de Estudos Martes 13h10- 14h Mércores 9h a 9h50 Xoves 13h10 a 14h
Secretaría Martes, Xoves e Venres 9h a 9h50
1
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2015/16
1. INFORMACIÓN XERAL: ▪ Calendario Escolar. –Períodos de Vacacións: As clases comezan o 10 de Setembro de 2015 e rematan o 22 de Xuño de 2016. PERÍODOS DE VACACIÓNS: NADAL
21 Decembro-6 Xaneiro (inclusive)
ENTROIDO
8, 9 e 10 de febreiro de 2016
SEMANA SANTA
Do 21 ata o 28 de marzo (inclusive)
Establécese Día do Ensino o 30 de outubro de 2015 Hai dous días non lectivos neste curso escolar pendentes de aprobación no Consello Escolar
EQUIPO DIRECTIVO Directora
Montserrat Martínez Cañas
Xefa De Estudos
MªTeresa Fernández Molares
Secretario
Miguel Hervás Pretel EQUIPO DOCENTE EDUCACIÓN INFANTIL
Mestra de 3 anos
Patricia Rodríguez Hermelo
Mestra de 4 anos
Laura Bernardo Vila
Mestra de 5 anos
MªJosé Marín Leiro
Mestra apoio en infantil
Montserrat Martínez Cañas EDUCACIÓN PRIMARIA
Mestra de 1º
Sali Vaqueiro Angueira
Mestra de 2º
Pilar Calvo Ferrer
Mestra de 3º
Carmen Fidalgo Carballo
Mestra de 4º
Celia Varela Barrera
2
EQUIPO DOCENTE CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2015/16
Mestra de 5º
Aránzazu Bugarín Silva
Mestra de 6º
Lucía Gómez González ESPECIALISTAS
ED.FÍSICA
Miguel Hervás Pretel
INGLÉS
Mónica Rodríguez González
MÚSICA
MªTeresa Fernández Molares
RELIXIÓN
Beatriz Pérez Montero
AUDICIÓN E LINGUAXE
Mª José Gancedo Fernández
PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
MªLuisa Coego Vilariño
ORIENTADOR/A
Celia Varela Romero
2. NORMAS DE FUNCIONAMENTO E RECOMENDACIÓNS:
ENTRADAS E SAÍDAS O horario escolar do alumnado é de 9h a 14h durante todo o curso escolar. Ás 8h50 abrirase o recinto escolar para facilitar a entrada. Ata a hora en punto de entrada ás aulas as familias responsabilizaranse dos seus fillos/as. Para un bo funcionamento das clases, pregamos respetar o horario establecido de entrada e saída do colexio, insistindo na puntualidade. Para a entrada do alumnado hai unha flexibilidade de 10 minutos máximo, transcorrido este período quedará pechada a porta principal. (Lembrar que eses 10 minutos se considerarán imprevistos e non constarán no arquivo do alumnado como falta de puntualidade, pero aquelas familias que xeralmente chegan tarde, aínda que sexa nesa flexibilidade horaria dos 10 minutos constará no arquivo do alumnado como falta de puntualidade. non xustificada) Para acceder ao recinto deberá tocar o timbre e dirixirse a Secretaría onde deberá xustificar o retraso por escrito. Un membro do Equipo Directivo será o encargado de levar o alumno/a á aula; a familia non poderá acceder á aula unha vez teñan comezado as clases, nin a ningunha outra dependencia pedagóxica.
3
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2015/16
POR MOTIVOS DE SEGURIDADE LEMBRÁMOSLLES QUE: Segundo a Orde da Consellería de Educación do 22 de xullo de 1997 (D.O.G. do 0207-97) "Non se poderá acceder ós espacios didácticos pedagóxicos, incluídos corredores, durante as horas de clase, sen a debida autorización". Na saída todo o alumnado ten que ser recollido pola súa familia ou persoa que deleguen agás o alumnado de 5º e 6º de Primaria, sempre que a familia presenten, por escrito, ante a Dirección do Centro, a correspondente solicitude de autorización para saír sós do centro. (Esta autorización nada máis é individual; o alumno non estará autorizado a recoller a outro alumno máis pequeno independentemente do seu parentesco. Esta autorización NON serve para o alumnado de 5º e 6º de EP que fai uso do comedor nin das actividades extraescolares. Para que o alumno poida marchar só deberá contactar coa ANPA do colexio.
RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA ▪ Cambios: É moi importante que calquera cambio de domicilio, situación familiar, teléfono o fagades saber ás titoras e/ou á secretaría con tal de manter actualizado o arquivo de datos. É necesario podervos localizar en caso dunha urxencia. ▪ Reunións de aula do inicio de curso: ao inicio de curso prográmanse reunións nos diferentes niveis educativos. Nestas reunións informaranvos do desenvolvemento xeral do curso, saídas, proxectos. É moi importante a vosa asistencia. (A titora xa vos informará con antelación da data da reunión) Mentres as familias asisten ás reunións, o alumnado NON poderá quedar só nos patios nin no interior do colexio. Os martes, das 16h ata as 17h as titoras ou especialistas atenderán ás familias para unha entrevista personalizada do alumno/a concertando cita con antelación.
SAÚDE ▪ Se algún neno/a é alérxico/a ou ten algún problema de saúde, é necesario comunicalo, á titora e á secretaría do centro con tal de incluílo na súa ficha persoal ou poder tomar as medidas oportunas en beneficio dos cativos e cativas. ▪ Cando un alumno/a se poña enfermo(febre, mareo…) avisarase á familia con tal que se fagan cargo.No caso de enfermidade infecciosa (conxuntivite, xarampón, varicela…) o alumno non poderá asistir ao centro ata que se recupere. 4
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2015/16
▪ En caso de accidente farase a primeira cura na escola. Se se cre oportuno avisarase á familia. No caso de non localizala e se o accidente se considera grave levarase ao neno ao Centro de Saúde máis próximo ou avisarase ao 112. ▪ No caso que detectedes piollos pregamos que o comuniquedes á escola. Se o problema se detecta pola escola avisaremos o antes posible para que apliquedes o tratamento correspondente.
3. LIBROS DE TEXTO E OUTRAS AXUDAS: ALUMNADO DE 3º e 5º DE ED.PRIMARIA O alumnado de 3º e 5º de primaria dispoñerán de libros novos adaptados á LOMCE que facilitará o centro. Ao final de curso ditos libros serán devoltos ao colexio para o banco de libros. As familias NADA MÁIS deberán mercar para: 3º de EP QUEST 3 ACTIVITIY BOOK. Editorial Macmllan (ISBN 978-0-230-42290-2 ) 5º de EP QUEST 3 ACTIVITIY BOOK. Editorial Macmllan (ISBN 978-0-230-47871-8 ) As familias que se beneficien da axuda de material escolar poden mercar este material con dita axuda. AXUDAS MATERIAL ESCOLAR As familias que teñan un fillo/a matriculado en primaria, e teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 5400€ ,poden solicitar a contía de 50€ en concepto de axudas de material escolar. O prazo remata o 01/10/2015 ás 14h (impresos na Secretaría ou na páxina web do colexio) Os vales entregados de luns a xoves as familias poderán recollelos na Secretaría do centro os venres AXUDAS ALUMNADO NECESIDADES EDUCATIVAS. O prazo remata o 30/09/2015 ás 14h. Estas axudas nada máis son para o alumno que reúne as condicións establecidas na convocatoria. Para máis información consultar a páxina web do colexio. Grazas pola vosa colaboración, dámosvos a benvida a este novo curso escolar. Grazas. Un saúdo A Directora. Montserrat Martínez Cañas
Vigo, 10 de setembro de 2015
5