Samaín 2014

Page 1

Prezadas familias: Coa chegada do Samaín queremos celebrar cos vosos/as fillos/as a devandita tradición galega. Polo tanto animámosvos a que traiades manualidades relacionadas con esta data (pantasmas, meigas, cabazas, morcegos etc…) disfrazadas con algún motivo ou elemento que faga referencia ao proxecto anual deste curso académico “CON + CIENCIA”. As devanditas manualidades expoñeranse polas estanzas do centro do día 2O ao 31 de outubro. Animámosvos a que colaborades e a que lle votedes imaxinación. Un cordial saúdo. NOTA: Recomendamos baleirar as cabazas para que non se podrezan. Tamén as pódedes traer feitas integramente por vos. Colledes un globo e o inflades, cubrídeo con papel de xornal e moita cola branca, así varias capas. Ao deixalo secar endurece e queda coa forma redonda. Unha vez obtida esta forma a recortades ata conseguir a desexada, píntase de laranxa e xa temos a nosa cabaza de papel. NON ESQUEZADES DECORALA COMA SE FOSE UN CIENTIFICO/A. Vigo, 15 de outubro do 2014 Equipo de normalización lingüística (EDNL)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.