RELIXIÓN CATÓLICA
PROGRAMACIÓN DE AULA CURSO 2018/2019 PROFESORA: Maria Josefa Lede Cancelo
.
CURSO 2011/2012
CEIP ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO
ÍNDICE PÁXINA
EDUCACIÓN INFANTIL 1
INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
3
2
OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
4
3
METODOLOXÍA
11
4
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
12
5
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
13
6
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
13
7
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
14
8
CONCRECIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA
14
9
CONCRECIÓN DO PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
15
EDUCACIÓN PRIMARIA 10
INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
15
11
OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DA AVALIACIÓN
17
12
CONTRIBUCIÓN DA RELIXIÓN CATÓLICA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
25
13
TEMPORALIZACIÓN
26
14
METODOLOXÍA
26
15
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
26
16
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
27
17
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
27
18
CONCRECIÓN DO PLAN LECTOR E DO PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
28
19
TEMPO MÍNIMO DIARIO PARA A LECTURA
28
2
EDUCACIÓN INFANTIL
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:
A programación da área de Relixión e Moral Católica para Educación Infantil considera a achega da Relixión Católica aos obxectivos, aos contidos, ás actividades de aprendizaxe, ás actividades complementarias, ás actividades de atención á diversidade e á avaliación de cada curso. A programación ten un carácter aberto e flexible para poder resolver os problemas que aparezan en calquera momento na aula. Trátase de contribuír ao desenvolvemento integral do alumno/a á adquisición das competencias básicas, a desenvolver un axeitado grao de madurez e a motivar a súa socialización, intentando que os alumnos/as realicen aprendizaxes funcionais e significativas, sen esquecerse da atención á diversidade propia de cada alumno/a. O C.E.I.P. “Alfonso D. Rodríguez Castelao” de titularidade pública, está situado na parroquia de Navia. Navia é unha das parroquias pertencentes ao municipio de Vigo. Está situada á beira do mar, na zona oeste da cidade e fronte á ría do mesmo nome. Ten unha extensión aproximada de 200 Ha e, como todas as parroquias da periferia viguesa, presenta estruturas semirurais combinadas e influenciadas pola gran urbe da que forma parte. O centro, de recente construción, ubícase en “Pedra Seixa” , nunha zona rural na que se está a desenvolver un proxecto de urbanización que xa está cambiando tanto o espaza físico como o carácter do lugar, xa que de ser unha zona semirural pasará a verse integrada totalmente na cidade. Deste desenvolvemento urbanístico estase a beneficiar directamente o centro, xa que nos derradeiros cursos obsérvase un aumento considerable da matrícula.
3
A maioría dos alumnos do noso centro pertencen a familias de clase media que teñen un bo concepto do colexio e colaboran abertamente co mesmo, tanto no que atinxe directamente á educación dos seus fillos, coma no desenvolvemento de actividades complementarias organizadas polo centro. Contamos con alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. 2. OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN Obxectivos Ao finalizar a educación infantil preténdese que o/a neno/a sexa capaz de: 1.Descubrir e coñecer o propio corpo, regalo de Deus, promovendo a confianza e o desenvolvemento das súas posibilidades persoais. 2.Observar as manifestacións do entorno familiar, social e natural que expresan a vivencia da fe católica para sentirse membro da comunidade relixiosa á que pertence. 3.Observar e describir elementos e relatos relixiosos cristiáns que permitan ao neno desenvolver os valores e actitudes básicas de respecto, confianza, alegría e admiración. 4.Expresar e celebrar as tradicións, festas e aniversarios máis importantes, exercitando as primeiras habilidades motrices, para relacionarse cos demais e para acceder á oración, os cantos de loanza e o sentido das festas relixiosas. 5.Favorecer a realización de actividades que promoven a participación, a cooperación e xenerosidade como medio de expresar o amor de Deus e a fraternidade. 6.Descubrir que os cristiáns chaman Pai a Deus Creador de todas as cousas, e saben que están con todos nós, quérenos e perdoa sempre. 7.Coñecer que Xesús naceu en Belén e é amigo de todos e nos quere, morreu por todos nós e resucitou para estar con nós.
4
8.Descubrir que a Virxe María é a Nai de Xesús e tamén Nai de todos os cristiáns, que forman unha gran familia. 9.Respectar as persoas e cousas do seu entorno, coidalas e preocuparse delas, como Xesús fixo e nos ensinou a facer. Contidos 3 anos (temporalizados por avaliacións) 1ª Avaliación 1.- A ledicia por asistir á escola 2.- Os alimentos como medio que Deus pon ao noso alcance para conservar a saúde. 3.- Comportamento cristián cos amigos e compañeiros. 4.- O noso corpo, regalo de Deus. 5.- A oración, diálogo con Deus. 6.- O Nacemento de Xesús e a adoración dos pastores e Reis Magos. 7.- Manifestación do amor cristián en xestos concretos como saudar. . 8.- Observación e discriminación dos distintos alimentos que se toman segundo a idade.. 9.- Reflexión dialogada sobre feitos da vida diaria: conflitos, enfados, etc. 10.- Manifestacións do amor cristián. 11.- Comprensión de textos importantes referidos a Xesús. Expresión corporal para orar. 12.- Realización de actividades plásticas y musicais. Dramatizacións. 13.- Respecto e ledicia cara ós demais. 14.- Agradecemento para as persoas que os coidan. 15.- Compañeirismo e reconciliación en situacións conflitivas. 16.- Valoración do feito de querer e ser querido polos demais. 17.- Interese por escoitar as historias que narra a Biblia. 18.- Ledicia polo nacemento de Xesús. 2ª Avaliación 1.- Os regalos compartidos. 2.- Medios que Deus ofrece para recupera-la saúde. 3.- Deus, o Creador de tódalas cousas.4.- O mundo, regalo de Deus que debemos coidar.
5
5.- A reconciliación. 6.- A festa cristiá da Pascua. 7.- Comprensión lectora do texto motivador da Unidade (conto). 8.- Realización dalgún xogo simbólico no que os nenos e nenas realizan diferentes roles. 9.- Elaboración de distintos traballos plásticos relativos a Creación de Deus. 10.- Observación e identificación de elementos da natureza. 11.- Diálogo sobre as accións que nos axudan a ser bos amigos. 12.- Elaboración de distintos traballos plásticos para a identificación dos elementos relacionados coa festa da Pascua. 13.- Gratitude polos regalos recibidos e xenerosidade para compartilos. 14.- Agradecemento cara as persoas que nos queren e nos coidan. 15.- Agradecemento a Deus polo regalo da natureza. 16.- Coidado, respecto e compromiso cara o entorno. 17.- Alegría por convivir e crecer xunto a outros nenos e nenas. 18.- Interese por descubri-la Festa da Pascua. 3ª Avaliación 1.- A familia e a Igrexa. 2.- La primavera, regalo de Deus. 3.- O domingo, día de encontro dos amigos de Xesús na igrexa. 4.- A Anunciación da Virxe María e o nacemento e infancia de Xesús. 5.- O comportamento cos amigos, compañeiros da escola e coas persoas do seu entorno. 6.- As actividades diarias como medio para relacionarse cos demais. 7.- Expresión corporal dunha oración. 8.- Coidar dalgunha planta que se poida traer para a clase. 9.- Diálogo sobre a importancia de pertencer a unha familia onde todos comparten. 10.- Dramatización da escena evanxélica da Anunciación. 11.- Realización dalgunha actividade concreta de axuda ás persoas do seu entorno. 12.- Organización dunha merenda de fin de curso na que cada un comparte o que trouxo cos seus compañeiros.
6
13.- Silencio e respecto cando se entra a unha igrexa. 14.- Participación e cooperación para manter fermoso o regalo da Creación. 15.- Alegría e satisfacción por pertencer a gran familia dos fillos de Deus. 16.- Interese por descubrir a María como Nai de Xesús e de tódolos cristiáns. 17.- Respecto e axuda polas persoas, necesitadas ou non, do seu entorno. 18.- Afecto cara ós mestres e compañeiros. Contidos 4 anos (temporalizados por avaliacións) 1ª Avaliación 1.- O corpo humano, obra de Deus. 2.- O xogo, como medio para construír a relación cos demais. 3.- A familia, lugar de descubrimento e aprendizaxe. 4.- O calendario litúrxico: a Advento. 5.- A Biblia, o libro santo dos cristiáns 6.- O nacemento de Xesús e a adoración dos Reis Magos. 7.- Manifestación do amor cristián en xestos concretos como axudarse e agradecer as atencións das outras persoas. 8.- Iniciación á conciencia moral comparando accións positivas e negativas. 9.- Manifestación do amor cristián en compartir sentimentos e experiencias na súa propia familia. 10.- Comprensión de textos importantes referidos a Xesús. 11.- Elaboración dun calendario de Advento. 12.- Ambientación navideña da aula e confección dun sinxelo Belén dentro da aula. 13.- Gratitude a Deus pola vida e a posibilidade de moverse, saltar, xogar... 14.- Disfrute nas relacións de amizade. 15.- Respecto cara ás persoas do seu entorno. 16.- Interese e ledicia por participar nas tradicións cristiáns. 17.- Atención e respecto cando escoita as narracións contidas na Biblia. 18.- Xenerosidade como medio de expresar o amor de Deus. 2ª Avaliación 1.- Os regalos, medio de aprender a compartir. 2.- Medios que Deus nos ofrece para recupera-la saúde. 3.- O corpo humano, regalo de Deus Creador.
7
4.- A natureza, regalo de Deus que debemos coidar. 5.- O Mandamento novo do amor. 6.- Pasaxes da vida de Xesús. A festa cristián da Pascua. 7.- Elaboración de traballos plásticos relacionados co compartir. 8.- Conversación sobre las atencións que las persoas de noso entorno teñen con nós cando estamos enfermos. 9.- Expresión corporal dunha oración de gratitude a Deus polo regalo da natureza. 10.- Imitación de xestos de coidado de animais e plantas. 11.- Audición dalgúns relatos sobre os milagres que realizou Xesús. 12.- Identificación de diferentes obxectos del entorno. 13.- Gratitude polos regalos recibidos. 14.- Respecto e atención cara ás persoas que nos coidan. 15.- Amor a Deus, noso Pai e Creador. 16.- Coidado, respecto e compromiso cara o entorno. 17.- Amizade con Xesús, o mellor de tódolos amigos. 18.- Interese por coñecer e participar nas festas cristiáns: a Pascua. 3ª Avaliación 1.- A familia. 2.- A igrexa. 3.- A Virxe María. 4.- Imaxes e edificios relixiosos próximos ó neno. 5.- O comportamento cos amigos, compañeiros da escola e persoas do entorno. 6.- A despedida do fin do curso. 7.- Elaboración de traballos plásticos que representen ós membros da súa familia. 8.- Observación e identificación dos principais elementos dunha igrexa. 9.- Preparación dentro da aula do “recuncho de María”, coincidindo co mes de Maio. 10.- Recitación dunha oración, mediante a expresión corporal. 11.- Observación de imaxes sobre xestos de amor e amizade entre amigos.
8
12.- Organización dunha merenda de fin de curso na que cada un comparte cos seus compañeiros o que trae. 13.- Ledicia e gratitude por vivir e aprender no seno familiar. 14.- Interese por coñecer e descubrir o lugar onde se reúnen os amigos de Xesús. 15.- Curiosidade por coñecer datos sobre a vida da Virxe María. 16.- Ledicia por expresar verbal e corporalmente unha oración a Virxe. 18.- Agradecemento a Xesús por ensinarnos coa súa palabra e co seu exemplo a perdoar. 19.- Gratitude cara o profesorado que os axudou a ir madurando e formándose.
Contidos 5 anos (temporalizados por avaliacións) 1ª Avaliación 1.- Medios que Deus nos ofrece para conserva-la saúde, regalo de Deus. 2.- Manifestación do amor cristián en xestos concretos: compartir... 3.- O perdón e a axuda ós compañeiros. 4.- O diálogo con Deus: a oración do cristián. 5.- A Anunciación. 6.- O nacemento de Xesús e a Adoración dos Reis Magos. 7.- Promoción da confianza e desenrolo das súas posibilidades persoais. 8.- Identificación nominal das persoas que nos queren e coidan de nós. 9.- Resolución de conflitos mediante o diálogo. 10.- Expresión corporal dunha oración cristiá coma o Nosopai. 11.- Comprensión do relato bíblico da Anunciación. 12.- Participación nalgunha manifestación relixiosa do entorno familiar. 13.- Mostrar interese polo propio corpo. 14.- Valoración e agradecemento polo amor e as ensinanzas dos nosos maiores. 15.- Disposición para perdoar e para pedir perdón. 16.- Respecto, recollemento e atención no momento de face-la oración. 17.- Interese por aprender e escoita-lo relato bíblico. 18.- Curiosidade por descubrir como celebran os cristiáns a festa de Nadal.
9
2ª Avaliación 1.- Os regalos, uso social e cristián dos mesmos. 2.- A natureza, regalo de Deus, para coidar e usar. 3.- O amor e a salvación de Deus. 4.- O Mandamento novo de Xesús. 5.- Principais festas cristiás: domingo de Ramos. 6.- Principais tradicións cristiás: a Pascua. 7.- Elaboración de traballos plásticos para identificar accións ou personaxes que comparten. 8.- Observación e identificación de elementos da natureza. 9.- Comprensión lectora del relato bíblico. 10.- Conversación sobre a Palabra de Deus que quere que amemos e axudemos a tódalas persoas. 11.- Elaboración de traballos plásticos para identificar os distintos elementos do domingo de Ramos. 12.- Expresión corporal e musical dalgún cántico pascual: o aleluia. 13.- Comparti-los bens. 14.- Colaboración no uso e coidado da natureza. 15.- Respecto e coidado coas persoas do seu entorno. 16.- Amor e preocupación polas persoas máis necesitadas. 17.- Curiosidade e interese por coñece-las principais tradicións cristiáns. 18.- Ledicia e admiración pola salvación que nos trouxo Xesús resucitado. 3ª Avaliación 1.- A vida familiar e as relacións cos demais. 2.- O domingo, festa do Señor resucitado. 3.- A Virxe María, Nai de Xesús e de tódolos cristiáns. 4.- O Bautismo. 5.- O amor cristián en xestos concretos. 6.- O fin de curso e a despedida. 7.- Diálogo sobre a importancia de pertencer a unha familia onde todos comparten. 8.- Elaboración de distintos traballos plásticos para a identificación de elementos relacionados coa igrexa e co domingo.
10
9.- Preparación na aula do “Recuncho de María”, coincidindo co mes de maio. 10.- Identificación sobre unha fotografía dos distintos elementos dun bautizo e conversación sobre eles. 11.- Realización dalgunha acción concreta para axudar a algunha persoa do seu entorno. 12.- Conversación sobre a importancia de respectar as normas dos xogos para poder divertirse mellor. 13.- Alegría e gratitude por pertencer a unha familia. 14.- Interese por descubri-la festa do domingo. 15.- Respecto polos obxectos que nos recordan a Xesús e a María. 16.- Agradecemento por poder bautizarnos e así ser fillos de Deus e membros da Igrexa. 17.- Alegría por experimentar o amor e a axuda das persoas que nos queren. 18.- Participación e cooperación na preparación da festa de fin de curso.
Criterios de avaliación Os criterios de avaliación na educación infantil pretenden ser para o profesor de relixión algúns indicadores na avaliación continua e observación dos nenos para poder reconducir a súa propia aprendizaxe. Coñecer ao neno e axudarlle no seu crecemento é o criterio esencial. Calquera avaliación que se pretenda nesta etapa deberá realizarse globalmente coas mutuas observacións e informacións dos restantes ámbitos da experiencia. 1.Saber observar os referentes relixiosos do seu entorno. 2.Saber o significado das palabras con sentido relixioso máis usuais no seu propio vocabulario. 3.Respectar os signos e símbolos relixiosos do seu entorno. 4.Familiarizarse cunha primeira síntesis de fe. 5.Adquirir o gusto polo ben obrar. 6.Aprecia os valores cristiáns que faciliten a convivencia.
11
3. METODOLOXÍA
- Integradora: que desenvolve tódalas potencialidades do educando (físicas, psíquicas, motrices, estéticas, relixiosas, eta). - Individualizada: que ten en conta as características persoais de cada alumno/a (capacidade intelectual, intereses, ritmo de traballo, eta.) - Creativa: que desenvolve a capacidade creativa e imaxinativa do educando. o seu talento artístico, eta. - Humanista –cristiá: que desenvolve os valores humanos e cristián escondidos no ser do discente. - Preventiva: baseada na Razón, na Relixión e no Amor ao estilo de San Xoán Bosco. - Activa: porque motiva ao alumno/a partindo sempre dos seus intereses. Estimula e anima ao alumno/a para que chegue a ser el o auténtico protagonista e responsable da súa formación. Fomenta o espírito lúdico coa fin de que o neno/a adquira un verdadeiro sentido social e moral, habituándose a respectar as leis dos xogos. - Construtivista: que parte sempre dos coñecementos previos, para a partir deles seguir construíndo e estruturando o seu pensamento e a súa personalidade.
4. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
- Humanos: a) Derivados da mesma personalidade do mestre (as súas dualidades persoais, os seus xestos, a súa palabra, o seu exemplo, etc.) b) O s procedentes dos propios alumnos/as que poñen en xogo tódolos seus recursos humanos tanto físicos coma espirituais. - Materiais: a) Escolar (Encerado,xices, etc.) b) Audiovisuais (casettes, vídeo, diapositivas, láminas, etc.) c) Libro de texto (fichas de traballo). d) A Biblia en versión infantil
12
5. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
De todos é sabido que os educandos non posúen todos as mesmas capacidades nin cualidades, e que polo tanto os mestres temos a obriga de coñecer ditas características e adaptar a nosa ensinanza á eses nenos e nenas concretos, coa fin de conseguir unha aprendizaxe eficaz. Estas son algunhas das estratexias a seguir: A) Realización de actividades de gran grupo que poidan realizar tódolos nenos e nenas da clase (copias, ditados, recitación de oracións, aprendizaxe de cantos, memorización de definicións, etc.) B) Traballo individual de tarefas adaptadas ao seu nivel de coñecementos, que para ós alumnos e alumnas máis avantaxados deben de ser de ampliación. E para os menos dotados actividades de reforzo.
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Baremación dos contidos e outras consideracións: - Respecta normas - Atención - Esforzo - Experiencia - Expresión oral - Comprensión lectora - Comprensión escrita - Expresión artística - Expresión corporal-musical Directrices do procedemento: a) Avaliación de capacidades, habilidades e destrezas expresadas nos obxectivos xerais de etapa e área. b) Avaliación individualizada centrada na evolución individual dos alumnos e alumnas para proporcionarlles información sobre o realizado e sobre o camiño que lles queda por recorrer segundo as súas características, posibilidades e situación de partida.
13
c) Avaliación continua ( inicial – formativa – sumativa). d) Avaliación orientadora non clasificadora para ós alumnos e para o profesor. Técnicas Instrumentos: A observación de condutas, integración, actitudes, procedementos, etc. Listas de control, escalas de cualificación, rexistros individuais, anecdotarios, diarios de clase, etc. A interrogación preguntando aquilo que desexamos coñecer. Cuestionarios, entrevista, sociometría, etc. O análise de tarefas ou das producións dos alumnos. Continuo. Rexistro de avances e dificultades. Presenza directa do profesor. Avaliación - Asistencia. Estímulo-Motivación. É a maior fonte de información. As probas “control” cun valor complementario ás técnicas anteriores. Orais; escritas; individuais; colectivas. Obxectivas; de ensaio ou resposta libre.
7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Complementarias: a) Proxeccións de vídeos, diapositivas, etc. b) Colocación de carteis, murais, etc. c) Ambientación de aulas e corredores con motivo do Nadal. d) Celebración do festival navideño, do Día da Paz. Extrescolares: a) Visitas de carácter cultural aos monumentos relixiosos situados no entorno do neno/a (mosteiro, capela, etc.), ou saídas culturais relacionadas coa nos tematica ou co proxecto do centro.
8. CONCRECIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA
Os obxectivos do plan de convivencia son os seguintes: a) Conseguir a integración de todo o alumnado sen discriminación por razón de raza, sexo, idade ou relixión. b) Cimentar as relacións persoais no respecto mutuo, a comprensión, a solidariedade e a interiorización das normas de convivencia.
14
c) Fomentar a implicación das familias. d) Mellorar as relacións entre todos os membros da Comunidade Educativa, implicándoos en todas as actividades encamiñadas a facilitar a convivencia no centro. e) Previr os conflitos dentro e entre os distintos sectores da comunidade educativa. f) Fomentar a existencia de actividades, espazos e tempos comúns para facilitar a convivencia entre o alumnado. g) Preverase unha atención específica ao alumnado que, por diversas causas, presente comportamentos que alteren a convivencia no centro e a de aqueloutros que padezan as súas consecuencias. Actividades: -
Celebración do Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
-
Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
9. CONCRECIÓN DO PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN PARA O CICLO
Empregaremos as tecnoloxías da información como soporte de diferentes actividades.
EDUCACIÓN PRIMARIA 10. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:
A programación da área de Relixión e Moral Católica para Educación Primaria considera a achega da Relixión Católica ás competencias básicas, e tamén os obxectivos, os contidos, as actividades de aprendizaxe, as actividades complementarias, as actividades de atención á diversidade e a avaliación de cada curso. Tamén contempla as ensinanzas transversais como contido, e concrétaas e organízaas en unidades didácticas. O proxecto de Relixión Católica contribúe ao traballo das competencias básicas que, segundo a Unión Europea, son unha combinación de destrezas,
15
coñecementos e actitudes que todas as persoas necesitan para a súa realización e desenvolvemento persoal, a fin de ser cidadáns activos e integrarse plenamente na sociedade.
Os ámbitos de competencias básicas identificados son os seguintes: — Competencia en comunicación lingüística. — Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. — Tratamento da información e competencia dixital. — Competencia social e cidadá. — Competencia cultural e artística. — Autonomía e iniciativa persoal. — Competencia para aprender a aprender.
A programación ten un carácter aberto e flexible para poder resolver os problemas que aparezan en calquera momento na aula. Trátase de contribuír ao desenvolvemento integral do alumno/a á adquisición das competencias básicas, a desenvolver un axeitado grao de madurez e a motivar a súa socialización, intentando que os alumnos/as realicen aprendizaxes funcionais e significativas, sen esquecerse da atención á diversidade propia de cada alumno/a. O C.E.I.P. “Alfonso D. Rodríguez Castelao” de titularidade pública, está situado na parroquia de Navia. Navia é unha das parroquias pertencentes ao municipio de Vigo. Está situada á beira do mar, na zona oeste da cidade e fronte á ría do mesmo nome. Ten unha extensión aproximada de 200 Ha e, como todas as parroquias da periferia viguesa, presenta estruturas semirurais combinadas e influenciadas pola gran urbe da que forma parte. O centro, de recente construción, ubícase en “Pedra Seixa” , nunha zona rural na que se está a desenvolver un proxecto de urbanización que xa está cambiando tanto o espaza físico como o carácter do lugar, xa que de ser unha zona semirural pasará a verse integrada totalmente na cidade.
16
Deste desenvolvemento urbanístico estase a beneficiar directamente o centro, xa que nos derradeiros cursos obsérvase un aumento considerable da matrícula. A maioría dos alumnos do noso centro pertencen a familias de clase media que teñen un bo concepto do colexio e colaboran abertamente co mesmo, tanto no de actividades complementarias organizadas polo centro. Contamos con alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, concretamente temos tres nenos con ACS en E.P. 11. OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN OBXECTIVOS.Ao finalizar a Educación Primaria preténdese que o/a alumno/a sexa capaz de: a) Coñecer
os
aspectos
básicos
das
relixións
xa
desaparecidas
relacionándoas co cristianismo. b) Recoñecer aos fundadores e algúns elementos distintivos das grandes relixións vixentes, na súa resposta ás preguntas básicas sobre o sentido da vida e o compromiso das mesmas. c) Coñecer a Biblia, a súa estrutura e sentido, identificando algúns textos básicos como palabra de Deus. d) Descubrir a acción de Deus na natureza e na persoa, como fundamento e fonte dos valores básicos do ser humano. e) Identificar algúns personaxes fundamentais da Historia da salvación e a súa resposta de fe, descubrindo o valor central da persoa de Xesús e a resposta de fe da Virxe María. f) Valorar a novidade do amor de Deus que nos salva do pecado e da morte, polo seu Fillo Xesús e a través da vida e acción salvífica da Igrexa, Corpo de Cristo.
17
g) Identificar
o
significado
dalgúns
acontecementos,
formulacións,
expresións e textos básicos da mensaxe cristiá, que faciliten a comprensión da vida do Espírito Santo no mundo e na Igrexa. h) Identificar a Igrexa nas súas manifestacións, coñecer a presenza de Deus e a súa graza nos sacramentos, e o servizo eclesial prestado polos apóstolos e os seus sucesores. i) Comprender e distinguir o sentido sagrado, festivo, cultural e celebrativo das festas e os seus ritos nas relixións monoteístas, relacionándoas cos aspectos culturais e celebrativos da liturxia. j) Analizar a xerarquía de valores, actitudes e normas que conforman o ser cristián, e aplicalos ás distintas situacións da vida. k) Valorar que a fe cristiá implica asumir responsabilidades, coñecer e comprender a raíz e o sentido da acción e do compromiso cristiá, e manter unha actitude de tolerancia e respecto ante os sistemas éticos das distintas relixións. l) Coñecer, valorar e respectar o patrimonio relixioso, artístico e cultural que se manifesta a través da linguaxe simbólica e icónica da arquitectura, pintura, literatura, música e liturxia, como expresión da fe católica e doutras relixións. m) Descubrir que o destino eterno do home empeza aquí como don que xurde da vitoria de Cristo sobre a morte. 11.1. Primeiro e segundo niveis de primaria.11.1.1. CONTIDOS.a) A creación do ser humano e do mundo, obra admirable de Deus e tarefa para o home. b) Estrutura e sentido da Biblia, Palabra de Deus. c) Manifestación de Deus Pai, creador e misericordioso, na Biblia.
18
d) A resposta do home a Deus. O valor da oración como relación con Deus. Significado de templo e as imaxes. e) Deus quere a felicidade do ser humano. O seu amor e providencia. f) Deus mostra o seu amor. A intervención salvadora de Deus na historia do pobo de Israel, asumida pola tradición cristiá. g) O amor de Deus é fonte de verdade e bondade para os que cren. h) Os mandamentos, expresión da lei natural e do amor de Deus. Regra de conduta humana e cristiá. i) Deus envía ao seu Fillo Xesús para a salvación dos pecados dos fillos. Xesús camiño, verdade e vida. j) Principais ensinanzas da vida de Xesús narradas nos Evanxeos. As parábolas. k) Deus manifesta o seu amor coa morte do seu Fillo. Última cea, Paixón, Morte e Resurrección. Deus quédase con nós: o Espírito Santo. l) Formamos a gran familia dos fillos de Deus, a Igrexa, que se reúne para celebrar o amor de Deus. m) As festas e celebracións do ano litúrxico. O sentido da festa cristiá: Deus con nós. Significado das festas marianas máis importantes. n) Significado e sentido dalgúns símbolos relixiosos nas celebracións: a auga, o lume, a luz, o aceite, os xestos, a música. o) Os ritos como expresión da relación con Deus. O culto cristián. p) O cristián espera a gran festa do ceo. 11.1.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.a) Describir e respectar as distintas prácticas relixiosas e o seu sentido: a oración, o culto e o compromiso. b) Saber localizar unha cita bíblica.
19
c) Recoñecer nalgúns textos bíblicos sobre a creación, a bondade e a paternidade de Deus. d) Apreciar o amor de Deus ao home desde a natureza e a súa presenza xunto a nós. e) Distinguir algúns personaxes bíblicos significativos e a súa resposta de fe, con especial atención á figura da Virxe María e á persoa de Xesús como digno de imitación. f) Sacar conclusións dalgunhas parábolas básicas na ensinanza de Xesús. g) Sinalar a relación do crente con Deus nalgúns textos bíblicos. h) Comprender que Cristo móstranos o seu amor presentándose como camiño para chegar a Deus, morrendo por nós, perdoándonos e enviándonos o seu Espírito. i) Recoñecer que a Igrexa é a familia dos fillos de Deus. j) Identificar o significado dos símbolos cristiáns e do templo, e recoñecer a raíz celebrativa da fe cristiá. k) Comprender e respectar que o domingo é o Día do Señor. l) Saber situar algúns símbolos relixiosos nas festas do seu entorno. m) Saber aplicar os mandamentos da lei de Deus á vida cotiá. n) Relacionar o final feliz das parábolas das vodas e a gran festa do ceo. 11.2.terceiro e cuarto niveis de primaria.11.2.1. CONTIDOS.a) Deus é creador. O mundo e a vida como don de Deus na Biblia. Algún relato sobre a orixe do mundo na antigüidade. b) A acción salvadora de Deus a través dos patriarcas e Moisés no pobo xudeu. Sentido salvífico e compromiso co home no Xudaísmo, Cristianismo e Islam.
20
c) A promesa de salvación que Deus fai ao home cúmprese na persoa de Xesús, verdadeiro Deus e verdadeiro home. d) Significado da vida de Xesús en canto entrega persoal e compromiso con todos os homes. e) O pecado do home como ruptura con Deus, cos demais e consigo mesmo. f) O perdón de Deus e a súa misericordia. Os milagres de Xesús. g) A vitoria sobre o pecado e a morte. Xesús, o Mesías, o Salvador, resucitou e vive para sempre. h) A fe e o seguimento, resposta a Xesús. O mandamento do amor. i) O nacemento da Igrexa. O E·spírito Santo é quen da vida. Manifestacións dos vínculos internos que unen aos membros da Igrexa. j) A Igrexa, o Corpo de Cristo. k) A salvación de Deus a través dos sacramentos da Igrexa. Os sacramentos da Iniciación e Reconciliación. l) A Eucaristía orixe e meta da vida cristiá. m) A Virxe María, Nai da Igrexa. Sentido das advocacións. n) Comparación entre as principais expresións artísticas das relixións monoteístas. Identificación da fe do autor e da comunidade. o) A vida que Deus dá dura para sempre. 11.2.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.a) Distinguir aos fundadores das relixións monoteístas, comparándoos entre si nos aspectos concernentes a súa relación con Deus, o seu compromiso co home e a súa acción salvífica. b) Verificar a acción salvadora de Deus a través das personaxes bíblicas, e a súa plenitude en Xesús.
21
c) Recoñecer o amor de Deus ao crearnos a súa imaxe e adoptarnos como fillos. d) Identificar algúns feitos e palabras de Xesús que mostran o amor de Deus ao home. e) Situar as accións salvíficas de Xesús nas referencias bíblicas sobre os seus milagres, a súa morte e resurrección. f) Comprender que o pecado rompe a relación con Deus, que Xesús a restablece coa súa morte e resurrección, e que o amor de Deus dura para sempre. g) Explicar que a fe e as obras son respostas ao amor de Deus, manifestado en Xesús. h) Distinguir e relacionar os sacramentos da Iniciación, a Reconciliación e a Eucaristía. i) Explicar a nova vida que xorde polo Bautismo e se alimenta pola Eucaristía. j) Razoar que quen une aos membros da Igrexa é o Espírito Santo. k) Recoñecer nas distintas advocacións de María á Nai de Deus e Nai nosa. l) Aplicar a algunhas obras artísticas e xestos litúrxicos os contidos básicos da fe cristiá e outras relixións. m) Explicar o significado dalgúns textos evanxélicos que fagan referencia á vida eterna. 11.3. Quinto e sexto niveis de primaria.11.3.1. CONTIDOS.a) A estrutura da relixión. O concepto de Deus e de home. Orixe e destino do home. As mediacións.
22
b) Manifestacións da estrutura do fenómeno relixioso na antigüidade (Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma). c) As respostas ás grandes preguntas do ser humano no Xudaísmo, o Cristianismo e o Islam. O sentido e alcance da fe e as boas obras. d) O ser humano, o sentido da súa vida e a súa salvación no Hinduísmo e o Budismo. e) A dignidade do ser humano creado por Deus Pai. Os dereitos humanos. f) Relatos do Novo Testamento en que as testemuñas acreditan que Xesús é Fillo de Deus Pai e verdadeiro home. g) Xesús, Salvador e Redentor do pecado e da morte. h) Xesús, plenitude do home. i) A presenza da Virxe María no Evanxeo e nos Feitos dos Apóstolos. j) O home novo e a lei do Espírito. O amor de Deus e o amor ao próximo. k) O ser humano é responsable dos seus actos. O valor da conciencia, a verdade, a liberdade e a vontade. l) Os sacramentos para o crecemento e propagación do Pobo de Deus: Orde sacerdotal e Matrimonio. m) Xesús chama e envía aos seus discípulos por todo o mundo para continuar a súa obra de salvación. A chegada e presenza do Espírito Santo. A expansión da Igrexa. n) A Igrexa, novo Pobo de Deus. Manifestacións da estrutura xerárquica da Igrexa. O Papa, os Bispos, os Sacerdotes,a Vida Consagrada. A Igrexa Universal e a igrexa diocesana. o) A Igrexa no mundo actual. Significado e sentido das notas da Igrexa. Mapa das grandes relixións no mundo de hoxe.
23
p) Respecto ás conviccións relixiosas como condición mínima para a convivencia. q) Compromiso e solidariedade co mundo de hoxe: manifestacións na Igrexa e noutras relixións. r) As festas do pobo de Deus. O seu valor comunitario e rememorativo. O encontro con Deus a través das festas. s) Manifestacións da presenza de Deus na cultura cristiá. Valoración das expresións artísticas das relixións presentes no entorno. t) Deus prepara unha terra nova onde habitará a xustiza. A Unción dos enfermos. As postrimerías do ser humano. 11.3.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.a) Saber identificar algúns signos e símbolos representativos do fenómeno relixioso na antigüidade. b) Relacionar as grandes relixións vixentes, descubrindo as súas principais semellanzas e diferenzas. c) Distinguir o sentido último da vida segundo as relixións monoteístas. d) Saber diferenzas as concepcións sobre a salvación do home no Hinduísmo e o Budismo. e) Comentar algúns textos do Novo Testamento onde se manifesta a humanidade e a divinidade de Xesús. f) Describir que consecuencias ten no ser humano o feito de ser creado e amado por Deus como fillo. g) Sintetizar os puntos esenciais sobre a salvación do home realizada por Xesús, e razoar cómo Deus dásenos a través dos sacramentos. h) Sinalar en textos evanxélicos a orixe da Igrexa e a súa finalidade de Salvación.
24
i) Describir a misión dos membros da Igrexa como continuidade da misión de Xesús. j) Especificar o servicio eclesial que os apóstolos e os seus sucesores prestan ao pobo de Deus, e distinguir o significado das palabras apóstol, xerarquía e Colexio Episcopal. k) Situar e valorar a presenza da Virxe María nos momentos culminantes da vida de Cristo, recoñecendo que ocupa un lugar especial na salvación. l) Razoar o valor da liberdade e a responsabilidade dos propios actos á luz do Evanxeo, e saber aplicar o mandamento do amor ás situacións cotiás. m) Identificar algunhas institucións da Igrexa dedicadas á axuda aos necesitados. n) Sinalar e respectar os valores das distintas relixións e a súa contribución á cultura. o) Interpretar o significado trascendente da arte relixiosa, e distinguir as festas civís de festas cristiás. p) Resumir a fe da Igrexa acerca da vida eterna. 12. CONTRIBUCIÓN DA RELIXIÓN CATÓLICA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS As competencias básicas adquiren nesta área elementos básicos para a súa adquisición ao largo da ensinanza obrigatoria. A ensinanza relixiosa está presente e axuda á conformación das competencias fixadas nos Reais Decretos de ensinanzas mínimas, tendo en conta que as competencias básicas son aquelas que sustentan a realización persoal, a inclusión social e a cidadanía activa, algunhas delas teñen unha especial relación coa acción educativa da relixión católica, e incluso, podería afirmarse
25
que outras, si se prescinde da realidade relixiosa, carecerían de elementos importantes para a súa adquisición e desenvolvemento. 13. TEMPORALIZACIÓN A temporalización desta programación está pensada para 6 ou 7 sesións cada unidade, tendo en conta que se poderá aumentar algunha sesión en caso necesario. 14. METODOLOXÍA - Integradora: que desenvolva tódalas potencialidades do educando (físicas, psíquicas, motrices, estéticas, relixiosas, etc. - Individualizada: que ten en conta as características persoais de cada alumno/a (capacidade intelectiva, intereses, ritmo de traballo, etc.) - Creativa: que desenrola a capacidade creativa e imaxinativa do educando. o seu talento artístico, etc. - Humanista –cristiá: que desenvolva os valores humanos e cristiáns escondidos no ser do discente. - Preventiva: baseada na Razón, na Relixión e no Amor ó estilo de San Xoán Bosco. - Activa: porque motiva ao alumno/a partindo sempre dos seus intereses. Estimula e anima ao alumno/a para que chegue a ser el o auténtico protagonista e responsable da súa formación. Fomenta o espírito lúdico coa fin de que o neno/a adquira un verdadeiro sentido social e moral, habituándose a respectar as leis dos xogos. - Constructivista: que parte sempre dos coñecementos previos, para a partir deles seguir construíndo e estruturando o seu pensamento e a súa personalidade.
15. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Humanos: a) Derivados da mesma personalidade do mestre (as súas cualidades persoais, os seus xestos, a súa palabra, o seu exemplo, etc.)
26
b) O s procedentes dos propios alumnos/as que poñen en xogo tódolos seus recursos humanos tanto físicos coma espirituais. Materiais: a) Escolar (Encerado, xices, etc.) b) Audiovisuais (cassettes, vídeo, diapositivas, láminas, etc.) c) Libro de texto (fichas de traballo). d) A Biblia en versión infantil.
16. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN CICLO/ETAPA Como criterios de cualificación e promoción de ciclo/etapa terei en conta: Baremación dos contidos e outras consideracións Respecto normas Atención Participación Esforzo Actitudinais Experiencia Conceptuais Relixioso Expresión oral Comprensión lectora Comprensión escrita Procedimentais Expresión artística Expresión corporal-musical
17. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
De todos é sabido que os educandos non posúen todos as mesmas capacidades nin cualidades, e que polo tanto os mestres temos a obriga de coñecer ditas características e adaptar a nosa ensinanza á eses nen@s concretos, coa fin de conseguir unha aprendizaxe eficaz. Estas algunhas das estratexias a seguir:
27
A) Realización de actividades de gran grupo que poidan realizar tódolos nenos e nenas da clase (copias, ditados, recitación de oracións, aprendizaxe de cantos, memorización de definicións, etc.) B) Traballo individual de tarefas adaptadas ao seu nivel de coñecementos, que para ós alumnos e alumnas máis avantaxados deben de ser de ampliación. E para os menos dotados actividades de reforzo.
18. CONCRECIÓN DO PLAN LECTOR E DO PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN PARA O CICLO
Nesta área traballamos o pan lector nas diferentes unidades a través das lecturas do libro de texto. As tecnoloxías da información e comunicación empregámolas para a busca de información e para a realización de traballos da clase.
19. TEMPO MÍNIMO DIARIO PARA A LECTURA
O centro ten estipulado 30 minutos de lectura diaria, ademais na clase de Relixión Católica dedicáselle tódolos días entre 5 ou 10 minutos máis para as lecturas de cada unidade.
28