Programación infantil 2015 2016

Page 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

2015-16


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

ÍNDICE 1. Introdución e contextualización

Px. 4

1.1.

Xustificación

Px. 5

1.2.

Características evolutivas do alumnado de 3 a 6 anos.

Px. 7

1.3.

Inglés: Introdución e contextualización.

Px. 10

2. Contribución desde a área ao desenvolvemento das CCBB. 2.1.

Px. 10

Inglés: Contribución ao desenvolvemento das CCBB.

Px. 19

3. Obxectivos.

Px. 20

3.1.

Obxectivos Xerais.

Px. 20

3.2.

Obxectivos da etapa.

Px. 22

3.3.

Inglés: Obxectivos xerais.

Px. 25

3.4.

Inglés: Obxectivos.

Px. 26

4. Secuencia de contidos.

Px. 27

4.1.

Contidos de 3 anos.

Px. 27

4.2.

Contidos de 4 anos.

Px. 30

4.3.

Contidos de 5 anos.

Px. 35

4.4.

Inglés: Contidos.

Px. 44

5. Criterios de avaliación.

Px. 47

5.1.

Criterios de avaliación do nivel de 3 anos.

Px. 47

5.2.

Criterios de avaliación do nivel de 4 anos.

Px. 49

5.3.

Criterios de avaliación do nivel de 5 anos.

Px. 50

5.4.

Inglés: Criterios de avaliación.

Px. 51

6. Procedementos de avaliación.

Px. 53

6.1.

Desenvolvemento da avaliación.

Px. 53

6.2.

Inglés: Procedementos de avaliación.

Px. 54

7. Instrumentos de avaliación.

Px. 56

7.1.

Instrumentos de avaliación para educación infantil

Px. 56

7.2.

Inglés: Instrumentos de avaliación.

Px. 57

8. Metodoloxía

didáctica,

considerando

as

CCBB

como

elemento

Px. 57

organizativo. 8.1.

Metodoloxía didáctica en educación infantil

Px. 57

8.2.

Inglés: Metodoloxía didáctica considerando as CCBB

Px. 64

9. Medidas de atención á diversidade.

Px. 65

9.1.

Medidas xerais.

Px. 66

9.2.

Medidas extraordinarias.

Px. 68

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

2


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 9.3.

Reforzo educativo.

Px. 69

9.4.

Inglés: Medidas de atención á diversidade.

Px. 69

10. Concreción do Plan TIC.

Px. 70

10.1. Niveis da competencias en habilidades informáticas.

Px. 73

10.2. Inglés: Concreción do Plan TIC.

Px. 74

11. Concreción do Plan de Convivencia.

Px. 74

12. Recursos didácticos.

Px. 76

12.1. Inglés: Recursos didácticos. 13. Procedementos para avaliar a propia programación.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

Px. 80 Px. 81

3


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

A nosa programación vai dirixida ao segundo ciclo da Educación Infantil ( 3, 4 e 5 anos) do C.E.I.P

Alfonso D. Rodríguez Castelao

para o curso 2.015/16. Exponse os

obxectivos, competencias básicas, contidos e criterios de avaliación que han de acadarse segundo o D.330/2009 polo que se establece o currículo da Educación Infantil para a Comunidade Autónoma de Galicia, así como a metodoloxía empregada. Está organizada a partir da contextualización do Centro e das características do alumnado. Parte dun Proxecto Educativo de Centro que ten como principios: unha formación de carácter integral, con adquisición de hábitos intelectuais e de traballo, unha educación en valores como a responsabilidade, a liberdade, a igualdade entre sexos, o respecto ao medio natural e á diversidade. Este Proxecto Educativo desenvólvese nunha Programación Xeral Anual (PXA). O noso Colexio ― Alfonso D. Rodríguez Castelao‖,de titularidade pública,está situado na parroquia de Navia ( Vigo). O centro localízase en ―Pedra Seixa‖, nunha zona natural onde se está a desenvolver un proxecto de urbanización,

pasando de ser unha zona semirural a estar integrada na

cidade. Dado a que se están a construír cerca dunhas 5.000 vivendas, nos derradeiros cursos obsérvase un aumento

considerable na matrícula.

O Centro ten 3 unidades de Educación Infantil: 1 de 3 anos, 1 de 4 anos e 1 de 5 anos; tódalas unidades teñen 25 nenas e nenos casteláns falantes , polo que, seguindo o D. 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, partiremos da súa lingua materna (castelán) traballándoa progresivamente coa lingua galega. O centro ten ademais : 

Sete aulas de E. Primaria ( unha habilitada para Biblioteca).

Unha aula de pedagoxía terapéutica.

Aula de informática

Ximnasio

Sala de profesores

Tres titorías ( 1 para gabinete

médico

e

pedagóxico e outra para despacho do

ANPA). 

Despacho de dirección.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

4


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 

Secretaría

Almacéns

Servizo hixiénico para discapacitados (habilitado para persoal de limpeza).

Ascensor ( non está en funcionamento)

Aula de Pretecnoloxía (empregada como aula de Música e de Inglés). 1.1 XUSTIFICACIÓN. O Equipo de Infantil do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao consideramos que a

Educación Infantil constitúe un período escolar que acolle os nenos e nenas desde os tres ata os seis anos de idade e a súa finalidade é o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral deste alumnado.

Por este motivo, apostamos por un traballo coordinado onde cremos que é de gran importancia:

1. Necesidade de colaboración coa familia.

A relación e colaboración escola-familia, punto clave ó longo de toda a escolarización, adquire un valor esencial e fundamental durante estes anos. Familia e escola deben actuar ó mesmo tempo para satisfacer as necesidades que expresa e manifesta o pequeno/a, e ir introducindo e potenciando o desenvolvemento da adquisición de hábitos cara á progresiva autonomía persoal. 2. Necesidade de coordinación coas demais etapas educativas.

Para nós a Educación Infantil é unha etapa con entidade propia na que se definen uns obxectivos, contidos, así como unhas liñas xerais metodolóxicas para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, mais non esquecemos a coordinación necesaria que debe existir entre esta ea Etapa de Educación Primaria para poder detectar e concretar as necesidades e/ou dificultades existentes na rede de aprendizaxe de cada un dos alumnos a fin de podelos traballar (desde unha visión totalmente individualizada) nos sucesivos niveis educativos

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

5


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

3. Función social e función educativa.

Somos conscientes que a Educación Infantil desenvólvese, paralelamente, desde unha función social de axuda ao medio familiar e desde unha función educativa, co fin de desenvolver ó máximo as capacidades do alumnado(a partir dos obxectivos e dos contidos propios desta etapa). Os elementos básicos do currículo infantil que propoñemos escolléronse buscando o desenvolvemento dos ámbitos psicomotor, cognitivo, de relación interpersoal, equilibrio e autonomía persoal, de relación social e trascendente e tendo en conta os trazos evolutivos propios dos nenos desta idade así como as súas expectativas sociais. Os contidos preséntanse organizados en áreas correspondentes a ámbitos propios da experiencia e o desenvolvemento infantil, e desenvolveranse por medio de actividades globalizadas que teñan interese e significado para o neno/a. As necesidades afectivas propias deste período requiren unha metodoloxía baseada na experiencia, nas actividades e no xogo, nun clima de afecto e confianza, que lle ofreza ó neno seguridade e estimule o descubrimento de si mesmo e do seu contorno. Por este motivo, consideramos que é importante lograr a colaboración da familia para proporcionarlle ó neno estímulos nas súas primeiras aprendizaxes e, en xeral, no comezo da súa experiencia formativa. Finalmente, a avaliación será en todo momento, global, continua e formativa para adecuar a nosa

práctica escolar a cada situación e crear as condicións

máis favorables para o desenvolvemento integraldo alumnado.

Antes de pasar a tratar os seguintes puntos da nosa programación didáctica consideramos importante ter presente o momento evolutivo no que se atopa o noso alumnado, os verdadeiros protagonistas desta programación:

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

6


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 1.2 CARACTERÍSTICAS EVOLUTIVAS DO ALUMNADO DE 3 A 6 ANOS Os alumnos e alumnas destas idades necesitan un ambiente cálido e seguro para poder afrontar o coñecemento gradual do medio e adquirir os instrumentos que lles permitan acceder a el. En conxunto, o desenvolvemento da súa personalidade pasa por tres fases diferentes: - Unha primeira fase ou etapa de conflitos entre a realidade interna e a externa, que os levará paseniñamente a tomar conciencia do propio eu. - Segue despois unha fase de tranquilidade, na que atopan satisfacción por descubrir e desenvolver novas destrezas, a través da experimentación e da manipulación. - Finalmente, en canto recoñecen a súa individualidade, adoptan unha permanente curiosidade polo contorno e o seu descubrimento. O coñecemento destes procesos axudaranos ao profesorado a axustar os obxectivos, os contidos, as orientacións metodolóxicas, as pautas de avaliación... e farannos ver a necesidade de establecer co alumnado unha relación de cordialidade e confianza, é dicir, de crear un clima escolar sereno e acolledor. Nestes anos, os nenos experimentan un notable desenvolvemento psicomotor, cognitivo, persoal, social e moral, así como un importante avance na adquisición da linguaxe. Por iso é necesario que teñamos en conta esta evolución coa fin de adaptar a acción educativa aos cambios que se producen nos nenos e aproveitar as posibilidades formativas que lles ofrecen.

Desenvolvemento

Desenvolvemento

Desenvolvemento da

psicomotor

cognitivo

linguaxe

-

Importante

período

de

-

Organizan

o

seu

- A súa linguaxe oral

pensamento ó redor

adquire

desenvolvemento

de

expresividade

psicomotor, no que

mentais

se

básicos.

- A partir dos tres anos

- Usan a intuición na

dispoñen da capacidade

súa

de

baseará

posteriormente súa

a

evolución

intelectual:

esquemas sinxelos

inquietude

e

por

aprender e guíanse

máis e

recursos simbólicos.

poder

operar

con

múltiples

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

7


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -

Definen

a

polo ensaio e o erro.

representacións.

lateralidade

-

- Contra os catro anos

predominante.

situacións

- Están preparados

repetitivas,

para

gramaticais básicas da

para construí-lo seu

afina-lo coñecemento

lingua materna e poden

esquema corporal a

do

recoñecer palabras moi

partir

próximo.

da

súa

previa

diferenciación

das

partes. -

-

Necesitan

as

cotiás

contorno

máis

control

do

muscular

e

o

En

situacións

equilibrio

e

capacidade

as

son de

captar

cousas

comprender

imaxinación:

a

no

de

tempo

e

seu súa

habilidade lectora.

obxectos, simples

do

favorece-la

da

secuencias

os

pode

relacións

o

entre

regras

contorno, polo que se

ton

respiración. -Perfeccionan

capaces

adoptaron

significativas

coñecidas

Incrementan

e

- Tenden a explica-las guiados

pola

a)Dan vida a obxectos inanimados.

establecer conexións

b)Describen as cousas

orientarse no tempo

de causa-efecto.

pola súa utilidade.

e no espacio.

-

- Aumentan a súa

adecuada

situacións próximas.

capacidade

estimulación, poden:

d)Consideran todo como

atención, que se fai

- observar aspectos

resultado

máis

que non varían,

humana.

- clasificar obxectos

-

segundo

aprendizaxe da linguaxe

de

sostida

e

consciente. -

Aprenden

domina-las

a

unha

sexan

ou

c)Establecen lazos con

escrita:

necesidades

-

gráfica

primarias

sinxelas.

palabras

(evacuación,

- Memorizan a partir

sinxelas.

alimentación...).

de

-

semellanza

as

súas

posibilidades

ordenar

relacións

series

da

Inícianse

non parecidos, e

Afinan

súas

Mediante

acción na

representación de

letras,

e

frases

de ou

proximidade.

manuais (motricidade

fina),

que serán básicas para a escritura.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

8


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Persoal -

Empezan

recoñece-la

Social a súa

individualidade, determinada

-

Moral

Atravesan

etapa só

unha

- Consideran as cousas

egocéntrica,

boas ou malas segundo

falan

deles

están

mandadas

ou

pola

mesmos e non teñen

prohibidas

identificación

en conta o punto de

adultos.

cos adultos e polo

vista dos demais.

-

trato que reciben na

- A interrelación cos

comportamentos

familia.

outros

lles gustan ás persoas

súa

-

Integran

información

a que

e

a

súa

imitación aproxímaos

a

un

diálogo socializado.

sobre

-

súas

propias

Relaciónanse

adultos

posibilidades

e

criterios

de

- Comezan a tomar

-

conciencia

do

maiores

como

propio eu e da súa

modelos

de

aceptación

comportamento

Consideran

os

e

estima.

aprenden

- A identificación e

actitudes de conduta

a asimilación da súa

e

pertenza

básicas.

determinado

un sexo

deles

normas

sociais

-

Inician,

fortalécese

coa

gradualmente,

asociación

con

formación

de

pequenos

grupos,

outros nenos.

ou significativas.

segundo

obediencia e estima.

a

que

cos

limitacións.

e

os

para eles importantes

reciben dos maiores as

Adoptan

polos

a

determinados

por

intereses

inestables

ou

sexo

polo

dos

seus integrantes. - Na aula o vínculo de

relación

é

o

mestre/a, polo que necesitan

sentirse

queridos.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

9


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

1.3 INGLÉS: INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN A mellora substancial dos medios de comunicación, xunto ao desenvolvemento e extensión das tecnoloxías da información e a comunicación, propiciaron un incremento das relacións internacionais sen precedente. Polo tanto, na sociedade do século XXI hai que preparar alumnos e alumnas para vivir nun mundo progresivamente máis internacional, multicultural e multilingüe. Ademais, o noso país atópase comprometido como membro da Unión Europea no fomento do coñecemento doutras linguas comunitarias. Pola súa parte, o Consello de Europa no Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación, establece directrices tanto para a aprendizaxe de linguas coma para a valoración da competencia nas diferentes linguas dun falante. Nesta etapa, máis que en calquera outra, desenvolvemento e aprendizaxe son procesos dinámicos que teñen lugar como consecuencia da interacción co ámbito. Cada neno ten o seu ritmo e o seu estilo de maduración, desenvolvemento e aprendizaxe, por iso, a súa afectividade, as súas características persoais, as súas necesidades, intereses e estilo cognitivo, deberán ser tamén elementos que condicionen a práctica educativa nesta etapa. Neste proceso adquire unha relevancia especial a participación e colaboración coas familias.

2.

CONTRIBUCIÓN

DESDE

AS

ÁREAS

AO

DESENVOLVEMENTO

DAS

COMPETENCIAS BÁSICAS.

Aínda que estas veñen indicadas para o ensino obrigatorio, no Equipo de Infantil do CEIP

Alfonso

D.

Rodríguez

Castelao,

consideramos

que

é

preciso

que

o

seu

desenvolvemento se inicie desde o comezo da escolarización, de xeito que a súa adquisición se realice de forma progresiva e coherente. Estas competencias, polo tanto, orientarán e impregnarán o currículo de educación infantil, téndose como referentes que guíen a práctica educativa e condicionen o tratamento das áreas. Teremos presente as oito competencias básicas establecidas no marco da proposta realizada pola Unión Europea: 

Competencia en comunicación lingüística.

Competencia matemática.

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

Tratamento da información e competencia dixital.

Competencia social e cidadá.

Competencia cultural e artística.

Competencia para aprender a aprender.

Autonomía e iniciativa persoal.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

10


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

As competencias básicas, desde o proceso de ensinanza, son aqueles coñecementos, destrezas e actitudes necesarios para que unha persoa acade o seu desenvolvemento persoal, escolar e social. Competencia en comunicación lingüística Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Expresarse e comunicarse oralmente dunha forma clara e coherente, cun vocabulario de acordo coa súa idade, para levar a cabo diferentes intencións comunicativas (pedir axuda, informar sobre algún feito, participar en conversas de grupo). • Describir, narrar, explicar… obxectos, persoas, situacións, debuxos diversos, carteis, fotografías, pictogramas… • Mostrar unha actitude positiva cara ás diferentes linguas e culturas que conviven na nosa sociedade respectando os usos lingüísticos particulares de cada persoa. • Utilizar a linguaxe para establecer e manter relacións sociais, resolver conflitos ou planificar actividades. • Participar e mostrar unha escoita activa en situacións habituais de comunicación. •

Utilizar

progresivamente

as

estratexias

básicas

para

a

comprensión:

escoitar

atentamente, coñecer as relacións de causa-efecto e conectar o que se escoita coas experiencias persoais. • Mostrar interese por falar e pensar co fin de ler e escribir dominando progresivamente o sistema de escritura. • Utilizar as competencias lectoescritoras básicas (direccionalidade, linearidade, orientación esquerda-dereita, distribución do texto, posición ao escribir) desde os primeiros momentos do proceso de construción do escrito. • Escoitar e comprender mensaxes, relatos, producións literarias, descricións… que lle permitan na vida da aula. • Expresar en voz alta opinións persoais, estados de ánimo e compartilos cos demais. • Experimentar as posibilidades expresivas do movemento, do xesto da voz, da cor, da textura e dos sons… • Saber dialogar sobre os diferentes temas e formar progresivamente xuízos críticos. • Utilizar textos diferentes con intencións comunicativas diversas: contos, revistas, fotografías, carteis… • Interpretar imaxes en voz alta. • Coñecer e utilizar as regras básicas do funcionamento da lingua.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

11


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL • Ser progresivamente competentes na expresión e comprensión das mensaxes orais que se intercambian en situacións de comunicación diversas. • Coñecer as estratexias necesarias para interactuar lingüisticamente dunha maneira adecuada. • Saber expresar ideas, sentimentos, emocións, necesidades, vivencias e opinións e aceptar e realizar críticas con sentido construtivo. • Situarse no lugar dos outros, de escoitar e ter en conta opinións, desexos, necesidades e intereses diferentes aos propios con sensibilidade e sentido crítico. • Comprender a información dun conto, de fotografías, de sinais de tráfico… • Ler e escribir palabras e frases relevantes relativas ao seu medio e vivencias. • Utilizar de forma progresivamente activa e efectiva os códigos e habilidades lingüísticas e non lingüísticas e as regras que propician o intercambio comunicativo en diversas situacións. • Utilizar estratexias diversas para comprender o que os demais din: atender ao ton da voz, á entoación, ás pausas… • Aprender a xerar ideas e a darlle coherencia e cohesión ao discurso. • Memorizar e recitar poesías, refráns e cancións na propia lingua e na estranxeira. • Compartir cos demais as experiencias estéticas e comunicativas. • Establecer vínculos e relacións construtivas cos demais e co medio a través da comunicación e da conversa. • Ser capaces de convivir e de resolver os conflitos establecendo vínculos comunicativos. • Utilizar as competencias e coñecementos da primeira lingua como base para construír e adquirir a segunda. Competencia matemática Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Establecer relacións cualitativas e cuantitativas entre elementos e coleccións. • Utilizar a linguaxe matemática en situacións da vida cotiá. • Utilizar as matemáticas para comprender e interpretar o medio desenvolvendo unha opinión sobre este. • Comezar a aplicar operacións matemáticas para resolver problemas cotiáns mostrando seguridade e confianza nas capacidades propias. • Utilizar os números sabendo o seu significado. • Ser capaz de coñecer o proceso que se seguiu e as solucións que se obtiveron na resolución de problemas.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

12


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL • Analizar, razoar e comunicar progresivamente as súas ideas de forma adaptada á idade. • Desenvolver a curiosidade, a confianza en si mesmo/a, o sentido do que é o importante e o desexo de comprender e de facer ben as cousas. • Utilizar progresivamente o coñecemento que posúe para xerar novos coñecementos. • Realizar, progresivamente, estimacións dalgunhas magnitudes. • Realizar diferentes agrupacións e establecer relacións entre obxectos e situacións. • Utilizar de forma progresiva diferentes procedementos para solucionar situacións concretas. • Aprender a actuar, a reaccionar e a tomar decisións en situacións diversas. • Utilizar a linguaxe matemática para expresar ideas. • Utilizar métodos elementais para calcular distancias. • Empregar o coñecemento das formas e figuras xeométricas para describir e resolver situacións cotiás que o requiran. • Comezar a identificar e utilizar os cuantificadores básicos de cantidade, tamaño, espaciais, temporais…, os números. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Empezar a establecer relacións entre o medio físico e social, identificando os cambios naturais que lle afectan á vida cotiá das persoas. • Situarse no tempo (onte, hoxe, mañá, un día, unha semana) e localizar acontecementos relevantes. • Comprender a relación de utilidade que se establece entre os homes e as mulleres e o resto dos seres vivos. • Coñecer os cambios que a actividade humana pode producir no medio. • Observar a natureza e interactuar con ela. • Iniciarse na comprensión dos sucesos que acontecen no medio e ser capaces de predicir progresivamente algunhas consecuencias. • Observar e coidar o medio físico e natural. • Percibir e coñecer o espazo físico onde desenvolve a súa actividade cotiá. • Desenvolve a capacidade para lograr unha vida saudable nun medio saudable. • Ser capaces de comprender e interpretar progresivamente a vida e o mundo físico. • Desenvolverse adecuadamente con autonomía progresiva e iniciativa persoal nos diferentes ámbitos da vida.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

13


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL • Interactuar co medio próximo resolvendo problemas. • Desenvolver actitudes de responsabilidade e respecto cara aos demais e cara a un mesmo/a. • Utilizar responsablemente os recursos naturais dun xeito adecuado para a súa idade. • Desenvolver hábitos de consumo racional e responsable. • Coñecer a influencia que teñen os avances científicos e tecnolóxicos sobre o medio, a saúde e a calidade de vida. • Comezar a desenvolver o pensamento científico-técnico. • Formular preguntas, razoar sobre os fenómenos que se producen no medio. • Localizar e orientarse en espazos cotiáns e no tempo. • Identificar e definir pola súa utilidade os elementos representativos da realidade máis próxima: grupos sociais, profesionais, elementos urbanos e naturais, animais, medios de comunicación e transporte, manifestacións culturais e artísticas. • Desenvolver estratexias que lle permitan protexer a saúde individual e colectiva. Tratamento da información e competencia dixital Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Empezar a utilizar o equipamento informático dispoñible na aula, no centro ou no fogar (acendido e apagado do ordenador, manexo do rato…). • Utilizar os recursos audiovisuais e tecnolóxicos para dar respostas orixinais. • Buscar, procesar e comunicar información transformándoa en coñecemento. • Comprender a información integrándoa progresivamente nos esquemas previos de coñecemento. • Comunicar a información e os coñecementos adquiridos empregando diversos recursos, soportes e técnicas. • Saber aproveitar a información que facilita as novas tecnoloxías, aprendendo con elas. • Adquirir progresivamente habilidades que lle permitan razoar, organizar, relacionar, analizar e sintetizar dunha maneira adaptada á súa idade. • Empezar a comunicar a información e os coñecementos que vaia adquirindo utilizando diferentes linguaxes. • Apreciar as posibilidades que lle ofrecen as novas tecnoloxías da información e da comunicación. • Comezar a coñecer diferentes tipos de información e de linguaxes.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

14


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

Competencia social e cidadá Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Contribuír á aprendizaxe do grupo con actitudes e estratexias apropiadas. • Escoitar os compañeiros, as compañeiras e os adultos, buscando sempre o diálogo e a negociación como medios para resolver os conflitos que se lle presenten. • Relacionarse querendo ampliar o círculo de amizades e de coñecidos. • Convivir cos demais e desexos de vivir nunha sociedade plural e diversa. • Comprender progresivamente a realidade social do mundo en que vive. • Empezar a tolerar a frustración en diferentes situacións de xogos e da vida cotiá. • Coñecerse a si mesmo/a mostrando unha actitude positiva ante a vida e intentado previr os pequenos problemas da vida cotiá. • Aceptar as diferenzas, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos demais. • Exercitar a cidadanía democrática nunha sociedade plural. • Desenvolver as habilidades necesarias para traballar en equipo mostrándose sempre tolerante coas opinións dos seus compañeiros e das súas compañeiras, aceptando que os demais teñen os seus propios puntos de vista. • Desenvolver hábitos de comportamento adecuados e adaptados aos diversos contextos sociais en que se desenvolve. • Empezar a responsabilizarse ante as consecuencias das propias decisións. • Iniciarse na comprensión da achega das diferentes culturas no progreso da humanidade. • Aceptar as normas de convivencia dos diferentes grupos cos que se relaciona. • Tomar decisións con progresiva autonomía. • Coñecerse, valorarse e desenvolverse nos diferentes contextos. • Desenvolver progresivamente habilidades que lle permitan participar activa e plenamente na vida social. • Comezar a asumir os valores democráticos, os deberes, as obrigas e os dereitos. • Convivir nunha sociedade cada vez máis plural compartindo, participando, colaborando, tolerando e aceptando as diferenzas individuais debidas a diversos motivos. • Rexeitar a desigualdade valorando, pouco a pouco, a diversidade como medio para o enriquecemento persoal e social. Competencia cultural e artística Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Valorar as producións plásticas dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

15


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL • Coñecer o patrimonio artístico e cultural do lugar ao que pertence, aprendendo a valoralo e a respectalo. • Desenvolver habilidades de cooperación, apoio e aprecio polas iniciativas e contribucións dos seus compañeiros e compañeiras. • Utilizar diferentes medios de expresión (música, artes visuais, artes escénicas, a linguaxe verbal, a linguaxe corporal…) para expresar ideas, sentimentos, necesidades, emocións e intereses. • Desenvolver a imaxinación, a creatividade e a iniciativa persoal como medios para desenvolverse de maneira cada vez máis autónoma no medio próximo. • Desenvolver a sensibilidade e o sentido estético para o gozo persoal. • Emocionarse e sentir ante as manifestacións e producións culturais. • Desenvolver progresivamente o sentido e a sensibilidade artística que lle permitan comprender e valorar as diferentes manifestacións culturais. • Apreciar, comprender e valorar criticamente diversas manifestacións culturais e artísticas. • Coñecer diversas manifestacións artísticas e culturais do pasado e do presente e do lugar onde viven. • Utilizar as manifestacións culturais como fonte de gozo e de enriquecemento persoal. • Iniciarse no coñecemento das técnicas, dos recursos e dos materiais das diferentes linguaxes artísticas. • Iniciarse na valoración da liberdade de expresión, do dereito á diversidade cultural, da importancia

do

diálogo

intercultural

e

da

realización

de

experiencias

artísticas

compartidas. • Comezar a desenvolver destrezas e habilidades para percibir, comprender e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da arte e da cultura. • Nas actividades plásticas realizadas en grupo, tomar conciencia da responsabilidade individual para a consecución dun resultado final e da importancia de apoiar e apreciar as contribucións dos demais membros do equipo da súa mesa. • Utilizar o ocio de forma activa desenvolvendo valores de esforzo persoal solidarios. Competencia para aprender a aprender Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Empezar a ser conscientes das súas posibilidades físicas, intelectuais e físicas para aprender cousas novas. • Elixir en cada momento a forma máis adecuada de realizar unha actividade. • Utilizar a observación, a manipulación e a exploración para coñecer mellor o mundo .

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

16


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL • Organizar a información que lles chega. • Empezar a resolver os pequenos problemas que se lles presentan na súa vida cotiá, desenvolvéndose de maneira cada vez máis autónoma. • Iniciarse na aprendizaxe de diferentes destrezas e coñecemento e ser capaces de continuala de maneira progresivamente autónoma. • Coñecer diversas formas para resolver un determinado problema escollendo o medio máis adecuado. • Desenvolver progresivamente habilidades para recoller información e transformala en coñecemento. • Aplicar os novos coñecementos que adquiren en diferentes situacións. • Desenvolver progresivamente hábitos de constancia e de esforzo persoal. • Desenvolverse ante as incertezas buscando respostas adecuadas para a súa idade. • Sentir o desexo e a curiosidade por aprender. • Coñecer e valorar, progresivamente, as posibilidades e as limitacións persoais, aceptando os erros e equivocacións e aprendendo a superarse. • Ter confianza nas propias posibilidades. • Aumentar progresivamente a seguridade para afrontar novos retos. • Coñecer as cousas que poden facer por si mesmos/as e as que poden facer coa axuda dos demais. • Pedir axuda cando non poidan realizar determinadas accións por eles/as mesmos/as. • Basearse no que xa aprenderon para poder adquirir novos coñecementos. • Aplicar o que aprenderon en diferentes contextos e situacións. • Adquirir estratexias que favorezan o desenvolvemento da atención, da concentración, da memorización e da resolución de problemas. • Desenvolver progresivamente formas persoais de aprender. • Organizar a información de acordo coas súas calidades e categorías. • Establecer relacións sinxelas de causa e efecto en función das consecuencias. Competencia en autonomía e iniciativa persoal Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Comunicar verbalmente as súas necesidades, desexos e emocións. • Emprender accións novas mostrando confianza en si mesmos/as. • Desenvolver actitudes de axuda e cooperación para xerar un ambiente de benestar. • Concluír as rutinas persoais de alimentación, vestido, aseo e descanso.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

17


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL • Ter iniciativa e criterio propio para desenvolverse de maneira cada vez máis autónoma na vida cotiá. • Controlar o ton, a postura, o equilibrio e a respiración. • Coordinar os seus movementos nos seus desprazamentos, marcha, carreira, saltos, nas actividades manipulativas de motricidade fina. • Ser responsables ante as decisións persoais e consecuentes con elas. • Desenvolver valores persoais: dignidade, liberdade, autoestima, seguridade nun/nunha mesmo/a, capacidade para enfrontarse aos problemas, perseveranza, responsabilidade, autocrítica, iniciativa, creatividade… • Empezar a ter criterio para elixir. • Desenvolver habilidades sociais que lles permitan relacionarse, cooperar e traballar en equipo: respecto polas ideas dos demais, capacidade de diálogo e traballo cooperativo, poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos demais… • Adquirir as destrezas necesarias para detectar necesidades e buscar solucións con creatividade. • Mostrarse seguros da súa propia eficacia á hora de manexar útiles, de contribuír nas rutinas cotiás de alimentación, aseo, descanso e vestido e de abordar novas tarefas, asumindo pequenos riscos que poidan controlar.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

18


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

Competencia emocional Ao rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de: • Empezar a regular a expresión de emocións e sentimentos que provoca a propia dinámica dos xogos. • Manifestar afecto cara aos demais e asumir o das persoas que os rodean. • Controlar e tolerar a frustración de non obter o que queres. • Desenvolver valores persoais como a autoestima. •

Desenvolver

progresivamente

o

autoconcepto

mediante

relacións

positivas

e

comprometidas cos demais. • Interesarse polos problemas dos seus compañeiros e compañeiras. • Empezar a construír confianza en si mesmos. • Contribuír, desde o respecto, a unha convivencia adecuada en situacións de xogo. • Adaptarse á rutina da vida escolar. • Identificar e recoñecer as emocións propias e ser capaces de comprender as dos demais. • Expresar diferentes emocións: alegría, tristeza, enfado, coraxe, entusiasmo, pracer… • Desenvolver habilidades sociais conducentes a fomentar a sociabilidade e a convivencia: compartir, cooperar, participar, axudar, respectar, tolerar, aceptar…

2.1

INGLÉS:

CONTRIBUCIÓN

AO

DESENVOLVEMENTO

DAS

COMPETENCIAS

BÁSICAS

Competencia en comunicación lingüística Utilízase a linguaxe como instrumento de comunicación que se desenvolverá a través de actividades de comprensión oral, construción de vocabulario e coñecementos moi básicos de fonética. Competencia matemática. Inícianse nas habilidades matemáticas mediante actividades con números e representacións numéricas en inglés.

Competencia no tratamento da información e competencia dixital. Os/as nenos/as desenvolven habilidades como buscar, obter, procesar e comunicar información.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

19


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 

Páxina web de Playschool http://www.oup.com/elt/global/products/oxfordplayschool que contén cancións, así como xogos e actividades interactivas organizadas para axudar a repasar vocabulario e practicar a comprensión oral.

DVD que contén versións animadas das historias do curso.

Competencia social e cidadá. A aprendizaxe dunha lingua implica o coñecemento de trazos e feitos culturais vinculados aos/ás falantes destas. Todos os contos e situacións fan referencia a diferentes aspectos sociais. Por exemplo, os/as nenos/as aprenden a saudarse e presentarse… Competencia cultural e artística. Os/as nenos/as exprésanse a través das actividades de pegar e debuxar.

Competencia para aprender a aprender. Apréndese a coidar e gardar as follas de traballo progresando en hábitos e actitudes relacionados coa aprendizaxe dun idioma.

Competencia en autonomía e iniciativa persoal. Trátase de que formen unha imaxe axustada e positiva de si mesmos/as a través da interacción cos outros e da identificación gradual das propias características, posibilidades e limitacións, desenvolvendo sentimentos de autoestima e autonomía persoal.

3. OBXECTIVOS

3.1 OBXECTIVOS XERAIS Ao longo da educación infantil, o Equipo de profesorado desta etapa, teremos presentes adecuar os obxectivos xerais do segundo ciclo da Educación Infantil as distintas idades e aos ritmos de aprendizaxes do alumnado e contribuir a desenvolver nas nenas e nenos as capacidades que lles permitan:

a. Descubrir e construír, a través da acción, o coñecemento do seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción, adquirindo a coordinación e o control dinámico xeral necesarios, actuando con seguridade e confianza, e aprender a respectar as diferenzas.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

20


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL b. Construír a súa propia identidade e ir formándose unha imaxe positiva e axustada de si mesmo/a

e desenvolver as

súas capacidades afectivas tomando gradualmente

conciencia das súas emocións e sentimentos a través do coñecemento e valoración das características propias, das súas posibilidades e límites. c. Adquirir progresivamente autonomía na realización das súas actividades habituais, na organización das secuencias temporais e espaciais cotiás e na práctica de hábitos básicos de saúde e benestar e promover a súa capacidade de iniciativa. d. Adquirir hábitos de hixiene, alimentación, vestido, descanso e protección. e. Observar e explorar o seu medio físico, social e cultural, xerando interpretacións dalgúns fenómenos e feitos significativos para coñecer e comprender a realidade e participar nela de forma activa. f. Observar e explorar o mundo que os rodea a través do xogo e da acción e desenvolver actitudes de curiosidade e observación. g. Establecer relacións positivas e satisfactorias cos seus iguais e cos adultos, tendo en conta as emocións, sentimentos e puntos de vista dos demais, adquirindo as pautas elementais de convivencia e relación social, respectando a diversidade e exercitándose na resolución pacífica dos conflitos. h. Iniciarse no coñecemento das ciencias. i. Desenvolver habilidades comunicativas a través de diferentes linguaxes, incluída a lingua estranxeira, e formas de expresión a través do movemento, do xesto e do ritmo. l. Utilizar a linguaxe oral de forma cada vez máis adecuada ás diferentes situacións de comunicación para comprender e ser comprendidos polos outros. m

Iniciarse

no

manexo

das

ferramentas

lóxico-matemáticas,

nas

tecnoloxías

da

información e da comunicación e no desenvolvemento de estratexias cognitivas. n. Aproximarse á lectura e á escritura en situacións da vida cotiá a través de textos de uso social, valorando a linguaxe escrita como instrumento de comunicación, representación e gozo. o. Descubrir o pracer da lectura a través dos contos e relatos. p. Iniciarse no uso educativo e recreativo da biblioteca escolar como espazo idóneo para o coñecemento, a información e o entretemento. q. Coñecer e participar nalgunhas manifestacións culturais e artísticas do seu medio ou da súa comunidade, tendo en conta a súa diversidade e desenvolvendo actitudes de interese, aprecio e respecto cara á cultura e a pluralidade cultural.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

21


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 3.2 OBXECTIVOS DA ETAPA

Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal 1. Formarse unha imaxe axustada e positiva de si mesmo/a a través da interacción cos outros e da identificación gradual das propias características, posibilidades e limitacións, desenvolvendo sentimentos de autoestima e autonomía persoal. 2. Vivir con pracer a actividade sensomotriz de forma que lle permita coñecer e representar o seu corpo, os seus elementos e algunhas das súas funcións básicas, comezando a descubrir as posibilidades de acción e de expresión e coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos. 3. Afianzar as nocións básicas de orientación no espazo e no tempo e a propia lateralidade. 4. Ter unha actitude de respecto cara ás características e calidades dos demais e valoralas sen actitudes de discriminación en relación con calquera trazo diferenciador e ir aceptando a diversidade como unha realidade enriquecedora. 5. Progresar na coordinación e no control do seu corpo, descubrindo e desenvolvendo, cada vez con máis precisión, a súa percepción sensorial, habilidades manipulativas, estruturas

fonadoras

e

coordinación

visual,

orientándose

e

adaptándose

ás

necesidades

ou

características do contexto. 6.

Iniciarse

na

identificación

dos

propios

sentimentos,

emocións,

preferencias para, progresivamente, ser capaces de denominalos, expresalos e comunicárllelos aos demais, identificando e respectando, tamén, os dos outros. 7. Desenvolver estratexias para satisfacer autonomamente as súas necesidades básicas de afecto, de individualización, físicas, de xogo, de exploración e de relación, manifestando satisfacción polos logros alcanzados. 8. Realizar, de maneira progresivamente autónoma, actividades habituais e tarefas sinxelas para resolver problemas da vida cotiá, aumentando o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa. 9. Iniciarse na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, coa hixiene, coa alimentación e co fortalecemento da saúde, apreciando e gozando das situacións cotiás de equilibrio e benestar emocional. 10. Desenvolver actitudes e hábitos sociais para a convivencia como o respecto, o diálogo, a axuda, a negociación e a colaboración. 11. Participar en xogos colectivos respectando as regras establecidas e valorándoos como medios de relación social e recursos de lecer e tempo libre. 12. Mostrar interese polas diferentes actividades escolares e actuar con atención e

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

22


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL responsabilidade. Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) 1. Observar e explorar o seu medio familiar, social e natural, para a planificación e a ordenación da súa acción en función da información recibida ou percibida. 2. Relacionarse cos compañeiros, compañeiras e cos adultos do seu medio próximo, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a elas, e ser capaces de respectar a diversidade e desenvolver actitudes de axuda e colaboración. 3. Iniciarse no coñecemento de distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida, xerando actitudes de amizade, confianza, respecto e aprecio e valorando a importancia da vida en grupo. 4. Coñecer os roles e responsabilidades dos membros máis significativos dos seus grupos sociais de referencia. 5. Coñecer algúns animais e plantas, as súas características, hábitat e ciclo vital, e valorar os beneficios que lle proporcionan á saúde e ao benestar humano e ao medio. 6. Ampliar a curiosidade e o afán por aprender, adquirir fundamentos de pensamento e ampliar o campo de coñecemento para comprender mellor o mundo que o rodea. 7. Iniciarse nas habilidades matemáticas e na súa linguaxe a partir de situacións significativas, atributos

e

manipulando calidades

e

funcionalmente establecendo

elementos

relacións

de

e

coleccións,

identificando

agrupamento,

clasificación,

comparación, seriación, secuenciación, orde, medición e cuantificación. 8. Iniciarse no concepto de cantidade, na expresión matemática e nas operacións aritméticas (adición e subtracción). 9. Iniciarse na estimación e medida do tempo. Coñecer e utilizar os diferentes instrumentos de medida do tempo. 10. Coñecer, representar e nomear a partir da observación, descrición, manipulación e xogo, os obxectos da vida cotiá con formas xeométricas planas e algunhas de volume. 11. Adquirir nocións de xeografía a través da paisaxe. 12. Utilizar adecuadamente instrumentos e utensilios para realizar actividades sinxelas e resolver problemas prácticos no marco técnico da súa cultura. 13. Mostrar interese e curiosidade polos cambios aos que están sometidos os elementos do medio, para identificar algúns factores que inciden neles. 14. Coñecer e valorar algúns dos compoñentes básicos do medio natural, físico, social e

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

23


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL cultural e algunhas das súas reaccións, cambios e transformacións desenvolvendo, progresivamente,

actitudes

de

coidado,

respecto

e

responsabilidade

na

súa

conservación: consumo racional, aforro enerxético e de auga, reciclaxe, reutilización… 15. Coñecer e participar en festas, tradicións e costumes da súa comunidade gozando deles e valorándoos como manifestacións culturais. 16. Participar en manifestacións culturais asociadas aos países onde se fala a lingua estranxeira. Linguaxes: comunicación e representación 1. Comezar a utilizar a lingua como instrumento de comunicación, de representación, aprendizaxe e gozo, de expresión de ideas e sentimentos e valorar a lingua oral como un medio de relación cos demais e de regulación da convivencia. 2. Expresar emocións, sentimentos, desexos e ideas mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes, elixindo a que mellor se axuste á intención e á situación. 3. Comezar a comprender as intencións e mensaxes doutros nenos, nenas e adultos, adoptando unha actitude positiva cara á lingua, tanto propia como estranxeira. 4. Utilizar e valorar progresivamente a lingua oral para regular a conduta persoal, a convivencia e os procesos de pensamento dos alumnos. 5. Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades dentro da aula e mostrar interese e gozo ao participar nestes intercambios comunicativos. 6. Expresarse cun léxico preciso e adecuado aos ámbitos da súa experiencia, con pronuncia clara e entoación correcta. 7. Coñecer e utilizar as distintas normas que rexen as conversas. 8. Comprender, reproducir e recrear algúns textos literarios e de tradición cultural mostrando actitudes de valoración, interese e gozo cara a eles. 9. Iniciarse nos usos sociais da lectura e da escritura explorando o seu funcionamento e valorándoa como instrumento de comunicación, información e gozo. 10. Iniciarse na escritura de palabras e frases significativas aplicando unha correcta dirección no trazo e unha posición adecuada ao escribir. 11. Iniciarse na lectura comprensiva de palabras e textos sinxelos e motivadores. 12. Identificar palabras dentro dunha frase e discriminar auditiva e visualmente os fonemas dunha palabra, en maiúscula e en minúscula. 13. Escoitar, preguntar, pedir explicacións e aclaracións e aceptar as orientacións dadas polo docente. 14. Iniciarse na lectura de imaxes mediante a manipulación de debuxos, carteis, gravados, fotografías…, que acompañan os textos escritos, comezando a atribuírlles un significado.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

24


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 15. Iniciarse na exploración e na utilización de materiais, instrumentos e soportes propios da linguaxe escrita. 16. Achegarse ao coñecemento de obras artísticas do seu medio expresadas en distintas linguaxes e realizar actividades de representación e expresión artística mediante o emprego de diversas técnicas. 17. Representar, por medio da expresión corporal, contos sinxelos. 18. Coñecer as técnicas básicas de expresión plástica. 19. Aplicar hábitos de hixiene e rutinas no uso do material para o desenvolvemento da expresión plástica que faciliten a consecución da autonomía persoal e a colaboración co grupo social ao que pertencen. 20. Cantar, escoitar, bailar, interpretar e aprender cancións, bailes e danzas. 21. Escoitar con pracer e recoñecer fragmentos musicais de diversos estilos. 22. Descubrir e identificar as calidades sonoras da voz, do corpo, dos obxectos de uso cotián e dalgúns instrumentos musicais. 23. Participar en xogos sonoros, reproducindo grupos de sons con significado, palabras ou textos orais breves na lingua estranxeira. 24. Iniciarse no uso de instrumentos tecnolóxicos e valorar a súa capacidade comunicativa, para utilizalos progresivamente como fonte de información e aprendizaxe. 25. Utilizar o ordenador para acceder ao uso da linguaxe multimedia para mellorar ou reforzar habilidades e coñecementos.

3.3 INGLÉS: OBXECTIVOS XERAIS

1. A iniciación á aprendizaxe dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades dentro dentro e fora da aula, e mostrar interese e goce ao participar nestes intercambios comunicativos. 2. Expresar emocións, sentimentos, desexos e ideas mediante a lingua oral e a través da lingua inglesa, elixindo o que mellor axústese á intención e á situación. 3. Comprender, reproducir e recrear algúns textos literarios mostrando actitudes de valoración, goce e interese cara a eles.

4. Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais. 5. Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

25


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 6. Achegarse á pre-lectura e a pre- escritura do inglés como medio de comunicación, información e goce. 7. Sentir o xesto, o movemento e o ritmo como recursos para a expresión e a comunicación. 8. Achegarse, na medida das súas posibilidades, ao uso das tecnoloxías da información e da comunicación como unha ferramenta máis na aprendizaxe do inglés. 9. Comprender as intencións e mensaxes doutros nenos e adultos, adoptando unha actitude positiva cara á lingua, tanto propia como estranxeira. 3.4. INGLÉS: OBXECTIVOS No segundo ciclo de educación infantil preténdese que o alumnado descubra e explore os usos iniciais da lectura e a escritura, espertando e afianzando ou seu interese por elas. Farase un achegamento á literatura infantil na área de inglés ,a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo. Así mesmo, é necesario o desenvolvemento de actitudes positivas cara á propia lingua e á dos demais, espertando sensibilidade e curiosidade por coñecer outras linguas. 1. Utilizar a lingua inglesa como instrumento de comunicación ,de aprendizaxe e de xogo. 2. Comprender

que

as

palabras

,

escrituras

indeterminadas,

números,

notas

musicais...poden representar sentimentos ,pensamentos e intencións de o outras persoas. 3. Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión. 4. Recoñecer a importancia das manifestacións non verbais o silencio, a mirada, a xestualidade, o olfacto e o tacto como elementos xenuínos da comunicación humana 5. Comprender a intencionalidade comunicativa doutras nenas e nenos, así como das persoas adultas,adoitando unha actitude positiva cara ás linguas. 6. Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades contextualizadas

e

mostrar

interese

e

gozo

ao

participar

nestes

intercambios

comunicativos. 7. Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas expresadas en distintas linguaxes, comunicándose creativamente a través das diferentes manifestacións e adquirindo sensibilidade estética. 8. Desenvolver o sentir de autoconfianza nas producións artísticas persoais , amosando interese pola súa mellora,respectando e valorando as creacións propias e as das demais persoas.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

26


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 9. Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC como ferramenta

de

comunicación e de xogo na lingua inglesa. Motivar os nenos para que aprendan inglés con alegría, tranquilidade e confianza en si mesmos.

4. SECUENCIA DE CONTIDOS

4.1 CONTIDOS DE 3 ANOS

ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL BLOQUE 1

-

Algúns elementos do corpo: cara, mans, pés.

O corpo e a

-

Imaxe global do propio corpo.

propia

-

Características diferenciais do corpo.

imaxe

-

Recoñecemento e aceptación da súa propia imaxe.

-

Características físicas de persoas de diferentes etnias e culturas.

-

Coidado do corpo e seguridade persoal.

-

Hábitos e rutinas relacionados coa alimentación, coa hixiene e co descanso.

-

Emocións:enfado-rabia, afecto, medo, ledicia-pena, amizade…

-

Saltos e desprazamentos.

e

-

Exploración das posibilidades e limitacións motrices do propio corpo.

movemento

-

O xogo individual e o xogo colectivo.

-

As actividades de xogo e aprendizaxe na clase.

-

Nocións básicas de orientación no espazo e no tempo.

-

Actitude de colaboración e axuda coordinando os propios intereses

BLOQUE 2 Xogo

cos dos outros. -

Gusto polo xogo.

-

Interese por mellorar a precisión dos seus movementos.

BLOQUE 3

-

Actividades cotiás: de xogo, de obrigas e de rutinas.

A

-

Hábitos de traballo e convivencia.

actividade

-

Regulación da propia conduta.

cotiá

-

Actitude positiva para establecer relacións de afecto coas persoas adultas e cos iguais.

-

Satisfacción pola realización de tarefas da vida cotiá.

-

Apreciación da orde e da limpeza nos espazos nos que se realizan as actividades cotiás.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

27


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -

A diversidade e a tolerancia.

BLOQUE 4

-

Autonomía progresiva e constancia nos hábitos de hixiene corporal.

O

coidado

-

Alimentos e hábitos de alimentación.

persoal e a

-

Gusto e gozo coa práctica de hábitos de hixiene.

saúde

-

Desexos de manter un aspecto persoal limpo e coidado.

-

Adquisición de hábitos relacionados coa seguridade persoal.

ÁREA : COÑECEMENTO DO CONTORNO BLOQUE 1

-

Medio físico: elementos, relación medida.

Cardinais 1,2,3; a súa direccionalidade e representación gráfica.

- Propiedades dos obxectos: o tamaño (grande-mediano-pequeno), a medida (longo-curto, alto-baixo) e a forma.

e – Formas planas: o círculo, o cadrado e o triángulo. – Cuantificadores básicos: máis ca-menos ca, moitos-poucos, moitos-un e cheo-baleiro. – Nocións básicas de orientación espacial: dentro-fóra, arriba-abaixo, diante-detrás, un lado-outro lado e aberto-pechado. – Nocións básicas de orientación temporal: día-noite. – Relacións entre obxectos e coleccións: correspondencias e series. – Iniciación no establecemento de relacións causa-efecto. – Gama de cores primarias: vermello, amarelo, azul e verde.

BLOQUE 2

– Algúns fenómenos atmosféricos propios das diferentes estacións.

Achegamento

- Pezas de vestir características das diferentes estacións.

á natureza.

– A familia: membros e funcións. – A casa e a escola: espazos, características e obxectos presentes. – Normas elementais de relación e convivencia. – Propiedades dos obxectos: cor vermella, azul e amarela. – Diferentes tipos de obxectos: os relacionados coa alimentación e co vestido, os xoguetes… – Xogos e xoguetes. – Coidado do medio: reciclado. – Algunhas profesións: médico/a, policía, bombeiro/a, xardineiro/a, agricultor/a, panadeiro/a… – Algunhas normas elementais de seguridade viaria. – Algúns medios de transporte: coche, autobús, bicicleta, avión, tren, barco, etcétera. – Algunhas características morfolóxicas e funcionais dos animais. – Paisaxes naturais: mar e campo. – Algúns medios de comunicación e información. – Algúns inventos.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

28


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

BLOQUE 3 Cultura vida sociedade.

- Incorporación progresiva de pautas adecuadas de comportamento. e en

– Desenvolvemento de actitudes de boa cidadanía. – Disposición para compartir e para resolver conflitos cotiáns mediante o diálogo de forma progresivamente autónoma. – Descubrimento dalgúns dos servizos que achega a vida en sociedade. – Coñecemento dalgúns lugares de lecer e consumo. – Participación activa en celebracións e festas propias da súa localidade. – Achegamento a manifestacións culturais doutros países. – Recoñecemento dalgúns sinais de identidade cultural do medio.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN BLOQUE 1

-

Linguaxe verbal

- Linguaxe oral e necesidades de comunicación. – Vocabulario adaptado a cada centro de interese. - Utilización de fórmulas de saúdo e despedida. - Expresión de vivencias. - Gusto por comunicar os sentimentos e intereses propios. - Iniciativa e interese por participar en situacións de comunicación oral – Textos de tradición cultural: contos, poemas, adiviñas, cancións e series. – Instrumentos da lingua escrita: ilustracións, carteis, imaxes, fotografías… – Normas que rexen o intercambio lingüístico. – Normas socialmente establecidas para solicitar algo, para saudar, para despedirse e para dar as grazas.

BLOQUE 2 Linguaxe artística:plásticamusical corporal.

e

- Técnicas, materiais e instrumentos útiles e necesarios para a expresión plástica: estampado, esborranchado, picado, silueteado, coloreo e punteo. – Trazo vertical, horizontal, curvo, oblicuo, ondulado e circular. -

A figura humana.

-

Producións libre e/ou dirixida de traballos plásticos.

-

Familiarización coas obras de arte.

-

Emprego correcto dos utensilios plásticos básicos.

-

Goce coa exploración e manipulación de materiais plásticos.

-

As cores primarias

-

Respecto e coidado das obras expostas.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

29


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -

Ruído-silencio-música.

Recoñecemento de sons e ruídos da vida cotiá.

Cancións infantís.

– Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e a cancións

BLOQUE 3

-

Calidades do son: a intensidade, o timbre, a duración.

-

Os diferentes tempos: rápido-lento.

-

Interese polas cancións populares.

-

Participación en danzas sinxelas.

-

Escoita atenta nas audicións.

-

Posibilidades expresivas do propio corpo

-

Xogo dramático e xogo simbólico.

-

Goce coa exploración de movementos e posturas.

-

Achegamento a diferentes producións audiovisuais: películas, debuxos animados, videoxogos..

-

Uso moderado das TIC.

-

Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais.

Linguaxe audiovisual

4.2 CONTIDOS DE 4 ANOS.

ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL BLOQUE 1

-O corpo :algúns segmentos e elementos.

O corpo e a

-Características diferenciais do corpo.

propia

-Imaxe global do corpo.

imaxe

-Educación Emocional : sentimentos e emocións. -Os sentidos e a súa función na percepción : o oído , o olfato , o gusto , a vista e o tacto. -Identificación e expresión de sentimentos , necesidades , desexos propios e dos demais. -Control do movemento en habilidades motrices e manipulativas. -Adquisición de novas habilidades motrices. -Actitude

non

discriminatoria

ante

as

peculiaridades

e

características persoais dos seus compañeiros e compañeiras. -Gozo co descubrimento das posibilidades motrices e posturais do seu corpo. -Pracer por ser progresivamente autónomo.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

30


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

BLOQUE 2 Xogo

-Nocións básicas de orientación e coordinación de movementos. e

-Exploración e identificación do propio corpo e dos segmentos

movemento

corporais -Comparación do propio corpo co dos demais , establecendo semellanzas e diferenzas. -Descubrimento

e

afianzamento

da

propia

lateralidade,

libre

desenvolvemento desta.

BLOQUE 3

-Colaboración no mantemento da orde e limpeza na casa , na clase

A

, na veciñanza e no medio.

actividade

-Actividades da vida cotiá : de xogo , domésticas , de cumprimento

cotiá

de rutinas…

BLOQUE 4

-Identificación das necesidades e sensacións do propio corpo.

O

-Interese por amosarse cada vez máis autónomo e consciente das

coidado

persoal e a

necesidades de aseo , hixiene….

saúde

-Adquisición de hábitos saudables ( referidos ás diferentes estacións do ano , distintos contornos…).

ÁREA : COÑECEMENTO DO CONTORNO BLOQUE 1

-Propiedades dos obxectos : a cor , a forma , a textura , a medida , a

Medio físico:

dureza e a temperatura.

elementos,

-As cores primarias e secundarias.

relación medida.

e

-Nocións básicas de medida: grande - mediano - pequeno , o máis grande- o máis pequeno , longo-curto , alto-baixo, groso-delgado , lixeiro-pesado… -Nocións de orientación espacial : dentro-fóra , arriba-abaixo , diantedetrás , dereita , arredor , …. -Formas planas : círculo , cadrado , triángulo , rectángulo , rombo. -Cuantificadores básicos : cheo.-baleiro , metade , enteiro , un , varios , ningún , tantos coma.. -Nocións básicas de medida : peso . -Serie numérica : cardinais 1 , 2 ,3 ,4, 5 e 6. -Ordinais do 1º ao 6º. -Os signos matemáticos.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

31


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -Series crecentes e decrecentes de números. -Composición e descomposición de números. -Observación , comparación e agrupación de obxectos pola súa forma , cor ou tamaño. -Comparación de coleccións de obxectos segundo diferentes criterios cuantitativos. -Identificación do atributo que define unha colección. -Situación e colocación de si mesmo e dos obxectos segundo diversas nocións espaciais. -Uso axeitado dos cuantificadores aprendidos. -Identificación dalgunhas figuras planas. -Uso da serie numérica para contar elementos. -Control da direccionalidade das grafías dos seis primeiros cardinais. -Construción da serie numérica por adición da unidade. -Descubrimento das cores secundarias a partir das primarias. -Observación , exploración e manipulación de diferentes obxectos. -Valoración de coñecer algúns obxectos e recursos tecnolóxicos habituais nas actividades cotiás.

BLOQUE 2

-Estacións do ano.

Achegamento

-Plantas , árbores , froitas , fenómenos atmosféricos relacionados co

á natureza.

clima. -Algunhas características físicas e funcionais dos animais. -Algúns animais domésticos e salvaxes. -Relación de utilidade entre os seres vivos e o home. -A vida das plantas. -Outros elementos do medio natural. -Alimentos e produtos de orixe vexetal e animal. -A reciclaxe. -A contaminación atmosférica. -Observación dos cambios que se producen no medio e na forma da organización da vida das persoas en relación co clima. -Formulación de conxeturas sobre as causas e consecuencias de fenómenos atmosféricos. -Identificación dalgunhas plantas do medio e a súa utilidade. -Valoración da importancia da realización de actividades en contacto coa natureza para a saúde e o benestar. -Observación da relación de utilidade entre o home ee os animais e as

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

32


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL plantas. -Coidado e respecto polos animais e as plantas. -Desexos de manter un medio limpo , coidado e protexido. -Coidado da auga como ben escaso.

BLOQUE 3 Cultura vida sociedade.

-A clase : dependencias , obxectos e elementos persoais . e en

-A familia : membros , parentesco , función e ocupacións. -Tipos de estrutura familiar. -Algunhas normas de comportamento na casa e na clase. -Xogos e xoguetes. -Descrición da súa familia e identificación do parentesco entre os seus membros. -Discriminación e rexeitamento daqueles xogos e xoguetes que impliquen loita , violencia e perigo. -Coñecemento dos diversos servizos relacionados co consumo , coa diversión e co lecer que hai no medio próximo. -Interese por desenvolverse de forma progresivamente autónoma na casa e na clase. -Actitude de colaboración , axuda e tolerancia cos seus compañeiros e compañeiras da clase.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN BLOQUE 1

-Contos seleccionados para os diferentes centros de interese.

Linguaxe verbal

-Vocabulario relacionado. -Necesidade da comunicación. -Linguaxe oral como medio de comunicación e expresión cos outros. -Situacións de comunicación e expresión. -Familia de palabras. -Lectura de imaxes. -Lectura de pictogramas. -Algunhas normas que rexen o intercambio lingüístico ( para pedir , saudar , despedirse). -A lingua escrita como medio de comunicación , información e gozo. -Instrumentos e elementos da lingua escrita : imaxes , etiquetas , fotografías , símbolos , carteis , anuncios…. -Trazos rectos.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

33


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -Trazos curvos. -Trazos espirais e bucles. -Audición , comprensión e interpretación dos contos e narracións lidos polas mestras. -Memorización e recitado de rimas , retahílas , poesías, trabalinguas… -Comprensión das intencións comunicativas dos demais en diferentes situacións. -Produción de mensaxes cada vez mais extensas e claras na pronunciación. -Relato de situacións cotiás tendo en conta a temporalidade. -Elaboración de frases afirmativas , negativas e interrogativas. -Iniciación ao ditado. -Iniciación á lectura. -Utilización da biblioteca coñecendo as súas posibilidades e normas que rexen o uso. -Participación

en

diversos

xogos

lingüísticos

para

divertirse

e

aprender. -Iniciación no uso da escritura con desenvolvemento das habilidades motrices. -Reprodución de textos sinxelos.-Respecto cara ás opinións e ideas que expresan os compañeiros e compañeiras.

BLOQUE 2

-Técnicas de expresión plástica ( estampado , rasgado , ..)

Linguaxe

-Iniciación na observación e coñecemento de obras artísticas de

artística:plástica-

diversos estilos .

musical

-Os materiais da expresión plástica : ceras , plastilina , tesoiras ,

corporal.

e

distintas texturas de papeis , materiais de refugallo… -Cancións e retahílas animadas. Expresións corporais asociadas ao ritmo , á melodía e á letra das cancións. -Audición de obras musicais de autores clásicos e contemporáneos. -Ritmo e música. -Propiedades do son : intensidade , altura , duración e timbre. -Danzas sinxelas. -Audición de obras musicais de autores clásicos e contemporáneos. -Dramatizacións sinxelas. -A expresión corporal de sentimentos e emocións.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

34


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -Relaxación global e segmentaria. -Produción

de

obras

plásticas

,

musicais

e

dramáticas

que

desenvolvan a creatividade. -Diferenciación , percepción e utilización das diferentes cores nas súas elaboracións plásticas. -Interpretación e dramatización xestual de cancións. -Gozo nas audicións de contos , poesías , cancións… -Esforzo por comprender as mensaxes que lle comunican os demais. -Visualización dalgunhas obras de arte. -Gusto na utilización de técnicas plásticas novas. -Pracer coa audición e interpretación de cancións.

BLOQUE 3

-Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos.

Linguaxe

-Achegamento a diferentes producións audiovisuais ( películas ,

audiovisual

debuxos animados , vídeo xogos…) -Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación.

4.3 CONTIDOS DE 5 ANOS

ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL BLOQUE 1

– Segmentos e elementos do corpo.

O corpo e a

– Características diferenciais.

propia imaxe

– Articulacións do corpo. – Partes internas do corpo: corazón, pulmóns, ósos, estómago, cerebro… – Lado esquerdo e lado dereito do corpo. – Sentidos do tacto, do gusto, do olfacto, do oído e da vista. Funcións. – Coordinación viso-manual. – Sensacións e percepcións. – Sentimentos e emocións propios e dos demais. – Algunhas

emocións:

tolerancia,

vergonza,

decepción,

amizade,

xenerosidade, respecto, alegría, envexa, enfado… _ Nocións de direccionalidade con respecto ao corpo. _ Descrición da situación espacial dos obxectos e do propio corpo respecto a diferentes nocións. _ Identificación global e segmentaria das características e calidades do

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

35


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL propio corpo, así como as semellanzas e diferenzas cos outros. – Aceptación das características e identidade dos demais. – Identificación e control das necesidades básicas. – Utilización dos sentidos para percibir propiedades e sensacións que producen os obxectos. – Identificación, expresión e manifestación de sentimentos, necesidades, desexos propios e dos demais. _ Reprodución de posturas co corpo. – Control e precisión no uso de utensilios e obxectos. – Exploración das posibilidades e limitacións posturais e motrices do propio corpo. – Experimentación da noción dereita e esquerda en relación co propio corpo. _ Desenvolvemento da discriminación auditiva. – Desexos de afondar no coñecemento das súas características persoais e dos segmentos corporais. – Actitude non discriminatoria ante os seus compañeiros e compañeiras. – Aceptar, comprender, tolerar e respectar as persoas pertencentes a diferentes razas e formas de vida. _ Interese por coñecer os sentimentos e emocións dos demais. _ Alegría polo progreso na súa autonomía persoal.

BLOQUE 2 Xogo

– Movementos e posturas do corpo e a súa relación cos segmentos e

movemento

corporais. – Posibilidades motrices e posturais. – Relaxación. – Movementos combinados e movementos bilaterais asimétricos e alternos. _ Coordinación e control corporal nas actividades lúdicas que impliquen movemento global ou segmentario e adquisición de habilidades motrices novas. – Esforzo por realizar movementos máis complicados co seu corpo. – Gusto polo xogo.

BLOQUE 3

– Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

36


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL A

esforzo.

actividade

– As distintas actividades cotiás: de xogo, tarefas, rutinas… Requirimentos.

cotiá

– O traballo en equipo. – Nocións básicas de orientación temporal: pola mañá-pola noite, onte, hoxe, mañá, antes, despois, fin de semana, a hora do bocadillo… – Adecuación do comportamento ás diversas situacións da actividade cotiá, ás necesidades e demandas dos demais. – Desenvolvemento de hábitos elementais de organización, atención, constancia, iniciativa e esforzo nas distintas actividades. _ Percepción temporal das rutinas cotiás. _ Orientación espacial e temporal nos lugares coñecidos.

BLOQUE 4

– Limpeza e orde na clase, no colexio, no medio…

O

– Hábitos de hixiene e de alimentación, e a súa relación coa saúde e co

coidado

persoal e a

benestar persoal.

saúde

– Accións que favorecen a saúde: actividade física e deporte. – Adquisición e desenvolvemento de hábitos de hixiene, alimentación e seguridade persoal. – Utilización correcta dos útiles relacionados coa alimentación e coa hixiene. – Progresiva adopción de comportamentos de prevención e seguridade en situacións habituais. – Coidado e precaución ante situacións que poidan resultar perigosas. – Gusto por manter a súa clase e a súa casa limpas e coidadas.

ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO BLOQUE 1

_ Identificación de sensacións asociadas ás calidades dalgúns obxectos.

Medio físico:

– Nocións básicas de medida: longo-curto, grande-mediano-pequeno,

elementos, relación medida.

ancho-estreito, groso-delgado, pesado-lixeiro, alto-baixo. e

– Cuantificadores básicos: cheo-baleiro, case cheo-case baleiro, máis camenos ca, tantos coma, un-varios-ningún, enteiro-metade, en medio, dentro-fóra…. – Os corpos no espazo: arredor, entre, diante-detrás, un lado-outro lado, esquerda-dereita, preto-lonxe, xunto-separado… – Formas planas: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo, rombo e óvalo.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

37


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL – Corpos xeométricos: a esfera e o cubo. – Nocións básicas de orientación temporal. – Ordinais do 1º ao 10º. – A serie numérica: os cardinais ata o 10. – Relacións entre coleccións de obxectos: correspondencias e series. – Propiedades dos obxectos: recto-curvo-lineal, suave-áspero, simetría, brando-duro,

liso-rugoso,

frío-quente,

doce-salgado,

rápido-lento,

aberto-pechado, gama das cores… – Experimentos sinxelos. – Ordenación, comparación e clasificación de obxectos atendendo ás súas características e propiedades. – Identificación dalgunhas formas planas e dalgúns corpos xeométricos. – Resolución de problemas da vida cotiá que impliquen repartir. – Utilización do cardinal para determinar cantidades. – Expresión da situación espacial dos obxectos e de si mesmo/a. – Establecemento de relacións entre coleccións. – Composición e descomposición de números. – Ordenación de obxectos segundo diversas leis de seriación. – Uso axeitado dos cuantificadores. – Observación, manipulación e comparación de figuras. – Identificación dos números controlando a direccionalidade das súas grafías. – Construción da serie numérica por adición da unidade. – Identificación do cardinal anterior a cada un dos xa coñecidos. – Iniciación á suma e á resta. – Reforzo dalgúns contidos traballados mediante a

realización das

actividades do CD de xogos dixitais interactivos. – Gusto por comparar e contar obxectos. – Interese por descubrir as propiedades dos obxectos. – Interese por descubrir a medida dos obxectos. – Esforzo e interese por resolver situacións mediante as operacións e os números.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

38


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL BLOQUE 2

– As estacións.

Achegamento

– Fenómenos atmosféricos, plantas características, froitas, vestidos…

á natureza.

relacionados co clima. – Animais de diferentes hábitats e de diversos medios. Características morfolóxicas e funcionais. – Seres vivos e inertes. – Desenvolvemento da vida das plantas. – O papel das persoas na conservación do medio. – Paisaxes saudables. – A contaminación. – A reciclaxe. _ Elementos do medio e da paisaxe urbana. – _ Outros pobos do mundo: pobos do deserto, pobos dos polos, pobos de África… – Algunhas nocións de historia: a Prehistoria, pinturas rupestres, a Idade Media… – Festas e celebracións do ano. – O Universo e o espazo. – O sistema solar. – As fases lunares. – Os satélites. – Identificación do coidado que necesitan animais e plantas. – Recoñecemento das características dalgúns animais e do medio no que viven. – Observación directa de plantas. – Contribución ao mantemento de ambientes limpos, saudables e non Contaminados. _ Observación do medio urbano descubrindo os seus elementos e características. _ Interese por apreciar os cambios que se producen no medio relacionados co clima.

BLOQUE 3 Cultura vida

– A clase e o colexio: espazos, obxectos e normas de comportamento. e

– Familia:

membros,

parentesco,

situación

familiar

e

normas

de

en

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

39


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL sociedade.

convivencia. – A casa: características internas e externas, espazos, obxectos. Tipos de vivenda. – Vivendas doutros pobos do mundo e doutras épocas. – O seu enderezo e teléfono. – Normas de seguridade viaria. – Lugares, obxectos e accións relacionadas co consumo, coa diversión e co lecer. – Profesións: relacionadas co colexio (profesor/a, director/a, limpador/a, xardineiro/a), co medio (carteiro/a, garda, vendedor/a, varredor/a), cos medios de transportes (piloto, condutor/a, azafato/a, capitán/a de barco,

astronauta…),

coa

diversión

e

co

lecer,

cos

medios

de

comunicación (actor/actriz, presentador/a) e cos servizos públicos (enfermeiro/a, padioleiro/a…). – Medios de transporte públicos e privados. – Outros medios de transporte: globo, ambulancia, nave espacial. – Os xoguetes. Xogos en compañía. – Algúns medios de comunicación e información. – Algúns inventos importantes para o progreso da humanidade. – Algúns instrumentos tecnolóxicos: ordenador, televisión, DVD, cámara fotográfica, reprodutores musicais, videoxogos, escáner, impresora, encerado dixital, canón proxector... – Discriminación de comportamentos adecuados e inadecuados nos diferentes contextos. – Recoñecemento

de

si

mesmo/a

como

membro

da

súa

familia.

Identificación do lugar que ocupa nela. – Descrición de datos relacionados coa súa propia familia. – Adaptación aos hábitos horarios establecidos na casa. – Discriminación e rexeitamento de xogos e xoguetes que impliquen violencia ou perigo. – Participación na elaboración das normas e pautas de comportamento na clase e na casa. – Utilización adecuada dos obxectos e espazos da casa. – Coñecemento e valoración das diferentes profesións. – Observación de diversos servizos relacionados co consumo, co lecer e

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

40


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL coa diversión. – Discriminación

de

comportamentos

adecuados

e

inadecuados

na

utilización dos medios de transporte. – Actitude de colaboración e axuda cos seus compañeiros/as e cos adultos. – Asimilación das normas de seguridade viaria. – Valoración e respecto polas diferentes profesións.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN BLOQUE 1

– Contos das unidades.

Linguaxe verbal

– Secuencias e partes do conto. – Vocabulario relativo ás unidades. – A linguaxe oral como medio de comunicación e expresión de distintos contidos e intencións. – Situacións de comunicación oral. – Textos de tradición oral: contos, poesías, refráns, cancións, adiviñas, trabalinguas… – Normas que rexen o intercambio lingüístico. – Formas

socialmente

establecidas

para

solicitar,

agradecer

e

despedirse. – A linguaxe escrita como medio de comunicación. – Trazos. – Iniciación á lecto-escritura. – Instrumentos que vehiculan a lingua escrita: imaxes, etiquetas, carteis, libros, revistas… – O xénero, o número, os tempos verbais, o ritmo silábico, os nomes colectivos, o son das palabras… – Achegamento aos textos da súa tradición cultural, comprendéndoos e reproducíndoos. – Recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. – Participación en conversas colectivas respectando as normas que

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

41


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL rexen o intercambio lingüístico. – Produción

de

mensaxes

progresivamente

máis

complexas,

combinando o xesto, a palabra, a ollada e a entoación. – Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica. – Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais percibindo semellanzas e diferenzas entre elas. – Utilización axustada da información que proporcionan os diferentes soportes da lingua escrita: libros, revistas, carteis… – Uso adecuado das formas socialmente establecidas para solicitar, saudar e despedirse. – Atención, asimilación e reprodución de textos lidos polo/a profesor/a. – Utilización da biblioteca con respecto e coidado. – Valoración da biblioteca como recurso informativo de entretemento e gozo. – Participación creativa en xogos lingüísticos para divertirse e para aprender. – Construción de frases orais afirmativas, negativas, interrogativas e exclamativas

coas

palabras

do

vocabulario,

respectando

a

concordancia de xénero e número. – Produción de frases en futuro utilizando as variedades morfolóxicas do tempo verbal. – Comparación de imaxes establecendo semellanzas e diferenzas entre elas. – Control da direccionalidade nas actividades gráficas. – Esforzo por aumentar progresivamente o seu vocabulario e producir frases correctamente estruturadas. – Palabras e expresións dunha lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas actividades cotiás. – Posibilidade de utilización dalgunhas palabras básicas aprendidas en lingua estranxeira nas actividades que se realizan na aula. – Comprensión da idea global de textos orais en lingua estranxeira, en situacións habituais da aula e cando se fala de temas coñecidos e predicibles. – Actitude positiva cara á lingua estranxeira.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

42


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

BLOQUE 2

– Materiais e técnicas da expresión plástica.

Linguaxe

– Contrastes claro-escuro nas diferentes cores.

artística:plásticamusical corporal.

e

– Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Produción de obras plásticas, musicais e dramáticas e utilización de materiais e técnicas que desenvolvan a creatividade. – Recoñecemento das cores necesarias para obter outra cor. – Respecto cara ás obras plásticas dos demais. – Os sons do corpo e do medio. – Cancións das unidades. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e ás letras das cancións. – Ritmo e música. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria: os sons do corpo, dos xoguetes e dos instrumentos musicais. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – O pentagrama e as notas musicais. – A orquestra. – Danzas sinxelas. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Artistas universais. – Interese por coñecer e manexar instrumentos musicais. – Actitude de curiosidade polos sons do medio. – Dramatizacións sinxelas. – Control do corpo, actividade, movemento e respiración. – Posibilidades expresivas do corpo. – Relaxación e equilibrio. – Uso

das

posibilidades

expresivas

do

corpo

para

manifestar

sentimentos e emocións. – Control da respiración en actividades de movemento e relaxación. – Representación individual e colectiva de obras inventadas ou

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

43


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL coñecidas. – Interpretación de mensaxes corporais expresadas por outros. – Actitude de escoita nas interpretacións musicais e dramáticas.

BLOQUE 3

– A linguaxe audiovisual.

Linguaxe

– Xogos e actividades interactivas.

audiovisual

– Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos. – Achegamento

a

diferentes

producións

audiovisuais

(películas,

documentais, debuxos animados, videoxogos…). – Distinción progresiva entre a realidade e a representación virtual. – Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais. – Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación.

4.4 INGLÉS: CONTIDOS Bloque 1. Linguaxe verbal Escoitar, falar e conversar:  Utilización e valoración progresiva da lingua oral para evocar e relatar feitos; para adquirir coñecementos; para expresar e comunicar ideas, sentimentos e emocións; para facer peticións e como mecanismo para regular a propia conduta e a das demais persoas.  Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado, aumentando a precisión na busca dunha maior estruturación das súas frases.  Participación de forma oral en conversas, narracións, anécdotas, contos, xogos colectivos e outros, incrementando o vocabulario, empregándoo con crecente precisión, con entoación axeitada, pronuncia clara e usando estruturas oracionais que enriquezan as propias competencias comunicativas.  Participación en situacións de comunicación con distintos propósitos, en diferentes contextos e con persoas interlocutoras diversas usando argumentos nas súas conversas, respectando quendas e escoitando atentamente.  Acomodación progresiva dous seus enunciados aos formatos convencionais.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

44


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL  Emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse coas demais persoas, saúdos, despedidas, fórmulas de cortesía, cumprimentos....  Interese por participar en interaccións orais en lingua estranxeira, en rutinas e situacións habituais de comunicación, amosando unha actitude positiva cara a esta lingua.

Aproximación á lingua escrita.  Achegamento á lingua escrita como medio de comunicación, información e gozo a través de soportes diferentes.  Interese e atención na escoita de narracións e instrucións lidas por outras persoas.  Iniciación non uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.  Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica. Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais. Percepción de diferenzas e semellanzas entre elas atendendo a propiedades cuantitativas -cantidade de letras, palabras longas e palabras curtas e propiedades cualitativas variedade de grafías.  Iniciación ao coñecemento do código escrito a través desas palabras e frases empregadas en contextos significativos e funcionais.  Interese e gusto por producir mensaxes con trazos cada vez máis precisos e lexibles. Achegamento á literatura.  Escoita e comprensión da lectura en voz alta, realizada por unha lectora o lector competente de contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas, teatro...; tanto tradicionais como contemporáneas, nas dúas linguas oficiais, e como fonte de pracer e de aprendizaxe compartida.  Dramatización de textos literarios, desfrute e interese por expresarse con axuda de recursos non lingüísticos.  Memorización e recitado dalgúns textos sinxelos de carácter poético, de tradición cultural o de autor, disfrutando das sensacións que o ritmo, a rima e a beleza das palabras producen.  Participación trabalinguas,

creativa en

xogos lingüísticos

onomatopeas...

acompañados

-encadeados de palabras, adiviñas, de

respostas

corporais

xestos,

movementos, ritmos... para divertirse e para aprender na compaña de iguais e de persoas adultas.  Interese por compartir interpretacións, sensacións, emocións e opinións provocadas polas producións literarias, iniciándose nos faladoiros literarios.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

45


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL  Introdución ao uso das bibliotecas de centro e de aula como un medio máis de aproximación á literatura e como espazo privilexiado de recursos para a diversión e o coñecemento. Bloque 2. Linguaxes artísticas: plástica, musical e corporal.  Exploración sensorial dos elementos presentes no contorno integrando actividades de tocar, ulir, oír e ver.  Potenciación da imaxinación e fantasía do alumnado para enriquecer a actividade creativa.  Experimentación e descubrimento dalgúns elementos que configuran a linguaxe plástica: liña, forma, cor, textura, espazo e volume.  Gozo coas obras artísticas distinguindo e apreciando elementos básicos das formas de expresión cor, forma, liña, movemento, volume, texturas, ritmos, melodías, timbres, entre outros que lles permitan ás nenas e aos nenos desenvolver a súa sensibilidade estética.  Experimentación e coñecemento das posibilidades de transformación dúas diferentes materiais e obxectos.  Interpretación e valoración de diferentes tipos de obras plásticas presentes na aula, non contorno, en museos e exposicións reais o virtuais, obradoiros de artistas e persoas artesás manifestando e compartindo a través das diversas linguaxes ás sensacións e emocións que producen, así como indicando o que gusta e o que non.  Planificación do proceso de elaboración dalgunha obra plástica, o seu desenvolvemento e posterior comunicación, valorando a realización de bosquexos para a consecución dunha melloría na produción.  Exploración das posibilidades sonoras da voz, do propio corpo, de obxectos cotiáns e de instrumentos musicais. Utilización dos sons achados para a interpretación e a creación musical.  Vivencia do son e do silencio.  Recoñecemento de sons do contorno natural e social, e discriminación dous seus trazos distintivos.  Creación de secuencias de movementos e ritmos a partir das sensacións que lle xera a música.  Audición atenta de obras musicais populares, clásicas e contemporáneas. Participación activa e gozo na interpretación de cancións, xogos musicais e danzas colectivas e individuais.  Creación, mediante a música e o baile, dous propios patróns, recreando situacións, ideas, feitos e sentimentos, mediante o humor, o absurdo e a fantasía, compartindo con outras persoas ás propias creacións.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

46


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL  Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación e mais o intercambio afectivo.  Participación en actividades de dramatización, danzas, xogo simbólico e outros xogos de expresión corporal mimo, monicreques, ... Bloque 3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a comunicación  Identificación da utilidade de diversos instrumentos e tecnoloxías como fontes de comunicación, de expresión, de estratexias de exploración e de xogo.  Adquisición progresiva da conciencia da necesidade dun uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.  Coñecemento, coidado e uso, na medida das súas posibilidades, das ferramentas tecnolóxicas.  Achegamento ao uso do ordenador, á cámara fotográfica,...

5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

5.1 CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO NIVEL DE 3 ANOS –

Coñecer as partes principais que forman o corpo.

Identificar algunhas características persoais.

Desenvolver progresivamente a súa autoestima e a confianza en si mesmo/a.

– Adquirir unha adecuada coordinación motriz e control postural nas actividades lúdicas e da vida cotiá. – Adquirir hábitos relacionados coa hixiene, coa alimentación, co descanso e co coidado da saúde. –

Mellorar na coordinación óculo-manual.

– Participar en xogos utilizando as posibilidades expresivas do corpo para comunicar sentimentos, emocións, necesidades e desexos. –

Ampliar as súas relacións de afecto e apego.

– Manifestar confianza nas súas posibilidades e actitudes positivas cara á súa propia actividade. –

Utilizar nocións básicas de orientación espacial e temporal.

Controlar as necesidades básicas do corpo.

Valorar, respectar e aceptar as diferenzas.

Distinguir sensacións do corpo.

Discriminar algunhas propiedades dos obxectos por medio dos sentidos.

Participar en actividades cotiás.

– Adquirir hábitos elementais de constancia, atención, iniciativa e esforzo. –

respecto,

axuda,

colaboración

organización,

Identificar cambios que se producen no medio relacionados co clima.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

47


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL – Descubrir algunhas características e calidades dos obxectos máis habituais do seu medio. – Coñecer algunhas características da súa casa, da súa familia, da escola e do medio natural. –

Ser cada vez máis autónomo/a.

– Aprender a comportarse adecuadamente nos diferentes espazos nos que se desenvolve: clase, casa, recreo, biblioteca, lugares de diversión e lecer, medios de transporte… –

Coñecer profesións e medios de transportes do seu medio.

Resolver as situacións conflitivas que se formulan na vida cotiá.

Coñecer algúns sinais de identidade doutras culturas presentes no seu medio.

Coñecer tradicións e festas populares de Galicia manifestando interese e respecto.

Distinguir características de animais e de plantas.

Clasificar e ordenar elementos segundo semellanzas e diferenzas sinxelas.

Coñecer os tres primeiros cardinais.

Identificar o círculo, o triángulo e o cadrado.

Adquirir nocións cuantitativas básicas.

Iniciarse na formación de series.

Describir obxectos.

Utilizar a serie numérica para contar.

Coñecer a gama de cores primarias.

– Utilizar a linguaxe oral de maneira axustada para favorecer a comunicación co grupo de iguais e coas persoas adultas. – Comprender as mensaxes orais mostrando unha actitude positiva ante as situacións de interacción e de comunicación. – Expresar sentimentos, necesidades, intereses, desexos… mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes. –

Aumentar progresivamente o seu vocabulario.

Utilizar as normas establecidas para saudar e despedirse.

Ler e interpretar imaxes.

Coñecer algúns instrumentos da lingua escrita.

Identificar algunhas letras e a súa grafía.

– Mostrar interese polos textos de literatura infantil: contos clásicos, poemas, adiviñas… lidos na clase. –

Iniciarse no manexo dos libros.

Mostrar unha actitude positiva cara á lingua estranxeira.

Coñecer algunhas palabras e expresións moi sinxelas en lingua estranxeira.

Iniciarse en trazos libres e dirixidos.

Iniciarse na comprensión e interpretación de textos.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

48


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

5.2 CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO NIVEL DE 4 ANOS –

Identificar segmentos e elementos do propio corpo.

Identificar as diferenzas físicas entre o seu propio corpo e o dos demais.

Valorar, respectar e aceptar as diferenzas.

Adquirir hábitos de hixiene, alimentación, descanso e coidado da saúde.

Interpretar nocións direccionais co corpo.

Utilizar os sentidos para descubrir propiedades.

Coñecer e nomear algúns órganos internos.

Identificar sensacións e necesidades do propio corpo.

Desenvolver estratexias para satisfacer as súas necesidades básicas.

Mellorar a coordinación óculo-manual.

Adquirir unha imaxe axustada de si mesmo/a.

Confiar nas súas propias posibilidades.

Desenvolver habilidades para traballar en equipo.

Distinguir entre o día e a noite.

Utilizar nocións básicas de orientación espacial.

Empregar de maneira autónoma os útiles necesarios para a alimentación e a hixiene.

– Identificar algúns cambios que se producen no medio e que están relacionados co clima. –

Ser progresivamente autónomos no ámbito escolar e familiar.

Coñecer a súa vivenda.

Coñecer algunhas características de animais próximos a eles.

Identificar profesións do seu medio próximo.

– Iniciarse no coñecemento dalgúns medios de transporte e dalgúns medios de comunicación e información. –

Descubrir lugares de lecer e diversión.

– Coñecer algúns sinais de identidade doutras culturas presentes no seu medio e doutros tempos. –

Coñecer algunhas normas de seguridade viaria.

– Comportarse adecuadamente nos diferentes contextos nos que se desenvolve: colexio, familia, veciñanza, lugares de lecer e diversión, medios de transporte… –

Resolver as situacións conflitivas que se presentan mediante o diálogo.

Coñecer tradicións e festas populares da súa localidade.

Observar, explorar e manipular diferentes obxectos.

– Expresar sentimentos, necesidades, intereses, desexos…, mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes. –

Aumentar progresivamente o seu vocabulario.

Ler e interpretar imaxes.

Coñecer algúns elementos e instrumentos da lingua escrita.

Utilizar correctamente as normas socialmente establecidas para saudar e despedirse.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

49


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL –

Elaborar frases afirmativas, negativas e interrogativas.

Realizar trazos correctamente.

Iniciarse no ditado.

Mellorar a direccionalidade na linguaxe escrita.

– Amosar interese polos textos de literatura infantil: contos clásicos, poemas, adiviñas…, lidos na clase. 5.3 CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO NIVEL DE 5 ANOS -

Coñecer as características diferenciais do propio corpo.

-

Coñecer as articulacións e algunhas partes internas do propio corpo.

-

Valorar, respectar e aceptar as diferenzas.

-

Identificar o lado dereito e esquerdo do propio corpo.

-

Discriminar as función dos olfacto.

-

Desenvolver estratexias para satisfacer as necesidades básicas.

-

Contribuír ao mantemento da orden e limpeza da clase e do colexio.

-

Progresar nas súas habilidades motrices de carácter fino.

-

Afianzar as nocións espazo-temporais aprendidas.

-

Desenvolver hábitos de alimentación, saúde , hixiene e coidado persoal adecuados.

-

Realizar con autonomía adecuada á coa alimentación e co vestido.

-

Adquirir unha imaxe axustada e positiva de si mesmo/a.

-

Identificar e controlar de xeito adecuado á idade os sentimentos e as emocións.

-

Comprender a importancia dunha correcta alimentación, do exercicio ao aire libre e do deporte, para o coidado da saúde.

-

Coñecer os cambios que se producen no medio relacionados co clima.

-

Desenvolver actitudes de coidado e respecto de cara ao medio ambiente.

-

Afianzar a súa autonomía no ámbito escolar e familiar.

-

Valorar todas as profesións do seu contorno.

-

Coñecer as características morfolóxicas e funcionais dos animais e das plantas do contorno.

-

Clasificar obxectos atendendo aos atributos aprendidos.

-

Coñecer algunhas sinais de identidade doutras culturas presentes no medio.

-

Asimilar e aplicar as normas de seguridade vial.

-

Comportarse adecuadamente nos lugares destinados ao tempo de lecer.

-

Coñecer algúns medios de comunicación e información.

-

Adquirir nocións básicas de Xeografía e Historia.

-

Coñecer aspectos básicos do Universo: planetas, fases lunares…

-

Comprender a importancia dalgúns inventos para o progreso da humanidade.

-

Saber solicitar, agradecer e despedirse seguindo do as pautas que establece o

sentidos do gusto, do tacto, do oído, da

vista e do

idade as actividades relacionadas coa hixiene,

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

50


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL intercambio lingüístico. -

Producir mensaxes máis complexos.

Expresar sentimentos, necesidades, intereses, desexos… mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes. -

Aumentar progresivamente o seu vocabulario.

-

Mostrar unha actitude positiva cara a lingua estranxeira.

-

Memorizar pequenos textos.

Mostrar interese polos textos de literatura infantil: contos clásicos, poemas, adiviñas… lidos na clase. -

Utilizar a biblioteca con respecto e coidado.

Construír frases afirmativas, negativas, interrogativas estruturación correcta cara a súa idade. -

Comprender, interpretar e producir imaxes.

-

Ampliar o seu vocabulario.

-

Iniciarse na lectoescritura.

Utilizar diferentes linguaxes para expresarse e comunicarse.

Utilizar recursos e técnicas da expresión plástica.

Discriminar sons.

Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos.

e

exclamativas

cunha

– Expresarse e comunicarse utilizando medios e técnicas propios da linguaxe audiovisual e das novas tecnoloxías da información e da comunicación. –

Participar na interpretación e representación de cancións.

Cantar cancións sinxelas en lingua estranxeira.

5.4. INGLÉS: CRITERIOS DE AVALIACIÓN

-

Comprender mensaxes orais diversas, mostrando unha actitude de escoita atenta e respectuosa.

-

Amosar unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua estranxeira, interesándose por participar en interaccións orais en rutinas, xogos e situacións habituais de comunicación.

-

Preténdese avaliar a súa participación en producións orais sinxelas relativas a situacións e temas do seu interese: xogos, cancións, rimas, dramatizacións previamente traballadas e contextualizadas.

-

Amosar interese polos textos escritos presentes na aula e nun contorno próximo.

-

Gozar compartindo a escoita e a lectura en voz alta de textos literarios: contos e, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas...

-

Utilizar

a

biblioteca

con

respecto

e

coidado,

valorándoa

como

recurso

informativo, de entretemento e goce.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

51


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -

Con este criterio valorarase se as nenas e os nenos entenden a necesidade das normas de funcionamento da biblioteca -manter silencio, colocar os libros non seu sitio, cumprir os prazos de empréstito- e se as respectan.

-

Valorarase, así mesmo, se recoñecen este espazo

como recurso de pescuda de

información e lugar de entretemento. -

Utilizar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación como vehículo de expresión e comunicación. Este criterio permite valorar a súa competencia para acceder e empregar as tecnoloxías da información e comunicación. Deste xeito, observarase se é quen de prender e apagar o

ordenador, manexar o rato, identificar e usar

iconas….

Dentro de los procedementos para avaliar a propia programación de inglés: A observación directa para comprobar se, 

A lingua oral se utiliza para unha comunicación positiva dos nenos e nenas cos seus iguais e coas persoas adultas, segundo as intencións comunicativas, e comprender mensaxes orais diversas, mostrando unha actitude de escoita atenta e respectuosa.

Os nen@s mostran interese polos textos escritos presentes na aula e no ámbito, iniciándose no seu uso, na comprensión das súas finalidades e no coñecemento dalgunhas características do código escrito e por participar nas situacións de lectura e escritura que se producen na aula.

Expresan e comunican utilizando medios, materiais e técnicas das diferentes linguaxe artísticas e audiovisuais, mostrando interese por explorar as súas posibilidades, por gozar coas súas producións e por compartir cos demais as experiencias estéticas e comunicativas.

6. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

6.1. DESENVOLVEMENTO DA AVALIACIÓN 1. A avaliación, que formará parte inseparable do proceso educativo, será global, continua e formativa. Servirá para detectar, analizar e valorar os procesos de desenvolvemento do alumnado, así como as aprendizaxes. Para estes efectos, os criterios de avaliación utilizaranse como referente para a identificación das posibilidades e dificultades de cada alumno/a.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

52


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 2. A valoración do proceso de aprendizaxe expresarase en termos cualitativos, recollendo os progresos efectuados polas nenas e nenos e, se é o caso, as medidas de reforzo e adaptación levadas a cabo. 3. A observación directa e sistemática, a análise das producións das nenas e dos nenos e as entrevistas coas familias ou titores legais, constituirán as principais técnicas e fontes de información do proceso de avaliación. 4.

As

consideracións

derivadas

do

proceso

de

avaliación

serán

comunicadas

periodicamente ás familias ou titores legais co obxectivo de facelos copartícipes do proceso educativo das súas fillas e fillos. 5. O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado coma os procesos de ensino e a súa propia práctica docente. 6. Co fin de analizar e valorar o proceso de ensino que ten lugar nas aulas e adaptar progresivamente a intervención educativa ás características e necesidades do alumnado, a avaliación terá en conta aspectos tan relevantes como: a) A organización da aula, o seu clima escolar e a interacción entre o alumnado, así como a relación entre o profesorado e o alumnado. b) A coordinación entre os profesionais dun mesmo ciclo e a coherencia entre os ciclos. c) A regularidade e calidade da relación cos pais, nais e titores legais e a participación destes no proceso de aprendizaxe das súas fillas e dos seus fillos. d) A adecuación da proposta pedagóxica e da propia planificación. e) A adecuación da proposta metodolóxica na contribución á adquisición das competencias básicas. f) A evolución no proceso de aprendizaxe do alumnado. 7. Realizaranse as seguintes sesións de avaliación: unha inicial e tres ao longo do curso. De cada unha das sesións de avaliación, a titora ou o titor levantará a correspondente acta de desenvolvemento da sesión, na cal se farán constar a asistencia do profesorado, os asuntos tratados e os acordos adoptados, especificando aqueles que se refiran á valoración das aprendizaxes das nenas e dos nenos e da práctica docente e ás propostas de mellora.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

53


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

6.2 INGLÉS: PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Co fin de que as Competencias Básicas poidan ser utilizadas e avaliadas dun xeito eficaz, é necesario analizalas en Descritores, os cales describen, especifican e matizan cun maior nivel de detalle os logros que os alumnos deben obter en cada competencia. Os descritores son unha ferramenta útil para facer fincapé en aqueles aspectos e características que se consideran esenciais na aprendizaxe dos alumnos, facendo referencia fundamentalmente a área de lingua estranxeira. Descritores para o segundo ciclo de Educación Infantil:

 Competencia en comunicación lingüística -

Comprende ordes e mensaxes auditivas.

-

Comprende textos narrativos sinxelos.

-

Practica a escoita activa e as estratexias propias do diálogo.

-

Pronuncia de forma clara e utiliza recursos expresivos lingüísticos e paralingüísticos.

-

Expresa de forma correcta necesidades e demandas.

-

Expresa ideas e sentimentos.

-

Describe obxectos e imaxes.

-

Etiqueta imaxes asociadas a vocabulario básico.

-

Le e escribe palabras significativas e usuais.

-

Expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

 Competencia Matemática -

Conta e ordena obxectos.

-

Asocia cantidade e número.

-

Sitúa no tempo actividades cotiás.

-

Clasifica formas e obxectos segundo distintos criterios.

-

Resolve problemas sinxelos da vida cotiá.

 Competencia para o coñecemento e a interacción co medio físico -

Explora e coñece o corpo.

-

Ten hábitos de hixiene, alimentación, vestido e descanso.

-

Observa o ámbito natural.

-

Protexe o ámbito natural.

-

Mostra curiosidade por coñecer acerca dos seres vivos, paisaxes, etc.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

54


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

-

Establece relacións entre fenómenos.

-

 Tratamento da información e competencia dixital -

Manexa o teclado e o rato do ordenador.

-

Realiza xogos.

-

Manexa as iconas para utilizar os programas.

 Competencia social e cidadá -

É respectuoso e colaborativo.

-

Coida da saúde e o ámbito.

-

Acepta e segue as regras e normas.

-

Ten sentido da pertenza á familia e á escola.

-

Establece relacións grupais cada vez máis amplas.

-

Comparte actividades con persoas doutras culturas.

-

Coñece e participa nas actividades sociais.

-

Resolve conflitos dialogando.

-

Escoita e participa de forma activa en situacións habituais.

 Competencia cultural e artística -

Representa plasticamente o corpo, o ámbito, etc…

-

Asocia formas xeométricas e naturais.

-

Practica con distintos materiais.

-

Segue ritmos e canta cancións.

-

Escoita obras musicais.

-

Participa en movementos e danzas.

-

Realiza representacións.

-

Mostra interese por escoitar contos e historias.

-

Manifesta interese polos costumes de nenos e nenas doutras culturas.

 Aprender a aprender -

Coñece e confía nas súas posibilidades.

-

Valora o traballo ben feito.

-

Planifica e organiza as tarefas.

-

Presta e mantén a atención.

-

É constante nas tarefas.

-

Observa e explora.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

55


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

-

Recolle e rexistra información.

-

Mantén unha postura axeitada.

-

Comprende mensaxes verbais.

 Autonomía e iniciativa persoal -

Actúa con seguridade.

-

Ten unha imaxe axustada das súas posibilidades e limitacións.

-

Adopta comportamentos de prevención e seguridade ante o risco.

-

Actúa con autonomía na hixiene, alimentación, vestido e descanso.

-

Cumpre con responsabilidade as tarefas.

-

Resolve novas tarefas e problemas da vida cotiá.

-

Mostra iniciativa para desprazarse por espazos habituais.

7. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 7.1 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL -Avaliación inicial. A avaliación recollerá os datos máis destacados do seu proceso de desenvolvemento, terá en conta os datos relevantes achegados pola información das familias na entrevista inicial e, se é o caso, os informes médicos, psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que revistan interese para a vida escolar. E, de ser o caso, os informes de escolarización anteriores. A avaliación inicial completarase coa información obtida na observación directa por parte dos profesionais que atenden as nenas e nenos sobre o grao de desenvolvemento das capacidades básicas durante o período de adaptación ao centro escolar. -Avaliación continua.

Ao longo do ciclo, e de forma continua, a persoa que exerza a

titoría utilizará as distintas situacións educativas para analizar os progresos e as dificultades do seu alumnado, co fin de axustar a intervención educativa para estimular o proceso de aprendizaxe. Os criterios de avaliación constituirán o punto de referencia inmediato da avaliación continua e permitirán seleccionar os procedementos de avaliación máis axeitados. A información recollida da avaliación continua trasladarase ás familias, como mínimo, nun informe escrito trimestral. -Avaliación final. Ao remate de cada curso, a titora ou o titor elaborará o informe anual de avaliación individualizado, no cal se reflectirán os datos máis relevantes do proceso de avaliación continua. O dito informe recollerá

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

56


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL o grao de consecución dos obxectivos establecidos así como as medidas de reforzo e adaptación que, se é o caso, fosen empregadas. Á finalización do ciclo, co fin de garantir unha atención individualizada e continuada, recollerase nun informe o progreso global de cada nena e cada neno.

Nesta

valoración

considerarase

o

avance

na

consecución

dos

obxectivos

correspondentes do ciclo e no grao de iniciación no desenvolvemento das competencias básicas. Así mesmo, faranse constar os aspectos máis salientables do seu progreso educativo e , se é o caso, as medidas de reforzo e adaptación que se adoptasen. O informe final anual correspondente ao último curso do ciclo pode ser substituído por este informe final de ciclo, a criterio do equipo docente. O dito informe será posto á disposición da persoa titora na nova etapa e servirá de orientación para a avaliación inicial. 7.2 INGLÉS: INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A observación diaria dentro da aula e fora ( no patio,……).

 My English Dossier: os nenos mostran comprensión de vocabulario a través dunha actividade con adhesivos.  Multi ROM e actividades fotocopiables: os nenos repasan o vocabulario e os contidos da unidade.

8. METODOLOXÍA DIDÁCTICA, CONSIDERANDO AS COMPETENCIAS BÁSICAS COMO ELEMENTO ORGANIZADOR

8.1 METODOLOXÍA DIDÁCTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL O aspecto clave de toda metodoloxía é que non podemos ensinar a ser competentes do mesmo xeito que ensinamos un concepto. Debemos plantexarnos cómo fomentar o desenvolvemento de diversas competencias a través da vida escolar. Non hai unha metodoloxía concreta para ensinar as competencias, senón que se fai aos alumnos máis competentes variando as estratexias metodolóxicas. Principios metodolóxicos xerais: O desenvolvemento da programación basearase nos principios psicopedagóxicos seguintes: 1) A educación

personalizada, na súa dobre vertente: a individualización (atención

á diversidade en base ó principio de consistencia evolutiva) e a socialización.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

57


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 2) O principio de actividade, baseada nos intereses e necesidades dos nenos/as (partindo da súa realidade próxima e do xogo como actividade fundamental). 3) Os principios de autonomía e liberdade, favorecedores do

desenvolvemento

persoal e da creatividade. 4) A

observación

e

experimentación

como

fonte

de

coñecementos

e

desenvolvemento da creatividade (principio de intuición). 5) A necesidade dun clima afectivo e racional, favorecedor da comunicación e o desenvolvemento persoal. 6) E unha estreita colaboración escola-familia-medio. Partimos duns criterios metodolóxicos que favorecen o desenvolvemento das competencias básicas. Así destacamos os seguintes: 1) Fomentar a actividade dos alumnos. 2) Favorecer a autonomía. 3) Empregar distintas fontes de información. 4) Comunicar o aprendido. 5) Interactuar entre si. 6) Plantexar problemas ou situacións reais ou contextualizadas. 7) Planificar e autoavaliar. As metodoloxías que empregamos para favorecer a adquisición das competencias son as seguintes: a) APRENDIZAXE BASEADO EN TAREFAS: Secuencias

didácticas

que

propoñen

a

realización

dunha

actividade

complexa

relacionada cunha ou distintas áreas de coñecemento e con a experiencia vital dos propios nenos. b) TRABALLO POR PROXECTOS: Esta estratexia de ensinanza que constitúe un modelo de instrución no que os nenos planean, implementan e avalían proxectos que teñen implicación na vida real, máis alá da aula e da clase. O noso centro traballa anualmente un Proxecto Documental Integrado (PDI), sendo o título deste ano “A Ciencia”, para o cal elaboraremos materiais relacionados coa ciencia. Un ano máis pedimos colaboración ás familias do alumnado, así coma o emprego dos recursos do noso entorno.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

58


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

c) APRENDIZAXE SERVICIO: Consiste en preparar e realizar cós nenos experiencias de servizo ás persoas e á comunidade, e a través delas, promover que ademais de axudar, aprendan. Polo tanto ten unha dobre intencionalidade: -

Intencionalidade pedagóxica.

-

Intencionalidade solidaria.

d) APRENDIZAXE COOPERATIVO COLABORATIVO: É o conxunto de métodos de instrución para a aplicación en pequenos grupos de adestramento e desenvolvemento de habilidades mixtas (aprendizaxe, desenvolvemento social e persoal), onde cada compoñente do grupo é responsable da súa aprendizaxe coma da dos restantes. A diferenza entre o traballo en grupo e o cooperativo resumímola na seguinte táboa:

TRABALLO COLABORATIVO

TRABALLO EN GRUPO

Plantéxase unha colaboración

Pode resultar competitivo

Organización estruturada do traballo

Organización informal do traballo

Tamaño do equipo: de 2 a 4 membros

Tamaño do equipo variable en función de diversos aspectos

Pensado

para

establecer

relacións

sociais

Relacións sociais non estruturadas, que

positivas

derivan facilmente en conflitos

Reparto das tarefas e responsabilidade de cada

Non

membro

Responsabilidade diluída no grupo

hai

reparto

formal

das

tarefas.

Esta dinámica de traballo facilita as actividades do Plan de Convivencia do Centro. e) EMPREGO DAS TICS: As

metodoloxías

da

aula

están

actualmente

enfocadas

cara

a

metodoloxías

comunicativas, cooperativistas e construtivistas. As TICS favorecen este enfoque de traballo xa que son unha COMPETENCIA BÁSICA en si mesmas, son xeradoras de capacidades e son un medio, non un fin. Na etapa de Ed. Infantil, empregamos os seguintes recursos dixitais: 1) O blogue “A sementeira de Navia”, onde recollemos e compartimos as experiencias educativas levadas a cabo na aula.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

59


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 2) Diversos softwares educativos, que facilitan de xeito anovador e atraínte a aprendizaxe. 3) Pantalla dixital. 4) Na biblioteca do centro, contamos cun proxector e-beam, dous ordenadores portátiles para traballos có alumnado a formación de usuarios.

f)

TRABALLO EN RECUNCHOS:

Son zoas ou espazos delimitados e concretos, situados nas propias clases, onde os nenos e nenas traballon simultaneamente. Este entorno de aprendizaxe invita aos alumnos a participar e alcanzar a aprendizaxe, empregando unha ampla variedade de contidos e de actividades, enfocadas cara a acción, exploración e experimentación. -

Recuncho da alfombra: para asemblea inicial, conversas, rutinas diarias (o calendario, o tempo, as faltas...), a motivación inicial, a planificación do traballo, a posta en común,..

-

Recuncho da biblioteca: con contos e libros variados revistas,... onde se realizan actividades de lectura, busca de información,...

-

Recuncho do ordenador:

donde se levan

a

cabo xogos con

programas

informáticos, actividades relacionadas coa lectoescritura... -

Recuncho do xogo simbólico: onde os nenos/as poden xogar á cociña, casita, médicos,...

-

Recuncho da matemática: aquí poden xogar coas construccións, coches, puzzles, xogos de lóxica, ensartables, ...

-

Recuncho da natureza: para o coidado das plantas ou animais (vermes de seda, tartaruga,...)

-

Mesas de traballo: para a realización de actividades variadas, relacionadas coas distintas unidades didácticas.

g) METODOLOXÍA DA LECTOESCRITURA: Seguindo a metodoloxía constructivista, trátase de mergullar ó neno/a no mundo da lingua escrita para que chegue a coñecer as funcións da representación escrita, diferenciando debuxo de escritura, ata que nun momento dado empregue grafías convencionais

ou pseudoconvencionais discretas, cegando a diferenciar o mundo dos

números e o das letras. É importante que o neno/a vexa ler e escribir, que interprete e produza as funcións habituais, que constate e analice.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

60


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Empezarase traballando co nome propio, outros nomes, etiquetas,… á vez que traballamos con distintas modalidades de texto de uso social que o neno/a coñece (cartas, contos, receitas, notas,…) partindo sempre do seu nivel evolutivo e motivándoo con actividades significativas e funcionais.

h)

METODOLOXÍA DA MATEMÁTICA:

No dominio das matemáticas, os nenos/as teñen estratexias e coñecementos non convencionais que avanzan progresivamente cara ó convencional, en función da súa interacción co matemático. O ensino da matemática non debe basearse estritamente nunca secuencia de contados preestablecidos nin tampouco ensinar primeiro a destreza ou habilidade para utilizala só despois de dominala, senón que contando, numerando, medindo, comparando, nas actividades de aprendizaxe planificadas, os nenos/as construirán e compartirán novos coñecementos acerca da matemática e comprendendo a función social que ten. Para facilitar este proceso é importante que o neno/a descubra os contidos matemáticos no mundo de tódolos días (resolvendo problemas, contando con sentido, organizando datos,...) e empregue materiais de uso social, como etiquetas de envases, listas de prezos, calendarios, envases de alimentos, xornais, revistas e calquera outro elemento que teña números, gráficas, cadros cuantitativos, instrumentos de medición,... É fundamental interpretar as hipóteses en que se move cada neno/a, permitir as representacións simbólicas non convencionais e favorecer a interacción entre os alumnos/as en distintos agrupamentos.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

61


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL i)ORGANIZACIÓN DO TEMPO: Período de adaptación para os alumnos de 3 anos:

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

62


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Dadas as características psicoevolutivas da 1ª infancia e as características e obxectivos de E.I. haberá que ter en conta unha serie de criterios básicos en canto á organización temporal: -

Respectar

o

aspecto

da

globalidade,

evitando

as

segmentacións

arbitrarias

(organización do tempo por áreas). -

Atender ós ritmos individuais de cada neno/a así como as curvas de atención e fatiga, evitando a uniformización e o establecemento dun tempo ríxido para cada actividade, asignándolle tempos breves e realizando cambios frecuentes nas mesmas,

alternando

o

tipo

de

actividade

e

os

agrupamentos

(actividades

individuais, en parella, pequeno grupo ou gran grupo). -

A flexibilidade e a individualización serán características fundamentais da organización temporal, pero sen esquecer a responsabilidade por parte dos nenos/as de rematar as tarefas (ou intentalo).

Sen embargo, hai unha serie de factores que van a condicionar a distribución temporal: -

o horario escolar, establecido a nivel de centro (xornada de 9:00h a 14:00h, de xuño a setembro), con recreo de 11:30 a 12:00h

-

A intervención do profesorado especialista, cun horario preestablecido e fixo: unha sesión semanal de inglés, unha sesión de psicomotricidade e una sesión de música. Ademais, contamos coa colaboración dentro da aula da mestra de apoio, sen esquecernos dun Taller de estimulación da linguaxe a cargo da mestra especialista en Audición e Linguaxe do centro. Ademais dos aspectos citados, no tocante á organización do tempo, na E.I. xogan un

papel moi importante as rutinas diarias, como medio que facilita ós nenos/as a estruturación temporal e a adquisición de hábitos básicos de autonomía persoal, así como a adquisión das COMPETENCIAS BÁSICAS. Como consecuencia, o tempo organizarase en base a momentos significativos, que serán fixos en canto a secuencia, pero flexibles en canto a duración (dependendo do grao de interese e as necesidades que observe no grupo), tendo sempre presentes catro momentos básicos na organización da vida diaria: 1- motivación/ideas previas 2- planificación do traballo 3- realización posta en común: relembranza, avaliación, comparación coas ideas previas.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

63


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 8.2. INGLÉS: METODOLOXÍA CONSIDERANDO AS COMPETENCIAS BÁSICAS A metodoloxía está dirixida a adquirir unha competencia comunicativa e orientada a facelo a través do xogo a canción o conto, as novas tecnoloxías . O acercamento dos nenos de infantil ao Inglés farase de forma progresiva, natural e motivadora de forma que os nenos collan gusto pola que será a súa 3ª lingua. Na aula de infantil son moi importantes as rutinas e por iso o traballo está deseñado practicamente de forma simétrica, para axudar aos nenos a predicir que vai ocorrer a continuación e axudalos a que se fagan idea do tempo transcorrido. Na programación temos en conta tódalas diferenzas entre os alumnos e e por iso que sempre incluímos actividades nas que todos os nenos poidan acadar os obxectivos e actividades de ampliación para aqueles nenos que as precisan facilitando a adquisición das distintas competencias. 

Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística non só na lingua estranxeira senón tamén nas propias,

co obxectivo de acadar unha competencia

plurilingüe. O vocabulario que traballaremos en inglés está relacionado con campos semánticos presentes na contorna do alumnado: os xoguetes, o corpo e os animais. Desta maneira, partiremos do seu coñecemento do mundo para ir construíndo unha aprendizaxe máis significativa. 

Desenvolvemento

da competencia cultural e

artística. Fomentaremos non

o

coñecemento da lingua e cultura estranxeiras, senón tamén o da propia dende unha perspectiva de interculturalidade. Por mellorar

a

súa

outra

parte, animaremos

ao

alumnado

a

competencia artística en moitas das tarefas propostas: creación de

murais, modelado de plastilina. 

Mediante os valores

presentes

nestas

propostas

didácticas os nenos e as

desenvolverán a súa competencia social e cidadá

nenas

así a educación en valores

centrarémola aquí en educación para a saúde (hábitos de hixiene), educación moral e cívica (actitude respectuosa cos seus compañeiros e compañeiras, aceptando as regras dos xogos e valorando as achegas persoais de cada neno/a) e educación para a igualdade de oportunidades entre os xéneros (incidindo na importancia da nondiscriminación). Ademais destas tres dimensións principais de aprendizaxe desenvolveranse tamén as seguintes: 

Tratamento da información e competencia dixital, que traballaremos introducindo ao alumnado na utilización do encerado dixital interactivo con actividades motivadoras e axeitadas ao seu nivel.

Considerando que os nenos e as nenas son os principais artífices da súa aprendizaxe, é o noso labor fornecerlles estratexias para ser máis autónomos e autónomas, fomentando así a súa competencia para aprender a aprender.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

64


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 

Fomento da autonomía e iniciativa persoal, valorando a saúde, a hixiene persoal e a autonomía das tarefas propostas.

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: no proceso de ensinanza-aprendizaxe da lingua partiremos da contorna máis próxima aos nenos e nenas, tendo en conta o seu coñecemento e percepción do mundo que os/as rodea. Trataremos de fomentar o uso da nova lingua en contextos reais, valorándoa como un instrumento útil na exploración e descubrimento da contorna.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación inclúe entre un dos seus principios básicos o de proporcionar a calidade da educación para todo o alumnado, independentemente das súas condicións e circunstancias e a equidade que garanta a igualdade de oportunidades. Entre outros son obxectivos a acadar na educación infantil : 1. Que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades individuais e sociais; intelectuais, culturais e emocionais para o que necesitan recibir unha educación adaptada ás súas necesidades. 2. Unha igualdade efectiva de oportunidades, ofrecendo os recursos necesarios ao alumnado que o requira . 3. Lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, conciliando a calidade da educación coa equidade. Neste contexto da nova lei , concíbese a atención á diversidade como o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses, situacións sociais e culturais de todo o alumnado. En consecuencia, ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación algunha á hora de organizar a resposta educativa do alumnado. As naturais diferenzas individuais entre as persoas, así como as derivadas de discapacidade temporal ou permanente, sobredotación intelectual, situación social, xeográfica, económica, étnica, lingüística, cultural ou de saúde non poden ser un obstáculo para o desenvolvemento de todas as dimensións persoais do alumnado. , aspecto

que cobra especial relevancia coa

introdución das competencias básicas.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

65


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Entendese por medidas de atención á diversidade aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Neste curso 2015-2016 ,se incorporan na aula de educación infantil 3 anos, dous alumnos con necesidades educativas especiais, que xa foron valorados polo E.O.E. Partindo destas premisas, e tendo tamén en conta o dobre carácter da atención á diversidade : de actividade preventiva das dificultades e de resposta educativa ás mesmas, a actuación programada no noso centro é a seguinte : 9.1 MEDIDAS XERAIS De carácter preventivo - O mestre especialista de

audición e linguaxe

( coas directrices do departamento de

orientación ) envía ás familias trípticos con informacións referidas a bos hábitos , normas e recomendacións para estimular e favorecer a linguaxe oral. Este ano, desenvólvese nesta etapa uns obradoiros de estimulación da linguaxe co alumnado. -Cobra especial relevancia na atención ás necesidades específicas de apoio educativo o enfoque que damos

no noso centro ao plan de convivencia , xa que está baseado na

educación dos sentimentos e emocións , xa que confiamos plenamente en que a intelixencia emocional axuda a aceptarse a un mesmo o que conleva aceptar aos demais , coas súas peculiaridades e limitacións , o que tamén é unha medida preventiva xa que educar nos afectos garante frear calquera tipo de discriminación . - A biblioteca para FAMILIAS na que se facilitará o préstamo de títulos axeitados para orientar sobre sono , comidas , normas , hábitos no fogar..... De carácter compensador Co fin de dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións, estratexias, ritmos e estilos de aprendizaxe, e que son de aplicación común a todo o alumnado. a)

A acción titorial e a orientación incidindo no coñecemento do historial de cada

alumna e cada alumno así como no do seu entorno familiar e social para adecuar e orientar as accións educativas ás súas necesidades mellora levando a cabo entrevistas periódicas coa familia e nos casos que se precisa cos servizos sociais correspondentes.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

66


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL b)

A adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos,

espazos) e a organización e xestión da aula de acordo coas características do alumnado e as súas necesidades.,polo que se distribúen horas de apoio do mestre de audición e linguaxe , da especialista en pedagoxía terapeútica e da profesora de apoio á educación infantil tendo en conta as necesidades de cada aula . c)

A organización e tratamento do currículo de forma interrelacionada e

integradora, coa posta en marcha de metodoloxías que favorezan a atención individualizada do alumnado e a aplicación de estratexias cooperativas, como aparece explicado no apartado adicado á metodoloxía. d)

A adecuación de materiais curriculares ao contorno e ao alumnado. No noso

caso , elaborando a inmensa parte dos materiais pedindo ás familias algún

as propias titoras o material e

material editorial de apoio xa que se traballa con

materiais que se van adaptando aos progresos e necesidades de cada grupo-clase. e)

A planificación de estratexias de avaliación inicial, formativa e continua, tendo

en conta que os instrumentos estean asociados ás actividades realizadas no dia a dia nas aulas, que permitan verificar o grao de desenvolvemento das competencias básicas e que se adecúen ás características de cada neno e nena. f)

O traballo cooperativo do profesorado e a participación coordinada de todo o

equipo educativo., utilizando as sesións de avaliación dende a educación infantil para facer unha reflexión conxunta sobre as dificultades atopadas nas aulas , con todo o profesorado que acude a elas ( inglés , música ...)

e deseñando medidas para

mellorar a acción educativa ( replantexando distribucións de espazos e tempos , elaboración de materiais...) g)

Outras como, aprendizaxe por proxectos, titorización entre iguais que

favorezan e contribúan ao logro do obxectivo de atender á diversidade. ,xa dende a educación infantil , atopamos especialmente vantaxes neste xeito de traballo , xa que motiva moito @s rapaces e rapazas que axudan @s compañeir@s e contribúe á formación de sentementos de valoración e respeto ás diferenzas. H)

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria promove a formación

de todo o profesorado e doutros profesionais co fin de procurar unha resposta de calidade na intervención e atención educativa ofrecida ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo , neste senso as mestras de educación infantil solicitamos cursos para formarnos en competencias básicas , pantalla dixital ,soporte vital básico...

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

67


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL I)

A colaboración coas familias do alumnado facilitarase coa posta en marcha

da biblioteca de familias , e do servizo de orientación lectora ,

que propicien a

comunicación e formación en técnicas e procesos de axuda ao labor educativo coas fillas e fillos a través de charlas co departamento de orientación , facilitando información sobre actividades de ocio axeitadas .. axudándolles a que asuman a súa responsabilidade na formación dos seus fill@s. 9.2 MEDIDAS EXTRAORDINARIAS Considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes. Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización da dirección do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación. a) Adaptacións curriculares b) Agrupamentos flexibles. c) Apoio do profesorado especialista en PT e/ou AL d) Flexibilización da duración do período de escolarización e) Atención

educativa

ao

alumnado

que,por

circunstancias

diversas,

presenta

dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo. f)

Grupos de adquisición das linguas.

g) Grupos de adaptación da competencia curricular. Na etapa de educación infantil facemos agrupamentos flexibles para traballar

en

pequeno grupo coa colaboración da mestra de apoio. Por outra parte aténdese ao alumnado con dificultades da linguaxe en pequeno grupo e continúase co programa P.E.L.O (Programa de estimulación da linguaxe Oral)

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

68


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Na clase de infantil 3 anos , aínda se está facendo a avaliación inicial ( ó longo do curso iranse rexistrando as diferentes necesidades ). 9.3 REFORZO EDUCATIVO Na Orde do 6 de Outubro de 1995 regúlanse as adaptacións do currículo na nosa comunidade autónoma. Na devandita orde defínese o reforzo educativo coma unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta a elementos non prescritivos do currículo,quedando reflectidas no expediente académico do alumno como RE e cun comentario no Informe á familia. Este reforzo será con apoio dun mestre especialista en PT ou AL se así o aconsella o informe psicopedagóxico realizado polo Departamento de Orientación. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN As medidas terán un carácter revisable e estarán suxeitas a un proceso de avaliación continua, introducindo as modificacións que as necesidades existentes requiran.

Para as

actividades propostas será preciso avaliar conforme ós seguintes parámetros: 

Adecuación das actividades propostas.

Adecuación dos materiais aportados.

Adecuación da temporalización.

Os instrumentos que se empregarán para a avaliación do plan atenderán a criterios de variedade e flexibilidade; algúns deles relaciónanse a continuación: 

Observación.

Análise de tarefas utilizando as cinco linguaxes ( exp.oral e escrita

, dramática ,

plástica , musical , matemática ) 

Entrevistas cos pais e co resto do profesorado implicado.

A actuación das persoas titoras e do resto do equipo docente, do departamento de orientación e, se fose o caso, dos equipos de orientación específicos, será fundamental para acadar tales obxectivos e garantir a resposta axeitada ás características de cada alumn@. 9.4 INGLÉS: MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A intervención educativa debe contemplar como principio a diversidade do alumnado, entendendo que deste modo se garante o desenvolvemento de todos eles á vez que unha atención personalizada en función das necesidades de cada un.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

69


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Os mecanismos de reforzo deberán poñerse en práctica tan pronto como se detecten dificultades de aprendizaxe. Atenderemos a diversidade con distintas actividades de reforzo ou ampliación da forma que se describe na programación das distintas unidades para que os nenos participen con soltura e collan gusto pola lingua estranxeira. Lección de reforzo 

Practicar o vocabulario Pocket Poster, coas flashcards e coas miniflashcards.

Practicar as cancións do vocabulario.

Colorear unhas fotocopias con debuxos das flashcards…

A utilización das novas tecnoloxías ( CD-ROM, xogos, cancións…)

Lección de ampliación Ampliar o coñecemento que os nenos teñen do mundo a través do inglés e motivalos con materiais adicionais, para aqueles nen@s que rematan os traballos antes( worksheets, extra vocabulary, debuxos….)

10. CONCRECIÓN DO PLAN TIC

A escola non pode permanecer á marxe das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Os nenos e as nenas conviven desde o seu nacemento con todo tipo de equipos tecnolóxicos, ademais é un feito que viven con máis interese as actividades escolares e que manteñen mellor a atención se na aprendizaxe se empregan medios tecnolóxicos: prensa, televisión, cine, vídeo, DVD, fotografía, ordenador… Polo tanto, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e da comunicación presentes na vida infantil, requiren un tratamento educativo que inicie os nenos e as nenas na comprensión das mensaxes audiovisuais e na utilización axeitada, identificando o papel que estas novas tecnoloxías teñen nas súas vidas. Na etapa da Educación Infantil deberán iniciarse no uso de diversos instrumentos tecnolóxicos (ordenador, reprodutores de imaxe e son, DVD, encerado dixital...) e no coñecemento de diferentes producións audiovisuais, valorando progresivamente os seus contidos e tomando conciencia da necesidade de utilizalos moderadamente. Os máis pequenos asumen con naturalidade a presenza do ordenador no medio escolar. A propia aprendizaxe, para eles, é un xogo; e o ordenador, un recurso didáctico para aprender e xogar.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

70


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Non podemos esquecer que, actualmente, o manexo do ordenador é unha necesidade. A sociedade utilízao en todos os ámbitos. Se queremos preparar os alumnos e as alumnas para que sexan membros activos e integrados da sociedade, deben coñecer e saber utilizar esta tecnoloxía. Xa que logo, é importante empezar esta preparación desde os primeiros niveis educativos. A planificación do uso do ordenador e demais instrumentos tecnolóxicos deben estar pensadas como un recurso e ferramenta máis que dispoñemos como docentes, igual que un libro ou o encerado e, como tal, debe estar contemplado o seu uso. Trátase de incorporar estas ferramentas como recursos habituais na aula e empregalos como medios de expresión, comunicación e información, sen restrinxirse a usos mecánicos ou lúdicos. Propoñemos un conxunto de actividades, xogos, exercicios divertidos, atractivos, baseados no debuxo infantil, que incita os nenos e as nenas a resolver situacións de pequenos conflitos e doada resolución e cuxa realización resulta gratificante e motivadora. En definitiva, consiste en xogar e aprender utilizando o ordenador.

Obxectivos: 1. Utilizar o ordenador como reforzo do desenvolvemento de habilidades visomotoras, óculo-manuais, actividades non discriminatorias e iniciación ao trazo da grafía. 2. Potenciar a atención, concentración, orientación espacial e temporal e a memoria visual. 3. Traballar de forma sinxela con algúns programas: Soffware de editoriais … 4. Aprender, aclarar ou reforzar un contido de aprendizaxe. Actividades: 1. Familiarización cos elementos do equipo que o alumno/a vai manexar: rato, teclado, botón de encendido e apagado... 2. Funcionamento e normas básicas do manexo. 3. Aplicación de programas educativos específicos. 4. Visita de algunhas páxinas web de interese. 5. Interese e actitude positiva cara o traballo co ordenador. Metodoloxía: Lugar de emprego do ordenador: 

Recuncho do ordenador, aula de informática, biblioteca e outros.

Organización dos alumnos/as:

Todos á vez, en dous grupos, rotativamente (recunchos), Individualmente, por parellas…, etc…

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

71


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Nivel de iniciativa do alumno/a: 

Utilización dirixida ou libre.

Momento de utilización: 

Na hora dos recunchos, cando se traballa nunha área concreta, en horas de reforzo, en horario de xogo, na hora de informática.

Os contidos propios da Educación Infantil que a través destas novas habilidades e destrezas se van poder desenvolver, serán: 3 anos: - Movemento co rato, sinalar co rato, facer clic co rato, facer clic e arrastrar. - Cores. - Algúns conceptos espaciais. - Desenvolvemento da memoria, da atención, da observación, de hábitos de orde. - Sons e instrumentos musicais. - Números 1, 2 e 3 e os conceptos correspondentes a estas cantidades. - Cuantificadores e nocións básicas de medida. - Asociación de parellas. - Series de cores, figuras, números… - Descubrimento

do

medio:

estacións,

paisaxes,

animais,

tendas,

medios

de

transporte… - Figuras: círculo, cadrado e triángulo. - Tamaño grande-pequeno 4 anos: - Grafomotricidade a través do trazo e da direccionalidade. - A casa. - Cores. - As estacións. - Algunhas nocións espaciais. - Desenvolvemento da observación, da memoria, da atención, de hábitos de orde. - Discriminación sensorial. - Os animais e os seus hábitats. - Series de razoamento lóxico. - Serie numérica: do 1 ao 6 e os seus correspondentes conceptos de cantidade. - Algúns cuantificadores e nocións básicas de medida.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

72


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL - Iniciación á lectoescritura a través de xogos. Vogais. - Figuras: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo e rombo. - Sons e instrumentos musicais. 5 anos: - Parellas agochadas. - Cores. - Desenvolvemento da observación, da memoria, da atención, de hábitos de orde. - Algúns conceptos espaciais. - Diferentes tipos de paisaxes. - Educación musical. - Coidado da natureza. - Representación numérica aprendendo a través das actividades de aprendizaxe dos números do 1 ao 9 e o 0 e a súa asociación coas cantidades correspondentes. - Algúns cuantificadores e nocións básicas de medida. Series. - Algunhas propiedades dos obxectos. - Medios de transporte. - Composición de quebracabezas. - Instrumentos musicais. - Sumas e restas. - Iniciación á lectoescritura: asociación de imaxes e palabras. - Formas xeométricas: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo, rombo, óvalo, esfera e cubo. 10.1 NIVEIS COMPETENCIAIS EN HABILIDADES INFORMÁTICAS Educación Infantil. 

Forma correcta e cómoda de usar o rato, control do seu movemento, diferenzas entre as accións de pulsar o botón dereito ou esquerdo, picado e arrastre do punteiro, e dobre clic para executar programas.

No teclado, uso das catro teclas do cursor para moverse dentro dos programas, e uso doutras teclas fundamentais como a de "Intro", "Retroceso" ou "Barra espazadora" para executar certas accións dentro dos programas.

Acender e apagar os equipos (CPU, monitor e altofalantes) correctamente.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

73


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 10.2

INGLÉS. CONCRECIÓN DO PLAN TIC

Tratamento

da

información

e

competencia

dixital,

que

traballaremos

introducindo ao alumnado na utilización do ordenador e do encerado dixital interactivo con actividades motivadoras e axeitadas ao seu nivel. 

Multi ROM:

xogos novos

para practicar o vocabulario clave, os conceptos e os

contos. 

CD de Materiais Fotocopiables.

DVD.

11. CONCRECIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA

No marco do Plan de Convivencia do noso centro , sinalado pola Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa , pola que se regulan as normas básicas de convivencia ,

está contemplada a importancia de implicar

ás familias e ao

resto da comunidade educativa nas aprendizaxes relativas á convivencia e en educar ao alumnado en educación emocional e ,

loxicamente ,

as bases destas aprendizaxes

adquírense na etapa infantil. Baseándonos nas características do proxecto curricular en Educación Infantil e tendo en conta as tres áreas globalizadas, traballamos cos /as nenos e nenas a autonomía , o coñecemento das propias posibilidades e limitacións para coñecerse mellor , aceptarse , quererse …..para posteriormente poder valorar e respectar aos demais coas súas peculiaridades ;

respectar ao entorno e á riqueza que nos aporta e

ser conscientes da

importancia do uso da linguaxe coma a mellor ferramenta para a resolución de conflitos. Recoñecer os beneficios que nos aporta a vida en sociedade , a valoración de todas as persoas do noso entorno e a importancia que teñen na nosa vida é o principal obxectivo do Plan de Convivencia ; baseándonos en que é imprescindible educar nos afectos para frear a violencia . Na etapa infantil concretamos o Plan deste xeito :

-

Adaptando obxectivos e contidos ás características individuais e do grupo.

-

Destacando a importancia dos contidos actitudinais ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

74


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -

Tendo presente que para ser competente é necesario traballar especialmente as habilidades sociais e o trato cos demais.

-

Adaptando a metodoloxía para traballar de xeito tanto individual coma en pequeno e gran grupo para interaCtuar e coñecerse mellor uns a outros.

-

Traballando de xeito interdisciplinar e tendo isto en conta no resto de plans do centro , por exemplo :

nas mochilas viaxeiras aparecen libros con contidos

axeitados a estes obxectivos ( ― O segredo de Flora ― , ― Catarina o oso e Pedro ―…) , adquírense títulos para a biblioteca de centro ― con dúas miradas ― ….

-

Utilizando ás familias coma recurso e axudándolles a estas a familiarizarse con verbas coma autoestima , asertividade , xenerosidade….e informando sobre a súa corresponsabilidade no mantemento da convivencia do centro.

-

Levando a cabo nas aulas as actividades contempladas no plan de traballo de Intelixencia Emocional .

-

Sendo especialmente coidadosos coa integración do alumnado con

necesidades

específicas de apoio educativo , xa que unha visión de pluralidade e respecto cara aos demais será unha garantía para a boa posta en marcha do Plan de Convivencia. Durante

o

curso

2014/2015

utilizáronse

distintos

recursos

para

traballar

sentimentos e emocións co obxectivo de mellorar nos / as nenos /as o autocoñecemento , autonomía, autoestima , comunicación , habilidades sociais, escoita , solución de conflitos, pensamento positivo , asertividade (isto último especialmente en infantil 5 anos ) e tamén se dinamizaron dende o centro e a través do Departamento de Orientación charlas para familias con grande aceptación. Todas estas actividades terán continuidade neste curso 2015/2016. Tendo en conta os cambios que se producen actualmente na nosa sociedade referidos aos distintos tipos de familias , quedando patente esta situación nas nosas aulas, decidimos que non celebraremos a festividade do día do pai e da nai cos alumnos de educación Infantil.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

75


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 12. RECURSOS DIDÁCTICOS

O equipo de E.I destaca os seguintes recursos e materiais para

o

seu ciclo

axeitándoos a cada nivel do segundo ciclo de dita etapa: O recurso das familias : levamos varios anos integrando ás familias nas dinámicas diarias de aula con magníficos resultados. Non estamos a falar de visitas esporádicas en acontecementos extraordinarios coma pode ser o nacemento dun irmán , as visitas dos avós para contar os contos….senón que estamos a levar a cabo un traballo programado , secuenciado , referido ás aprendizaxes dos nosos PDI no que a colaboración das familias está sendo moi relevante na consecución dos obxectivos. A implicación por parte das familias é moi alta , os recursos materiais e persoais que aportan ao centro sorpréndennos pola súa calidade e a vivencia dos nenos , nenas e familiares con esta experiencia resulta moi positiva. A biblioteca do centro : este é o terceiro ano que a biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa dun xeito máis significativo. O servizo de préstamo de tarde , a biblioteca de familias , o recuncho de lectura da entrada para familias , os obradoiros de animación lectora …son recursos cada vez máis demandados. A nosa incorporación no curso 2011/2012 ao PLAMBE , mellorou significativamente os recursos en fondos bibliográficos , materiais audiovisuais, etc… da nosa biblioteca ,o que ten importante repercusión na calidade do préstamo semanal de libros que se leva a cabo dende as aulas de Educación Infantil. Os

espazos: todos os espazos,tanto interiores coma exteriores, da escola infantil

deben considerarse potencialmente educativos. Os espazos educativos os consideramos como escenarios de acción-interaccióncomunicación entre os nenos e as nenas, as súas familias e os profesionais. A súa organización debe orientarse, consecuentemente, cara á satisfacción das necesidades e atender os intereses das persoas que nel conviven: de movemento, afecto, xogo, exploración, comunicación, relación, descanso, etc., nos nenos e nas nenas ou de relación, aprendizaxe compartida, comunicación, etc., no caso das persoas adultas. Ten que terse en conta que non todas se poden satisfacer na aula, senón que se deben utilizar os distintos espazos cos que se conta (entrada, patios, corredores, aulas, cuartos de baño...) de maneira que se complementen as súas funcións. Os espazos non só están definidos

polas

dependencias

arquitectónicas,

senón

tamén

pola

distribución

do

mobiliario, materiais e obxectos, xa que, en función da súa distribución, poden xerarse espazos que favorezan determinadas accións, actitudes e movementos, ao tempo que os nenos poden ir construíndo unha imaxe ordenada do mundo que os rodea.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

76


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Ao longo da etapa de Educación Infantil os nenos e as nenas viven o tránsito desde a dependencia cara a condutas e emocións máis autónomas. Especial importancia ten o espazo exterior, que debe ir adquirindo na escola un crecente protagonismo polo seu potencial educativo. Convértese así nun escenario privilexiado de crecemento e aprendizaxe para nenos e nenas e de observación para os seus educadores. É importante que os espazos na escola infantil sexan harmónicos e que, no seu deseño e decoración, se coide especialmente a estética incorporando formas, cores e elementos do medio natural. A variedade de actividades educativas que deben realizarse cos nenos e coas nenas aconsella que a distribución que se faga dos espazos, mobiliarios, materiais... garanta unha oferta diversificada e flexible, tanto no que atinxe aos agrupamentos nas aulas —actividade individual, de pequeno grupo, de gran grupo—, coma no referido aos tipos de actividade. Así a aula debe organizarse en zonas ou espazos diferenciados de actividade ou recunchos: para o encontro grupal, de biblioteca e lectura, de xogo simbólico, de natureza, de construcións, de ordenador, de expresión plástica ou de actividades tranquilas. Iso contribuirá ao desenvolvemento da autonomía infantil, xa que ao existir diferentes posibilidades poderán elixir a que máis se adecúa aos seus intereses e desexos.

O ambiente: debe contribuír a este proceso transmitindo tanto seguridade física e emocional coma estímulos para medrar. É importante considerar o neno desde que nace como un ser activo, con capacidade de acción e interacción. A seguridade que a escola debe ofrecer está relacionada coa necesaria articulación entre a vida grupal que se xera na escola e o respecto a cada neno e nena, como suxeitos únicos e individuais cheos de potencialidades, onde as diferenzas e as peculiaridades propias deben de ser recoñecidas. É importante que os nenos e as nenas poidan sentir que a identidade propia, a de cada un ou cada unha, está presente dentro da situación colectiva. Nós como profesionais debemos romper o anonimato personalizando os espazos tanto colectivos coma individuais con referencias próximas e vinculadas ao seu mundo cotián e familiar. Tamén, os espazos compartidos como corredores, entradas, ou a propia aula, deben recoller os procesos de traballo que nenos e nenas están vivindo, a través de producións realizadas, imaxes… . Materiais :a selección de materiais que ofrece a escola debe ser outra decisión planificada. Consideramos materiais educativos aqueles elementos e obxectos de calquera orde cos cales os nenos e as nenas interactúan e xeran aprendizaxes. Non ten sentido, polo tanto, a diferenciación entre material de xogo e material educativo. O material convértese, pois, nun importante instrumento para a acción e para o establecemento de relacións

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

77


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL orientado cara á construción e reorganización do coñecemento, tanto do mundo físico coma do emocional e social. Para a selección e uso dos materiais educativos e equipamento temos

en conta

diferentes criterios : apoiar a actividade infantil promovendo a investigación, indagación, exploración, etc., evitando suplir a actividade de nenos e nenas,

ser polivalentes

permitindo realizar diferentes accións, usos e experiencias, en función dos diferentes intereses de quen os utilice e adecuarse aos diferentes ritmos dos membros do grupo , ser variados, orientados ao desenvolvemento de todos os planos que integran a personalidade infantil: motor, sensorial, cognitivo, lingüístico, afectivo e social. Ser tamén, na medida do posible elementos da vida cotiá da comunidade, útiles, ferramentas..., e ser utilizados baixo supervisión de persoas adulta. Os distintos materiais que utilizamos diariamente na nosa labor educativa son: -Contos en distintos formatos , procurando que sexan das tres linguas que utilizamos no centro . - Pictogramas -Ordenador e cañon -Murais -Materiais de decoración da aula ( cumpreanos,calendario,árbore de estacións…) -Semáforo -Monicreques -CDS de cancións,música,contos…. -CDS de xogos dixitais interactivos. -Materiais plásticos (pegamentos,ceras, papeis de cores,algodóns….) -Materiais de psicomotricidade (pelotas ,aros,cordas…) -Materiais para rincóns ( quebacabezas (3 anos pezas únicas

de encaixar,4 poucas

pezas de unión unhas con outras e 5 maior nº de pezas),coches,bonecas…) -Material de lecto-escritura maís ben para cinco anos. -Libros do alumno/a -TV e DVD - Películas -Contacontos -Material de aseo -Material para medir,pesar (cinta métrica, pesa,vaso de medida para líquidos…)

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

78


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL -Materiais de refugallo…. Convén lembrar o noso papel compensador ofrecendolles oportunidades para a experimentación con recursos como as tecnoloxías da información e comunicación (ordenador, cámara dixital, etc.), libros e material impreso (especial consideración merece a estas idades a literatura infantil); e outros materiais e recursos expresivos como pinturas, arxila, láminas e libros de arte, mapas e lupas dos que xa falamos antes. O uso destes materiais en situacións educativas planificadas como a lectura conxunta de contos ( HORA DE LER ), a realización de obras plásticas libres ou de obras recoñecidas, etc., a busca de información en libros ou con axuda do ordenador (recursos multimedia e internet), o acompañamento en actividades de exploración e experimentación con obxectos e materiais, aproximarán a estes nenos e nenas a estes medios axudándolles a encontrar significados. A organización e disposición dos materiais na escola facilita a autonomía e independencia dos nenos e das nenas intentando minimizar a dependencia da persoa adulta. As tres aulas están organizadas de xeito que os materiais están en lugares accesibles de maneira que son vistos , utilizados e colocados de novo no seu sitio polos pequenos de forma autónoma e creando hábitos de orde. Nós como mestres deste ciclo contamos tamén con materiais que apoian a nosa tarefa:bibliográficos, audiovisuais, informativos,de deseño propio etc. que nos axudarán a desenvolver o currículo axustándose ao contexto e ás necesidades. A sociedade actualmente depende en gran medida das novas tecnoloxías informáticas; por eso as integramos nas nosas ensinanzas desde idades moi temperás. O ordenador é un medio que enriquece o contexto de aprendizaxe dos nenos e das nenas, xa que fai que o proceso de ensinanza sexa máis motivador. Así mesmo, posibilita a aprendizaxe por descubrimento, favorece o traballo en grupo, o desenvolvemento da curiosidade e, ademais, a realidade virtual que proporciona o ordenador potencia a capacidade de abstracción.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

79


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 12.1. INGLÉS: RECURSOS DIDÁCTICOS Recursos materiais dispoñibles no centro

Vídeo e TV

Radiocasete/ reprodutor CD

Cámara de vídeo

Ordenadores

PDI (Pizarra Dixital Interactiva)

RECURSOS DA AULA DE INGLÉS

Pupil 's Book and Teacher 's Notes ( libro del profesor e de rexistro)

Debuxos acuñados. Son debuxos que se manteñen erectos, marionetas de dedo, debuxos con solapas que se dobran, etc. proporcionan unha actividade extra relacionada co conto e algúns utilízanse tamén para repasar a linguaxe activa mentres os nenos cantan as cancións

Adhesivos, Posters… Para reforzar o vocabulario principal.

Multi ROM

Conxunto de Marionetas. Saudar os nenos, manter a súa atención durante o transcurso das clases, e presentar e repasar o vocabulario facendo xogos e actividades. Audio CDs

Flashcards e Big books

CD de Materiais Fotocopiables

DVD. Hai un DVD por nivel con historias de animación, sketches e cancións, así como worksheets fotocopiables.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

80


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL 13. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

A metavaliación é un recurso fundamental a través do cal conseguimos eliminar e modificar accións que non nos levaran a acadar os obxectivos propostos. É unha revisión do traballo, a tódolos niveis, que nos axuda a mellorar de cara o vindeiro curso académico ou proxecto. No noso centro levamos a cabo dita metavaliación a través da información recollida nesta táboa:

INDICADORES

VALORACIÓN

OBSERVACIÓNS E PROPOSTAS DE MELLORA

1. MOTIVACIÓN INICIAL Motivación inicial dos alumnos Presento e propoño un plan de traballo, explicando a súa finalidade, antes de cada proxecto. Plantexo situacións introdutorias previas ao tema que se vai traballar. Motivación ao longo de todo o proceso Manteño a interese do alumnado partindo das súas experiencias, cunha linguaxe clara e precisa. Comunico a finalidade das aprendizaxes, a súa finalidade, importancia, … Dou información dos procesos conseguidos así coma das dificultades atopadas. 2. ORGANIZACIÓN DO MOMENTO DE ENSINANZA Presentación dos contidos Relaciono os contidos e as actividades cos coñecementos e intereses previas do alumnado. Estruturo e organizo os contidos dando unha visión xeral de cada proxecto. Facilito a adquisición de novos contidos, a través de explicacións bidireccionais, exemplificando,… Actividades na aula Plantexo actividades que aseguran a adquisición dos obxectivos previstos, así coma habilidades e técnicas instrumentais básicas. Propoño actividades variadas: introdutorias, motivadoras, de consolidación, de avaliación ou de atención á diversidade. Entre as actividades desenvolvidas existe un equilibrio entre as individuais, pequeno grupo e gran grupo. Recursos e organización da aula Distribúo o tempo axeitadamente. Adopto distintos agrupamentos

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

81


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL dependendo da tarefa a realizar e do momento. Emprego recursos didácticos variados: audiovisuais, informáticos, … no desenvolvemento da miña práctica docente. Emprego recursos do centro coma a Biblioteca, os espazos múltiples, a aula de música,… e organizo e emprego recursos externos ao centro (familias, museos,…). 3. ORIENTACIÓN DO TRABALLO DOS ALUMNOS Instrucións, aclaracións e orientación ás tarefas dos alumnos Comprobo, de diversos xeitos,se o alumnado entende a tarefa a realizar. Facilito estratexias de aprendizaxe: como solicitar axudar, dar ánimos, asegurarme a participación de todos,… Controlo frecuentemente o traballo do alumnado: explicacións adicionais, feedback,… Clima da aula As relacións que establezo co alumnado, e as que establecen entre eles son correctas, fluídas e non discriminatorias. Favorezo a creación de normas de convivencia, tendo en conta o Plan de Convivencia do Centro. Fomento o respecto e a colaboración entre o alumnado, aceptando suxerencias e aportacións. Proporciono situacións que facilitan ao alumnado o desenvolvemento da afectividade como parte da súa Ed. Integral. 4. SEGUIMENTO DO PROCESO DE APRENDIZAXE Seguimento e control do proceso de ensinanza-aprendizaxe Reviso e corrixo os contidos, actividades, adecuación dos tempos, agrupamentos e recursos empregados. Oriento ao alumnado sobre o desenvolvemento das súas tarefas, e como pode melloralas. No caso de obxectivos insuficientemente alcanzados, propoño novas actividades. Diversidade Teño en conta o nivel de habilidades do alumnado, os ritmos de aprendizaxe, … adaptando o proceso de ensinanzaaprendizaxe. Coordínome cos demais compañeiros de claustro, así coma co Departamento de Orientación e o de Ciclo para facer as adaptación e modificacións necesarias. Aspectos metodolóxicos

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

82


PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL O profesorado ten en conta os principios da aprendizaxe significativa. O profesorado emprega estímulos variados e actividades de motivación A metodoloxía didáctica axústase á prevista na programación didáctica O profesorado emprega gran variedade de estratexias metodolóxicas Avaliación O profesorado fai sempre unha avaliación inicial Hai coherencia entre os instrumentos de avaliación e as competencias básicas. O profesorado modifica a práctica docente en función dos resultados. Outros aspectos a destacar Realízanse as actividades previstas na PD en relación co Plan Lector. A programación de actividades e tarefas é coherente coa programación didáctica. O alumnado emprega as TIC na aula.

=========================================== EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

83


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.