proxecto comedor

Page 1

2012-13

PROXECTO DE COMEDOR

CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


INDICE

PÁXINAS

1. Xustificación

3

2. Normativa de referencia

3

3. Modalidade

4

4. Horario de duración

4

5. Prazas

4

6. Causas de exclusión do servizo de comedor

4

7. Tipificación dos Comensais

5

8. Prezo do Comedor

6

9. Axudas para o servizo de comedor e documentación

6

10. Regulamento particular do Servizo

6

11. Atribucións e responsabilidade inherentes ao Servizo

6

12. Obxectivos

9

13. Normas de convivencia do comedor

10

14. Actuacións do centro ante o incumprimento das normas.

11

2 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


1.- XUSTIFICACIÓN

O comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que, ademais de servir á Administración educativa como factor importante para a escolarización, desenvolve unha destacada tarefa social, conciliadora da vida educativa e familiar coa laboral. Ademais trata de minimizar a incidencia que os factores económicos, sociais ou de calquera outra índole teñen no dereito á educación constitucionalmente recoñecido. O comedor escolar, ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, está integrado na vida e organización do noso centro educativo, de tal maneira que a súa programación, desenvolvemento e avaliación forma parte da programación xeral anual do centro.

2.- NORMATIVA DE REFERENCIA

Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo) pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Orde do 13 de xuño de 2008 (DOG do 19) pola que se modifica a do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3.- MODALIDADE PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO

3


No curso 2012-13 o servizo de comedor do Centro axústase á modalidade c) das contempladas no artigo 2 da Orde do 21 de febreiro de 2007. Isto é, contratación da subministración ou da elaboración de comidas nas dependencias do centro a cargo dunha empresa do sector hostaleiro…

4.- HORARIO E DURACIÓN

A prestación do servizo de comedor coincidirá co calendario lectivo aprobado polo Consello Escolar para o alumnado do CEIP Alfonso D.Rodriguez Castelao, en horario de 14:00 a 16:00 h.; cunha primeira saída entre 15h15 a 15h30. Incluirá os servizos de xantar e de atención aos usuarios nos períodos de lecer anterior e posterior ao mesmo. O alumnado de 3 anos que inicia a súa escolarización por primeira vez no Centro incorporarase ao servizo de comedor despois de finalizar o Período de Adaptación.

5.- PRAZAS

No actual curso escolar dispoñemos de dous comedores cunha capacidade para 60 e 35 usuarios respectivamente. Superado este número haberá que planificar e organizar unhas quendas de comedor. No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas dispoñibles, adxudicaranse segundo os criterios das lexislación vixente.

6.- CAUSAS DE EXCLUSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR

A decisión sobre a exclusión temporal do servizo de comedor será comunicada polo responsable do mesmo aos interesados, que poderán presentar alegacións no prazo de cinco días hábiles, dirixidas ao Consello Escolar. Logo de estudo na comisión encargada do seguimento do comedor, comunicarase a resolución definitiva no prazo máximo de cinco días. 4 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


A falta de pagamento do servizo de comedor será causa inmediata de exclusión temporal do servizo mentres que non regularice os pagamentos. O prazo máximo para esta regularización é de dous meses contados desde a data da comunicación, pasado este prazo a exclusión será definitiva. No caso de exclusión definitiva disporase da praza para ofertala ao alumnado que se atope en lista de espera.

Son causas de exclusión: 

Ter pendentes débedas económicas relacionadas co servizo de comedor.

 Reiteración na falta de fondos na conta destinada á domiciliación ou non facerse cargo dos gastos derivados das devolucións de recibos.  Tres ausencias consecutivas ou cinco alternas no mesmo mes, non xustificadas documentalmente.  Dúas incidencias de comportamento documentadas no mesmo mes, ou catro ao longo do curso.  Dúas incidencias documentadas por non facerse cargo da recollida do usuario no horario previsto (ata as 16:00 h.).  Falsidade nos datos que figuran na solicitude ou nos xustificantes que se acheguen. 

Incumprimento da normativa xeral do Centro, especialmente a relacionada co respecto aos demais usuarios e ao persoal do comedor.

 Negativa a asumir os gastos ocasionados polos usuarios como consecuencia do mal uso das instalacións e/ou dos utensilios postos á súa disposición.  Calquera outra que a persoa responsable do comedor considere contraria á dimensión educativa e integradora do servizo.

7.- TIPIFICACIÓN DOS COMENSAIS

No formulario de solicitude de praza de comedor indicarase claramente a modalidade de uso do mesmo, que poderá ser: a) Fixa: Cando se solicite o servizo de comedor para tódolos días lectivos, permanecendo no mesmo ininterrompidamente e non causando baixa durante o curso escolar vixente. b) Fixa descontinua: Cando se solicite para todo o curso lectivo pero só para determinados días fixos da semana. 5 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


c) Esporádico:cando cause alta e baixa no servizo de comedor e posteriormente se dei de alta. Hai que ter presente que son inamovibles os días fixos. O cambio de modalidade só será autorizado, en función da dispoñibilidade de prazas, por meses completos e cando sexa solicitado cunha antelación mínima de dez días ao inicio do mes que corresponda. No primeiro mes do curso (setembro) non poderán realizarse cambios de modalidade.

8.- PREZO DO COMEDOR

Con carácter xeral, tódolos usuarios (fixos e fixos descontinuos) abonarán na conta de comedor do colexio unha cota mensual que se revisará anualmente e que será cargada na súa conta bancaria, agás os beneficiarios das axudas adxudicadas para tal fin pola Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo. Os prezos son os marcados por FOANPAS

9.- AXUDAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR E DOCUMENTACIÓN

Serán beneficiarios das axudas aqueles alumnos/as que lle sexan adxudicadas para tal fin pola Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo.

10.- REGULAMENTO PARTICULAR DO SERVIZO

As faltas de asistencia serán comunicadas con antelación suficiente (antes das 9

horas do día no que se produzan). En caso contrario non será admitida a xustificación agás causa de forza maior apreciada pola persoa responsable do comedor. 

O servizo de comedor remata ás dezaseis horas. A partir desta hora os

representantes legais faranse cargo dos seus fillos/as. 

No período indicado non se permite a saída dos comensais, agás nos casos

autorizados no impreso de solicitude, sen a presenza dos pais ou persoa na que deleguen. Na solicitude indicarase a persoa ou persoas autorizadas para recoller ós comensais á hora estipulada 6 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


No caso de alumnado alérxico a alimentos ou que padezan calquera enfermidade ou trastorno somático que precise dunha alimentación específica deberá presentarse certificado médico no que se especifique o tipo de dieta necesaria (celíaca, lactosa,...). No caso de dietas complicadas as familias poderán pórse en contacto directamente coa persoa responsable do comedor para informarse ou pedir unha rectificación do menú. En caso de enfermidade sobrevinda (gastroenterite...) non fará falla certificado médico e se solicitará a dieta branda, se é posible o día anterior e senón a primeira hora da mañá. En ningún caso se administrarán medicamentos aos nenos que asisten ao Comedor. Igualmente, nunca deben entregar medicamentos aos nenos/as. En caso necesario, arbitrarase a maneira de que as familias do alumnado poida acceder ao Centro para administrarlles os medicamentos. � A solicitude do servizo supón o coñecemento e a aceptación expresa de tódolos apartados recollidos no presente regulamento.

11.- ATRIBUCIÓNS E RESPONSABILIDADES INHERENTES AO SERVIZO

A. CONSELLO ESCOLAR

Propoñer á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da

delegación provincial correspondente, a solicitude de apertura e funcionamento do servizo de comedor escolar. 

Aprobar dentro da normativa vixente un protocolo propio que recollerá as

directrices de organización e funcionamento do servizo de comedor escolar, así como o seu seguimento e avaliación durante o curso escolar. Este protocolo será parte integrante da regulamentación do centro. 

Aprobar a creación da comisión do servizo de comedor escolar.

B. RESPONSABLE DO COMEDOR

A persoa responsable do servizo de comedor terá as seguintes función:  Elaborar co Equipo Directivo, e de acordo coa comisión do servizo de comedor, o protocolo de funcionamento do servizo de comedor escolar, como parte integrante da programación xeral anual do centro. PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO

7


 Dirixir e coordinar o servizo de comedor escolar co persoal que participe nas tarefas de atención ao alumnado.  Supervisar o correcto funcionamento do servizo de comedor prestado no Centro.  Velar polo cumprimento das normas sobre sanidade e hixiene, de acordo cos protocolos que para o efecto remitirá a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.  Establecer as medidas disciplinarias e dar conta das mesma á comisión do comedor. 

Calquera outra función necesaria para o correcto funcionamento do servizo.

C. FUNCIÓNS DAS MONITORAS DO COMEDOR.

A atención educativa, apoio e vixilancia ao alumnado comensais perante a súa estancia no comedor e nos recreos anterior e posterior ao mesmo (no suposto de ter que facer quendas) rexerase polo disposto na normativa do servizo do comedor:  Coidado e vixilancia do alumnado tanto no comedor, patio ou outras instalacións que deban utilizarse a criterio do centro.  A vixilancia do comedor que supón: -

Controlar a entrada e saída do alumnado.

-

Velar polo adecuado comportamento na mesa e na forma de comer.

-

Realizar perante o tempo da comida as actividades necesarias para que o alumnado adquira hábitos saudables e correctos de alimentación, hixene e relación social, velando para que os comensais realicen adecuadamente a inxesta de alimentos.

-

Axudar ós alumnos e ás alumnas que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.

-

Informar ao encargado do servizo de comedor escolar daquelas outras cuestións que afecten o funcionamento do servizo.

 O persoal que participe na tarefa de atención ao alumnado no servizo de comedor escolar non poderá abandonala, a non ser por causa xustificada, e sempre con coñecemento e autorización da persoa responsable do comedor.

8 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


12. OBXECTIVOS.

O Comedor Escolar é un servizo educativo complementario que debe atender á consecución dos seguintes obxectivos: A. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

 Fomentar e desenvolver hábitos persoais de hixiene e boa alimentación como base dunha correcta Educación para a Saúde.  Poñer en práctica normas hixiénicas e sanitarias estudadas na clase e traballadas na casa.  Iniciarse nos gustos variados e na inxesta de todo tipo de alimentos.  Manter posturas correctas na mesa.  Desenvolver hábitos no uso adecuado dos utensilios relacionados coa comida.  Adquirir e poñer en práctica hábitos relacionados coas normas de educación básicas na mesa.  Concienciar ás familias nos patróns de conduta adquiridos no comedor do Centro Educativo e na importancia de continuar cos mesmos na casa. Así como dos beneficios que poden obter dunha colaboración conxunta coas Responsábeis do comedor.

B. EDUCACIÓN PARA A CONVIVENCIA

 Adquirir e poñer en práctica hábitos de convivencia e cooperación nas tarefas comúns.  Espertar no alumnado o espírito de cooperación, implicándoos, segundo as súas posibilidades, nas tarefas do servizo de Comedor: retirar o servizo, axudar aos máis cativos…  Fomentar o compañeirismo e as actitudes de respecto e tolerancia cos demais membros da Comunidade Escolar.  Lograr un comportamento correcto na mesa.  Lograr un ambiente sen moito ruído, evitando os gritos e dialogando de forma distendida.  Coidar e respectar as instalacións, mobiliarios, aparellos e utensilios de uso comunitario. PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO

9


C. EDUCACIÓN PARA O TEMPO DE LECER.

 Crear hábitos e proporcionar estratexias para a utilización correcta do tempo de lecer.  Planificar actividades de ocio e tempo de lecer que contribúan ao desenvolvemento harmónico da personalidade e a fomento de hábitos sociais e culturais.

13. NORMAS DE CONVIVENCIA DO COMEDOR.

Con carácter xeral, as actividades do Comedor escolar rexeranse polas Normas de Funcionamento e Organización, recollidas no noso Proxecto Educativo de Centro. Son normas específicas do Comedor:

HIXIENE

 Os alumnos/as (incluídos os de Ed. Infantil) deberán saber comer por se mesmos, facer uso dos servizos e lavarse as mans.  Todo o alumnado pasarán polos servizos asignados ao respecto para lavarse as mans antes de acudir ao Comedor.  Non se poderá meter obxectos no Comedor. As carteiras, libros, abrigos… se deixarán no lugar correspondente.  Poñerase especial coidado na correcta utilización dos cubertos.  Non se poderá tirar pan, auga ou restos de comida ao chan ni a outros alumnos.  Despois de comer, e antes de ir aos lugares asignados para o lecer, todo o alumnado deberá pasar polo servizo para realizar o cepillado de dentes e lavarse as mans.

ORGANIZACIÓN E COMPORTAMENTO

 Á hora da saída do Colexio, o alumnado de Ed.Infantil serán recollidos polas súas monitoras nas portas das súas clases e conducidos ao Comedor. Posteriormente irán ao servizo a lavarse as mans e pasarán ao comedor. Estas accións realizarase por orde baixo a supervisión das monitoras. 10 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


 As entradas ao Comedor faranse por grupos en fila, con orde e tranquilidade, sen corren, sen empurrar aos compañeiros, ni gritar.  Deberase respectar todo o material e utensilios, sendo o alumnado responsable do seu deterioro por mal uso.  É moi importante comer nun ambiente tranquilo e relaxado, polo que nunca se dirixirán aos demais gritando, senón falando nun ton de voz adecuado.  O alumno/a non pode levantarse da mesa ata que o indiquen as monitoras.  Está prohibido colgarse ou subirse as varandas, canastras, porterías, gradas…  Está prohibido entrar nas clases e saír do recinto sen permiso xustificado.  O alumnado está obrigado a respectar ao persoal laboral nos mesmo termos que ao profesorado do Centro: deben obedecelos e seguir as súas instrucións.  Calquera

incidencia

será

rexistrada

para

aplicación

das

normas

de

funcionamento e organización do centro (antigo RRI)  Os danos causados polos comensais serán aboados polos representantes legais dos mesmos.

14. ACTUACIÓNS DO CENTRO ANTE O INCUMPRIMENTO DAS NORMAS.

No comedor escolar aplicarase as Normas de funcionamento e organización do Centro. Levarase un rexistro de incidencias. No Consello Escolar xulgarase a gravidade das condutas inadecuadas. 

FALTAS LEVES

a) Se consideran faltas leves: -

Desobedecer levemente as indicacións das monitoras.

-

Non lavarse as mans ni os dentes.

-

Entrar ao Comedor con obxectos non permitidos.

-

Gritar.

-

Calquera outra conduta que afecte levemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

b) Sanciones -

Amoestación verbal ao alumno. En caso de reiteración, comunicación por escrito ás familias.

-

Separación temporal da súa mesa de comedor e integración noutro grupo.

PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO

11


-

Perdida do dereito a participar nos xogos de lecer.

Estas sancións poderán ser impostas polo Persoal de Comedor.

FALTAS GRAVES

a) Se consideran faltas graves: -

Acumulación de tres faltas leves.

-

Desobedecer gravemente as indicacións do Persoal de Comedor.

-

Saír do Comedor sen permiso da Monitora.

-

Deteriorar a propósito ou por mal uso o material propio de Comedor.

-

Tirar intencionadamente comida ao chan ou a outros compañeiros.

-

Calquera outra conduta que afecte gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

b) Sancións -

Amoestación ao alumno e comunicación por escrito á familia.

-

Separación permanente do grupo de referencia ou da súa mesa de Comedor. Comer aislado dos compañeiros (ata 5 días)

-

Expulsión temporal do Comedor (ata 5 días)

Estas sancións poderán ser impostas pola Comisión do Comedor Escolar previa notificación ao Equipo Directivo e serán comunicadas ás familias.

FALTAS MOI GRAVES

a) Considéranse faltas moi graves. -

Acumulación de tres faltas graves.

-

Saír do Centro sen permiso perante o horario de Comedor.

-

Calquera outra conduta que afecte moi gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

b) Sancións -

Expulsión temporal do comedor ( de 5 días a 1 mes)

-

Expulsión definitiva do Comedor.

PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO

12


Esta última sanción poderá ser imposta pola Comisión do Comedor do Consello Escolar do Centro, previa audiencia á familia.

13 PROXECTO DO COMEDOR- CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.