PAT

Page 1

CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN. _____________________________________________________________________ 3 2. A FUNCIÓN TITORIAL: ________________________________________________________________ 4 2.1. APROXIMACIÓN CONCEPTUAL. ________________________________________________ 4 2.2. FUNCIÓNS DOS TITORES. __________________________________________________________ 5 3. A ACCIÓN TITORIAL NO CEIP ALFONSO R. CASTELAO. ______________________________________ 7 3.1. OBXECTIVOS DA ACCIÓN TITORIAL. __________________________________________________ 8 3.2.O PAT NO ENTRAMADO ORGANIZATIVO DO CENTRO. DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL. 9 3.2.1. ACTUACIÓNS NO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. _________________________________ 11 3.2.2. ACTUACIÓNS NO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________________ 14 3.2.3. ACTUACIÓNS NO 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________________ 17 3.2.4. ACTUACIÓNS NO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________________ 20 4. CRONOGRAMA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL _________________________________ 23 5. EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES _______________________________________________________ 32 5.1. REUNION INICIAL DAS TITORAS COAS FAMILIAS. ______________________________ 32 5.2. A AVALIACIÓN INICIAL. ______________________________________________________ 33 5.3. ANÁLISE DA ESTRUCTURA SOCIAL DA AULA E _________________________________ 35 TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS. _____________________________ 35 5.4. TRABALLO HABILIDADES SOCIAIS. ____________________________________________ 37 7. LEXISLACIÓN. ______________________________________________________________________ 38 DOCUMENTO : CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 2º CICLO ED.INFANTIL ___________________________________________________________________________________ 40 DOCUMENTO : CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 1º CICLO ED.PRIMARIA ___________________________________________________________________________________ 41 DOCUMENTO : CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 2º CICLO ED.PRIMARIA ___________________________________________________________________________________ 42 DOCUMENTO : CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 3º CICLO ED.PRIMARIA ___________________________________________________________________________________ 43

2 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


1. INTRODUCIÓN. Sabemos que o profesor é o responsable directo da labor titorial desempeñando o papel de mediador entre o alumnado, o equipo docente e as familias, cunhas tarefas específicas reguladas pola normativa. Ao mesmo tempo, o orientador debe ser quen impulsa ese traballo, asesora, axuda a estruturar e organizar as actuacións e coordina ao profesorado titor. Entón, ¿por qué e para qué o Plan de Acción Titorial?. Na concreción curricular da que nos fala a LOE, o desenvolvemento da acción educativa nas diferentes áreas cobre un amplo espectro dos contidos que se traballarán na Educación Infantil e Primaria, pero debemos coidar o desenvolvemento de temas tan relevantes para o logro dunha educación integral da persoa como a educación en valores, aprender a aprender, o autocoñecemento e o autocontrol, a resolución de problemas, a convivencia, a toma de decisións …

e isto so se consigue a través da labor orientadora e de apoio de todo o equipo docente. Neste sentido o PAT é a resposta que, de modo sistemático e intencional, leva a cabo o centro para poder concretar dita orientación educativa. Debemos ter en conta, tal e como sinalan García, R.J.; Moreno, J.M. e Torrego, J.C. (1993), que para que dito PAT sexa funcional debe reunir certas características: -

Será un plan de acción, é dicir, desenvolverase na aula (non pode quedarse a un nivel teórico).

-

Deberá ser elaborado polo profesorado que o vai levar a cabo, non por expertos.

-

Terá en conta o pasado do centro (logros, experiencias) e o presente (necesidades) para poder proxectar un futuro.

-

As propostas que aparezan no plan teñen que contrastarse coa realidade.

-

O plan terá como obxectivo fundamental cambiar e mellorar.

3 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


-

Un plan non pode darse por terminado, pois a medida que se vai aplicando vaise revisando e débese de ir cambiando e axustando ás necesidades do momento.

Partindo destas premisas, desenvólvese o noso PAT, articulado en tres grandes bloques: -

No epígrafe 2 concrétase o significado da acción titorial e recóllense as funcións dos titores.

-

No epígrafe 3 recóllense as actuacións prioritarias que levan ao desenvolvemento desas funcións no contorno deste centro.

-

O epígrafe 4 aborda a avaliación do PAT.

2. A FUNCIÓN TITORIAL: 2.1. APROXIMACIÓN CONCEPTUAL. Pero, ¿qué entendemos por función titorial? A acción titorial pretende a axuda e orientación na formación humana e académica do alumno, procurando un adecuado crecemento e potenciación de todos os aspectos humanos, sociais e escolares da persoa en trance de formación, así como servir de nexo de unión entre as familias e o centro, e entre os profesores que desenvolven a súa labor docente cun mesmo grupo de alumnos. O modelo máis estendido nos sistemas educativos europeos é aquel que integra a actuación instrutiva do profesor noutra máis ampla que é a de educador, ao tempo que existe un profesor-titor que coordina a acción titorial do conxunto dun equipo docente. E esta é a óptica adoptada pola actual Reforma Educativa. Así, a LOE no seu artigo 91º recolle entre as funcións do profesorado: “a titoría dos alumnos, a dirección e a orientación da súa aprendizaxe e o apoio no seu proceso educativo, en colaboración coas familias” Este modelo titorial concibe a educación como algo máis que a pura instrución e esixe a existencia dunha figura que sirva de referente para eses contidos que non son estritamente instrutivos e que forman parte de maneira ineludible da formación das novas xeracións: ensinanza de valores, actitudes, hábitos, etc.

4 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


O sistema titorial convértese na peza clave do proceso escolar e na base e punto de partida das actividades docentes e comunitarias, debendo reflexar a realidade do centro e adaptándose ás necesidades educativas dos seus alumnos, profesorado e pais/nais. E é a figura do titor o eixe que coordina e dinamiza este proceso, concibíndose así a titoría como unha actividade inherente á función do profesor que se realiza individual e colectivamente cos alumnos dun grupo clase, co fin de facilitar a integración dos procesos de aprendizaxe.

2.2. FUNCIÓNS DOS TITORES. O Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, da Consellaría de Educación e O.U, no seu artigo 81º establece que: 1. Cada mestre titor, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, cando menos, as seguintes funcións: a) Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación da xefatura de estudos. b) Proporcionar no principio de curso, ao alumnado e ás familias, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo. c) Coñecer as características persoais de cada alumno a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento. d) Coñecer os aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno e alumna. e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensinanzaaprendizaxe dos alumnos e alumnas para detectar dificultades e

5 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


necesidades especiais, co obxecto de buscar as respostas educativas adecuadas e solicitar os oportunos asesoramentos e apoios. f) Coordina as adaptacións curriculares necesarias

para alumnos e

alumnas do seu grupo. g) Facilita a integración do alumnado no grupo e fomenta a súa participación nas actividades do centro. h) Orientar ao alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo. i) Informar ao resto do equipo docente das características dos alumnos e alumnas, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos. l)

Coordinar o axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnado.

m) De ser o caso, organizar e presidir as sesións de avaliación. n) Coordinar o proceso de avaliación do alumnado do seu grupo e adoptar a decisión que proceda referente á promoción dos alumnos e alumnas dun ciclo a outro, logo da audiencia dos seus pais e nais ou titores e titoras legais. ñ) Atender, xunto co resto do profesorado, aos alumnos e alumnas mentres estes e estas permanecen no centro nos períodos de lecer. o) Colaborar co equipo de orientación educativa e profesional do sector nos termos que estableza o mesmo e a xefatura de estudos. p) Colaborar cos demais titores e titoras no marco dos proxectos educativo e curricular do centro. q) Orientar as demandas e inquedanzas dos alumnos e alumnas e mediar ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten. r) Informar aos alumnos e alumnas do grupo, ás familias e ao profesorado de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico, con especial atención aos aspectos e medidas tendentes a facilitar a competencia lingüística dos alumnos e alumnas nas dúas linguas oficiais. s) Facilitar a cooperación educativa entre o profesorado e as familias do alumnado.

6 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


t) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os demais profesores e profesoras do grupo. u) Cubrir os documentos oficiais relativos ao seu grupo de alumnos e alumnas. v) Controlar a falta de asistencia ou puntualidade do alumnado, e ter informadas ás familias, ou titores e titoras, e á xefatura de estudos. x) Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos e fillas. z) Aqueloutras que se lle puidesen encomendar para o mellor desenvolvemento da acción titorial.

3. A ACCIÓN TITORIAL NO CEIP ALFONSO R. CASTELAO. Asumido que a acción titorial compromete á totalidade do profesorado no marco dunha actuación colectiva e debidamente coordinada, e que o seu desenvolvemento abrangue tanto o ámbito do proceso de ensino-aprendizaxe coma o relativo ao desenvolvemento persoal, pretendemos que este plan signifique unha resposta deste centro cara á personalización da educación do noso alumnado Naturalmente, este proceso de axuda está condicionado á situación de partida, á realidade do conxunto deste sistema e ao noso contexto, o que determinará a elección dos obxectivos a acadar e as actuacións específicas para o seu logro. En termos xerais, o noso contorno caracterízase por: 

Alumnado de procedencia urbana..

Paseniñamente va incorporándose alumnado doutras nacionalidades pero aínda e pouca a presenza de alumnado inmigrante no centro.

Crecemento do barrio, dando paso a familias de xente nova.

Plantilla de profesorado maioritariamente estable, aproximadamente dende o curso 2007-08.

Familias en xeral colaboradoras co colexio e cunha crecente implicación nos procesos formativo e de ensino-aprendizaxe dos seus fillos/as.

Incremento significativo na porcentaxe de alumnado con dificultades na adquisición das técnicas instrumentais, carente de estratexias de aprendizaxe, de traballo autónomo e falto de motivación polas tarefas escolares.

7 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


Contar cun centro de educación secundaria próximo para o alumnado que quere continuar os seus estudos.

Estas realidades xenéricas de partida son as que orientan, como se indicou anteriormente, o conxunto deste Plan, os seus obxectivos e as súas actuacións

3.1. OBXECTIVOS DA ACCIÓN TITORIAL. Así, tendo en conta todo o referido anteriormente, con este Plan de Acción Titorial pretendemos: 3.1. Coñecer as características dos alumnos a nivel persoal, familiar, socioambiental e escolar (competencia curricular, estratexias de aprendizaxe, motivación e intereses) coa finalidade de programar respostas educativas adecuadas que contribúan ao seu desenvolvemento integral. 3.2. Favorecer a integración do novo alumnado, desenvolvendo accións que faciliten a adaptación e favorezan a súa interacción co grupo. 3.3. Establecer unha liña de comunicación-información permanente do grupo de alumnos e o equipo docente. 3.4. Promover unha exploración psicopedagóxica individual coa totalidade do alumnado, para contribuír ao seu coñecemento e ao axuste da intervención educativa. 3.5. Contribuír á formación integral do alumnado, en sintonía cos principios recollidos no Proxecto Educativo. 3.6. Favorecer procesos de mellora educativa a través da implementación de programas e desenvolvemento de actividades formativas por parte dos equipos docentes, co asesoramento e apoio do Departamento de Orientación. 3.7. Promover a participación das familias no labor formativo, asesorándoas e informándoas daquilo que precisen e demanden, en especial da importancia da estimulación dos fillos, da promoción da súa autonomía, da potenciación dos valores, da relación familia-alumnado-profesorado e de todo aquilo relacionado co proceso de ensino-aprendizaxe.

8 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.8. Contribuír á mellora da coordinación e asegurar a continuidade educativa entre os distintos centros, ciclos e/ou etapas. 3.9. Favorecer a convivencia, potenciando a formación en valores, o desenvolvemento das habilidades sociais e a autoestima, que facilite a adaptación social e persoal e a resolución dialogada de conflitos.

3.2.O PAT NO ENTRAMADO ORGANIZATIVO DO CENTRO. DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL. Xa vimos que a LOE prescribe a función orientadora e titorial do profesor, que o Departamento de Orientación ten que apoiar, colaborando no seu desenvolvemento. Pero nin a acción titorial é un feito individual ou de pequeno grupo nin responde so a decisións do titor, o equipo docente ou o Departamento de Orientación. O centro educativo é unha estrutura na que os seus elementos deben organizarse dun modo global, reflexivo e coidadosamente planificado para conseguir

cun óptimo

aproveitamento dos recursos os mellores resultados. A LOE recolle esta filosofía no seu articulado, sentando as bases da organización pedagóxica do centro dentro da autonomía que a cada un lle corresponde. Así, nos di que “os centros docentes disporán de autonomía para elaborar, aprobar e executar un proxecto educativo” , que o proxecto educativo do centro”recollerá a forma de atención á diversidade do alumnado e a acción titorial” e recolle entre as competencias do Claustro de profesores “fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos” É por esta razón que o noso centro quer4e dotarse dun Plan de Acción Titorial que garanta a todo o seu alumnado, desde que ingresa ata que abandona o colexio, unha orientación educativa continua coordinada e adecuada ao su nivel de desenvolvemento, froito dunha decisión consensuada e vinculada á acción global do centro, constituíndo, conseguintemente, a súa planificación unha parte sustancial e consustancial do PEC. Para tratar de acadar os obxectivos establecidos anteriormente entendemos necesaria a realización dunha serie de accións, debidamente planificadas e cun seguimento regular que permita o seu (re)axuste. En consecuencia, entre as actuacións que cada un dos ciclos e/ou etapas pode desenvolver destacan:

9 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.1

ACTUACIÓNS NO 2º

CICLO

DE

EDUCACIÓN INFANTIL.

10 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.1. ACTUACIÓNS NO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. a) Desenvolvemento das actuacións previstas no Programa de Acollida. b) Realización, nos casos de novas incorporacións, da entrevista persoal a cada familia, de cara á obtención da información necesaria para a ficha de avaliación inicial. c) Enchido, nos casos que corresponda, da ficha de avaliación inicial. d) Análise do expediente persoal do alumnado e de toda aquela información que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-aprendizaxe. e) Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que esta reunión coincida co comezo do curso e nela informarase sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ... f) Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da etapa. g) Promoción da coordinación entre as etapas de Infantil e Primaria. h) Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no desenvolvemento do programas de exploración psicopedagóxica individual coa totalidade do alumnado e detección da perda visual e auditiva. i) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades do alumno establecendo canles de comunicación e colaboración que favorezan a educación integral.. j) Elaboración dun informe escrito trimestral que recolla os datos sobre os progresos e dificultades detectadas na consecución dos obxectivos establecidos

no

currículo,

sobre

o

proceso

de

integración

socioeducativa, sobre o grao de iniciación no desenvolvemento das competencias básicas e, de ser o caso, sobre as medidas de apoio ou reforzo educativo adoptadas ou propostas k) Enchido das fichas-informe de avaliación anuais.

11 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


l) Realización, ao remate da etapa, do informe de avaliación final. m) Cumprimentación dos datos correspondentes ao informe persoal. n) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo, ... o) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e social do alumno e á promoción da convivencia. p) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. q) Promoción

e coordinación de actividades que fomenten a

convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro. r) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. s) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. t) Coordinación da acción común do profesorado do mesmo grupo de alumnos. u) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación global, continua, formativa, reguladora e orientadora do proceso educativo, coordinando

a

mellora

da

intervención

educativa

e

responsabilizándose da elaboración das actas. v) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras

12 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.2

ACTUACIÓNS NO 1º

CICLO

DE

EDUCACIÓN PRIMARIA.

13 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.2. ACTUACIÓNS NO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. a) Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. b) Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado, analizando a información aportada nos informes do curso e/ou etapa anterior e considerando todo aquilo

que facilite o

coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-aprendizaxe. c) Realización dunha reunión tri xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Nela informarase sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ... d) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. e) Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. f) Promoción da coordinación cos equipos do 2º ciclo de Ed. Infantil e entre os distintos niveis da etapa. g) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. h) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e social do alumno e á promoción da convivencia. i) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación continua, formativa e orientativa que se propugnan para todas as fases do proceso avaliador, tratando de coordinar todo o relativo á

14 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


intervención educativa e á promoción de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas. j) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades dos alumnos, prestando especial atención á información

escrita

correspondente ás distintas sesións de avaliación. k) Procurar a colaboración das familias e o intercambio e análise de información en relación co desenvolvemento dos seus fillos promovendo unha actitude serena, positiva,

activa e responsable

fronte as dificultades que se plantexen. l) Actualización do expediente do alumnado. m) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo, ... n) Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. o) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. p) Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro: dar a coñecer ao principio de curso cales son os nosos dereitos e deberes, normas de réxime interior e disciplina, funcionamento do centro,.. e determinar as normas e procedementos de organización e funcionamento do grupo-clase (normas da aula, xestión de resolución de conflitos,...). q) Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. r) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. s) Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

15 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.3

ACTUACIÓNS NO 2º

CICLO

DE

EDUCACIÓN PRIMARIA.

16 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.3. ACTUACIÓNS NO 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. a) Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. b) Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado, analizando a información aportada nos informes dos cursos anteriores e considerando todo aquilo

que facilite o

coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-aprendizaxe. c) Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Nela informarase sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ... d) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. e) Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. f) Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da etapa. g) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. h) Participación no deseño e desenvolvemento dos programas e actividades que contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e social do alumno e á promoción da convivencia. i) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación continua, formativa e orientativa que se propugnan para todas as fases do proceso avaliador tratando de coordinar todo o relativo á intervención

17 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


educativa e á promoción de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas. j) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades do seu fillo, prestando especial atención á información escrita correspondente ás distintas sesións de avaliación. k) Actualización do expediente do alumnado. l) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo, ... m) Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. n) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. o) Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro: dar a coñecer ao principio de curso cales son os nosos dereitos e deberes, normas de réxime interior e disciplina, funcionamento do centro,.. e determinar as normas e procedementos de organización e funcionamento do grupo-clase (normas da aula, xestión de resolución de conflitos,...). p) Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. q) Procurar a colaboración das familias e o intercambio e análise de información en relación co desenvolvemento dos seus fillos, promovendo unha actitude serena, positiva,

activa e responsable

fronte as dificultades que se plantexen. r) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. s) Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

18 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.4

ACTUACIÓNS NO 3º

CICLO

DE

EDUCACIÓN PRIMARIA.

19 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


3.2.4. ACTUACIÓNS NO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. a) Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. b) Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado, analizando a información aportada nos informes dos cursos anteriores e considerando todo aquilo

que facilite o

coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-aprendizaxe. c) Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxectos educativo e concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo.Nela informarase sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ... d) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. e) Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. f) Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da etapa. g) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. h) Participación no deseño e desenvolvemento dos programas e actividades que contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e social do alumno e á promoción da convivencia. i) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación continua, formativa e orientativa que se propugnan para todas as fases do

20 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


proceso avaliador, tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas. j) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades dos alumnos, prestando especial atención á información

escrita

correspondente ás distintas sesións de avaliación. k) Actualización do expediente do alumnado. l) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo, ... m) Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. n) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. o) Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro: dar a coñecer ao principio de curso cales son os nosos dereitos e deberes, normas de réxime interior e disciplina, funcionamento do centro,.. e determinar as normas e procedementos de organización e funcionamento do grupo-clase (normas da aula, xestión de resolución de conflitos,...). p) Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. q) Procurar a colaboración das familias e o intercambio e análise de información en relación co desenvolvemento dos seus fillos, promovendo unha actitude serena, positiva,

activa e responsable

fronte as dificultades que se plantexen. r) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. s) Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

21 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


CRONOGRAMA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

22 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


4. CRONOGRAMA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

ATENCIÓN AO ALUMNADO

COORDINACIÓN GRUPO CLASE

PROFESIONAIS

ATENCIÓN FAMILIAR

1. Revisión dos

1. Actividades de

1. Participación nas

1. Entrevistas

EXPEDIENTES do

acollida.

reunións de ciclo para

individuais coas

alumnado e consulta a

2. Regulamento de aula: preparar a programación

outros profesionais.

Setembro

Normas e

Período de

consecuencias de

Adaptación, coas

incumprimento,

familias do

respecto e diferenzas.

alumnado de nova

3. Posibles actividades de

incorporación ou

dinámica de grupo

coas familias que

para fomentar o

se considere

coñecemento e a

axeitado.

aceptación, de ser preciso. 4. Probas iniciais de competencia

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

anual.

familias no


curricular. 5. Elaboración das programacións. 1. Detección de alumnos 1. con NEAE. 2.

Coñecemento

da 1. Avaliación Inicial.

1. Reunión inicial coas

estrutura social da aula: 2. Reunión coa mestra de familias.

Elaboración

de sociogramas.

apoio para tratar do plan 2.

Entrevistas

programas axeitados para 2. Dereitos e deberes de traballo dos alumnos individuais con familias o alumnado con NEAE.

dos alumnos/as. 3.

Outubro

que asistan á aula de PT.

Regulamento

Centro:

do

alumnado

do 3. Demanda ao D.O das soliciten

normas

e exploracións

organización

e para

funcionamento.

os

ou

que que

o se

necesarias considere axeitado.

alumnos

necesidades

con 3. Implicar a familia no

educativas traballo persoal dos seus

4. Hábitos e técnicas de que o requiran.

fillos:

organización

do

estudo: horario de clase e

tempo de estudo na casa.

traballo persoal na casa. 1.

Seguimento

dos 1.

Resolución

programas adaptados dos conflitos alumnos/as con NEAE. Novembro

en

de 1. Participar nas reunións 1.

clase de ciclo para realizar o individuais con familias

mediante asembleas.

seguimento

da do

2. Entrevistas individuais 2. Hábitos e técnicas de programación anual. cos

alumnos

que

requiran ou soliciten.

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

Entrevistas

o estudo e traballo persoal.

alumnado

soliciten

ou

que que

2. Reunión coa mestra de considere axeitado. apoio

para

realizar

o

o se


seguimento dos alumnos que asistan á aula de PT 1.

Seguimento

dos 1. Asemblea como medio 1. Preparar e coordinar as 1.

programas adaptados dos de discusión e decisión sesións alumnos/as con NEAE.

alumnos

que

requiran ou soliciten.

avaliación, individuais con familias

para debater problemas e procurando que o seu do

2. Entrevistas individuais organizar cos

de

plans

de desenvolvemento

ou

que que

o se

o traballo, festa de Nadal, axuste aos principios de considere axeitado. etc.

avaliación

Sociais en cada grupo.

continua, 2.

3.

Preparar

Enviarlles

documento

2. Reunión coa mestra de información a apoio

para

tratar

o de sobre

da avaliación.

avaliación, recordar o avaliación dos alumnos/as 3.

Enviar

algunha

sistema e criterios de que asistan á aula de PT.

suxestión sobre lecturas

avaliación cómo preparar

recomendadas en Nadal.

exames... 4.

Comentar

os

resultados

de

avaliación,

buscando

propostas de mellora. 5. Recoller en acta o desenvolvemento

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

alumnado

se soliciten

2. Ensino de Habilidades formativa e orientativa.

Decembro

Entrevistas

da


sesión, as cualificacións nas distintas áreas, o grao de desenvolvemento das competencias básicas e as decisións e os acordos acadados dos datos da 1ª avaliación. 1. Tras a análise dos 1. Asemblea como medio 1. Reunións de ciclo para 1. resultados

de

1ª de discusión e decisión avaliar o 1º trimestre e individuais con familias

avaliación,

a para debater problemas e planificar as actividades do

programación

dará planificar as actividades do 2º.

resposta ás necesidades de 2º trimestre.

ampliando

contidos

obxectivos

para

e orde

Seguimento

aos alumnos do grupo.

de 3. Ensino de Habilidades

4. Comentar os resultados

3. Entrevistas individuais da avaliación, buscando co

alumnado

que

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

o propostas de mellora.

ou

que que

o se

para

tratar

da 2. Implicar a familia no

ou avaliación dos alumnos/as traballo persoal dos seus

programas adaptados ao Sociais. alumnado con NEAE.

soliciten

o disciplinar que afecten que asistan á aula de PT fillos:

alumnado que o necesite) 2.

académica

alumnado

2. Reunión coa mestra de considere axeitado.

detectadas (reforzando ou 2. Actuar nos conflitos de apoio

Xaneiro

Entrevistas

ou na aula ordinaria.

organización

do

tempo de estudo na casa.


requiran ou soliciten.

5. Hábitos e técnicas de estudo e traballo persoal.

1.

Seguimento

de 1. Asemblea como medio 1. Reunións de ciclo para 1.

programas adaptados ao de discusión e decisión seguimento Febreiro

alumnado con NEAE.

co

alumnado

das individuais con familias

para debater problemas e actividades propostas.

2. Entrevistas individuais valorar as actividades. que

orde

académica

do

alumnado

2. Reunión coa mestra de soliciten

o 2. Actuar nos conflitos de apoio

requiran ou soliciten.

Entrevistas

para

tratar

ou

que que

o se

da considere axeitado.

ou avaliación dos alumnos/as

disciplinar que afecten que asistan á aula de PT. aos alumnos do grupo. 3. Ensino de Habilidades Sociais.

1.

Seguimento

dos 1. Asemblea como medio 1. Preparar e coordinar as 1.

programas adaptados dos de discusión e decisión sesións alumnos/as con NEAE.

Marzo

alumnos

que

requiran ou soliciten.

avaliación, individuais con familias

para debater problemas e procurando que o seu do

2. Entrevistas individuais organizar cos

de

plans

o traballo.

de desenvolvemento

alumnado

se soliciten

ou

académica

continua, 2.

que

ou formativa e orientativa.

Enviarlles

documento

disciplinar que afecten 2. Reunión coa mestra de información

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

que

o se

axuste aos principios de considere axeitado.

2.Actuar nos conflitos de avaliación orde

Entrevistas

o de sobre


aos alumnos do grupo.

apoio

para

tratar

da avaliación.

3. Ensino de Habilidades avaliación dos alumnos/as Sociais.

que asistan á aula de PT

4. Preparar a avaliación, ou na aula ordinaria para recordar

o

sistema

e planificar o trimestre.

criterios de avaliación, cómo preparar exames... 5. Comentar os resultados da avaliación, buscando propostas de mellora. 6. Recoller en acta o desenvolvemento

da

sesión, as cualificacións nas distintas áreas, o grao de desenvolvemento das competencias básicas e as decisións e os acordos acadados dos datos da 2ª avaliación..

1. Tras a análise dos 1. Asemblea como medio 1. Reunións de ciclo para 1. Entrevistas individuais

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


resultados

de

2ª de discusión e decisión avaliar o 2º trimestre e con familias de alumnos

avaliación,

a para debater problemas e planificar as actividades que o soliciten ou que se

programación Abril

dará planificar as actividades do 3º.

resposta ás necesidades de 3º trimestre.

2. Reunión coa mestra de

detectadas (reforzando ou 2. Actuar nos conflitos de apoio ampliando

contidos

obxectivos

para

e orde

Seguimento

para

tratar

da

ou avaliación dos alumnos/as

o disciplinar que afecten que asistan á aula de PT

alumnado que o necesite) 2.

académica

considere axeitado.

aos alumnos do grupo.

ou na aula ordinaria.

de 3. Ensino de Habilidades

programas adaptados ao Sociais. alumnado con NEAE.

4. Comentar os resultados

3. Entrevistas individuais da avaliación, buscando co

alumnado

que

o propostas de mellora.

requiran ou soliciten. 1.

Seguimento

dos 1. Asemblea como medio 1. Reunións de ciclo para 1. Entrevistas individuais

programas adaptados dos de discusión para debater seguimento alumnos/as con NEAE.

problemas e valorar as actividades propostas.

2. Entrevistas individuais actividades. cos Maio

alumnos

que

requiran ou soliciten.

das con familias de alumnos

2. Reunión coa mestra de considere axeitado.

o 2. Actuar nos conflitos de apoio orde

académica

que o soliciten ou que se

para

tratar

dos

ou alumnos que asistan á

disciplinar que afecten os aula de PT ou de grupo de

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


alumnos do grupo.

apoio.

3. Ensino de Habilidades Sociais. 1.

Seguimento

dos 1. Comentar os resultados 1. Preparar e coordinar as 1. Entrevistas individuais

programas adaptados dos da avaliación, buscando sesións de avaliación. alumnos/as con NEAE. Xuño

propostas de mellora.

alumnos

que

requiran ou soliciten.

o desenvolvemento

familias

de

2. Reunión coa mestra de alumnos/as que o soliciten

2. Entrevistas individuais 2. Recoller en acta o apoio cos

con

para

tratar

da ou

que

se

considere

da avaliación dos alumnos axeitado.

sesión, as cualificacións que asistan á aula de PT.

2. Entrega dos resultados

nas distintas áreas, o grao 3. Reunión cos profesores finais coas orientacións de desenvolvemento das de ciclo para determinar para o verán e curso competencias básicas e as os

alumnos

propostos seguinte.

decisións e os acordos para repetir curso ou para 3.

Enviar

algunhas

acadados dos datos da 3ª que asistan á aula de PT suxestións sobre o uso do avaliación.

ou de apoio.

tempo libre.

3. Propoñer tarefas a 4. Planificar Período de 4. Reunión coas familias realizar durante o período Adaptación do seguinte de 3 anos do vindeiro estival.

curso.

curso:

Período

Adaptación

PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

de


PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


5. EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES

5.1. REUNION INICIAL DAS TITORAS COAS FAMILIAS.

Posibles puntos a tratar en dita reunión:

1. Presentación do profesorado. 2. Normas do centro: 

Normas de organización e funcionamento: puntualidade, sancións …

Normas de aula.

3. Información xeral dos obxectivos do curso. 4. Información do centro: 

Departamento de Orientación: o seu labor e forma de acceder ao departamento en caso de necesidade.

Control das faltas de asistencia. Xustificación das mesmas.

Horario de titoría, forma de pedir as entrevistas coas titoras ou con calquera dos profesores especialistas.

Actividades extraescolares e complementarias organizadas para o curso (autorizacións…)

5. Colaboración das familias 

Hábitos alimenticios.

Respecto interpersoal: correcta comunicación entre adultos e iguais.

Normas de hixene.

Hábitos de estudio: axuda familiar na casa.

6. Recomendacións: 

Colaboración co profesorado.

Necesidade de comunicación ante problemas que xurdan.

7. Recollida de información para as titorías:

32 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


Cuestionario de recollida de datos da familia (pódese incorporar ao expediente si non estivera alí). Solicitar modelo ao Departamento de Orientación.

5.2. A AVALIACIÓN INICIAL.

A avaliación inicial consideramos que é moi importante xa que é un punto de inicio básico para facer correctamente as programacións tendo en conta as características do noso grupo de alumnos/as, así como facer a distribución dos apoios e reforzos dun xeito máis obxectivo, co conseguinte aproveitamento correcto dos recursos humáns e materiais. Vista, polo tanto, a lexislación, durante o primeiro mes de curso, os titores levarán a cabo á avaliación inicial. Dende o Departamento de Orientación poderanse facilitar instrumentos de avaliación curricular a aqueles titores/as que o soliciten, aínda que a valoración das producións e actitudes escolares dos alumnos/as son unha forma importante de valoración durante este primeiro mes. É importante consultar todos aqueles documentos: informes, expedientes …, da cada alumno por parte de cada titora antes de facer a avaliación inicial, así como consultar con outras mestras que fosen titoras deses alumnos anteriormente. Entendemos que a avaliación inicial debería ser feita nas primeiras semanas de Outubro.

Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia:

Art. 4.3.- Ao comezo de cada ciclo e durante o primeiro mes do curso escolar, a persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas. Esta avaliación

33 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou ciclo anterior correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información obtida das familias. Art.4.4.- A avaliación inicial será o punto de referencia para a toma de decisións relativas ao desenvolvemento do currículo nas programacións de aula, así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e recuperación que consideren oportunas para cada alumno/a.

Orde do25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Art. 21.1.- Cando o alumno se incorpore ao segundo ciclo de educación infantil, as persoas titoras dos grupos realizarán unha avaliación inicial de cada un. Así mesmo, esta avaliación realizarase cando unha alumna ou un alumno se traslade dun centro a outro. A avaliación recollerá os datos máis destacados do seu proceso de desenvolvemento, terá en conta os datos relevantes achegados pola información das familias na entrevista inicial e, se é o caso, os informes médicos, psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que revistan interese para a vida escolar. E, de ser o caso, os informes de escolarización anteriores. Art. 21.2.- A avaliación inicial completarase coa información obtida na observación directa por parte dos profesionais que atenden as nenas e nenos sobre o grao de desenvolvemento das capacidades básicas correspondentes á súa etapa evolutiva durante o período de adaptación ao centro escolar. Art. 21.3.- O Equipo educativo adoptará as decisións relativas ao tipo de información que se precisa neste momento inicial da avaliación, así como as técnicas ou instrumentos que se van empregar para recoller e consignar a dita información. Estas decisións quedarán reflectidas no proxecto educativo. Art. 24.3.- Informe de avaliación inicial. O informe de avaliación inicial recollerá os datos achegados na entrevista pola familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber. O dito informe axustarase ao modelo establecido no anexo II desta orde.

34 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


5.3. ANÁLISE DA ESTRUCTURA SOCIAL DA AULA E TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS.

ESTRUCTURA SOCIAL DA AULA. OS SOCIOGRAMAS.

No caso de que a titora acometese por primeira vez a súa labor cun grupo determinado é importante que coñeza a estrutura social e as interaccións persoais que se dan na súa aula. Isto é importante para saber cómo temos que afrontar os problemas sociais que se dan no grupo, xa que moitas veces descoñecemos ónde teñen a súa orixe. Dende o Departamento de Orientación póñense a dispor das titoras sinxelas ferramentas que lles axudarán a efectuar un sociograma do grupo clase. É moi importante a información que se pode extraer dun Sociograma, xa que etá moi relacionada coas Habilidades Sociais.

Popularidade: Os nenos/as con moitas eleccións son populares, líderes de grupo. En xeral, presentan características positivas, pero é posible que sexan líderes negativos e que a súa conduta se afirme contra o adulto ou contra outros alumnos e cre admiración entre os seus compañeiros. Pero tamén é posible que alumnos que cremos que son líderes, logo non son votados nun Sociograma. Correspondencia: Coa correspondencia poden atopar amizades incipientes (é dicir, A elixiu a B e B elixiu a A) Á hora de formar grupos é interesante telas en conta. Convén, non obstante, non perder de vista as correspondencias negativas, é dicir, A elixiu a B, pero B rexeitou a A, pois é posible que sexan nenos ou nenas con baixa autoestima) Rexeitamentos: Os nenos/as con moitos rexeitamentos non son populares e adoitan presentar ou ben unha conduta agresiva ou ben pasiva. É importante

35 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


analizar as causas do devandito rexeitamento é cómo podemos axudalos a corrixilo.

A popularidade e os rexeitamentos están relacionados coas Habilidades Sociais. É importante, pois, analizar qué habilidades concretas, ou a súa carencia, son as responsables de tales resultados. Iso non quererá dicir que as Habilidades Sociais sexan a única causa, pero si merece telas en consideración.

TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS.

Unha vez coñecida a forma en que se desenvolve socialmente a nosa aula, ou paralelamente a elo, creemos moi importante traballar sempre , a principios de curso, a confección de normas e consecuencias non escatimando tempo para que esta cuestión quede ben clara entre o alumnado. É interesante que o alumnado consideren as normas como súas, e que, por tanto, se sintan obrigados colectivamente a cumprilas. Débense especificar de antemán unha serie de normas básicas e despois guiar aos nenos para que consideren que esas normas son fundamentais para unha boa marcha da clase. Unha normas de aula básicas que poderían valer para todo o centro e que, polo tanto, todo o profesorado podería aplicar consecuentemente poderían ser:  Obedecer ao mestre/a.  Respectar aos compañeiros/as.  Erguer a man para intervir.  Falar en voz baixa.  Ter contacto ocular co interlocutor.  Rematar as tarefas.  Pedir permiso para erguerse.  Facer as tarefas en silencio.  Pedir as cousas por favor e dar as grazas  O diálogo como vía de solución de conflitos

36 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


Sería interesante que eles chegasen a redactar a norma. Sempre en ton positivo. Por exemplo , no canto de pór: NON debemos falar todos ao mesmo tempo, pór: debemos levantar a man para intervir. Tamén é interesante que as normas sexan poucas e comprendan a outras. Por exemplo, no canto de pór: NON, insultar, NON pegar, NON… é máis interesante pór: Respectar aos compañeiros, desa forma comprenden mellor o termo RESPECTAR. Deberase discutir tamén a consecuencia do incumprimento de cada norma. Aos máis maiores é importante que lles lembremos que existen unas Normas de Organización e Funcionamento (antigo RRI), explicándolles o que é e aqueles puntos que lles afectan máis directamente. Tamén sería conveniente falarlles dos seus DEREITOS e DEBERES como alumnos/as, tal como se recolle na lexislación, xa que moitas veces os rapaces teñen ideas equivocadas ao respecto.

Unha vez que as temos aprobadas e asinadas por todos/as, tanto normas como consecuencias de incumprimento, debémolas pór con letras grandes nun sitio onde se vexan moi ben, xa que, ao principio, esqueceranse frecuentemente delas e termos que lembrarllas pacientemente, sen enfadarnos.

5.4. TRABALLO HABILIDADES SOCIAIS.

Dende o Plan de Convivencia como documento de análise e planificación da convivencia no noso centro e dende o presente Plan de Acción Titorial como ferramenta executora de actividades que atendan as necesidades de orientación do noso alumnado é importante levar a cabo unha serie de actividades de mellora da convivencia educativa, entre elas, as de mellora das habilidades sociais. O profesorado interesado en organizar un curso de habilidades sociais cos seus alumnos, ten excelentes materiais de traballo nos libros de Goldstein e Michelson, aínda que cada mestra pode montar o seu propio programa sen dificultade.

37 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


6.AVALIACIÓ DO PAT. Avaliaremos o PAT como un apartado máis dentro da revisión da PXA e na memoria anual. Por iso, cada equipo de ciclo avaliará o grao de realización do Plan, a súa adecuación ás finalidades que se pretende e as propostas de mellora que se consideren.

7. LEXISLACIÓN.

Orde do 22 de xullo de 1997 que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 02-09-97) Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria Decreto 130/2007. do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

38 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


ANEXOS

39 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


DOCUMENTO

: CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 2º CICLO ED.INFANTIL

MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL Ano académico: 20__/20__ EDUCACIÓN INFANTIL (2º ciclo) A avaliación-memoria farase sobre as actuacións previstas no desenvolvemento do Plan, considerando estas tres dimensións: TD (totalmente desenvolvida), PD (parcialmente desenvolvida), ND (non desenvolvida) ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PAT

GRAO DESENVOLVEMENTO

Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. Realización, nos casos de novas incorporacións, da entrevista persoal a cada familia, de cara á obtención da información necesaria para a ficha de avaliación inicial. Cumprimentación, nos casos que corresponda, da ficha de avaliación inicial. Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que se desenvolva antes do 31 de outubro e nela se dea completa información. Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. Promoción da coordinación entre as etapas de infantil e primaria Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual coa totalidade do alumnado do 1º ciclo de Ed.Primaria. Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades do alumnado establecendo canles de comunicación e colaboración que favorezan a educación integral. Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo,… Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa, tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas. Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro. Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. Procurar a colaboración da familia e o intercambio e análise de información en relación ao desenvolvemento dos seus fillos, promovendo unha actitude serena, positiva, activa e responsable. Transmitir ao profesorado toda a información sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

Propostas de mellora do Plan de Acción Titorial para o próximo curso:

Vigo,_____de xuño de 20__ A Coordinadora Asdo:_____________________________________

40 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


DOCUMENTO

: CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 1º CICLO ED.PRIMARIA

MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL Ano académico: 20__/20__ EDUCACIÓN PRIMARIA (1º ciclo) A avaliación-memoria farase sobre as actuacións previstas no desenvolvemento do Plan, considerando estas tres dimensións: TD (totalmente desenvolvida), PD (parcialmente desenvolvida), ND (non desenvolvida) ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PAT

GRAO DESENVOLVEMENTO

Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado, analizando a información aportada nos informes dos cursos anteriores e considerando todo aquilo que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-aprendizaxe. Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que se desenvolva antes do 31 de outubro e nela se dea completa información. Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. Promoción da coordinación cos equipos do 2º ciclo de Ed.infantil. Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual coa totalidade do alumnado do 1º ciclo de Ed.Primaria. Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. Actualización do expediente do alumnado. Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo,… Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa, tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas. Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro. Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. Procurar a colaboración da familia e o intercambio e análise de información en relación ao desenvolvemento dos seus fillos, promovendo unha actitude serena, positiva, activa e responsable. Transmitir ao profesorado toda a información sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

Propostas de mellora do Plan de Acción Titorial para o próximo curso:

Vigo,_____de xuño de 20__ A Coordinadora Asdo:_____________________________________

41 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


DOCUMENTO : CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 2º CICLO ED.PRIMARIA MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL Ano académico: 20__/20__ EDUCACIÓN PRIMARIA (2º ciclo) A avaliación-memoria farase sobre as actuacións previstas no desenvolvemento do Plan, considerando estas tres dimensións: TD (totalmente desenvolvida), PD (parcialmente desenvolvida), ND (non desenvolvida) ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PAT

GRAO DESENVOLVEMENTO

Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado, analizando a información aportada nos informes dos cursos anteriores e considerando todo aquilo que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-aprendizaxe. Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que se desenvolva antes do 31 de outubro e nela se dea completa información. Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da etapa. Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual coa totalidade do alumnado do 2º ciclo de Ed.Primaria. Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. Actualización do expediente do alumnado. Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo,… Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa, tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas. Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro. Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. Procurar a colaboración da familia e o intercambio e análise de información en relación ao desenvolvemento dos seus fillos, promovendo unha actitude serena, positiva, activa e responsable. Transmitir ao profesorado toda a información sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

Propostas de mellora do Plan de Acción Titorial para o próximo curso:

Vigo,_____de xuño de 20__ A Coordinadora Asdo:_____________________________________

42 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


DOCUMENTO : CUESTIONARIO PARA AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. 3º CICLO ED.PRIMARIA MEMORIA-AVALIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL Ano académico: 20__/20__ EDUCACIÓN PRIMARIA (3º ciclo) A avaliación-memoria farase sobre as actuacións previstas no desenvolvemento do Plan, considerando estas tres dimensións: TD (totalmente desenvolvida), PD (parcialmente desenvolvida), ND (non desenvolvida) GRAO DESENVOLVEMENTO

ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PAT

Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no Programa de Acollida. Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado, analizando a información aportada nos informes dos cursos anteriores e considerando todo aquilo que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensinoaprendizaxe. Realización dunha reunión xeral coas familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que se desenvolva antes do 31 de outubro e nela se dea completa información. Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás familias. Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima. Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da etapa. Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual coa totalidade do alumnado do 3º ciclo de Ed.Primaria. Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, especialmente as Contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade. Actualización do expediente do alumnado. Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade, absentismo,… Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe persoal por traslado. Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou programas, nos termos que se establezan. Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro. Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e actuacións a desenvolver. Procurar a colaboración da familia e o intercambio e análise de información en relación ao desenvolvemento dos seus fillos, promovendo unha actitude serena, positiva, activa e responsable. Transmitir ao profesorado toda a información sobre o alumnado que lles poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

Propostas de mellora do Plan de Acción Titorial para o próximo curso:

Vigo,_____de xuño de 20__ A Coordinadora Asdo:_____________________________________

43 PAT-CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.